A ollada do fotógrafo Kurt Klagsbrunn: un xudeu vienés no Brasil - Presentación da primeira obra publicada en Europa sobre o artista.
Kurt Klagsbrunn en Rio de Janeiro, 1948, © Copyright Victor Klagsbrunn/Editorial Weidle |
Entrada do campo de refuxiados na Ilha das Flores/Rio de Janeiro, 1949, © Copyright Victor Klagsbrunn/Editorial Weidle |
Eva
Perón, Petrópolis, 1947, © Copyright Victor Klagsbrunn/Editorial
Weidle
|
Este ano
Brasil será o país convidado na Feira do Libro de Frankfurt. Un dos
fotógrafos máis importantes do Brasil, Kurt Klagsbrunn (Viena
1918–Rio de Janeiro 2005), vese agora recoñecido coa primeira
publicación en alemán sobre á súa figura (e tamén primeira en
Europa): “Kurt Klagsbrunn. Fotograf im Land der Zukunft“. Barbara
Weidle & Ursula Seeber (edit,). A
obra conta con colaboracións de Erich Hackl, Klaus Honnef, Luis
Krausz, Marta e Victor Klagsbrunn.
Klagsbrunn,
nacido en Viena no seo dunha familia xudía de clase media, tivo que
abandonar esta cidade no ano 1938 pola chegada do nazismo. Xunto cos
seus pais e o seu irmán exíliase a Brasil desde Lisboa. O pai,
químico de profesión, montaría en Rio de Janeiro un pequeno
negocio nese ramo, actividade á que se dedicaba antes de ter que
fuxir de Viena.
Na súa carreira
como fotógrafo no Brasil, Kurt Klagsbrunn documentaría, coa ollada
fresca e formalmente consciente dun artista de orixe europea formado
na escola da „Nova Visión“ (“Neues Sehen”), o
desenvolvemento de Rio de Janeiro, retrataría as xentes nas
provincias, acompañaría a fundación de Brasilia e sería o
observador de grandes eventos deportivos, como o Mundial de Fútbol
de 1950. Tería tamén moi éxito como fotógrafo no mundo da
publicidade, a industria e a moda, sendo reporteiro ademáis de
importantes revistas como Life.
Na tarde de onte,
07.10.13, foi presentada en Viena unha obra excepcional (é unica en
Europa ata o momento) sobre a vida deste grande fotógrafo
austriaco-brasileiro: Kurt
Klagsbrunn. Fotograf im Land der Zukunft1.
Barbara
Weidle & Ursula Seeber (edit,),
Weidle,
Bonn, 2013.
A presentación correu a cargo de Ursula Seeber, en representación
da “Casa da Literatura” de Viena e Raoul Raoul Kneucker,
presidente da “Sociedade de Amigos da Biblioteca Austriaca do
Exilio”. O acto contou tamén coa presenza do embaixador do Brasil
en Viena, Evandro Didonet.
Ursula Seeber, directora da “Biblioteca Austriaca do Exilio” na “Casa da Literatura” de Viena), encargouse igualmente de presentar o libro e o sobriño de Klagsbrunn e administrador do legado deste, Victor Klagsbrunn, así como a súa esposa Marta, tamén fotógrafa e colaboradora no proxecto de edición da obra; ambos lembraron a figura e as vivencias do seu familiar, o seu compromiso antifascista, así como diferentes anécdotas deste no seu traballo como fotógrafo.
Pola súa banda,
o escritor austriaco Erich Hackl encargouse de ler un fermoso texto
en lembranza da familia Klagsbrunn e o seu percurso desde Viena ao
Brasil, fuxindo do nacionalsocialismo. Por último, houbo un breve
coloquio onde se continuaron comentando diferentes aspectos da obra e
a vida de Kurt Klagsbrunn, da súa experiencia no exilio brasileiro,
etc...
(O acto estivo
organizado en colaboración coa editora Weidle de Bonn e contou co
apoio do “Jewish Welcome Service” de Viena).
Links
de referencia (en portugués, alemán e inglés):
1
Kurt Klagsbrunn. Fotógrafo no país do
futuro.
Comentarios