“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

segunda-feira, abril 30, 2012

A necedade de negar a existencia dun pobo xudeu



Por Jose Alberto Itzigsohn
Nueva Sión - Maio 2012

O conflito israelo-palestino desenvólvese en varios planos. Un deles, é negar as necesidades do outro, rexeitando ou restrinxindo o feito da súa existencia presente e pasada, na medida en que a historia poida ser parte dun debate actual, como un elemento movilizador da conduta colectiva.

Para algúns dirixentes palestinos, en especial líderes relixiosos, a negación da existencia dun pobo xudeu cuxos antepasados, moraron algunha vez en Palestina, chega a extremos tales como negar que algunha vez existise un templo xudeu en Xerusalén, en contradición con testemuños de contemporáneos como Flavio Josefo, ou que o pobo xudeu sexa algo máis que unha comunidade relixiosa, con compoñentes culturais laicos ou con existencia política máis aló da fe. En resumo, un conxunto de polacos, húngaros, etc., cuxa presenza en Palestina é ilexitima e cuxo destino sería volver aos seus países de orixe para render homenaxe aos seus avós asasinados. Os únicos xudeus cuxa presencia sería lexítima, serían orixinarios de países árabes que, para esa interpretación, serian simplemente árabes de relixión xudía.

Cabe sinalar que ao longo da historia, as comunidades xudías de distintos países, tanto cristiáns como islámicos. comunicábanse entre si por motivos relixiosos e económicos, e iso contribuíu á formación dunha conciencia nacional, sustentada pola crenza nunha orixe común, relatos e mitos compartidos e o anhelo de símbolos dunha grandeza perdida como, por exemplo, o chamado Muro dos Lamentos en Xerusalén e o recordo ritualizado da devandita cidade.

Por certo, o que ocorre nunha comunidade xudía afecta inmediatamente ás outras e pon en marcha mecanismos de solidariedade. No pasado, as diferentes comunidades rescataban con diñeiro a cativos xudeus doutras comunidades que caesen prisioneiros. Iso era considerado unha obriga relixiosa (mitzvah). Por outra banda, as diferentes comunidades tiñan que enfrontar calamidades, como as cruzadas e unha coexistencia permanente con grupos que os desprezaban, un antisemitismo crónico con brotes agudos, e para poder sobrevivir -non só a nivel material, senón tamén a nivel psicolóxico- tiñan que acudir a un ensalzamiento da sua auto imaxe, a nivel colectivo, o cal contribuíu tamén a mantelos como pobo.

Que é iso de ser xudeu?
 
É moi complexa a definición de quen é xudeu máis aló da definición relixiosa: fillo de nai xudía ou conversa ao xudaísmo ou a definición política israelí: alguén que ten polo menos un avó xudeu ou que se converte ao xudaísmo.

A realidade xudía de hoxe non encaixa en ningunha destas definicións. Hai xudeus relixiosos que rexeitan a idea dun xudaísmo laico ou dunha entidade nacional xudía. Hai xudeus laicos que se definen como tales pola súa cultura en lingua idish ou xudeo-española ou outras ou como parte de movementos nacionais locais ou de movementos globalistas. Hai xudeus que se definen como tales por experiencias vividas na súa interrelación con outros pobos. Un conxunto plural que pode entenderse mellor partindo de que os xudeus non existen só para si, nin tampouco só pola visión dos demais, senón en interacción continua con outras poboacións.

Ao longo da historia houbo xudeus que se aferraron á súa identidade relixiosa até o punto de preferir morrer antes que abxurar, así como outros que buscaron novas formas de identidade nun mundo cambiante, e tamén moitos que trataron de desprenderse da súa condición, algúns con éxito e outros enfrontados con reaccións dos pobos circundantes que os rexeitaron ou mesmo inventaron teorías para excluílos ou destruílos. Lembremos aquí a "pureza de sangue" inventada polos "cristiáns vellos" de Sefarad no século XV ou, máis preto noso, as leis racistas dos nazis e a súa política exterminatoria que se baseaba na existencia dunha suposta raza xudía, condenada ao exterminio pola degradación irreparábel da súa condición humana. Houbo momentos moi próximos na historia europea, nos que ser clasificado por outros como xudeu ou non xudeu, significaba, nin máis nin menos, a diferenza entre a vida e a morte.

