Algúns exemplos:
Un "alto o fogo” ocorrería se Hezbollah entregase os soldados secuestrados e deixase de lanzar mísiles; nunca seguiría a un cese unilateral do bombardeo israelí. Na realidade, só escoitaremos chamamentos internacionais contundentes cando os mísiles de Hezbollah estean case esgotados.
"Danos colaterais" refírese principalmente ás baixas entre os escudos humanos (flagrante violación da tan cacarexada Convención de Xenebra) de Hezbollah. Nunca pode empregarse para describir mortes civís dentro de Israel, porque todo o que hai en territorio israelí é obxectivo lexítimo.
"Ciclo de violencia" utilízase para denigrar a aqueles que son atacados, pero que se supón que non deben defenderse e menos gañar.
"Deliberado" reflicte a precisión das bombas israelís que alcanzan os seus obxectivos; nunca se refire aos mísiles de Hezbollah, que se dirixen a destruír todo o que poden.
"Deplora" é evocado normalmente contra Israel por parte dos mesmos que teñen masacrado civis ou permitido que morresen - como os rusos en Chechenia, os sirios en Hama, ou a ONU en Rwanda e Dafur.
"Desproporcionado" significa que os agresores de Hezbollah, cuxos mísiles primitivos non poden matar a moitos civís israelís, están perdendo, mentres que a sofisticada resposta dos israelís é mortal contra os propios combatentes. Ver "excesivo".
No momento en que escoite o adxectivo "excesivo", Hezbollah está perdendo. Mentres non o escoite, non.
As "testemuñas" normalmente non o son, e o seu testemuño cítase só contra Israel.
"Grave preocupación" é utilizado polos europeos e os árabes que recoñecen en privado que non hai futuro para o Líbano a menos que Hezbollah sexa destruído -- e debería facerse preferiblemente por "os sionistas" aos que se pode culpar doadamente por facelo.
"Inocente" refírese a exclusivamente aos libaneses que axudan ao lanzamento de mísiles ou que asumen o perigo de morar preto daqueles que o fan. Moi raramente se refire aos israelís baixo ataque.
Os "militantes" de Hezbolá non levan uniformes, e os seus obxectivos primordiais non son os israelís que os levan.
"Multinacional", como en "forza multinacional", normalmente significa "mercenarios do Terceiro Mundo que simpatizan con Hezbollah". Ver "pacificadores".
Os "pacificadores" non manteñen ningunha paz, senón que sempre se alinean co menos occidental dos belixerantes.
"Impactado" utilízase, en primeiro lugar, por diplomáticos que realmente non o están; e, en segundo lugar, só se evoca contra a resposta de Israel, nunca contra o ataque de Hezbollah.
"Acción de Nacións Unidas" refírese a unha acción que Rusia ou China non veten. Os operativos da organización normalmente ven as armas dos terroristas diante dos seus naris. Case sempre son culpabeis do que acusan a outros de facer (Chechenia?).
Que explica esta distorsión da linguaxe? Moitas cousas. En primeiro lugar, está a necesidade do petróleo de Oriente Medio. Reste iso, e a guerra recibirá a mesma escasa atención que o baño de sangue de África Central. Despois está o temor ao terrorismo islámico. Se Oriente Medio fose budista, ao mundo o Líbano importaríalle tan pouco como lle preocupa o Tíbet ocupado. E non esquezamos o vello e persistente antisemitismo. Se Rusia ou Franza fosen bombardeadas polos seus veciños, Putin e Chirac estarían ameazando coa resposta nuclear. Israel é un símbolo do Occidente máis odiado. Se fose unha ramificación de China, ninguén se atrevería a dicir unha palabra. A poboación e o tamaño explican moito: cando a India ameazou a Pakistán con proxectís nucleares polo seu apoio ao terrorismo hai uns cantos anos, ninguén balbuceou ningunha crítica seria. Finalmente, está o temor a que Israel poida desestabilizar as cousas en Iraq. Se non estivésemos en Afganistán ou en Iraq, non estariamos presionando a Israel entre bambalinas. Pero por encima de todo, o mundo deplora ao estado xudeu porque é forte, e pode respostar en lugar de sufrir. Na práctica, os espectadores globais preferirían os seguintes escenarios para que os xudeus soportando dificultades con paciencia aprendesen a súa lección. O primeiro é a absoluta simetría e a equivalencia moral: cando Israel é atacado, que mate só a tantos como perde. Por cada mísil que chegue, en resposta solta unha bomba -coma se os agresores da historia da guerra detivesen algunha vez os seus ataques segundo unha lóxica tan especial. O outro desiderátum é a destrución do propio Israel. Irán prometeu borrar a Israel do mapa, e a continuación entregou miles de mísiles a Hezbollah para cumprir esa promesa. En resposta, o mundo durmiuse de aburrimento. Se mañá mísiles máis poderosos golpeasen Tel-Aviv armados con axentes biolóxicos ou químicos sirios, ou proxectís nucleares iraníes, a "comunidade internacional" chamaría á "contención" - e seguiría chamando até que Israel desaparecese do todo. E o día despois da súa desaparición, europeos e árabes suspirarían de alivio, murmurarían unhas cantas palabras baleiras e despois sorrirían, "A vida segue". E no que a eles respecta, seguiría moi ben.
Comentarios