"Sovetish Heymland" revista xudía editada na URSS




"Sovetish Heymland" foi unha revista literaria en idioma idish  publicada na Unión Soviética e dirixida polo poeta e escritor xudeu Aaron Vergelis en Moscova. A súa perioricidade era bimensual entre os anos 1961 e 1965, pasando logo a ser mensual ate 1991. Coa disolución de A Unión Soviética, a revista deixou de ser financiada polo ministerio de Cultura sovético. "Sovetish Heymland" chegou a ter unha tiraxe de 25.000 exemplares. Despois da disolución da URSS a revista mudou de nome pasando a titularse: "Di Yiddish Gas (די יידישע גאַס - "A Rúa Xudea") ata a morte de Aaron Vergelis en xullo de 1999.

"Sovetish Heymland" naceu no ano 1953 como foro de intelectuais xudeus en lingua idish aproveitando a apertura posterior á morte de Joseph Stalin. O título remitia ás revistas literarias en idish publicadas en Moscova "Sovetish" (1934-1941) e "Heymland" (1947-1948), indicando unha continuidade da produción literaria en idish sendo ademais  o xornal oficial idish da Unión de Escritores Soviéticos.

Aaron Vergelis

Ademais de artigos literarios, a revista publicaba materiais sobre o folclore xudeu, a historia, o idioma e a literatura en iddish, a revista tamén recollía material biográfico e bibliográfico sobre escritores xudeus soviéticos e mundiais. Na cuarta edición do aniversario de "Sovetish Heymland" en agosto de 1986, Aaron Vergelis anunciou que a revista publicara ate entón: 76 ensaios, 109 novelas, 1.478 relatos e contos, 6.680 poemas e 1.628 artigos relacionados coa crítica literaria e as artes xudías. Foi tamén un medio imprescindible para fomentar as novas xeracións de escritores idishs soviéticos. Como o único xornal en idioma idish oficial a partir da década de 1960 ate a década de 1980, "Sovetish Heymland", baixo a dirección de Vergelis, estaba relacionada coa case totalidade da produción cultural do período. Vergelis era o principal asesor do Comité Central do PCUS en materia de xudeus soviéticos.

Comentarios