CHAPEAU POR TRES VALENTES MULLERES DA ESQUERDA EUROPEA.



Chapeau por tres valentes mulleres da esquerda europea.
Por
Gustavo D. Perednik

Este artigo fai referencia a tres mulleres europeas, de esquerdas, cuxa obra destácase por incluir unha activa defensa do dereito do Estado de Israel a vivir en paz. No contexto dunha esquerda europea que deslexitima a existencia do Estado xudeu (e só de ese Estado), o autor considera que este trío é sumamente edificante


Curiosa a motivación desas mulleres europeas que defenden cegamente aos rexímenes árabes. Entre as taras que poden xerar semellante conduta de autodesprezo, hai masoquismo, estulticia, vesania, xudeofobia. Por suposto, tamén os varóns criptodrinos que se alinean co imperio islámico soslaian a violación de dereitos humanos, a falta de libertades básicas, a represión, o medo, a ignorancia, a corrupción e a morte que alí señorean. Mais o caso das damas es máis grave, porque agregan aos crimes desculpados a bárbara explotación e o maltrato sistemático da muller, característicos das sociedades árabes.

Para que unha occidental se identifique con esas autocracias (sexan éstas do estilo medieval saudí, do fascista sirio, ou de calquera das súas variantes intermedias) deberá de ter inxerido unha sobredose dun dos catro velenos mentados ao comenzo. Probabelmente sexa a xenreira contra Israel, un bo candidato a arrastralas a xustificar rexímenes que as despoxarían dos seus dereitos máis elementais. Personaxes coma Gretta Duisenberg, Vanesa Redgrave e Gema Martín Muñoz pasan por riba dos asasinatos de mozas «pola honra familiar», a bárbara amputación de clítoris, a poligamia, a sumisión da muller ao home imposta por lei, a uniforme exclusión das mulleres da vida pública. Posibelmente pasan tamén por riba da misoxinia dos islamistas porque éstos a «compensan» cun declarado empecinamento en exterminar ao único país xudeu do mundo, e a elas esta cruzada civilizadora semella resultarlles agradábel.
Ainda que son mulleres, non se avergonzan da súa pasividade perante millóns das súas pares oprimidas no mundo árabe, senón que prefiren sublimar a súa traizón na actividade contra a única democracia do Medio Oriente, onde os dereitos fimininos son respectados ao nível de Europa Occidental e dos Estados Unidos.

Aos israelíes, as marujatorres desconcertannos tanto coma os remedos do Stürmer nas caricaturas que perpetran Reboredo e Ferreres, ou como o encono que por este «paisiño de porquería» (embaixador Bernard dixit) profesan os europeos (máis da mitade deles ve en Israel a principal ameaza á paz mundial). A cita do diplomático francés Bernard ven a complementar a miña última nota no El Catoblepas, dedicada á xudeofobia española que é moi abondosa nos exemplos franceses no patético cadro. O ministro Hubert Vedrine denomina ao terrorismo del Hezbollah «lexítimo movemento de liberación» e o dirixente da antiglobalización en Francia, Jose Bove, ven de declarar nun programa televisivo de Canal Plus Francia, que os ataques contra as sinagogas francesas deben de ter sido planeados polo Mossad israelí, xa que «resulta claro quen se beneficia deses ataques». Coa mesma lóxica impecábel vense sinalando a Israel incluso como culpábel dos atentados contra as torres xemelgas o 11-S.

Tanto exceso de pericia fainos añorar a Europa da ciencia e da cultura, a de Dante e de Goethe, de Shakespeare e Cervantes, de Beethoven, de Falla e de Dalí. Fainos anhelar unha Europa que sinta algún aprecio polo pobo xudeu, algunha conmiseración polo seu sufrimento, que o asuma con responsabilidade e acepte ser socia no moderno restablecemento da nación hebrea. Adiántome a quen reitere que moitas veces son xudeus os que deslexitiman a Israel (precisamente son esos os únicos xudeus que usualmente cita El País). A resposta, unha vez máis, é que a xudeofobia non exclúe a xudeus, do mesmo xeito como non faltan non-xudeus simpatizantes de Israel, como as tres mulleres que precisamente salienta este artigo.

A decepción que embarga aos israelíes lévanos a respirar aliviados cando nos atopamos con mulleres valentes e lúcidas que reman contra a eurocorrente para denunciar a opresión onde realmente está. Se a súa gallardía inclúe a un tempo unha desinteresada defensa de Israel, non nos queda senón sacarnos os sombreiros ante un trío que reivindica o valor fiminino e que, no se rinde á demagoxia, salva a honra de Europa. Refírome a Oriana Fallaci, Pilar Rahola e Ilka Schroeder.

Cada unha ten poesto o énfase nunha cuestión vinculada á guerra contra Israel. Oriana detívose nos excesos do Islam e os perigros que a súa radicalización supón para Occidente. Pilar, desenmascara a hipócrita xudeofobia de Europa en xeral e a da esquerda en particular. Ilka denuncia o criminal financamento da Unión Europea ao terrorismo contra Israel, que é segundo ela unha vía para promover a hexemonía europea por riba dos Estados Unidos.
As tres proveñen políticamente da esquerda, as tres fan gala dun encomiábel feminismo, herdeiras dunha tradición que incluiu a grandes xudías como Berta Pappenheim e Emma Goldman.

