Por Marcelo Birmajer*
(Especial para Horizonte, para unha convivencia no medio Oriente?)
II- O Sionismo é o único movemento de liberación nacional no século XX que chegou como unha organización democrática ao poder- en maio de 1948- e que se mantivo democrático, ate no medio da ameaza permanente por parte das nacións veciñas, desde o primeiro día de goberno ate cada un dos cincuenta e cinco anos que transcorreron desde entón.
*O autor é xornalista e escritor.
(Especial para Horizonte, para unha convivencia no medio Oriente?)
I- O sionismo é moito máis que o movemento de liberación nacional do Pobo Xudeu pero, para poñelo na perspectiva dos séculos XX e XXI, resúltame cómodo e atinado chamalo, tamén, o movemento de liberación nacional do Pobo Xudeu.
II- O Sionismo é o único movemento de liberación nacional no século XX que chegou como unha organización democrática ao poder- en maio de 1948- e que se mantivo democrático, ate no medio da ameaza permanente por parte das nacións veciñas, desde o primeiro día de goberno ate cada un dos cincuenta e cinco anos que transcorreron desde entón.
III- O sionismo é un dos poucos movementos de liberación nacional do século XX que distribuíu a riqueza, eliminou o analfabetismo e socializou a saúde e a vivenda para toda a poboación. É un dos poucos movementos de liberación nacional que realmente outorgou á súa poboación un nivel de vida, tanto no económico como no social, ontoloxicamente superior ao que esa mesma poboación tiña antes da creación do Estado de Israel. Quero recalcar unha vez máis que é o único movemento que logrou estes avances por medio da democracia.
IV- O sionismo foi a resposta máis humana, e máis que humana, ao xenocidio nazi: en Israel, os sobreviventes, parentes e descendentes dos sobreviventes e mortos de e no Holocausto, puideron reencontrar a súa humanidade. O sionismo é un dos movemento de liberación nacional que, dinamicamente, máis vidas civís salvou no século XX. Moitas vidas civís perdéronse polas guerras e os actos terroristas que os exércitos e os terroristas árabes, europeos e asiáticos libraron contra Israel; pero as vidas que se salvaron polo só feito da existencia de Israel, cóntanse por millóns hoxe e son incontábeis no futuro.
V- O sionismo alentou e potenciou a creación dos kibutzim, un extraordinario experimento socialista non represivo no século XX.
VI- O sionismo é o único movemento de liberación nacional, e o único movemento político na historia da humanidade, que transportou voluntariamente a persoas de pel negra cara a dentro das súas propias fronteiras -de Etiopía a Israel- de xeito masivo, para liberalos da opresión e a extrema pobreza, en contraste ao mundo occidental e ao mundo árabe, que só os transportaron, en condicións aberrantes, durante milenios, para escravizalos.
VII- O sionismo é o único movemento de liberación nacional do século XX que converteu ás persoas árabes en cidadáns con dereitos civís e políticos. É o único movemento de liberación do século XX que permitiu aos cidadáns árabes votar libremente en eleccións parlamentares, presidenciais, formar os seus propios partidos políticos e expresar libremente as súas opinións.
VIII- O sionismo é o único movemento de liberación nacional do século XX que propuxo concretamente, co poder para logralo, un Estado Palestino, en canto a dirección palestina acepte realmente a existencia do Estado de Israel como Estado Xudeu. Nin Exipto nin Xordania, nos 18 anos en que dominaron a Franxa de Gaza e Cisxordania, propuxeron nunca, xa non un Estado Palestino, senón un mínimo de democracia, de autonomía, nin sequera unha Universidade autónoma. O sionismo é o único movemento de liberación nacional do século XX que mellorou o nivel de vida dos palestinos que vivían na Franxa de Gaza e en Cisxordania.
IX- O sionismo é unha fonte permanente de revitalización cultural, científica, de liberdade e humanismo, que non só beneficia ao Pobo Xudeu, senón que estendeu os seus adiantos a toda a humanidade. De non estar o Terceiro Mundo dominado por gobernos autoritarios, corruptos e antisemitas, o sionismo puido levar a cabo o intento- sempre derrotado polos antisionistas- de imprimir dinamismo á agricultura dos máis pobre países africanos e do Terceiro Mundo en xeral.
X- O Estado de Israel, como Estado, cometeu tantos erros como calquera outra verdadeira democracia occidental, e ningún peor. Pero o Sionismo segue sendo hoxe un dos maiores acertos, humanista, pluralista e verdadeiramente progresista, dos xudeus, desde a caída do Segundo.
*O autor é xornalista e escritor.
Comentarios