Isaac de Castro Tartas (1623 - 1647)




Por Rab Yosef Bittón
ESefarad

Isaac de Castro naceu na cidade de Tartas, no suroeste de Francia, en 1623.  Os seus pais eran de Portugal e pertencían a eses miles de familias xudías portuguesas que en 1497 foran convertidas ao cristianismo “por decreto” e desde entón practicaron o xudaísmo en segredo por 3, 4 ou máis xeracións. Para ter unha idea de canta xente estamos a falar calcúlase que en 1497 habían non menos de 120.000 xudeus en Portugal.

En Tartas o nome de Isaac era Tomás Luís. En 1640 a súa familia mudase a Amsterdam onde finalmente poden practicar a súa relixión abertamente. Alí, Tomás e o seu pai circuncidanse e cambian os seus nomes por nomes hebreos. Tomás chámase desde agora Isaac de Castro. Castro (ou de Castro), seguramente o apelido orixinal da súa familia. Como ilustración podemos mencionar a rabbi Jacob de Castro (1525-1610) de orixe portuguesa, un dos rabinos máis importantes da comunidade xudía de Exipto.

Isaac comezou os seus estudos de xudaísmo e de medicina en Holanda. En 1642 ou 1643 atopamos a Isaac en Brasil. O seu tío, Rab Moshe Refael Aguilar, chegou a Brasil a fundar unha comunidade na cidade de Recife. Nese entón e até 1654, Brasil estaba dividido en 2 zonas: unha  pertencía a Holanda e outra a Portugal, e Recife ficaba do lado holandés.  

Isaac vivía unha vida completamente xudía. Non só iso senón que tamén dedicabase a aprender a centos (ou miles) de conversos que residían en Brasil a practicar máis abertamente o seu xudaísmo.  Aínda que non habían tribunais da Inquisición en Brasil, como os que existían en Perú ou México, no lado portugués de Brasil habían oficiais da inquisición que vixiaban que os cristiáns novos é dicir, os xudeus que foron convertidos ao cristianismo había máis dun século, non volvesen á súa relixión.

Ninguén sabe exactamente por que, pero o mozo Isaac saíu de Recife e viaxou cara ao sur chegando á cidade de Salvador, capital de Baía dos Santos, territorio portugués. Alí, Isaac foi recoñecido polas autoridades locais. Tratou de disimular a súa práctica xudía pero algo delatouno: os seus tefilín.

Isaac foi feito prisioneiro, acusado non só de xudaizar senón tamén de facer proselitismo xudeu entre os cristiáns novos, e foi extraditado nun barco cara a Lisboa.

A inquisición portuguesa primeiro tratou de convencelo de renunciar á súa fe xudía e abrazar o cristianismo. Isaac rexeitou con argumentos moi sólidos. Ao ver que, a pesar da súa cortísima idade, tratábase dun grande erudito, a Inquisición enviou aos seus expertos filósofos e teólogos. Pero nada nin ninguén puido convencer a Isaac de renuncia á súa fe.

Por primeira vez na historia un xudeu usaba o seguinte argumento: “Teño dereito a practicar o xudaísmo en función dunha lei humana universal: a liberdade de conciencia. Un acto que se realiza dacordo coa propia conciencia non pode ser xulgado culpable, e o acto que eu fago e seguirei facendo, -o acto de profesar a relixión xudía- realízase dacordo cos ditados da miña conciencia”. Cando a Inquisición viu que todo esforzo era inútil, recorreu ao seu último recurso: a execución pública. Os acusados eran condenados a morrer queimados vivos nos que se chamaba cínicamente “auto de fe”.

O 15 de Decembro de 1647, cando Isaac tiña só 24 anos foi levado á praza pública, xunto con outros 5 conversos, condenados polo mesmo crime: xudaizar.

Os arquivos da Inquisición portuguesa relatan que Isaac foi deixado de pé, por varias horas, moi preto do lume, o suficientemente preto para que Isaac se arrepentise do seu “gran pecado” (ser xudeu) por temor á fogueira. Pero Isaac resistiu. E mentres estaba a ser abrazado polas chamas, co seu último alento, Isaac recitou cunha voz poderosa o “Shema Israel Hashem Elokenu Hashem Ejad”.

Contan que a poderosa entonación de Isaac causou unha enrome impresión en todos os que chegaran para presenciar a execución pública. Tanto que até os crueis verdugos sentiron remorso por quitarlle a vida a un mozo tan valente. Din, que os xentiles que presenciaron a execución,  durante semanas non falaban doutra cousa. O que é máis: o último de Isaac, o Shemá Israel, transformouse agora nun símbolo de liberdade de conciencia e inspirou a moitos conversos a volver a súa fe xudía.


E algo insólito: durante varios anos os xentiles repetían as palabras do “Shemá Israel” tanto foi así que a Inquisición tivo que impor un severo castigo para calquera que fose escoitado dicindo o Shemá Israel, as últimas palabras de Isaac de Castro Tortas

Comentarios