Con Israel. Desde Galiza e desde a esquerda.
Descarga aquí:
GZ-Israel nº1
GZ-Israel nº2
GZ-Israel nº3
Historia da Shoáh (en galego)

Quarta-feira, Dezembro 28, 2011

Entrevista en exclusiva con Yossi Beilin







Yossi Beilin: "Non están dispostos a pagar o prezo da paz"

Por Gabriel Bacalor*

Entrevista exclusiva que envíanos dende israel o amigo e colaborador de Galiza-Israel, o economista Gabriel Bacalor, onde conversa con quen fora Ministro de Xustiza de Israel e propulsor da Iniciativa de Paz de Xenebra, Yossi Beilin. E onde fálanos acerca da actualidade política de Medio Oriente desde a súa ampla experiencia.
.


-Que perspectivas presenta a "Primavera Árabe" a un ano xa do seu comezo?
Os levantamentos libertarios dos pobos árabes teñen numerosas similitudes coas demandas populares de emancipación, que deron lugar á ruptura da Unión Soviética. Ao cabo de dúas décadas do histórico episodio, boa parte dos países de Europa do Leste desenvolveron democracias estables, pero aínda se observan gobernos autoritarios en certos países de Asia Oriental e até con rumbos soviéticos, como en Ucraína e Bielorrusia. Neste senso, é difícil estimar que sucederá no mundo árabe. Os procesos de liberación exhiben efectos dominó e unha tendencia democrática pode transformarse nunha nova ditadura. En Exipto, por exemplo, as mesquitas serviron de refuxio á liberdade de expresión do pobo, silenciado polo réxime de Mubarak, o cal explica, en boa medida, o abafador respaldo popular aos Irmáns Musulmáns e ao Partido Salafista nas recentes eleccións. Queda por ver se os novos gobernos do mundo árabe son quen de brindar a liberdade que reclaman os seus pobos. Hoxe, tanto poderían replicar un modelo moderado semellante ao de Turquía, como parecerse ao islamismo fundamentalista de Irán. Dentro dese arco entre Irán e Turquía, situarase o mundo árabe.

-Cal é a verdadeira dimensión da ameaza nuclear iraniana?
A capacidade nuclear de Irán consolidaría radicalmente o seu posicionamento como potencia rexional, fundamentalmente, fronte a Turquía e aos países árabes. Isto sería prexudicial para Israel, xa que tamén intensificaría o respaldo desta república islámica aos seus aliados de Hezbollah e Hamás. Considero pouco probábel que a meta do programa nuclear iraniano sexa atacar Tel Aviv. Non digo que as circunstancias non poidan facer que isto finalmente suceda, só sosteño que tendo en conta os antecedentes históricos do programa atómico de Irán, así como as consecuencias que sufriría ese país en caso de afrontar accións militares non convencionais contra Israel, crer que a meta deste programa é destruír a Israel, non parece razoábel. Á luz das actuais circunstancias, deberíase barallar a hipótese que, coa finalidade de impor a súa influencia rexional, Irán desenvolver capacidade nuclear de uso civil que poida ser transformada en pouco tempo para uso militar.


-Por que os gobernos de Israel e da Autoridade Palestina (AP) tomaron posicións tan inflexíbeis para levar adiante as negociacións de paz?
O actual goberno da AP non dispón dos medios necesarios para pechar un acordo integral e o goberno israelí liderado por Benjamín Netanyahu, non ten serias intencións de facelo. Netanyahu non parece disposto a pagar o prezo da paz, que involucra renunciar a media Xerusalén, e a recoñecer ao Estado Palestino dentro de fronteiras negociadas, en base aos límites previos á guerra de 1967. O Presidente Abbas ten a intención de chegar a acordos, pero non controla a Franxa de Gaza, desde a cal o grupo terrorista Hamás ataca con frecuencia, á poboación civil israelí.


-Cal é a estratexia do goberno israelí en relación a continuar a construción de asentamentos xudeus en Cisxordania?
Considero que pretende gañar tempo, solicitando condicións inaceptábeis aos palestinos, para xustificar que é a AP quen non desexa negociar. Netanyahu espera que os republicanos se impoñan nas próximas eleccións en Estados Unidos, e diminúa a presión internacional que actualmente se exerce sobre Israel.


-Que figuras públicas actuais transmítenlle expectativas positivas?
Hai moitas persoas capaces e con altos valores morais na política. A nivel internacional, creo que Barack Obama é un deles, non só polas súas apreciacións respecto ao conflito israelí-palestino, senón tamén pola súa concepción global. En Israel tamén hai moi bos políticos. Podo mencionar o caso de Dan Meridor do Likud, así como moitos outros. Con todo, ningún deles dispón, aínda, das circunstancias políticas, o poder ou a valentía necesaria, para executar as accións que Israel necesita.


-Melloraría o status internacional de Israel se aceptase discutir un Estado Palestino?
Sen dúbida. A partir da proposta de paz da liga Árabe, a creación dun Estado Palestino é a clave para a normalización das relacións entre Israel e os seus veciños rexionais. A grande maioría dos 57 países musulmáns do mundo apoiarían esta iniciativa, e favorecería a posición de Israel fronte aos organismos internacionais.


-Que opinión lle merece a sinatura do acordo de libre comercio entre o Mercosur e Palestina?
Eu estou a favor de toda iniciativa que mellore o estándar de vida dos palestinos. Á sociedade israelí convenlle que isto suceda, pois o crecemento e o desenvolvemento económico do pobo palestino mellora as oportunidades de coexistencia pacífica. Lamentabelmente, o principal destino para as exportacións da AP é Israel, mentres que o seu comercio bilateral con América Latina é practicamente insignificante. O acordo da AP co Mercosur representa un avance simbólico, en prol da independencia comercial dos palestinos.


-Debe Israel dialogar co grupo terrorista Hamás?
Eu estou a favor de abrir o diálogo con Hamás, pero é Hamás quen non está disposto ao diálogo con Israel. O diálogo con Hamás debe involucrar tanto os aspectos operativos que melloren a calidade de vida dos habitantes de Gaza, canto as cuestións estruturais que permitan unha solución negociada ao conflito israelí-palestino. Quizais no futuro, Hamás se integre na Organización de Liberación Palestina (OLP), e Israel poida negociar cunha entidade unificada. Lamentabelmente, os múltiples liderados palestinos constitúen un impedimento para o logro dun acordo integral.


