A historia da mosca, o café e Palestina


Por Roland Jaccard 

Causeur - 03/12/14


Estabamos, o rabino Yosef Geisinski e máis eu, na luxosa boutique de Nespresso en Lausanne en transo de evocar no mostrador o recente atentado perpetrados por dous palestinos nunha sinagoga de Xerusalén no que asasinaron a 5 persoas, cando de súpeto apareceu unha mosca, unha visión inesperada nun lugar onde George Clooney non tolera ningunha diversión. O rabino Yosef Geisinski seguiu o voo da mosca e preguntoume: "Que pasaría se (a mosca) caese nunha cunca de café?". "Eu prefiro non pensar niso", díxenlle. "Eu vouche a suxerir algunhas respostas", insistiu, "e coméntasme se as compartes ou non...". Asentín coa cabeza e comezou o xogo.
- Se a mosca cae na cunca dun italiano, el rómpea e sae furioso do bar.
Estiven de acordo.
- Se se tratara dun alemán, pide unha nova cunca de café, esterilizada se é posíbel.
Estiven dacordo de novo.
- Se fora un francés, botará á mosca fóra da cunca e beberá o seu café.
Ben feito!
- Se fose un chinés, comerase a mosca e tirará o café...
Expresei o meu desacordo co meu silencio.
- Se se trata dun ruso, continuou, beberá o seu café coa mosca, coma se fora beneficiario dun tratamento preferente.
Non puiden evitar sorrir.
- Se se trata dun israelí, venderá o café ao francés, a mosca ao chinés, venderá unha nova cunca ao italiano, beberá té, e con todo o que gañou tratará de desenvolver un sistema que evite que este tipo de incidente volva suceder...
Asentín coa cabeza.
- E se se trata dun palestino, el acusará aos israelís de deixar caer a mosca no seu café, protestará ante a ONU contra esta agresión, pedirá unha indemnización á Unión Europea para unha nova cunca de café, utilizará o diñeiro para mercar explosivos e tratará de facer saltar o restaurante onde os italianos, franceses, alemáns, rusos e chineses están a piques de explicar aos israelís que deben ofrecer a súa cunca de té aos palestinos.
Rin. Sen saber por que. Ou talvez, sabéndoo demasiado ben. Ningunha mosca caeu sobre os nosos cafés. Con todo, acabamos de coñecer que os socialistas franceses están dispostos a recoñecer ao Estado palestino.

Comentarios