A ONU E A MULLER


Por Anne Bayefsky

A Comisión do Status da Muller (CSW), finalizaba a súa quincuaxésima primeira sesión criticando exclusivamente a un estado, a Israel.

As mulleres musulmás aparecen nas noticias por todas partes ( é dicir, en todas partes agás en Nacións Unidas. A principal axencia da ONU responsable da promoción e a protección dos dereitos da muller en todo o mundo, a Comisión do Status da Muller (CSW), finalizaba o seu quincuaxésimo primeira sesión criticando exclusivamente a un estado, a Israel.

A mesma semana en que a Comisión se centraba especificamente no estado de Israel en exclusiva, 33 mulleres musulmás involucradas nunha concentración pacífica nos exteriores dun tribunal de xustiza de Teherán eran súbitamente detidas baixo cargos de "pór en perigo a seguridade nacional". O seu obxectivo? Pór fin á poligamia e ás leis de custodia infantil que en Irán privan á nai do dereito a criar e protexer aos seus propios fillos. O 8 de marzo -o Día Internacional da Muller- 700 activistas feministas reuníanse de novo nos exteriores do edificio do parlamento de Teherán, esixindo xuízos xustos para as mulleres encarceradas uns cantos días antes. As forzas iranianas de seguridade e efectivos dos Gardiáns da revolución caían en picado porra en man sobre as mulleres máis unha vez, obrigándoas a retroceder con forza física, obscenidades verbais e ameazas do que estaba por chegar . En Arabia Saudita, durante a primeira semana de marzo, unha moza de 19 anos era secuestrada a punta de navalla, violada colectivamente e despois mallada polo seu irmán, por "terse permitido" ser vítima dunha violación que a condenou a 90 lategazos. O seu crime? Reunirse cun mozo que non era membro familiar en público. Na práctica, un dos seus xuíces dixo a esta nova muller que tiña sorte de non ser condenada a penas de cárcere. Pero na ONU, a Comisión de Dereitos da Muller adoptaba unha resolución específica dun país en exclusiva sobre "os dereitos das mulleres palestinas". Aparentemente, os membros pasaran por alto os titulares sobre as detencións en Teherán e a adolescente de Riyadh, emblemáticos dos sistemas legais construídos sobre a discriminación sistemática e grotesca contra a muller. Tampouco lograron notar os milleiros de mulleres e nenas sometidas a terríbeis ablacións de clítoris, violadas, desprazadas, asasinadas en Darfur, en Sudán, os millóns de mulleres vítimas de abortos forzosos en China, ou as miles asasinadas ou obrigadas a cometer suicidio polo crime de "deshonrar" aos seus pais e irmáns por todo o mundo árabe e musulmán. A resolución sobre "as inxustizas que impón a ocupación de Palestina ás mulleres palestinas" foi aprobada mediante votación de 40 a 2. O representante palestino ante a ONU daba as grazas "a aqueles que votaron a favor da resolución", especialmente ao "Grupo dos 77" -China e os países en vías de desenvolvemento- ejemplares estados no respecto aos dereitos humanos e a igualdade da muller. Alemaña, falando en representación da Unión Europea, ofrecía "unha explicación" dun minuto escusando o seu voto afirmativo, mascullando que "expresamos a nosa profunda preocupación polo impacto sobre todas as mulleres na rexión, incluíndo as mulleres israelís". (Non se molestaron en que tal linguaxe fose inserido na propia resolución). Durante 60 segundos, o representante do país que asasinou a millóns de mulleres e nenas xudías en masa non hai moito tomaba nota de novo das nais e fillas xudías que caeron vítimas do terrorismo no estado xudeu. Esta é a corrupción moral que alimenta a ONU dentro de democracias como Alemaña. Nunha institución encabezada pola Organización da Conferencia Islámica, a Unión Europea laméntase mentres os verdadeiros violadores dos dereitos humanos animan. Só Estados Unidos e Canadá confrontaron a manobra como o que era: o secuestro doutra entidade da ONU máis para volver á opinión mundial contra Israel e a favor da Autoridade Palestina. Non importa que a Autoridade Palestina sexa a entidade gobernante dun suposto estado cuxos líderes animan a homes e mulleres a encerrar os seus corpos en explosivos co fin de inmolarse e mandarse ao outro mundo a eles e a incontables inocentes civís. No 2003, Hiba Daraghmeh, palestina de 19 anos, accionaba un cinto cheo de explosivos que estaba encostado á súa cintura, matándose ela e a tres israelís, e ferindo a outros 93 nun centro comercial do norte de Israel. Ela é enarborada como exemplo islámico -nunca se reuniu con mozos en público, nin sequera bebía té na cafetería da súa Universidade. Na práctica, a primeira vez que o mundo viu o seu novo rostro sen veo foi no póster que a Jihad Islámica comercializaba tras a súa morte. O terrorismo suicida feminino é a única forma de igualdade de sexos que non molesta á Autoridade Palestina, e a única que a Comisión da ONU sobre o Status da Muller non mencionará.

Anne Bayefsky é doutora en Dereito Internacional magna et suma cum laude polas universidades de Toronto e Oxford (a primeira muller en acadalo)

Comentarios

Jaume dixo…
Estimado amigo:

Según he podido leer en Ha´aretz, Mahmoud Ahmadineyad dijo que Israel es la bandera del diablo en un discurso realizado ayer en Teherán. Ciertamente, la amenaza iraní es todo un reto y a la larga puede desequilibrar toda la región.