O xudeu é, pois, o produto dunha interacción co medio, unha realidade existencial que en certos momentos é optativa, posto que se pode tentar saír ou entrar nela a vontade e noutros, é unha realidade imposta sen escapatoria ou aceptada como en estado natural ou mesmo, preferente. Atreveríame a propor como definición que xudeu é aquel cuxa vida foi ou é profundamente influenciada por esa condición, o que nos permitiría entender a unidade entre un xudeu etíope -que por ser tal era desprezado e padecía de limitacións na súa vida económica e social- e un xudeu doutros países, que nalgún momento da súa vida tivo que atravesar experiencias traumáticas pola súa condición de tal, sendo ambos percibidos como distintos polos grupos sociais continentes, o cal contribúe a crear unha forma de conciencia nacional colectiva.

Non cabe dúbida que as formas de encarar esas situacións son moi distintas, pero o que non se pode negar é que hai unha masa de varios millóns de seres humanos para os cales o seren xudeu implica vivencias diferentes ás dos demais. Valga como exemplo o millón de xudeus que emigraron de Rusia, Ucraína e Rusia Branca a Israel, porque a súa vida foi profundamente afectada polo antisemitismo. Esa masa de millóns de persoas forma a poboación xudía que buscou transformarse nun pobo autodeterminado e dono do seu propio destino por diversos camiños. Pódese debater a xustiza ou inxustiza deses camiños, pero non a existencia desa poboación, a metade da cal reuniuse en Israel, onde construíu as institucións que definen a unha nación e está no proceso de integrar a grupos humanos de distinta orixe, pero unidos pola súa experiencia histórica.

A creación dun estado nacional en Israel é unha nova experiencia vital, con grandes inconvenientes -como a falta dunha solución adecuada da convivencia cos árabes palestinos e a ocupación prolongada de terras, que deberán pertencer ao Estado Palestino a crearse á beira de Israel-, pero tamén con transformacións fundamentais, como o renacemento dun idioma propio que os unifica, o hebreo, o desenvolvemento dunha gran capacidade creadora en amplos e diversos campos, e a capacidade de defenderse . En definitiva, unha parte esencial da vida do pobo xudeu de hoxe. Como corolario, direi que unha visión da realidade baseada na negación parcial ou total do outro -xa sexa que se trate do pobo palestino ou do pobo xudeu, sobre bases teolóxicas ou políticas- afasta a paz, tan necesaria e desexada.

sábado, abril 28, 2012

Na Sinagoga de Viena



Por Afonso Vázquez-Monxardín

O outro día estiven nesa fermosa porta do oriente europeo que é Viena, visitei a sinagoga e escoitei calado os porqués dun guía que carecía de respostas. Nunha lápida recórdase aos xudeus vieneses mortos pelexando nas fileiras xermanas durante a I Guerra mundial. Noutras lémbrase aos xudeus vieneses mortos polos seus compatriotas xermanos durante a II Guerra Mundial. Só vinte anos transcorreran entre ambos feitos, entre a consideración dos xudeus como unha parte máis da nación e a vontade de exterminio que levou a que a colectividade pasará de cento setenta mil membros a só sete mil. E deles sesenta e cinco mil, asasinados. ¿Como? ¿Por que este cambio? preguntábase o guía sen atinar cunha resposta fácil. Desde hai uns anos, seica se comeza a falar do tema. Os austríacos non foron só vítimas, foron parte do problema. Moitos asistiron entusiasmados á integración –Anschluss- nun só ente político.
A purificación racial veu cun proxecto compartido no que eles se comportaron igual que os alemáns do común: calar e mirar para outro lado. ¿Como se pode producir un cambio tan rápido nunha sociedade rica, variada e culta como a vienesa? O antisemitismo sempre latente desde os pogroms da idade media, tolerados historicamente polas igrexas cristiás que os consideraban culpables de “deicidio”, rexorde vez tras vez e en contextos e aparencias diversas: Francia medieval, Rusia zarista ou stalinista, Alemaña nazi... E hoxe de novo en Europa unha inxenuidade perigosa parece situar a algúns máis preto dos homes bombas de Hamas que da minúscula nación de Freud, Kafka ou Einstein.