-Que tipo de acordo poderíase alcanzar na actualidade?
Un acordo interino, baseado nos parámetros que establece a Iniciativa de Xenebra. Hoxe, toda solución factíbel ao conflito palestino-israelí, involucra aceptar que Xerusalén Oriental sexa a capital do Estado Palestino, que se negocie a división territorial en base aos límites do 67 e que o problema dos refuxiados palestinos se resolva na súa maioría, dentro dos límites do novo Estado Árabe. Con todo, o problema fundamental non é "a solución", senón quen serán os gobernantes coa coraxe necesaria para executala e pagar, en ambos os lados, o prezo que involucra a paz.
*Director de Bacalor Strategic Consulting. www.bacalor.com

Domingo, Dezembro 25, 2011

Don Álvaro Cunqueiro e os xudeus galegos




Hai algún tempo, nunha fermosísima entrevista emitida na TVE, Don Álvaro Cunqueiro falaba do seu proxecto de publicar un libro coas historias galegas dos xudeus galegos. Seica o libro tristemente non chegou a ver o prelo nin seguramente o papel. De todos xeitos os amigos que saben da miña lideira co tema, envianme cando o atopan pezas do mestre nas que debuxaba retallos do libro que non naceu.

_______________



«Aínda en sinagogas que eran moi ricas, e que tiñan a pretensión de vir de sangues moi ilustres e de príncipes entre os hebreos como era o caso da Sinagoga de Ribadavia, por exemplo, o como foi a sinagoga de Betanzos. Misturáronse rápidamente, cando chegou a hora de que saíran os xudeos no tempo dos reises católicos de Galicia non saíron máis que dúas ducias de familias de xudeos moi ricos, a familia Espinosa, a familia dos Méndez de Bande, de donde ven Mendez Franxe o político francés, a familia de Mollo que actualmente creo que e ministro de finanzas no goberno de Israel, chámase Piñas Mollo de modo que xa se pode ser galego e a familia Sapir que hoxe ten grandes representantes polo mundo no mismo Israel ten Sapir e Zafiro, e o Zafiro Sapir é un gran filologo non EEUU etc.

...



De modo que sólo grandes familias ricas se marcharon o resto todas eslas quedaron no país misturándose ca xente do país, hasta o punto de que varias veces no século XVII en pleitos tivos por herencias na Real Chancillería de Valladolid que e a onde iban tódolos pleitos de heredamentos de bes vinculados da nobleza galega, como habí a sospeita de que había moita sangue xudea o mellor o castelán que lle discutíao galego unhos bens vínculados en León ou no sur ou en Andalucía etc en seguida ca ... de xudeu e intentaba remontar o árbol xenealóxico ata pegar cun David, un Moisés un etc ou con algunhas señoras Doña Sol, Doña Noche, Doña Sorprendida, Doña Niebla son os nombres preciosos Doña Sorprendida. Entón este pobo de mestizos ben obrigado no século XI pola chegada das grandes abadías de Cluny a unhas estructuras socioeconómicas que duran deica hoxe e que son un dos grandes problemas de Galicia que a repartición actual da poboación no campo.»

_________________



Está tirado dunha conferencia (páxinas 9/10) que deu o mestre don Álvaro en Lisboa no ano 1970. Podes descargala aquí:

O xudeu errante en Compostela



Por Álvaro Cunqueiro

Non me estrañou ler en erudita nota que o astrólogo Guido Bonnatti asegura que o Xudeu Errante -Ahasvero, Catófilo ou Buttadeo, que tal é o seu aderezo onomástico- visitara Compostela como peregrino no ano de 1267. Hai un verso que vén en Mistral, pero que me cheira a xentileza de barqueiro provenzal, que di que “baixo a ponte de Aviñón todo o mundo pasou”. Compostela, das súas abertas portas, igual podía dicir. Por que non ía vir a Compostela unha parte tan esencial e significativa da humanidade pecadora coma o Xudeu Errante? Se é verdade o que Ernesto Helio -ese gran escritor sobre o que foi derramado o escuro licor do esquecemento- asegura, que onde o Xudeu Errante pasou a noite fica setenta veces sete anos o doloroso amargor da súa sombra, non andará aínda, vagabunda, pola enorme pedra compostelá, fría “como unha espada mergullada en negra auga”, a sombra alongada de Cartófilo? E digo alongada porque Boemehe, un cóengo de Bruxas, paseando a beira daquelas canles por onde tamén o noso Luís Vives paseou, cantando, ao que era moi afecto, con aquela voceciña desagradable que tiña; digo que paseando o cóengo viu pasar a Ahasvero, e a súa sombra, sobre as mangas augas da amarela canle, alongábase extrañadamente, vermella e movediza. Recentemente non hai noticias de que fora visto. Viuno Werner en Roma? É posible. Cóntase que pousou a súa man sobre un libro que Werner lía, e como brasa, aquela man pecadora, queimouno. Werner conservou, ate os seus últimos días de Salzburgo, o libro sinalado. (Sempre me gustou imaxinar a Werner, e a frei Vernero, no convento franciscano de Salzburgo, onde medran as roseiras do milagre e o reiseñor aniña nas maceiras. Non hai un momento en Werner, como no pobre Enrique von Kleist, no que sobre a súa sombra aterrada e fuxitiva se pousa a sombra terrible de Bottadev?)... Cóntase que Napoleón topouno en Soissons cando os Cen Días, pero parece contradicilo o testemuño de Dumas pai, neno. Relátao Lenotre. Chegou a Soissons a carruaxe imperial e Dumas, curioso, atendía na posta ao cambio de tiro. O Emperador descorreu a cortiniña e preguntou:
-Onde estamos?
-En Soissons, sire.
-A cantas leguas de París?
-A quince, sire.
-A cantas deLyon?
-A oito, sire.
E cambiando o tiro, seguiu a viaxe. Unhas semanas máis tarde Napoleón regresaba a París, e en Soissons, tamén ante Dumas neno, fixo as mesmas preguntas. Entre viaxe e viaxe, Waterloo. Viu a batalla Fabrizio do Dongo, unha personaxe de Stendhal. Pero en Soissons, Napoleón non falou con Ahasvero.
Ía agochado no fondo da carruaxe, contando os Cen Días coma cen pérolas vermellas, derramadas desde as súas mans sobre o eterno campo das batallas... Finalmente, Raissa Maritain conta que León Bloy recibiu unha carta na que se lle aseguraba que tal día de tal mes de tal ano, o Xudeu Errante estaría en Lyon, nunha ponte sobre o Ródano. Bloy viña de publicar “A salvación polos xudeus”, e tomou a carta como misteriosa sinal. Pero, o esmoleiro ingrato non tiña diñeiro para ir a Lyon.
Gustaríame preguntar ás compostelás pedras se as acariñou a sombra xigantesca e sen par do Xudeu Errante. Cal queimou o libro de Werner, non deixaría nalgunha pedra de Santiago o sinal do lume irremisible? Desde agora que sei que Ahasvero estivo peregrino en Compostela, sempre que vaia á cidade, terei abertos os ollos, e espreitarei máis aló de onde a luz se humílla na sombra, por se unha sombra máis profunda arde, fuxitiva, nun recuncho.