Ilustre trinidade
Oriana ten ilustrado cruamente o choque de civilizacións que hai uns anos plantexara Samuel Huntington. Os seus libros foron traducidos a unha ducia de idiomas; o seu best-seller La Rabia y el Orgullo é unha apaixoada defensa da cultura occidental fronte á actual contra-cruzada fundamentalista islámica que Europa négase a recoñecer. Aa lectura da Fallaci por momentos arrepía. Na guerra na que estamos sumidos non se combate por territorio, senón polo dereito a un modo de vida. Un dos bandos lanzouse a destruir á outra, e a agredida minimiza o poder destrutivo que a acecha. En rigor, a tercera guerra mundial na que estamos sumidos, invisíbel á cegueira europea, pode en efecto explicarse coma unha especie de contra-cruzada. Na Idade Media, no seu camiño desde Europa para reconquistar o Leste de mans musulmáns, os cruzados asasinaron xjudeuss. Na Idade Moderna, no seu camiño dende o Leste para arrincar Europa de mans cristianas, os yihadistas musulmáns tamén asasinan xudeus. Cabe sinalar dous diferenzas entre a cruzada medieval e a contra-cruzada moderna. Unha, mala, é que na Idade Media os musulmáns non colaboraron coa poboación invasora. Outra, boa, é que os medievais non foron categóricamente derrotados (naqueles días lograron aproveitarse de que América ainda non fora descuberta).

Os Estados Unidos están vencendo nunha guerra que Europa ainda non asume. Israel sí, porque non pode darse o luxo de agochar a cabeza entre as dunas europeas xa que a dor agudiza o inxenio e aquí sufrimos día a día a agresión terrorista. Os europeos poden sentir que «este paisiño de porquería pode arrastralos a unha guerra», mais aquí, no paisiño, sabemos que estamos no medio da contienda. Europa non parecería detestar a guerra en sí, senón ser arrastrada a ela. Que sigan matando xudeus é aceptábel, pero que estos cowboys americanos non a involucren. Xa bastante fea experiencia tiveron cos americanos durante dúas guerras mundiales.

As ouras dúas heroínas de hoxe son máis novas, poderían ser fillas de Oriana.
Ilka é europarlamentaria, primeira gañadora do premio Theodor Lessing. Milita no Partido Verde Alemán, e actualmente dedicase a promover no Parlamento Europeo o establecemiento dun control para evitar que os fondos que paga o contribuíente europeo á Autoridade Nacional Palestina, sexan empregados para que nenos palestinos se fagan estourar para matar nenos xudeus. A tese de Ilka é menos radical que a de Oriana, pero igualmente preocupante. Os europeos, segundo Ilka, «veñen sostendo ao réximen de Arafat co obxecto de socavar a hexemonía americana no Medio Oriente». Tratan de prolongar a Intifada tanto como sexa posíbel, a fin de garantir o seu propio protagonismo frente aos EE.UU. A guerra que Europa libra contra Bush pagase con sange de civis israelíes.

O ano pasado Ilka tentou revisar, dos 250 millóns de axuda anual europea a Arafat, qué porcentaxe terminou por engrosar as arcas da corrupción e o terror, a vida fastuosa de Suha en París, e o adoutrinamiento de adolescentes palestinos na autoinmolación e o asasinato.
O Parlamento europeo respondeu a Ilka con xordeira; menos dunha cuarta parte dos 626 parlamentarios estiveron dispostos sequiera a revisar o destino dos fondos. O obxectivo de Europa non se limita a prolongar a guerra contra Israel, senon a internacionalizala, a fin de asegurar o seu propio rol de «mediadora». Para contrarrestar a campaña, esta muller de 26 anos de idade desenmascara sen pausa «a perigosa postura europea, que conleva unha mestura de inxenuidade, antiamericanismo e xudeofobia». A Ilka non só a teño lido, como a Oriana, senon que tamén a teño escoitado persoalmente, como a Pilar. Por iso nas dúas últimas puiden percibir as cualidades humanas imperceptíbeis no papel, e que só o trato persoal pode revelar.

Pilar irradia humanidade. Ademáis da súa filla biolóxica, ten adoptados dous nenos (unha nena en Siberia). Na súa actividade, combina a das súas dúas colegas, xa que é como Oriana unha xornalista polémica e cabal e, como Ilke ten levado a súa pugna á actividade parlamentar (Pilar foi durante 8 anos deputada de Esquerra Republicana de Catalunya no parlamento español). O último dos seus libros, Historia de Ada, é unha emocionante exhortación á defensa «dos dereitos pisoteados dos nenos». A tese de Rahola con respecto á nosa temática é ben directa. A supoesta «solidariedade cos palestinos» da esquerda europea é unha histérica hipocresía coa que se disfraza a máis crúa xudeofobia. Para esta esquerda autista, as vítimas israelíes non existen, nin tampouco os excesos palestinos. Da policromía israelí, a imaxe europea é lineal: un país depredador, o único ao que non se lle xustifica nin a súa mera existencia. Todo isto xunto á enfermiza devoción de certa esquerda europea polos ditadores, converteu a un pesadelo chamado Arafat nun paladín da xustiza.

As tres mulleres amosan na súa traxectoria, de palabra e de acción que, como argúe Fallaci, «se és muller, debes pelexar máis». Aprendemos delas que, para xogarse en defensa do agredido Israel, hai que ser ter un extra de valentía.

Comentarios