POR UMBERTO ECO
Toda unha serie de recentes acontecementos (non só atentados, senón tamén preocupantes sondaxes de opinión) volveron situar no primeiro plano da actualidade a cuestión do antisemitismo. É difícil distinguir a oposición á política de Sharon (no que coinciden ate moitos israelies) do antiisraelismo, e este do antisemitismo. Pero a tendencia da opinión pública e dos medios de comunicación é facer de calquera herba un palleiro. Ademais, dá a sensación de que a opinión pública occidental descansa sobre dúas ideas coas que trata de tranquilizar a súa conciencia: o antisemitismo é unha cuestión árabe e, en Europa, redúcese a unha estreita franxa de neonazis.
Europa nunca soubo distinguir ben entre o antisemitismo relixioso, o popular e o científico. É verdade que o antisemitismo relixioso foi responsábel do antisemitismo popular. Proclamar que os xudeus eran un pobo deicida xustificou moitos exterminios, a máis diso que era difícil para os pobos europeos asimilar aos xudeus da diáspora decididos a seguir conservando as súas tradicións. Os seguidores da relixión do Libro e, polo tanto, da lectura, aparecían, nun universo de analfabetos, como perigosos intelectuais que falaban unha lingua descoñecida. Pero por antisemitismo científico entendo aquel que sostén, con argumentos histórico- antropolóxicos, a superioridade da raza aria sobre a hebrea e a doutrina política do complot hebreo para conquistar o mundo cristián, cuxa máxima expresión son os “Protocolos dos Sabios de Sión”. E tamén isto é produto da intelligentzia laica europea. No mundo árabe non existe antisemitismo teolóxico, porque o Corán recoñece a tradición dos grandes patriarcas da Biblia, desde o Xénese a Abraham. Na época da súa expansión, os musulmáns foron bastante tolerantes cos hebreos e cos cristiáns. Estes eran cidadáns de segunda categoría, pero na medida en que pagasen os seus impostos podían seguir coas súas respectivas relixións e desenvolver os seus negocios. Non sendo relixioso, o actual antisemitismo islámico é, pois, de natureza exclusivamente étnico-política, ficando as motivacións relixiosas relegadas a simples apoios, non a fundamentos.
Se os sionistas do século XIX establecesen o novo Estado de Israel en Utah, os árabes non serían antisemitas. Non quero que se me malinterprete. Por razóns históricas e relixiosas, os hebreos tiñan lexitimamente todos os dereitos a establecerse en Palestina; durante un século a súa penetración foi pacífica e teñen todo o dereito do mundo a permanecer alí, porque o conquistaron co seu tremendo esforzo. En calquera caso, o antisemitismo árabe é territorial e non teolóxico.
Máis grave é, en cambio, a responsabilidade europea. O antisemitismo popular apoiado polo antisemitismo relixioso produciu masacres, pero sempre locais e non programadas. O auténtico antisemitismo científico nace a finais do XVII e principios do XVIII e non en Alemaña, senón en Italia e na Francia lexitimista. É en Francia onde toman corpos as teorías do racismo e das raíces étnicas da civilización. E é en Francia e en Italia onde se elabora a teoría do complot xudaico, responsábel primeiro dos horrores da Revolución Francesa e, despois, dunha trama cuxo obxectivo sería dominar a civilización cristiá.
A Historia probou que os Protocolos foron elaborados por uns xesuítas lexitimistas e polos servizos secretos franco-rusos e que só máis tarde foron asumidos como unha obra indiscutíbel tanto por parte dos reaccionarios zaristas como dos nazis. Pero malia todo, a maioría das webs árabes de Internet baséanse neste antisemitismo científico europeo.
Gianfranco Fini está facendo todo o posíbel para despegar a historia pasada do antisemitismo, e iso hónralle. Pero se van vostedes a calquera librería especializada, toparán xunto a libros de ocultismo sobre o Santo Grial, os discursos de Mussolini e os Protocolos. Unha curiosa mestura da que se servía un ideólogo italiano da dereita, sempre presente nestas librerías, como Évola.
Evidentemente, tamén existen organizacións terroristas que, independentemente de Fassino ou de D'Alema, proclámanse «comunistas». Pero a esquerda italiana gañou a pulso, cos seus propios mortos, o dereito de distinguirse destas franxas extremistas, apoiando ao Estado contra deriva terrorista.
Quen é entón o que fai de calquera herba un palleiro? Berlusconi que -por moi eficaz que sexa politicamente- non ten autoridade cultural algunha. A dereita de Fini fai o mesmo ou está disposta a dicir que Évola, cando non era un estúpido simpático, cientificamente inculto pero de agradable lectura, era un furibundo antisemita e non renunciou a selo nin sequera logo da guerra? Quen ten que ocuparse de desmantelar, na escola e na educación permanente dos adultos, as tolemias do antisemitismo científico do que era cómplice, nos delirantes números da defensa da raza, o honorable Almirante?
É un deber e unha necesidade defendernos do terrorismo árabe. Pero combatendo, polo menos no plano da educación permanente, aos inimigos que temos na nosa propia casa e que son os inspiradores do antisemitismo árabe.
*Umberto Eco é semiólogo e escritor italiano. publicou obras de ficción como O nome da rosa e O péndulo de Foucault, ademais de varias decenas en ensaios . 30 de decembro de 2003

Comentarios