Gallegos en Salónica





Gallegos en Salónica

Por Álvaro Cunqueiro
El Instituto Arias Montano, del CSIC, ha publicado las actas del primer simposio de estudios sefardíes, celebrado en Madrid en junio de 1964. Una de las comunicaciones discutidas en dicho simposio fue la presentada por el sefardí Sr. Uziel sobre características del ladino, y su folklore. En la discusión surgió la g salonicense, es decir, la geada de aquellos judíos, que dicen jato por gato. El Sr. Molho –otro sefardí, cuyo apellido nos declara claramente su procedencia portuguesa–, explicó que la investigación sobre la geada en juderías como la de Salónica podía ser muy importante para conocer cuál es el origen de muchos sefardíes establecidos en Salónica, y como el dice en su parla, «en sus alderredores». El Sr. Uziel. aportando alguna explicación a la geada de Salónica, dijo:

—La provenencia puede ser de Galicia. En Salónica, ande se usa la geada, hubo, parece, un grande contingente galiciano, gallego; porque había en Salónica un cortijo que lo llamábamos «a los jallejos», y una expresión muy corriente era: «somos jallejos y no nos entendemos»- El elemento gallego en Salónica puede ser el que influenció con la geada.
A lo que el Sr. Molho contestó, precisando y negando:
—Los gallegos en Salónica eran poco numerosos. Tenían un patio, un barrio particular, pero eran pocos. La prueba es que ellos no fundaron una sinagoga «Gallegos», como había una sinagoga «Catalán» y «Aragón». Como los gallegos eran ignorantes y no tenían dirigentes –eran muy ignorantes porque eran todos hombres «de pena», aguadores, etc.—, no pudieron fundar una quehilá*, y por eso se afiliaron a los aragoneses. Eran pocos e ignorantes.

A mi no me sorprende, naturamente, que haya sefarditas de origen gallego en Salónica, judíos de Ribadavia, de Monforte, de Lugo, de Ourense; de esta ciudad, los descendientes de aquellos cuyos nombres conocemos por los documentos publicados por Ferro Couselo en A vida e a fala dos devanceiros: Judá Péres, Abrafán de Allaris, Salomón Castelao, don Ouro, Samuel Ciano, doña Judía, o de aquella otra. también innominada —acaso doña Sol, doña Noche, doña Sorprendida, doña Agua...—, «e a judía de Monterrey». O algún pariente de aquel desdichado« o xudío, o rubio e capado»... Lo que si me sorprende es que aquellos paisanos nuestros —me exijo a mí mismo llamarles así— hayan conservado , para soltárselo mutuamente en horas de discordia, o escucharlo como burla en otras bocas, aquel decir de Payo Gómez de Barbeita cuando iban los gallegos a la campaña de Antequera, que mandó el infante don Fernando, el que luego fue a reinar a Aragón en virtud del Compromiso de Caspe; digo que iban los gallegos, y pasada Sanabria se pusieron a discutir airadamente los señores capitanes, Andrade, Ulloa, Moscoso, que los tres querían para sí el mando, y Payo Gómez de Barbeita, iniciando la vuelta a casa, exclamó en voz alta:

—¡Somos galegos e nónos entendemos!

La «gente de pena» de Salónica repetía el decir del fidalgo nuestro, viviendo la miseria de su pequeño barrio, y saludando respetuosamente a la puerta de la sinagoga de Aragón a aquellos ricos señores emparentados con los de la Espina, los Enríquez, los Santángelo, los de Caballería, que eran como príncipes allá en Zaragoza... Tan pobres eran los nuestros, que tendrá razón el Sr. Molho, que ni siquiera pudieron llevar a Salónica la geada. Vendían, eso si, cantando, agua de las fuentes.
* quehilá: comunidad, sinagoga (Nota de Álvaro Cunqueiro).

Grazas a Manolo Barreiro polo galano. Eis un texto tirado de "Los otros caminos de Álvaro Cunqueiro", unha escolma preparada por César Antonio Molina para Tusquets (2ª edición, julio de 2004), nas páxinas 119-120, un texto sobre a presenza de xudí­os galegos en Salónica. Títúlase "Gallegos en Salónica", pertence á serie "El envés" e foi publicado en Faro de Vigo o 2 de decembro de 1970. A pesar da súa brevidade ten toda a maxia do gran mestre.

No centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (22/12/1911 - 22/12/2011)

Sábado, Dezembro 24, 2011

Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan



Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan


De Wolfgang Koeppen
Tradución do alemán de Eva Almazán
126 páxinas
ISBN 978-84-92866-23-6
Prezo: 14 € /
Idioma: galego


Wolfgang Koeppen (1905-1996) é unha figura clave da literatura alemá da posguerra. Na súa accidentada traxectoria vital foi crítico cultural, xornalista, actor afeccionado, aspirante a libreiro, novelista, guionista de cine e autor de libros de viaxes, mais na historia da literatura recordarase pola súa maxistral Trilogie des Scheiterns (Triloxía do fracaso), unha análise crítica da Alemaña que xurdía das cinsas da guerra. Dan fe da súa calidade artística unha ducia de premios literarios –en­tre eles o Georg Büchner, o máis pres­tixioso ao que pode aspirar un autor xermanófono, recibido en 1962–, a unánime estimanza da crítica –Reich-Ranicki considera Tauben im Gras (Pombas na herba) a mellor novela alemá da xeración literaria da posguerra– e a admiración do estamento literario –Günter Grass identificouno no seu día como o mellor autor alemán vivo–.
Os Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan viron a luz en 1948, o que fai da obra unha das primeiras memorias literarias do Holocausto. Tamén resultou ser unha das máis polémicas: orixinalmente presentouse como un texto orixinal de Koeppen, baseado nas reminiscencias que o protagonista, Jakob Littner, supostamente compartira en conversa co editor; anos despois, a raíz da reedición da obra (para entón esquecida), quedou demostrado que Koeppen traballara sobre un manuscrito do propio Littner, que o editor xulgara interesante no contido e deficiente na forma. Sexa como for, os Apuntamentos constitúen un relato poderosísimo da desgraza e salvación dun home que na noite do 9 de novembro de 1938 deixa de ser un reputado filatelista muniqués de vida acomodada para se converter nun xudeu polaco deportado e perseguido pola que sempre considerou a súa patria. Cun estilo sobrio e enganosamente obxectivo nárrase a espiral de horror que conclúe con Littner agochado nun burato no chan grazas á intervención dun aristócrata polaco máis premido pola falta de diñeiro ca polas conviccións nazis.


http://www.rinoceronte.es/catalogo/contemporanea/cont032.htm

Álvaro Cunqueiro e os xudeus galegos.

A historia máis grande xamais contada

Quarta-feira, Dezembro 21, 2011

Destinada al crematorio




Destinada al crematorio
Autor : Mercedes Núñez Targa
Editorial : Editorial Renacimiento
Código: 978-84-8472-660-9
Ano de publicación: 2011
Nº de páxinas: 216
Idioma : Español
Encadernación : Rústica
Medidas: 21.00 x 15.00 x 1.00 cm

Prezo: 16,00
.

Son as primeiras memorias publicadas por unha muller galega que estivo en campos de concentración nazi. Difícil será atopar unha vida española do século XX tan novelesca, tan rica en aventura e dramatismo, tanto que entra case no inverosímil, e, á vez, tan certa e verídica, tan chea de verdade, como a desta catalana de nacemento mais galega de opción chamada Mercedes Núñez Targa (Barcelona, 1911 - Vigo, 1986), que foi secretaria do poeta Pablo Neruda durante a República. Mercedes cóntanos nestas memorias, que lense contendo o alento, como tras loitar na guerra civil e ser detida e condenada a 12 anos de cárcere en 1939 puido, grazas a un erro xudicial, escapar a Francia e seguir alí loitando na resistencia contra o nazismo, como foi detida en 1944 pola Gestapo e levada ao campo de concentración de Ravensbrück e como sobreviviu, con valentía e dignidade, no medio do horror brutal, até ser finalmente liberada cando xa non era, pola súa falta de saúde, senón unha «destinada ao crematorio».

Terça-feira, Dezembro 20, 2011

Xerusalén, Xerusalén



Por Xoán Bernárdez Vilar*


No ano 1947, cando os medios informativos nos abraiaban co relato das matanzas que os árabes estaban a cometer entre a poboación hebrea do Oriente medio, eu tiña nada máis que once anos. Pero entendín, ou polo menos crín ter entendido naquel intre, a transcendencia que a aprobación pola ONU da división do territorio de Palestina entre xudeus e árabes, o 29 de novembro daquel mesmo ano, podía representar. Non entendín, porén, porque tales matanzas non se detiveron naquel mesmo intre, xa que mentres que os xudeus aceptaron a partición, a pesar de que ésta non lles concedía algunhas das terras que entendían que debían de lles corresponder, os árabes amosáronse abertamente contrarios a ela. Un profesor meu, tirándoo de non sei onde, tratou de me convencer entón de que aquilo era de esperar pois os hebreos estaban condenados a non crear nunca máis un estado, posto que ninguén estaba disposto a recoñecerllo.


Non me sorprendeu, pois, que o 15 de maio do ano 1948, ao día seguinte da marcha dos británicos de Terra Santa, e da proclamación do Estado de Israel, éste fora invadido polas forzas de todos países árabes veciños. Foi aquela unha loita dura, que puido ser seguida en xornais e emisoras de radio con grande profusión de datos, e que, varios meses despois, remataba co sorprendente trunfo de Israel, e a inmediata firma, na illa de Rodas, de tratados de paz entre cantos nela perticiparon, a non ser o Irak, que se negou a facelo. Inmediatamente, o 11 de maio de 1949, Israel foi recoñecido de iure e de facto na ONU por 95 dos 121 estados que entón integraban dito Organísmo.


Coma reacción, os países árabes expulsaron dos seus territorios a máis de 600.000 xudeus, gran parte dos cales tiveron que seren acollidos polo novo estado.


Cantos vivimos aquela xeira puidemos seguir entón feitos tan pouco aleccionadores como os de que, os árabes que daquela firmaran o referido desarme con Israel, comprometéndose a manter a paz, non preparar agresións contra as forzas armadas nin a poboación civil da outra parte, así como a non violar as novas fronteiras, deron pé inmediato aos defrontamentos de 1956, 1967,1973, e outros, que se desenrolaron no sur do Líbano, ou en Gaza, lugares dende onde eran disparados mísiles contra a poboación civil do estado hebreo.


Tamén fumos testemuñas da conferencia dos Xefes de Estado árabes en Khartum, a capital do Sudán, que tivo lugar apenas rematada a guerra de 1967, conferencia na que decidiron “non negociar, non acordar a paz, e non recoñecer a Israel”.


Lembro estes feitos porque agora está de moda contar unha historia diametralmente distinta da que veño de expoñer, na que priman outros bos e outros malos.


