Israelís, tanto xudeus como arabes xunto con palestinos da AP, colaboran para apagar os lumes


Oficial do Tzahal e bombeiro palestino traballando xuntos (Foto: Yoav Zitun)

A brigada de bombeiros da Autoridade Palestina que foi a axudar a combater o fogo en Israel.

O primeiro grupo a ofrecer axuda a Israel na loita contra os incendios foi a Autoridade Palestina; unha brigada composta por 20 bombeiros foron enviados a Israel para axudar contra o lume

Unha brigada de bombeiros da Autoridade Palestina acudiron a Israel durante a noite de xoves para axudar aos bombeiros israelís a combater as chamas en Haifa e Sha'ar Hagai, na primeira ocasión na que os bombeiros palestinos atravesaron a fronteira israelí para ofrecer asistencia profesional, dende os incendios de Carmel en 2010.

20 bombeiros palestinos acudiron despois de que a AP ofrecera a súa axuda, a primeira fonte estranxeira en facelo. Suhail Abed, un bombeiro de Qalqilya, que serve na área de Jenin, dixo: "Desde o noso punto de vista, como bombeiros por enriba de todo está salvar vidas. Iso é o que nos move, e por isto decidimos vir a Israel. A nosa motivación é moi alta e estamos moi satisfeitos de poder ofrecer axuda e asistencia humana".

Exipto e Xordania tamén ofreceron axuda a Israel na loita contra os incendios que castigan o país este venres de mañá. O primeiro ministro Benjamin Netanyahu aceptou ambas as súas ofertas. Exipto enviou dous helicópteros de combate anti-incendios e Xordania enviou varios camións de bombeiros.

En Haifa, un oficial das Forzas Armadas e un bombeiro palestino traballaron ombro a ombro. O oficial, o tenente-coronel Samir, que estaba acompañando aos palestinos sob o Coordinador das Actividades do Goberno nos Territorios (COGAT), xa está habituado a  colaboración semellante en Cisxordania. "Eles mostran motivación e boas ganas, e é o que vemos tamén no campo", dixo.

Samir engadiu: "Eles sempre solicitan a nosa axuda así que estamos afeitos a colaborar como agora; Normalmente somos nós os que acudimos na súa axuda. Hai só algúns días, houbo un grande incendio nun almacén na área de Barta'a e equipos israelís acudiron a axudar aos bombeiros palestinos na área ".

Ayman Odeh (deputado árabe-israelí), e quen vive en Haifa, eloxiou a cooperación global entre xudeus e árabes na loita contra as chamas. Ayman Odeh declarou a Ynet: "Eu non me lembro momentos de tanta mobilización conxunta de toda a sociedade israelí, tanto entre os árabes e os xudeus. É algo que alegra o corazón. Eu vexo que hai unha preocupación compartida. Vexo como os barrios árabes abriron as súas casas para os xudeus desprazados e viceversa. Eu tamén vin aos bombeiros da Autoridade Palestina, a xudeus e árabes loitando xuntos".

Respondendo ás afirmacións de que algúns dos incendios foron causados por incendiarios actuando por motivos terroristas, Odeh, comentou: "Hai tamén fogo en Umm al-Fahm e tamén en Abu Sinan en Cisxordania. Se se verificar que algúns miserables, persoas patéticas, árabes ou xudeus, provocaron isto, eles deben ser castigados severamente e fortemente condenados. A principal cousa agora é atopar a unidade e xuntar forzas para apagar os incendios."

Novos focos de fogo xurdiron este venres á tarde, nas proximidades de Xerusalén, e 20 aeronaves están operando. Varios países enviaron axuda á Israel destacando pola súa importancia en medios e efectivos aereos a Grecia, Chipre, Croacia, España, Italia e Rusia quen enviou dúas xigantescas aeronaves antiiscencios, as máis grandes que operan no mundo capaces de cargar 20 toneladas de auga. 

Vía: Rua Judaica Brasil

Comentarios