
Mais hai disidentes, como non podía ser menos. Nin Europa nin o estado español son un espazo totalitario, como o islámico. Neste libro recóllense textos dalgúns deses autores de criterio independente e crítico, xente de diversa orixe política, colaboradores de medios moi diferentes, xornalistas e catedráticos, escritores e politólogos, coñecidos todos en España (lugar de orixe da iniciativa) que coinciden en soster o dereito de Israel a existir e defenderse, sen negar o dereito dos árabes do país que están condenados a compartir. Se incide nos antecedentes históricos, na descrición do presente, centrándose na xudeofobia ou no conflito en si, a fin de ofrecer un amplo panorama das cuestións que tratan. Dous anos de censura por parte das grandes editoriais españolas adiaron a aparición deste traballo colectivo no que cada autor achegou o seu propio punto de vista, acollido pola voluntariosa Editorial Certeza, de Zaragoza. dirixida por José Vicente Zalaya. É propósito dos colaboradores por en mans do lector un instrumento para o debate racional do conflito de Oriente Medio, sen veos nin prexuizos. O traballo é valioso nun momento da Historia no que o papel dos intelectuais vese reducido e postergado como nunca antes pola comunicación de masas e consígnalas simplificadoras do “pensamento único, feble e reaccionario” sob denominacións varias que van desde a nazi á da coñecida como progresía de salón. Une aos cooperantes deste esforzo a convicción de que só a análise rigorosa da realidade permite situar os problemas na súa xusta perspectiva, e que os cidadáns teñen dereito a escoitar voces e criterios acalados pola ditadura dos media. Unha iniciativa do xornalista Jaime Naifleisch, Pilar Rahola, Horacio Vázquez-Rial, Vicenç Villatoro, Valentí Puig e Gabriel Albiac.
Encomendas a: certeza@certeza.com
Comentarios