Mais quen se queira enteirar do que entón aconteceu ten á súa disposición libros e informacións dabondo documentados que lle poden axudar a reconstruir o dilatado proceso que nos ocupa.
Lembremoslle a todos eles que dende antes do século XVI o Oriente Medio formaba parte do Imperio Turco –os turcos non son árabes-, e que a mediados do século XIX a comunidade xudía de Xerusalem mercou algunhas terras para principiar a facelas fructificar. Tres anos despois (1860) o pròcer británico Sir Moses Montefiore construía na parte occidental da mesma cidade o seu primeiro barrio extramuros e realizaba plantacións de laranxeiras nas inmediacións de Yaffo.
Temos tamén relatos de xentes que visitaron personalmente o país, que dan conta da situación das súas árdigas terras e dos seus escasos habitantes ao longo dese século XIX. Así, o francés René de Chateaubriand recolleu cara a 1807 detallados informes sobre os mesmos, o norteamericano Mark Twain imitouno arredor de 1867, e o francés Pierre Loti deixounos o relato do seu percorrido por aquelas terras en 1895. Influíu tamén moito no desenvolvemento de quenes vivían naquela insegura Palestina a familia xudía Rosthschild, que mercou terras para convertelas en asentamentos e proxectos empresariais.


Os xudeus fixéronse, a finais do século XIX e principios do XX, con cantos terreos estaban entón á venda, a pesar de que o Sultán de Constantinopla recomendou non facilitarlles o acceso aos que se atopaban nas marxes do río Xordán. Unha circunstancia que se repetiu máis tarde, despois de que, a partir de 1917, os británicos pasaron a ser os novos donos do Territorio.


En 1909, a adquisición duns improductivos areais costeiros situados ao sur da chaira de Sharon, permitíu a construcción neles dunha cidade nidiamente hebrea, Tel Aviv, feito que cadrou co xurdimento entón dos primeiros kibbuttzim. Hoxe Tel Aviv é a cidade máis poboada de Israel.
E despois da Independencia -1948-49- seguíu a ser información diaria a dos grupos de felahin que cruzaban a fronteira para asasinar a cantos atopaban diante. Ao mesmo tempo, fíxonos tamén sabedores do sorprendente progreso agrícola, industrial, económico e social do novo estado.


Para quen, coma min, medrou contemplando a precariedade e as carencias coas que se vivíu en Galicia, coñecendo de perto as lacras da falta de medios e da emigración, saber que noutra terra, noutro país, outras xentes eran capaces de facer rexurdir das súas cinzas a súa vella patria, representou un auténtico estímulo, aínda sabedor de que elas o tiñan máis difícil que nós. Porque Israel atopábase nun medio hostil, capaz de atacar, matar, ou falsear os feitos. Eu estaba presente cando o día 15 de novembro pasado, un grupo de exaltados –algúns deles mesmo profesores- boicoteou e impedíu, no medio de berros, insultos e agresións, que Lior Haiat, Portavoz da Embaixada de Israel en España, poidese impartir na Universidade de Vigo unha conferencia-coloquio acerca dos “25 anos de Relacións entre España e Israel”. Entre as moitas “razóns” por aqueles esgrimidas para xustificar a súa postura estaba a auténticamente sorprendente de culpar ao estado hebreo da morte de Gadaffi.


Para min, Israel non só é un exemplo a imitar, senón tamén o derradeiro baluarte fronte á irracionalidade e a barbarie.

*Texto incluído no libro colectivo "Que representa Israel para min"(2011) editado pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI

Domingo, Dezembro 18, 2011

España e os xudeus durante o Holocausto

A casa que Josué construiu



Por Júlio Béjar*

“Na Europa emergente o judeu será coisa do passado. O rasto deste povo infeliz desaparecerá bem cedo. E pergunto-me quem será eligido como chivo expiatório quando já não quedem judeus.” (Douglas Miller, “Não fagas negócios com Hitler”, 1941)

Desde bem novo sentim uma extranha fascinação por Israel, pelo extraordinário feixe de logros em todas as ordes que os seus cidadãos desenvolveram, para além da sua surprendente insignificância territorial e numérica, e pelo rechaço que, incomprensivelmente, provocavam fóra das suas fronteiras sendo culpabilizados de todos os males do mundo. Essa fascinação acrescentou-se quando me aproximei à sua história e, sobretudo, quando me inteirei de que o meu próprio apelido era de procedência hebraica. E o que resulta mais importante: quando observei que habitualmente era odiada e despreçada por aqueles que, assimesmo, contavam com a minha recíproca animadversão e despreço.

A saga de Israel constitui um relato fascinante onde o heroísmo e a capazidade de padecimento e sacrifício correm parelhos pelas veias dum povo humilhado e maltratado como nenhum outro na História.

Israel não é uma nação normal. Carece no seu pulo fundacional do odioso narcisismo colectivo que adorna sempre os baratos e falazes discursos patrioteiros. Não existe paralelismo algum com este povo que arrasta mais de quatro mil anos de continuidade histórica, que tem protagonizado o insólito fenômeno da sua reunificação e do renascimento mais vigoroso da sua língua e cultura após tantos séculos. Nem sequer a sua religião é uma religião normal. Não acharedes nada semelhante à indestrutível ligação entre o credo e a nacionalidade judia. Nem sequer o sionismo tem nada a ver com qualquer outro movimento de libertação de qualquer tempo ou lugar. Os povos que têm lutado pela sua emancipação sempre têm seguido o esquema de expulsar o invasor e declarar a independência. No caso de Israel a tarefa foi avondo mais titânica: convocar um povo disperso na diáspora e libertar a sua terra de virreis estrangeiros. Porque Israel, desde a destrucção do Segundo Templo e o começo do exílio no 70 a.n.e., nunca foi até os nossos dias pátria de nenhum outro povo, senão apenas o território submetido por diferentes administrações, desde os romanos, passando pelo Turco até o protectorado britânico. Mas sempre houvo lá presença documentada de judeus que a tinham por pátria de seu..Não, o sionismo também não é um movimento de libertação nacional ao uso..

