Slavoj Zizek: "Somos demasiado políticamente correctos na crítica ao islam"



O filósofo marxista Slavoj Zizek no seu ensaio "Islam e modernidade. Reflexións blasfemas", un texto relativamente breve, de título provocador, que de entrada cuestiona a reacción do mundo occidental tras o atentado islamista contra Charlie Hebdo e as posteriores manifestacións de repulsa.

O autor, investigador do Instituto de Socioloxía da Universidade de Liubliana, a capital de Eslovenia, proclama que fai falta coraxe para seguir pensando tamén nas situacións momentáneas de tensión, sen deixalo para máis tarde. Cualifica, por exemplo, de "simple espectáculo" a coincidencia en París, na manifestación do 11 de xaneiro, de líderes mundiais como Cameron, Netanyahu e Abbas. E sostén, non sen certa ironía, que o ataque contra o semanario francés logrou "reconciliar aos revolucionarios do 68 co seu peor inimigo", a policía, obxecto habitual de "chistes brutais" en Francia.

Zizek critica con dureza o discurso politicamente correcto, dicindo que "os falsos esquerdistas" equivócanse por completo cando cualifican de islamofobia calquera crítica ao Islam. Afirma tamén que os terroristas islamitas son persoas que en realidade non demostran unha "verdadeira convicción", porque, se estivesen convencidos do todo, de que a súa é a verdade absoluta, por que entón se senten ameazados polos que eles chaman infieis? 

É a mesma greta que se aprecia nos dous extremos, é dicir, os "liberais anémicos" e os "fundamentalistas apaixonados". Ante "a suficiencia autocomplaciente do liberalismo permisivo", a solución, é que a esquerda radical se renove e entre de cheo no debate. Zizek sostén que os yihadistas do Estado Islámico non son ?medievais?, como pretenden facernos ver, senón produto da modernidade. Manexan ferramentas de última xeración, utilizan internet como canle de propaganda, e saben financiarse e mover o seu diñeiro nun mundo globalizado.


Expón que "o problema" do mundo islámico é que se viu exposto de forma abrupta á modernización occidental. Sen tempo para integrala adecuadamente nas súas vidas e costumes, aí empeza o drama. A saída é, ou a modernización superficial, destinada ao fracaso porque é unha simple imitación, ou o recurso á violencia. É a opción dos yihadistas, que din pretender enfrontar a "verdade" do Islam contra a "mentira" de Occidente. Ante a tremenda realidade do radicalismo islamita, Zizek expón: De que serviu exportar o noso modelo de democracia? É posible aínda falar de relativismo cultural? Que é hoxe, aquí e agora, a tolerancia? A que estamos dispostos a renunciar? Por que insistimos en que o Islam non é contemporáneo? Existe un nós e un eles? E unha última pregunta: Cando dicimos Je suis, que estamos a dicir exactamente? A súa conclusión é que "somos demasiado políticamente correctos na crítica ao islam".

O Islam é unha das grandes materias pendentes para un século XXI que tantos crían que ía ser pouco menos que o paraíso. E, evidentemente, resulta imprescindible a reflexión e o debate, en lugar de quedar paralizados e mudos, atenazados pola indiferenza, a estupidez ou o medo ao terror que exporta por todo o mundo.

Comentarios