Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014"




O Centro Sefarad-Israel, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia organizan a Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2014" o sábado 30 de novembro de 2013 en Santiago de Compostela. 

O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de recordo ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945, o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e de Prevención dos Crímenes contra a Humanidade". O obxectivo desta iniciativa é conseguir introducir a transmisión do Holocausto na ensinanza a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto o próximo 27 de xaneiro de 2014. Para isto, esta xornada pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática.

Información

Destinatarios: Profesorado de centros públicos e concertados, que impartan docencia en Ensino Secundario e preferente das especialidades: Ciencias sociais, xeografía e historia, Filosofía. Admitiranse máximo dúas persoas por centro educativo. Inscrición: Accedendo a fprofe, o código da actividade G1302016. Prazo de inscrición: ate o 22 de novembro de 2013, inclusive. Esta xornada está homologada con 8 horas de formación.

Comentarios