Os galegos sempre admiraron a ese pobo da diáspora que soubo reagruparse despois do maior asasinato planificado na historia humana. En Bos Aires foi proverbial esta amizade a través de Luís Seoane autor dos murais da Sociedad Hebraica Argentina. Pola memoria de Seoane e pola de Alberto Fernández, panadeiro galego morto no atentado de Herbolá contra a Asociación Mutual Isarelita Argentina, irmá do noso Centro Galego, o 18 de xullo de 1994, debemos de ampliar as fontes de información e puntos de vista antes de deixarnos ir co simple antixudaísmo dominante no progresismo europeo. Shalom quere dicir ola, adeus e tamén paz.

Artigo publicado no xornal GALICIA-HOXE

domingo, abril 22, 2012

Despois de Auschwitz



Por
Galicia-Hoxe - 09.04.12

Recordo que durante 2003, e recórdoo porque o estou mirando, se non de que, cincuenta e seis españois, que se saiba, intentaron facerse os mortos para cobrar os seguros previamente subscritos por eles mesmos ao seu favor. Digo que se saiba porque a estes cincuenta e seis foi aos que pillaron, pero algún o conseguiría. O malo de facerse o morto é que te acaban descubrindo antes ou despois, salvo que deixes de respirar, e nese caso xa non estarías estafando a ninguén, senón cobrando o teu seguro con todo merecemento e sen ningunha posibilidade de gastalo, co que para que. Pero ese non é o tema. O tema é que hai xente que se fai a morta en accidente de tráfico, ás veces con traballada saída de vía, que se di agora das voltas de campá, e falsifica atestados e autopsias e certificados de defunción para cobrar cincocentos ou seiscentos euros brutos e brutais de nada. Nin sequera é que morrer estea ás veces a un prezo absurdo, pois, que o está: é que esta xente, por vivir, debe de cobrar aínda menos, porque se non de que, se a pena poden ser seis anos de cadea.
Uns anos despois, como por 2006, eu anótoo todo, atoparon vivo nunha cova de Francia a un home de corenta e oito anos que se perdera nela trinta e catro días antes. O tipo, Jean-Luc Josuat, pesaba dezaoito quilos menos cando o sacaron, froito dunha dieta rica en arxila, madeira e auga, que era todo, e foi dabondo, o que había dentro. A muller de Josuat contaba logo que o seu marido engordara moito nos últimos meses e que estaba coma un bocoi cando entrou na cova, o que se cadra o salvou. O médico de Josuat, pola súa banda, impagable adiviño, dicíalle a Josuat cada vez que o vía neses meses previos á odisea que todos eses quilos que o amorcillaban acabarían matándoo. Josuat, en fin, despois de cambiar de médico, como que lamentou sobrevivir, porque entendeu que, contra o que el pensaba, hai algo aínda peor que morrer por parvo, que te deixa fatal postumamente: case morrer por parvo, que te deixa fatal contigo aquí, sen un pouco de loito protector, a mercé dos jajás e as risas frouxas.
Hai como dez anos, xa lles digo que eu arquivo estas cousas, un ancián nicaraguano que volvía á súa casa en Tipitapa tras catro días de ausencia atopou certa inquietude nas miradas dos veciños, que non sabían como dicirlle que deixase de chamar ó timbre, porque non había ninguén: estaban todos no seu enterro. Como o vello supuxo, con bo xuízo,  que non empezarían sen el, non se deu moita présa en chegar ó cemiterio, onde esposa e fillos non só non deixaron de chorar ó velo, senón que choraron con moita máis fruición, desconcertantemente. O vello esposo e pai non tivo difícil demostrar quen era, era evidente, pero si demostrar que estaba vivo, porque é costume antigo que os espíritos nicaraguanos asistan ó propio enterro e anoten as ausencias e pasen conta logo con aparicións, con sustos, con ouleos.
Nos últimos días de xaneiro de 1945, unha muller que estaba sendo liberada dun campo de concentración nazi achegouse a un soldado que repartía leite entre os nenos. Levaba nos brazos un bebé, morto de varios días, e non desistiu ata que o soldado puxo unhas gotas de leite nos beizos do neno. Logo afastouse cantando, feliz, e caeu morta na segunda estrofa.
Quero dicir que a poesía é posible despois de Auschwitz. O que xa é máis difícil é o humor. Por exemplo: antes deste parágrafo penúltimo, é fácil sorrir cos tres primeiros; despois, xa non.
http://blogs.elcorreogallego.es/o-coleccionista-de-neboa/2012/04/09/despois-de-auschwitz/

