A esquerda e o islam

Por Julián Schvindlerman

Que a mestura dun progresista occidental e un fanático musulmán conforma un cóctel ideolóxico estraño e ademais profundamente incongruente ninguén pode negalo. Despois de todo, o primeiro asume o ideario da emancipación física, mental e espiritual do individuo, mentres que o segundo postula a sumisión e encarceramento do corpo, da mente e do alma do home. O progresismo supón a procura da liberdade dos pobos; o Islam fundamentalista materializa a opresión popular. O progresismo aspira á hermandade universal; o Islam fanatizado, ao sometimiento mundial. Un propón integración, o outro conquista. O progresista desexa a democracia, o fundamentalista islámico a teocracia. O progresista respecta a diferenza, o musulmán extremista a uniformidade. Onde un celebra a paz, o outro canta á guerra ("santa", se é que tal noción pode see posíbel). Mentres que o bo progresista adopta o laicismo coma manifestación da superación intelectual fronte ao rito e ao mito, o fanático musulmán abraza a relixión, (ese "opio dos pobos" na doutrina máis clásica marxista) do xeito máis oscurantista e primitivo posíbel. En efecto, e en aparencia, non hai dúas cosmovisións máis distanciadas a unha da outra que o progresismo occidental e o fundamentalismo islámico. E con todo, é cada vez máis usual o deplorábel espectáculo de identificación (xa non só política senón incluso afectiva) existente entre uns e outros. Ou máis ben, de namoramiento unilateral progresista co Novo Home Islámico; ese fillo martirizado descendiente do Che Guevara e de Robin Hood segundo a curiosa teoría evolutiva darwiniano-esquerdista contemporanea. Varios desenvolvementos dos tempos recentes probaron que a ultra esquerda e o islamismo radical teñen máis en común do que a primeira vista suxiren. Si, teñen por suposto as súas importantes diferenzas. Non entanto, ambos habitan un mesmo planeta no cal a adhesión ao dogma ortodoxo, a supresión do pensamento crítico e o fervor pola ideoloxía totalitaria son elementos vitais para eles tal como o aire o é para os terráqueos.

A ultra esquera e o fundamentalismo islámico son eminentemente autoritarios. Nas palabras do sociólogo arxentino Patricio Brodsky, "nun caso será a tiranía no nome de Alá, e no outro no de Marx, Lenin e o proletariado". Pero tiranía será. E ambos son cabalmente relixiosos. O caso dos fundamentalistas islámicos non require maior elaboración, e no dos "talibáns de esquerda" (na colorida caracterización de Brodsky) dita relixiosidade exprésase na crenza na Verdade Absoluta, no seu férreo dogmatismo ideolóxico, e sobre todo na infalibilidade intelectual (ese nobre talento para nunca trabucarse) que colma de virtude e grandeza á sagrada empresa da ultra esquerda cuxo canon inclúe, por suposto, ao antisionismo e ao antisemitismo. Trátase dunha esquerda caduca, segundo a xornalista catalana Pilar Rahola, "que perdeu as utopías que ela mesma traizoou e que, na súa inxenuidade, cre recuperar parte da alma perdida en calquera pano panarabista que se poida por ao pescozo". Pano, debemos agregar, que tamén cega e cobre os seus ollos.

Proba diso foron as varias manifestacións dos militantes da organización da ultra esquerda arxentina Quebracho, cando kefiá na face, pau na man, e bandeiras de Hezbollah como pancarta, exhiben o seu clamor filoislamista e xudeófobo polas rúas porteñas. Tamén vímola nas aulas dese bastión do ultra esquerdismo arxentino que é a Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires, onde pintadas berraban "Pola destrución do estado sionista fascista de Israel!" e "Xudeus invasores, matemos xudeus, fai patria". Máis evidencia vimos no Manifesto "Deteñamos o xenocidio israelí" publicado no xornal Página12, na que intelectuais da talla de Beatriz Sarlo e Horacio Verbitzky puxeron as súas sinaturas ao servizo da insensatez e a vileza do calibre máis pueril. E vímola, así mesmo, na "Carta sobre o conflito Israel-Palestina" escrita polas figuras estelares do anti-occidentalismo contemporáneo Noam Chomsky, José Saramago, Harold Pinter e John Berger, que acusa ao estado xudeu de levar adiante "unha estrataxema militar, económica, e xeográfica de longo prazo cuxo obxectivo político é nada menos que a liquidación da nación palestina".

A este ritmo, deberiamos agardar demandas legais por parte de Tacuara contra os filósofos e letrados progres polo plaxio ideolóxico de "faga patria, mate a un xudeu" e outro tanto por parte do Hamás, Hezbollah, e outras agrupacións por roubarlles aos intelectuais chic de Occidente a idea orixinal de anhelar a morte doutro estado. Pero o seu plaxio máis perigoso sexa quizais aquel que adopta a actitude nihilista do terrorismo suicida. Tal como o escritor Marcelo Birmajer postulou: "boa parte do coro intelectual das democracias liberais está copiando unha das novidades que nos propón o fundamentalismo da Al-Qaeda e compañía: o suicidio. Os intelectuais estanse autodestruíndo ao non alzar a súa voz contra a ameaza do terrorismo". Ate hai algunhas décadas atrás, loitar contra o racismo, o fascismo e o xenocidio significaba estar a favor dos xudeus. Hoxe, produto dunha indecente corrupción da linguaxe (onde o sionismo é racista, os israelís son nazis, e os xudeus cómplices do crime que é Israel), a loita contra o racismo, o fascismo e o xenocidio engloba, absurdamente, a oposición ao estado de Israel. É o maior éxito da incesante propaganda árabe, que ten envelenado sen o menor escrúpulo o discurso moral xunto aos seus fans en Occidente, eses parvos útiles de sempre cuxa complicidade converxe imperdonabelmente nunha matriz de erros, malicia e irresponsabilidade.

Comentarios