"Debemos recoñecer ao Estado palestino" Danny Ayalón


Por Marian Sued
Liberation 

O viceministro saínte de Exteriores israelí, Danny Ayalón, manifestouse a favor de que o seu país recoñeza a Palestina como membro pleno da ONU, e que como contrapartida os palestinos fagan o mesmo con Israel como nación do pobo xudeu. «Israel debe recoñecer a Palestina como membro pleno da ONU. Israel dará soberanía e independencia aos palestinos e, a cambio, eles recoñecerán a Israel como Estado nación do pobo xudeu», afirmou Ayalón nunha conferencia na cidade de Holón, ao sur de Tel Aviv. O dirixente do Likud tamén referiuse ao estancado proceso de paz entre israelís e palestinos e opinou que o Estado xudeu debería aceptar a decisión da ONU de elevar a representación da Autoridade Palestina a nivel de Estado observador non membro da organización.  Sobre a visita que o presidente de Estados Unidos, Barack Obama, ten prevista realizar o videiro mes de marzo á rexión, Ayalón expresou que espera que Washington presione nesta ocasión para que se celebre unha minicumbre entre Obama, o primeiro ministro israelí, Binjamín Netanyahu e o presidente palestino, Mahmud Abbás.

«Neste momento estase a tratar de arranxar un encontro entre Obama, Netanyahu, Abbás e quizá o rei xordano Abdullah II», precisou Ayalón, antes de sinalar que Xordania podería ser o lugar elixido para a cita. A viaxe de Obama, engadiu o vicanciller israelí, «serve aos intereses de Estados Unidos para situar ao presidente no centro do proceso de paz entre israelís e palestinos». Ayalón sostivo que a visita á rexión do dirixente estadounidense tamén «pavimentará o camiño ao novo secretario de Estado norteamericano, John Kerry, que continuará exercendo como mediador nas negociacións entre as partes». As declaracións de Ayalón sobre cal debería ser a posición israelí sobre o recoñecemento de Palestina na ONU contrastan coa tradicional postura oficial ate o momento de Israel de considerar calquera intento para lograr recoñecemento polos palestinos como unilateral e contraproducente co proceso de diálogo entre as partes.

Estas afirmacións prodúcense tamén nunha semana na que o director do Consello de Seguridade Nacional e asesor de Netanyahu, Yaakov Amidror, advertiu que a política de ampliación de asentamentos xudeus en Cisxordania resta apoio internacional a Israel, mesmo dos seus socios máis próximos. «Israel está a perder apoio mesmo entre os seus amigos en Occidente como Alemaña e Canadá», alertou Amidror. O xornal «Haaretz» informou de que Itzjak Moljo, enviado para as negociacións cos palestinos de Netanyahu, concorda plenamente coa opinión de Amidror contra a ampliación dos asentamentos.

Comentarios

the publisher dixo…
Thanks for your grateful informations, am working in, asian affairs news magazine.
Try to post best informations like this always
Middle East: The Israeli periphery