"Netanyaho ten razón sobre Irán" David Grossman


"Netanyahu ten razón sobre Irán", afirma o escritor e coñecido militante da esquerda pacifista israelí David Grossman.
O recoñecido internacionalmente escritor israelí David Grossman expresou o seu apoio á posición do Primeiro Ministro Benjamin Netanyahu sobre o programa nuclear iraniano. 
Grossman, un coñecido activista de esquerda e un forte crítico e opositor de Netanyahu, manfestou ao diario italiano La Repubblica que "Irán ameaza ao mundo enteiro, e esta vez Netanyahu está no certo". Grossman describiu a posición estadounidense cara ao programa nuclear de Irán como dunha "inxenuidade criminal", e pediu aos líderes europeos que escoitasen atentamente a Netanyahu sobre o asunto, a pesar de dicir que el non votará a Netanyahu e non quere que gañe as Eleccións do vindeiro 17 de marzo.
Grossman criticou o ton de Netanyahu e a súa conduta cara á administración estadounidense, barallando a posibilidade de que a súa intervención puido ser un "tráxico erro", "de todos xeitos, estou dacordo co contido do seu discurso".
"Este é un perigo en expansión na rexión, e pronto podería ser unha ameaza non só para Israel senón para todo o mundo libre. Temos que escoitar a Netanyahu", dixo Grossman. Grossman dixo que a súa opinión do discurso de Netanyahu divídese en dúas partes. Por unha banda, están as relacións danadas co goberno dos Estados Unidos e co Partido Demócrata. No que respecta aos feitos presentados no discurso do Primeiro Ministro, con todo, Grossman opina que "son opinións importantes e deben ser escoitadas con suma atención".
O recoñecido escritor dixo que a inclinación a desatender as opinións de Netanyahu, "mesmo se el di as cousas correctas", débese á súa tendencia a manipular e á súa incapacidade de diferenciar entre o que é de importancia primaria e secundaria. "Pero o que di sobre Irán, e a parte destrutiva que está a xogar Irán no Oriente Medio, non pode e non debe ser baixo ningún concepto ignorado", dixo Grossman. "Netanyahu ten toda a razón cando di que, segundo o acordo que parece emerxente, non se fará nada para evitar que os iranianos desenvolvan unha ou varias bombas nucleares, e neste asunto non hai diferenza en Israel entre a esquerda e a dereita, é supervivencia".

Comentarios