El País, entre a contradicción e a descontextualización

Por Masha Gabriel
ReVista de Medio Oriente. 18/04/2012


O artigo da correspondente en Israel do xornal El País, Ana Carbajosa, Israel detiene a dos españoles en la operación Bienvenido a Palestina, publicado polo diario o 15 de abril de 2012, presenta algunhas incorreccións que convien salientar.
Por unha banda, o artígo ten unha contextualización selectiva: a periodista describe, de entre todos os participantes da Flytilla que foron enviados de regreso, a unha muller española, Teresa Sala, e parécelle fundamental subliñar que tratase dunha xubilada de 66 anos. Sen embargo, non parece importarlle tanto explicar cómo entretén os días da súa xubilación esta señora que xa no pasado protagonizou incluso unha folga de fame durante a súa Marcha a Gaza, nin por qué viaxaba nunha iniciativa que incluía a personaxes como Amna Muna, terrorista palestina que foi liberada no canxe por Gilad Shalit, coñecida por ter participado no asasinato do rapáz israelí de 16 anos Ofir Rahum, facendolle de cebo para unha emboscada a través de internet, además de ter manifestado a súa excitación ao asistir ao linchamiento e descuartizamento coas mans (hai videos e imaxes brutais tiradas polos propios terroristas do descuartizamento) no ano 2000 de dous soldados israelies que se extraviaran no seu camiño. Por outra banada, o artigo presenta unha importante contradicción. Escribe Ana Carbajosa:
"Las autoridades israelíes deportaron a Salas, una maestra jubilada de 66 años de vuelta a Alemania a media tarde. “Los policías me han llevado en volandas, a la fuerza hasta el avión”, cuenta por teléfono desde el aeropuerto de Colonia, donde aterrizó. “Cuando dijimos que íbamos a Palestina nos metieron en un furgón policial y de ahí me llevaron al avión de vuelta”.
Sen embargo, no parágrafo seguinte pódese ler:
“A Maite Santamaría, de la plataforma de apoyo a Palestina de Donostia y procedente de Touluse la interrogaron durante un par de horas y finalmente la dejaron entrar en el país y desde Israel se dirigió a la ciudad cisjordana de Belén, donde se reunieron los activistas de Bienvenido a Palestina. Santamaría no había entrado nunca antes en Israel, explicó en la aduana que su intención era visitar los territorios palestinos, como habían quedado todos los activistas. “Cuando la gente va a los territorios palestinos tiene que mentir y decir que va a Israel a hacer turismo porque si no, no te dejan entrar por Ben Gurión, la única puerta de entrada al país. Por eso, nuestro objetivo es evidenciar que no sólo Gaza está bloqueada, sino toda Palestina también”, indica por teléfono Carmen Martí, compañera de organización de Santamaría.”
É diecir, o texto asegura nun mesmo parágrafo que a Maite a deixaron pasar dicindo que ia a Palestina e, sen solución de continuidade, afirman que é imposíbel pasar dicindo que o destino son os territorios. Algo non cadra. Parece que a confusión do momento apoderouse do texto de El País, que por unha banda non fai demasiado fincapé en explicar quen son os protagonistas da historia, e que por outra banda contradise a sí mesmo.

Stergios Patakiuta, testemuño do Holocausto


Stergios Patakiuta, testemuño do Holocausto. from galicia israel on Vimeo.

quarta-feira, abril 18, 2012

Jenin, 10 anos dunha farsa


Que tristeza o cerebro


Que tristeza o cerebro... que dicía o inesquecíbel poeta verinés Xaime Noguerol. Menudo desnorte o desta xentiña... Como podedes ver, é un cartaz anunciado unhas xornadas seica independentistas galegas, nas que aparece esta bucólica imaxe: unha moza que combina, coa graza e o descaro dos nosos difusos e tolos tempos ideolóxicos, o veo islámico cunha camisola coa faciana do Ché. Logo claro ver ao Partido de Deus (Hezbollah) ou a Resistencia Islamica (Hamas) como "vangarda da loita antiimperialista" é un chanzo máis no seu delirante desnorte. Sonche xentes marxinais, certo, e con vocación de marxinalidade. Mais tedes que desculpar pero cabrea que estes tipiños se reivindiquen de esquerdas e logo vaian de talibáns SS boicoteando actos... que tristeza o cerebro...