Dois mil anos de perseguição, conversões forçosas, destrucção, exílio e holocausto, não bastaram para rematar com o sonho de volver algum dia à Terra de Israel, o Estado soberano e seguro para os judeus perseguidos e massacrados ao longo da Terra, e que Herzl entendera como única vía garante para a supervivência dos judeus no exílio. Um Estado onde puidessem viver livremente e serem donos do seu próprio destino; desde onde combater e derrotar aos seus inimigos jurados. Onde deixar de ser a escória sobre a que cuspir e à que cumpre erradicar.
Israel não é só uma minúscula extensão territorial perdida no Meio Leste, cujo tamanho apenas abrangue o 10% de Síria, o 4% de Marrocos, o 2% de Egito ou o 1% de Líbia. Não. Israel é a prova inquestionável de que o Povo Judeu tem logrado sobreviver a um exílio milenário que rematou há pouco mais de meio século com a fundação do Estado Judeu. Quer dizer, com a implementação do programa sionista, que a judeofóbia nas suas distintas variantes, a cada qual mais disparatada, não é quem de suportar. A ideia tolerável contemporaneamente do judeu, no melhor dos casos, é a de Ana Frank: a ideia duma judía morta –e que se tiver ousado sobreviver teria sido automaticamente considerada culpável de “crimes contra a humanidade”.

Para os que nascimos a partir da segunda metade do século XX não é possível entender racionalmente a nossa época sem a clarividência funesta da Shoá, do extermínio na sua variante mais definitiva e hipertrofiada nos lager concentracionários. E isso é o que dota plenamente de sentido a data refundacional de 1948 e a defesa do Estado de Israel como baluarte contra o escurantismo e as formas de barbárie todas.

Israel significa para mim um miragroso anacronismo, uma comunidade nómada que se resistiu a desaparecer na conjura genocida dos séculos e no vértigo do consumo imediato dos nossos dias. É por isso que quando em Shabat uma jovem de Hebron ou Jerusalém prende o azeite na ponla duma menorá à caída da tarde, não faz senão rememorar a fascinação que sentiu Moisés aos pés do monte Horeb diante daquela silveira ardendo, no assombro reinventado numa rara elipse detida e imóvel.

Como uma frecha projectada num profundo sono de mais de quatro milênios.

*Texto incluído no libro colectivo "Que representa Israel para min"(2011) editado pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI

Quinta-feira, Dezembro 15, 2011

O desafío comunicativo



Por Afonso Vázquez-Monxardín*

De Galicia a Israel hai catro mil quilómetros. E como nunca os galegos emigramos alá e como tampoco foi destino turístico habitual, o noso coñecemento daquela realidade, e polo tanto a formación da nosa opinión sobre ese país, non adoita contar cos comentarios ou sensacións persoais que nos proporcionaría xente amiga ou coñecida que alí vivise ou que alá viaxase. En puridade, son, pois só o resultado da combinación da información que imos adquirindo ao longo da vida (académica, lecturas, cine, medios de comunicación) co xeito de integrala sobre a nosa bagaxe cultural e actitude humana en cada momento.

Por iso, unha realidade dominada na proxección pública por un conflito, e na que non temos intereses nin referencias persoais directas, convértese nunha pura cuestión ética, da forma en como entendemos o noso ideal do funcionamento do mundo.

E esa percepción, esa posición non só está condicionada pola información recibida, senón por ese cúmulo de ideas previas que nos axudan a simplificar o mundo de xeito automático, non racional; ou sexa, por eses “prexuízos” colectivos cos que tratamos de evitar a tarefa de facer “xuízos” propios constantemente. Por iso, canto menor é a formación da persoa, máis tendencia hai á interiorización deses sumarísimos e desinformados xuízos previos como verdades absolutas, e menos interese hai en afrontar o reto íntimo de enxuizar algo persoalmente. Para iso, cómpre realizar o esforzo intelectual de adquirir, valorar, procesar e decidir sobre un conxunto de informacións, pero tamén sabemos que moitos non están dispostos a emprender ese difícil camiño liberador ante a comodidade simple duns prexuízos inerciais, máxime se son social e comunicativamente, dominantes.

Así pois, para min Israel significa hoxe, principalmente, ese desafío na promoción da apertura comunicativa, do espallamento da necesidade de emprender ese camiño de reflexión liberador. A asunción de posturas minoritarias, sabémolo, é sempre un reto difícil e estimulante, mais é moi difícil tratar de comunicalas e difundilas contra os prexuízos dominantes. ¿Pero como permanencer indiferentes á sorte dun país que recolle a herdanza dun colectivo tan transcendente para a formación material e intelectual do noso mundo, do mundo occidental, como o pobo xudeu? ¿Como ser pasivos ante a apatía duns formadores de opinión que se veñen deixando levar polas posicións maniqueas dos máis extremistas axentes do conflito sen acometer o esforzo de valorar e repensar continuamente a información recibida? En Israel, cremos algúns, non só se decide o destino de oito ou dez millóns de seres humanos. Decídese, o destino da humanidade tal e como a entendemos en occidente.

Israel significa para min, insisto, ese desafío de comunicar que aquel é un país “dos nosos”, con vontade de vivir normalizadamente, con vontade de arranxar os seus problemas, na seguridade de que a única solución ao conflito é a mesma que tentou a ONU no momento de nacemento de Israel. Ou sexa dous estados, un de maioría xudía e outro de maioría árabe e con liberdades públicas universais. As opcións violencia e guerra, a opción de “varrer do mapa”, non poden ser máis que rexeitadas por todos aqueles que compartimos os valores democráticos e occidentais e temos voz pública nos medios. Debemos facer reflexionar aos formadores de opinión españois, de que na solución dese conflito só debemos apoiar opcións que garantan o respecto pola liberdade de opción intrínseca ao ser humano, sexa esta liberdade aplicada a cuestións relixiosas, políticas, sexuais, opcións que supoñan o respecto pola razón, pola igualdade da muller, pola triunfo da ciencia sobre a superstición, en definitiva pola democracia e liberdades do mundo contemporáneo.

Israel para min supón a difícil tarefa de combater estereo-tipos sobre os xudeus nunha terra que nin sequera hai estes tipos para comparar. Supón o reto de facer visible unha voz alternativa, e que esa voz sexa tamén a voz de paz e de esperanza nunha solución que xa estivo preto varias veces, pero que sempre se acabou malogrando. Se Israel fixo a paz con Xordania, con Exipto, con Líbano... se Israel se retirou do Sinai, do Líbano, de Gaza... seguro que tamén será posible a paz cos palestinianos baixo premisas de respecto e fronteiras seguras.

