AFIXÉMONOS

Aramado en Auschwitz-Birkenau (Foto de Carlos Galansky)

Por Peter Fischl

Afixémonos a estar de pé ás sete da mañá, logo ao mediodía, e de novo á sete da tarde, formados nunha longa cola coa cacerola na man, esperando que nos boten un pouco de auga morna con gusto a sal ou con gusto a café, esperando que nos dean algunhas papas.
Afixémonos a durmir sen camas, a saudar a cada uniformado, a marchar evitando as beirarrúas, e a marchar outras veces sobre as beirarrúas.
Afixémonos a recibir labazadas sen ningunha razón, aos golpes, ás execucións.
Afixémonos a ver morrer á xente nos seus propios excrementos, a ver os féretros coa súa carga e cheos de cadáveres; a ver como os enfermos se revolcan na roña e a ver a desesperada impotencia dos médicos.
Afixémonos a que de cando en vez cheguen por aquí mil infelices e a que outros mil partan de tanto en tanto.
*Do diario de Peter Fischl, de 15 anos (nacido o 9/9/1929 e morto en Auschwitz en 1944)

Comentarios