terça-feira, abril 17, 2012

O sectarismo de Günter Grass


 Günter Grass (esquerda) nunha imaxe de 1944


Por Xosé Luis Franco Grande
La Voz de Galicia
09.04.2012
 
Vaia por diante que nunca me interesou maiormente Günter Grass, nin como novelista, nin como intelectual, nin como poeta, que evidentemente non o é, como unha vez máis demostra ese pretendido poema, O que hai que dicir, que, por razóns alleas á literatura, tanto barullo armou. A cousa non era para tanto.
O suposto poema non é senón un discurso. E, como tal, tampouco era como para que catro ou cinco xornais europeos se poñan de acordo en publicalo como a gran primicia. Xa se ve que os tópicos máis vulgares poden ser noticia se se saben adobiar con boas doses de política tamén tópica -Israel é un perigo, non o tolitates de Mahmud Ahmadineyad- e outras coñecidas vulgaridades.
Pero aínda así non parece moi lúcido o discurso do Nobel alemán: é puro maniqueísmo -o contrario de calquera análise intelectual serio- temer pola potencia nuclear israelí, e condenala, e non facer o mesmo en canto á que procura ter un réxime pechado, clerical e reaccionario que manifesta que fará desaparecer a Israel do mapa. Maniqueísmo, si, pero tamén un sectarismo máis.
Por outra banda, Herr Grass dá a impresión de que chega tarde a todo, dende a tardía confesión que fixo de pertencer na súa mocidade ás Waffen SS ata o seu tamén tardío medo ás armas nucleares de Israel. Confiemos que non chegue tan tarde a unha condena das iranianas, no seu caso.
Günter Grass é un exemplo do pouco que acostuma pensar certa intelectualidade de mente embazada polos tópicos máis vulgares, sempre que estes ataquen o poder establecido ou o poder, sinxelamente. Pero sempre tratando de ocultar que outros, ao mellor, son moito peores. Que isto non o vexa Günter Grass descalifícao como intelectual, como escritor e ademais, e aínda que non o sexa, como poeta.

Testemuño: Ania Horszowski

domingo, abril 15, 2012

Antisemitismo



 Pintada nas rúas de Pontevedra

Por Andrés Pavón

Como a Shalom Ausslander no seu libro “Lamentaciones de un prepucio”, a min tamén me sucede que vivo co temor constante a que todo se fastidie. Sexa Deus, o destino, a fortuna, a Lei de Murphy ou algunha fórmula matemática das que vía no aire John Nash, o certo é que nunca termino de desfrutar das cousas por ter a certeza de que non tardarán en fastidiarse.Así, logo de pasalo pipa na Festa da Empanada e, por unha vez, con moderación no beber e o comer, dispúñame a dar unha volta por Chantada antes de oir as orquestras. Coa garda baixa (pola falta de sono e a presenza de catro cervexas San Miguel) confieime e produciuse o fatal desenlace: alguén veu chafarme o final das patronais. Xenocida! asasino de mulleres e nenos! peón do imperialismo!. Eses foron algúns dos piropos que me botaron por ser simpatizante de Israel, sionista ao fin. Nin sequera me tomei a mal o incidente xa que é tan inútil discutir cun antisemita como cun rabino ultraortodoxo fanático. 

Pero si que dei en cavilar nas diferencias entre a maneira de actuar dos que agochan o odio aos xudeus baixo a verba “antisionista” e os que defendemos -con argumentos xurídicos e políticos- a existencia do estado democrático de Israel. Cando nós nos xuntamos, non queimamos bandeiras palestinas nin cantamos insultos e ameazas. Lamentamos que a poboación de Gaza e Cisxordania teña que pagar polo que fan uns poucos terroristas, pero constatamos que os palestinos saben que nas súas mans está non ter que volver chorar por un fillo morto.Nin sequera nos indigna o feito de que boa parte da prensa convirta en mártires aos mortos en accións defensivas de Israel e cale cando o cadáver está circuncidado. É máis: ata debatimos sobre o xeito de actuar do goberno israelí e criticámolo sen temor.Cando o pasado xuño celebramos un Shabbat gastronómico en Monforte, ninguén pode decir que nos vira berrar ou facer pintadas.O conflicto de Oriente Medio é complexo e desata reaccións moi fortes. Pero aseguro que os que defendemos a Israel nunca imos co insulto, a ameaza e, sobre todo, a suposta posesión da verdade por diante. Non en van o Talmud ensina a cuestionarse case todo.