En Europa, ninguén crería en 1946 que menos de cincuenta anos despois, as xuventudes de Francia, Ingalerra, Alemaña, de todos os que combateran naquela Europa esgazada, ía estar fundidas, polas viaxes, polos intercambios, polas tecnoloxías, nunha soa mocidade cos mesmos intereses, os mesmos gustos, a mesma formación, e os mesmos desacougos ante o futuro.

Israel, en fin, para min son as cervexas Goldstar frías que tomei nas noites do verán de 2009 escoitando jazz na rúa, nas animadas terrazas de Ben Yehuda de Xerusalen. Porque as saboreei irmás das Quilmes da Praza Dorrego de Buenos Aires, das Antárcticas do Pelourinho baiano, das Guinness de Temple Bar, das Budweiser de Praga, das London Pride de Convent Garden, das Kronenbourg de Praza dos Vosgos, das Estrella Galicia da Quintana... E seguro, tamén, aquelas Goldstar israelís son irmás desa cervexa palestiniana que aínda non probei, Taybeh. O seu creador, Nadim Khoury, un emigrante en USA retornado para contribuír a construír Palestina desde as bases da modernización económica ironiza que aínda non teñen un país, pero xa teñen unha cervexa. O desexo é que familia Khoury poida ter axiña un estado, producir nel a súa cervexa en paz e liberdade, e que o único ruído de golpes que se oia sexa o brinde da Goldstar coa Taybeh. Israel, para min, é promover camiños informativos que contribúan a coñecer mellor aquela zona, máis alá dos tópicos, e promover así, unha cultura da paz. E nesas andamos.

*Texto incluído no libro colectivo "Que representa Israel para min" (2011) editado pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI

Terça-feira, Dezembro 13, 2011

Sucot nas rúas de Jerusalem

O que Israel non é



Por Carlos Penela*

Se tiver que dar resposta ao que a pequena nación de Israel me suxire, o que para min significa, os afectos que en min esperta (a pesar dos seus conflitos, das súas dificultades, dos seus desafíos...), tentaría facelo á contra, dando a volta á cuestión.

E faríao así porque o grao de parcialidade informativa e de odio visceral e pertinaz sobre esa nación é tan clamorosamente elevado se o compararmos, especialmente, co silencio cómplice e inmoral en relación a todo o que acontece, por exemplo, nos seus países viciños, que algo parece indicar que con Israel se aplica unha excepcionalidade máis que sospeitosa e inxusta.

Por tanto, tentarei dar razón diso, rascuñando, de maneira breve, xustamente o que Israel non é e que, por iso mesmo, o fai ao meu ver, cando menos, merecente dun xuízo moitísimo máis xusto e positivo do que habitualmente é obxecto.

De certo, non é Israel ese país onde os seus nenos son empregados como carne de canón en accións suicidas e onde as nais se congratulan porque os seus fillos serán supostos mártires dunha causa teocrática e totalitaria.

Non é ese país onde alguén, por ter unha crenza relixiosa diferente á maioritaria e mostrar publicamente a súa fe, será despoxado da súa dignidade como cidadán, sendo levado a prisión, azoutado perante a masa ou mesmo executado de maneira bárbara.

Non é ese país onde as mulleres son subxugadas e reducidas a pouco menos que mercadoría, desprovistas de calquera seguranza xurídica e impedidas de poder desenvolver unha vida normal e digna como persoas.

Non é ese país onde, pola cor da súa pel, o seu xeito de vida ou a súa condición sexual, alguén será perseguido, confinado, sen posibilidade de vivir en paz, empurrado ao exilio ou levado ao patíbulo.

Non é ese país onde as linguas das súas minorías son perseguidas e proscritas, onde esas linguas non poden ser aprendidas nin cultivadas polos seus falantes ou onde as manifestacións culturais das mesmas deben ser desenvolvidas no anonimato e na precariedade.

Non é ese país onde a educación, os progresos da técnica e da ciencia e o acceso á cultura fiquen reservados soamente para uns privilexiados, manténdose a grandes grupos da súa poboación na ignorancia, na demagoxia e no atraso.

Non é ese país onde, polas grandes desigualdades sociais, pola pobreza extrema, pola corrupción sen control ou pola ausencia de asistencia sanitaria, os seus cidadáns se verán abocados á miseria permanente, á fame, ao desamparo ou á morte indigna.

Non é ese país onde os disidentes non poden expresar a súa voz, editar con liberdade os seus xornais ou manifestar nas rúas o seu descontento baixo o temor de que as súas protestas serán reprimidas de maneira brutal e desproporcionada.

Non é ese país onde non existe un parlamento elixido de maneira democrática, dereito á reunión, liberdade de prensa e de opinión, eleccións libres, organizacións de traballadores, asociacións civís ou presenza de organismos internacionais.

Non é ese país onde o poder xudicial está en mans dunha casta ou un tirano, onde non existe unha lei que se aplique con independencia ou onde os seus cidadáns son xulgados de maneira arbitraria sen dereito a defender en condicións a súa inocencia.

Pero, tristemente, tampouco é Israel ese país ao que non se pregunta de maneira insistente e insidiosa os motivos polos cales debe existir, nin é ese país que non terá que render, case a diario, contas polo simple feito de defender o dereito á súa propia existencia.

Así pois, a pouco que se exercite un mínimo de honestidade intelectual, de obxectividade e de rigor á verdade, non será moi difícil achar todo iso que Israel non é, precisamente, en moitos deses outros países que o rodean (e nin só). Eses países, eses réximes, eses gobernos que nunca son, nin sequera, amoestados por eses mesmos que elaboran un xuízo tan parcial, tan estrito e tan letal contra Israel. E só contra Israel.

Curioso e vergoñento paradoxo de quen se ergue tan a miúdo alporizado como detentor dunha suposta superioridade moral que só aplicará se for para se referir a esa pequena nación.



