No 70 aniversario da liberación de Auschwitz



Ruth Fernández

Por Ruth Fernández

O 27 de xaneiro cumplíanse setenta anos da liberación do campo de concentración de Auschwitz-Birkenau e o mundo enteiro recordaba ás vítimas do holocausto xudeu. Así sucedía tamén o pasado venres 30 no concello de Moaña (Pontevedra), ata onde me acheguei para escoitar en primeira persoa os recordos daqueles que nas súas propias carnes viviron o horror da política antisemita levada a cabo polo réxime nazi contra o pobo xudeu en Europa e que rematou co seu case total exterminio entre os anos 1941 e 1945.

Talvez por azar caeu nas miñas mans hai unhas semanas a novelaTodo lo que cabe en los bolsillos, que precisamente trata sobre o mesmo asunto, ficcionando o que as testemuñas relatan de viva voz. Os cidadáns perderon todos os seus dereitos, embargáronlles os seus bens, ata rematar apilados en guetos e ser levados a campos de concentración, no que se deu en chamar a ‘solución final’ do problema xudeu. Na novela apúntase “¿Cómo íbamos a hacer para caber todos en aquel barrio tan pequeño? Éramos casi cuatrocientos mil” ou “El término "gueto" era tabú, pero por nuestro vecindario corrieron los rumores como un reguero de pólvora, y supimos que aquello no era más que una cárcel gigantesca”.
A historia revela que nunca houbo algo semellante, que se trata dun feito irrepetible, malia ás posturas que negan que tal barbaridade teña acontecido, como escoitamos tamén cando se fala de recuperar a Memoria Histórica, por parte dalgúns sectores negacionistas, ao referirnos ás vítimas da represión franquista… a todos os que foron fusilados, paseados, deixados nas cunetas…
E hai que facer memoria. Claro que si. Lembrar o que pasou, para honrar os que sufriron ese horror e ás súas familias. Recordar para intentar superar ese período histórico, para logo empezar a esquecer tras ser recoñecido polo mundo enteiro. Porque é moi significativo que tivesen que pasar máis de cincuenta anos da liberación dos campos de concentración e exterminio para que se empezase a transmitir o sucedido, para que se comezase o estudo do holocausto na meirande parte de Europa, como apuntou na xuntanza celebrada en Moaña o Presidente do Consello da Cultura Galega.
No acto estiveron presentes, ademais do historiador Ramón Villares, profesor da USC, tres persoas moi cercanas ao vivido en Auschwitz. Escoitamos a Francis Papiernik-Wolanowski (filla de Micheline Wolanowski, de 89 anos que vive en Bos Aires e que en abril viaxará para contar a súa experiencia), quen nos lembrou a historia da súa nai. Micheline perdeu aos seus pais e a unha irmá nese campo de concentración tan aludido nos filmes e na literaruta, como é o caso de El niño con el pijama de rayas. O que foi o seu marido tamén estivo tres anos nese campo, convertíndose logo nun supervivente que dedicou toda a vida a relatar o sucedido, a facer memoria, trasmitindo o sufrido, para que despois sexan outros, fillos, netos… os que levanten a voz, os que manteñan vivo o recordo. Francis recorda que o seu pai festexaba o día do peche de Auschwitz coma se fose o seu aniversario, celebrando a volta á vida, como se volvese nacer.
Precisamente a historia de amor, de sesenta anos de matrimonio entre Micheline e o seu home Charles Papiernik, tivo o seu xerme en Auschwitz, cando o pai da rapaza morría entre os brazos do futuro esposo, mentres á nai e á irmá as levarían ás cámaras de gas. Como se puido cometer tales atrocidades coa humanidade? E como puideron sobrevivir a tanta dor os que hoxe nos contan as súas historias? Resulta durísimo escoitalo…

Outra sobrevivinte é Annia Horsowski, de 94 anos, que relatou a súa experiencia, malia ás lagoas da memoria, coa axuda do seu fillo Luís, quen tantas veces ten escoitado de seus pais o vivido neses duros anos de persecución nazi.Con poucos días de diferencia Annia perdeu aos seus pais no gueto polaco (Lvov) onde se atopaban, no que hoxe é Ucrania. Relata que á nai a mataron dun tiro os nazis porque estaba enferma e non servía para traballar. Buscou o seu corpo, o cadáver. Nunca o atopou. O pai enfermou, entrou en coma, e morreu catorce días despois de falecer a súa muller, el no hospital. Lembra do gueto que pouco a pouco foron quedando alí pechados, sen que puidesen saír do lugar, sen case nada co que alimentarse (o que se relata con detalle na novela citada de Eva Weaver, “primero prohibieron el ocio: de un día para otro los que eran de sangre judía tenían vedada la entrada a los parques, los cafés, los museos […] Se suprimieron los tranvías y los bancos para sentarse, y por todas partes surgieron letreros que decían <>, no para los judíos”). Cando Annia saía buscar comida facíao acompañada por un soldado da Gestapo, que evitaba a fuxida.
12 gramos de azucre e un pedaciño de pan para toda a semana. Esa era a comida. Por iso cando saía en busca de alimento, intentaba traelo escondida entre a roupa, como tamén se ve na novela de Todo lo que cabe en los bolsillos (“Dos hogazas de pan para el alemán, una hogaza para el polaco, una rebanada para el judío” e “los soldados no llegaron a descubrir el mundo secreto que se ocultaba en mi abrigo, jamás se dieron cuenta de que dentro de los bolsillos había otros bolsillos”).
En Moaña creouse un momento de gran expectación para todos os asistentes cando relatou a historia do tren. Annia ía ser conducida con miles de xudíos a un campo de concentración, pero cando estaba a piques de subir ao tren, foi apartada da fila polos alemáns. Di ela que non entende hoxe por que, talvez polo seu aspecto físico, que distaba do común cos xudíos. Cando conseguiu escapar do gueto grazas a uns papeis falsos, facéndose pasar por alemana, buscou ao resto dos familiares desaparecidos na guerra. Non encontrou a ningún dos 36 parentes.
Remato cunhas palabras da novela que estou a ler, que inciden no horror que se vivía a día no gueto: “unos meses después ya no quedaban tumbas propiamente dichas; los muertos se sacaban a la calle por la noche, y cada día se recogían, se retiraban en carretones sobrecargados y se arrojaban a un hoyo profundo. Allí yacían anónimos, en una fosa común, mezclados con todos los que habían muerto aquel mismo día”.

Comentarios