domingo, abril 08, 2012

O kibbutz bate un record


Haaretz informa hoxe que a poboación dos kibutzim conta actualmente con aproximadamente 141.000 residentes, e é o maior índice xamais rexistrado. Trátase dun aumento significativo desde 2004, cando a poboación era duns 115.000 residentes.

Baseándose nestes datos, a poboación do kibbutz provén na súa maioría da periferia -máis do 70% vivía en localidades do norte e o sur. Unha quinta parte dos residentes non son membros -a maioría deles son residentes das vilas e pobos anexos ao kibbutz, ou persoas que alugan apartamentos. Segundo o secretario do Movemento Kibbutziano, Zeev (Velvel) Shor, "Nos últimos anos unha revolución demográfica produciuse nos kibbutzim, a marcha de xente detívose, ingresa máis xente que a que sae, o oposto ao que caracterizou aos anos de crises". "A xente busca calidade de vida, vivir xusta e equitativamente nunha contorna rural, e pór en práctica os sistemas de apoio e solidariedade mutuo", dixo o secretario. A absorción ocupa un lugar central nos últimos anos na vida do kibbutz, resulta que o 86% dos kibbutzim absorben novos membros. O 60% dos kibbutzim din recibir a "mozos" e "poboación externa". O 26% recibe só novos, mentres que no 14% dos kibbutzim, non funciona en absoluto a vía de absorción. O total de ingresos dos kibbutzim no ano 2010 ascendeu a preto de 30.0000 millóns de dólares. A utilidade bruta ascendeu a dez mil millóns de dólares, o mesmo que para o ano 2009. Os ingresos proveñen da industria, a agricultura, o turismo e o traballo. A desagregación dos ingresos mostra que a industria é o ingrediente principal. 250 empresas industriais tiveron maiores ingresos, elevados a 20 millóns de dólares. Compoñen o 72% das fábricas na periferia, e empregan 30.000 empregados. Dacordo con algúns informes a produción industrial dos kibbutzim de Israel equivale a aproximadamente o 7% do total das vendas globais, e ao redor dun 9% da facturación total das exportacións. O crecemento demográfico -especialmente das familias novas con fillos- produciu a reconstrución de xardíns de infantes. Os datos mostran que nos kibbutzim máis do 20% da poboación son nenos até 18 anos e soldados en servizo.

Os únicos sirios libres

Por Pablo Veiga
Aurora (Tel Aviv) - 01.04.2012

Hai xa un ano que seguindo o exemplo doutros pobos como o tunisiano, o exipcio ou o libio, os sirios decidiron lanzar un basta xa e ocuparon as rúas reclamando algo tan elemental e innato para o ser humano como é a liberdade. As súas ansias non foron atendidas polo seu gobernante máximo, fillo do anterior. Todo o contrario. A diferenza de Tunes, Exipto e Libia, cuxos cidadáns asistiron ao derrocamento dos seus perennes gobernantes, en Siria non se conseguiu ese obxectivo. Doce meses despois, o conflito continúa e estamos sen dúbida ante unha auténtica guerra civil. A maquinaria represora da Al-Assad non aforrou esforzos en masacrar calquera movemento opositor. Varios miles de mortos e de desprazados, e non se sabe cantos detidos, é o resultado deste aferramiento ao poder por parte deste home e os seus secuaces. A comunidade internacional non sabe ou non pode ou non se atreve a intervir no país. De novo o complexo taboeiro en que se moven as fichas da política relacionada con Oriente Medio non atopa solución. Mentres tanto, cada día os medios de comunicación amosan imaxes dunha crueldade sen límites. E a cifra de mortos segue subindo. De novo as comparacións, odiosas como dicimos por aquí, pero máis que elocuentes. Existe un territorio desde o cal se hostigaba ás poboacións da Alta Galilea ate que nunha guerra de apenas unha semana foi conquistado por Israel. Unha meseta dun mil quilómetros cadrados que a partir do ano sesenta e sete xa non ha voo a ser utilizada como plataforma para cometer actos terroristas contra os seus veciños. Los Altos do Golán convertéronse nun lugar onde se produce un exquisito viño, unha área onde se instalaron Kibbutz e moshav e que ofrecen confortables aloxamentos a visitantes, ademais de desenvolver a súa produción agrícola e gandeira. Un destino turístico no que se pode gozar das súas belas vistas sobre o lago Kinneret, acceder ao Monte Hermón e realizar preciosas rutas senderistas.

