Goebbels con internet



Por Pilar Rahola


Que faría Goebbels, o feroz evanxelista do nazismo, se dispuxese de televisións por satélite e internet? É dicir, canta máis eficacia na súa propaganda violenta tería conseguido? Sen dúbida a capacidade planetaria das autoestradas da comunicación sería unha impoñente ferramenta para Goebbels, o home que esculpiu para a historia a idea de que unha mentira repetida mil veces convértese en verdade. O seu imperio de falsidades e populismo descarnado foron a base do asasinato masivo de millóns de xudeus. E tamén o fundamento da sedución que o nazismo produciu en millóns de alemáns.

Pero Goebbels non viviu na era de internet e, aínda que a súa eficacia foi letal, aínda sería maior se dominase os novos medios de comunicación. Quizais conseguiría a miles de papanatas polo mundo, seducidos polo seu verbo atroz. O de Goebbels ou o de calquera dos ditadores que afundiron ao século XX nos seus abismos máis escuros, entre eles, por suposto, o outro gran asasino da historia recente, Josef Stalin. Por suposto internet presenta a outra cara da moeda, e o seu uso por parte das vítimas tamén é unha grande vía de escape e, ás veces, incluso unha ferramenta definitiva. Aí están os blogs de disidentes cubanos ou iranianos, ou a Facebook Revolution das primaveras árabes, aínda que fosen unha pequena chama de liberdade que está languidecendo perigosamente. Pero a pesar da forza libertaria destas novas formas de comunicación, tamén son a ferramenta máis poderosa que tivo nunca a ignorancia, a intolerancia e a opresión.

Ben o sabe Ahmadineyad, que acaba de inaugurar unha televisión por satélite en español para poder vehicular a súa propaganda aos 500 millóns de hispanofalantes. Hispan TV chámase o procreo e foi bautizado polos padriños da Internacional traxicómica, os chamados bolivarianos, sen permiso de Bolívar. Cuba, Nicaragua, Venezuela e Bolivia aplaudiron os primeiros pasos do chiismo integrista na lingua de Cervantes e así fixeron a súa enésima homenaxe á deusa da estupidez. Xa escribín noutras ocasións do esperpento ideolóxico que pode levar a conciliar ás pseudorevolucions chavistas co fundamentalismo islámico, pero a extrema esquerda, iqual que a extrema dereita, sempre tende ao esperpento. E non esquezamos que o islamismo e os bolivarianos atópanse no mesmo odio aos valores da liberdade. Da man, pois, destes aprendices de bruxo, o chiismo violento tenta instalarse no imaxinario hispano, especialmente no suramericano, onde atopou terra abonada para o seu xerme. De feito, é o lugar onde máis está a proxectar a súa sinistra sombra. O peor non é que o totalitarismo pode potenciar a súa propaganda con impunidade. O peor é que probabelmente non nos importa.

Comentarios