O antisemitismo de Keith Ellison (director do Partido Demócrata)


Steve Bannon (esq) e Keith Ellinson (dta)

Por Pedro Gómez-Valadés

Hai uns días a raíz do nomeamento polo presidente electo Donald Trump de Steve Bannon como director de estratexia no seu gabinete, saltaron todas as alarmas sobre o seu antisemitismo e ideoloxía de dereita radical. Pois ben, é agora pola contra máis chamativa aínda a escasa crítica coa que foi acollida a elección de Keith Ellison á fronte da DNC (dirección do Partido Demócrata). Porque se Steve Bannon é un antisemita, Keith Ellison é ainda moito máis radical.

Ao longo da súa carreira política Ellison ten abertamente aceptado durante anos doazóns de grupos e persoas declaradamente xudeófobas. Este home que a piques está de dirixir o Partido Demócrata foi un portavoz da Nación do Islam ate iniciar a súa carreira política para o Congreso, onde nunca agochou o seu antisemitismo, e máis tarde, xa na súa vida coma congresista, chegou a aceptar sen pudor 50,000 dólares en contribucións de campaña de radicais islámicos que apoiaban abertamente o terrorismo islámico de Hamas, Hezbollah e os Irmáns Musulmáns. Keith Ellison encabezou durante o seu periodo na "Nación do Islam" unha manifestación xunto con Khalid Abdul Mohammed, na que este declarou aos asistentes: "se as palabras fosen espadas, os corazóns dos xudeus, dos gais e dos brancos serían atravesados". Ellison tamén chegou a defender publicamente a Louis Farrakhan, un brutal racista sen disimulo

Mais non remata aquí o historial antisemita do novo director do Partido Demócrata. En 2007, Ellison comparou abertamente o 11 de setembro co incendio do Reichstag, e manifestou que beneficiaba aos xudeus: "o atentado é unha escusa para atacar aos musulmáns" dixo. Ellison tamén votou en contra do financiamento do sistema de defensa antimisiles israelí "Iron Dome" deseñado para protexer a Israel dos ataques con foguetes e mísiles desde Gaza. Para colmo do desatino Keith Ellison se declara a prol das organizacións Council on American–Islamic Relations CAIR e da Islamic Society of North America ISNA, organizacións que teñen manifestado en moitas ocasións o seu apoio as campañas antiisraelís incluíndo a xenófoba campaña do BDS.

En definitiva, é inaceptábel o seu nomeamento ao fronte do Partido Demócrata e só o shock provocado pola derrota electoral fronte ao partido republicano de Donald Trump, pode explicar un erro deste calibre. De confirmarse a súa responsabilidade a fronte dos demócrtas, sería unha pésima nova a sumar a de Steve Bannon no gabinete do presidente electo.

Comentarios