A cantante israelí Noa en Galiza

 


Músicas dende Israel en Galicia
 
"Love Medicine" é o título do novo disco da israelí Noa que vence de editar en España. Con tal motivo Noa comeza a súa xira presentación española, elixindo para a nosa fortuna a dúas cidades galegas, Vigo (día 9 de xaneiro no teatro García Barbón), e A Coruña, -(sábado 10 no Teatro Rosalía) como punto de saída, acompañada polas guitarras de Gil Dor, o baixo de Adan Ben Ezra e Gadi Seri na batería.
 
Estrea disco, tras avanzar xa algúns dos seus temas no Festival de Jazz Vitoria-Gasteiz, e faino afrontando unha nova etapa, con máis enerxía que nunca no que é o seu primeiro álbum orixinal, gravado de estudo, desde que en 2009 editase "There Must Be Another Way". Neste intervalo de tempo, non parou de facer concertos e dar vida a algunhas das súas mellores composicións, neste descanso creativo no que xunto a Gil Dor, traduciron na música todos os matices da emoción e a enerxía que xorde dos encontros importantes e lugares máxicos do seu Israel e do Mundo. No álbum "Love Medicine", Noa contou coa colaboración do cantante, guitarrista e compositor brasileiro Gilberto Gil, gañador dunha vintena de Grammys, Pat Metheny, quen produciu o primeiro álbum de Noa hai xa 20 anos e Joaquín Sabina en "Waltz for Joaquin". No disco e nos seus concertos desprega sensualidade e delicadeza na voz, espiritualidade, tradición e modernidade.
 
O título do seu novo traballo, que da nome á xira mundial, expresa a crenza de que a música, cando faise con honestidade e con amor, é medicina para a alma.
.

Comentarios