Unha terra que hoxe forma parte de Israel, disputada con Siria, país que a reclama como parte súa e que probablemente sería devolta se se concretase un compromiso firme de esquecer esa idea peregrina de borrar a Israel do mapa. Pero os Altos do Golán teñen outra singularidade; neles residen un vinte mil drusos sirios, que xunto aos xudeus instalados a partir da guerra do seis días forman a poboación total que hoxe alí moura. E estes sirios que contemplan nos mastros outra bandeira distinta á súa, que teñen veciños novos, algúns chegados de terras moi afastadas, doutra relixión, son os únicos que se poden sentir libres. A diferenza das súas irmans de Damasco ou de Homs, os sirios do Golán non están sometidos a unha ditadura feroz, ninguén os torturará se van parar a un centro médico e poden manifestar as súas opinións sen que os masacren. Estes homes e mulleres, aínda que lles desconcierte recoñecelo, son hoxe os principais interesados en que continúe o status quo do Golán, a única terra siria (se me permiten chamala así) verdadeiramente libre. Quen llo ía a dicir

Jorge Semprún sobre Günter Grass: "Non debeu falar tanto e de todo".


Estrañaba ao escritor español, quen estivo preso no campo de concentración nazi de Buchenwald, que o autor alemán esperase tantos anos para falar do seu paso polas SS

EFE -  26 de maio de 2007

O escritor español Jorge Semprún dixo hoxe que Günter Grass debería ter sido máis reservado nas súas opinións tendo en conta o seu pasado e a súa pertenza ás SS. "Cando se estivo nas SS, voluntaria ou involuntariamente, non se debería falar tanto", dixo Semprún ante a prensa antes de recibir o doutoramento honoris causa en filosofía polo Universidade de Potsdam. Semprún, ao ser preguntado sobre o caso Grass, empezou dicindo que podía entender que "aos 16 ou 17 anos" o escritor alemán tivese entrado nas SS, pero o que lle estrañaba moito era que gardase silencio durante tantos anos. "Ademais, se Grass se limitara a escribir libros, e polo demais levase unha vida discreta, o asunto non sería tan notábel. Pero el pasouse toda a vida opinando sobre todo o imaxinábel, E moitas veces tivo razón", dixo Semprún. "En certa ocasión estiven con el e cun grupo de escritores franceses no sur de Francia e alí el explicounos o que debiamos de pensar sobre todo. Cando se estivo nas SS, voluntaria ou involuntariamente, non se debería falar tanto", remachou Semprún.

quinta-feira, abril 05, 2012

terça-feira, abril 03, 2012

A falsedade da "limpeza étnica"

 
O presidente da Autoridade Palestina ven de repetir na reunión da Liga Árabe en Bagdad as mentiras do costume. Dis Abbas que Israel está a facer unha limpeza étnica en Jerusalém e que as súas forzas de ocupación están usando medios sen precedentes para eliminar o carácter islámico e cristián da Cidade Santa. Subliñou tamén que  a AP non vai retomar as negociacións con Israel até que deteña a construcción de edificiós, principalmente en Jerusalém.
A expresión 'limpeza étnica´ ten sido repetida até a´saciedade polos dirixentes palestinos e por Hamas, peros non é mais que unha tremenda mentira. Desde 1967 a poboación árabe de Jerusalém se quintuplicou:


A proporción de árabes na poboación total da cidade tamén aumentou: 26% en 1967, 28% en 1980 e 35% en 2008. E a poboación xudía mantén a súa caida desde o 74% en 1967, 72% en 1980 e 65% en 2008. 
Via Elder of Zion e Lisboa Tel Aviv