*Texto incluido no libro colectivo "Que representa Israel para min" (2011) editado pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI

Quinta-feira, Dezembro 08, 2011

As fronteiras de Israel: máis alá do plan de partición

A viúva de Mighniyeh e o libro que enfureceu a Nasrallah


Un enconado conflito, entre o lider de Hezbollah e a viúva de Imad Mughniyeh, levou ao boicot esta pasada semana do libro "Mulleres líderes no mundo árabe" e a prohibición da súa distribución en Líbano por orde directa de Nasrallah. O motivo: a descrición da imaxe de Wafa Mughniyeh unha das dúas mulleres do dirixente da organización, eliminado en Damasco polo Mossad, por "atacar a imaxe de Hezbollah, a reputación heroica de Mughniyeh e a imaxe das mulleres combatentes na loita contra Israel". O capítulo, enfocado na actividade da bela Wafa, enfureceu a Nasrallah. É descrita coma unha valiosa muller empresaria, dona de compañías de construción en Costa do Marfil, outra de fabricación de mobles, de alimentos, de roupa de muller en Turquía e Rusia; unha rede de locais de roupa de muller en Dubai e Beirut e unha empresa de perforacións de petróleo e metais en América Latina. Cando Nasrallah soubo que o editor do libro, o cristiano libanés Emad Shahin, programaba unha fabulosa festa de presentación no Hotel Phoenicia en Beirut, envioulle a un dos dirixentes de Hezbollah e, con el, un ultimato: ou suspendía o fabuloso evento ou censuraban o capítulo enfocado en Wafa Mughniyeh que dana a imaxe do "heroe da jihad", Imad Mughniyeh. No medio da encendida discusión entre os representantes de Nasrallah e o editor Shahin, chegaron enviados de Hezbollah até a editorial e pegaron as páxinas do capítulo sinalado. Trátase dun novo apartado do conflito iniciado cando Waffa acusara a Siria de non defender ao seu marido. "Imad Mughniyed dedicou a súa vida á loita contra a entidade sionista", explicou esta semana Nasrallah mentres "A súa muller dana a imaxe decente das combatentes de Hezbollah revelando o espectro dos seus negocios comerciais e exhibindo a fortuna como obxectivo da súa vida. A ela, a loita contra a ocupación sionista non lle interesa".

Domingo, Dezembro 04, 2011

O Kibbutz aos 100 anos




O Kibbutz aos 100 anos[1]
Por Schlomo Maital
[2])

Centos de membros do movemento kibbutz reuníronse o 31 de Marzo na “Sala dos Fundadores” do Kibbutz Degania para celebrar o seu 100° aniversario. Degania, situado no extremo meridional do Mar de Galilea, foi o primeiro dos kibbutzim.

A Organización Sionista Mundial comprou a terra para o Degania en 1909 a unha familia persa que vivía en Beirut e logo cedeullo a unha comuna de traballadores. Entre os que viviron daquela no Degania achábanse o poeta Rachel, o “profeta do traballo” A.D. Gordon e o heroe militar do Tel Hai[3], o manco Yoseph Trumpeldor. Moshe Dayan naceu no Degania, sendo o segundo neno en nacer nun kibbutz.

Entre os participantes estaba o Presidente Shimon Peres, el mesmo un dos fundadores do Kibbutz Alumot, situado no alto dunha cuíña desde a que se enxergaba o Degania. Peres manifestou que botaba de menos a vida no kibbutz –“as camiñadas antes do solpor, a roupa caqui enrugada, os macizos de flores, os currais e galiñeiros, as estrelas nacendo ao caer a noite...”

A celebración do centenario é un fito desde o cal botar unha ollada cara atrás sobre os éxitos e fallos do movemento kibbutz e unha ollada cara ao seu futuro.

No seu libro do ano 1945 Vieiros na utopía[4], o filósofo Martin Buber indicou acertadamente que o kibbutz era un experimento que “non fracasara”. O que el pensaba era que, ao contrario do “socialismo” utópico que fracasara miserabelmente (p.ex. a URSS), o kibbutz non o fixera. Sempre cauteloso, Buber non dixo que triunfara.



O kibbutz triunfou e fracasou, ambas as cousas. Triunfou porque xogou un papel crucial na construción do Estado de Israel. Degania detivo o ataque sirio en maio de 1948; un vello tanque sirio queda, a modo de monumento, nas portas do kibbutz. Aproximadamente 200 das 800 baixas do exército na Guerra dos Seis Días eran soldados dos kibbutzim.

Pero o kibbutz fracasou cando o seu sistema de valores colectivistas foi atrapado baixo as rodas dese capitalismo global do “todo se trata de min”. Hoxe, hai 262 kibbutzim cunha poboación de soamente 106.000 persoas, incluíndo 20.000 nenos. Deles, quedan 65 colectivizados ao xeito tradicional, mentres que 188 (o 72%) foron totalmente privatizados. Nove foron parcialmente privatizados.

Eu penso que hai dúas causas separadas para explicar o declive do kibbutz, un interno, o outro, externo. Internamente, o movemento kibbutz decidiu tratar a educación universitaria como un inimigo, levando a súa mocidade a que se afastara del. Isto foi un erro enorme. Significou que moita xente nova que quería facer estudos superiores tivera que abandonar o kibbutz a fin de irse a estudar.

Externamente, nos anos 70 e nos inicios dos 80, os bancos levaron aos kibbutzim a tomar préstamos enormes que non foron capaces de pagar. A inflación atinxiu o 1.000 % no ano 1984-85. As débedas dos kibbutzim estaban todas elas ligadas ao Índice de Prezos ao Consumo, polo que se dispararon sen activos subxacentes para axudar a pagalas. Para o ano 1988 os kibbutzim debían 3.1 billóns de dólares. As débedas indicadas duplicáronse e triplicáronse. Para o ano 2000 preto da metade dos kibbutzim fracasaran; aínda cargan coas débedas que non puideron devolver. Entre o 1976 e o 1983, case ningún dos seus membros abandonara os kibbutzim; pero nos anos da crise, de 1984 a 1986, case a metade da xente moza non volvería a eles despois de cumprir co servizo militar.

Imri Ron, un líder do movemento kibbutz do Kibbutz Mishmar Ha’emek, indica que os bancos, finalmente, cancelaron 20 billóns de shekels (5,4 billóns de dólares) das débedas dos kibbutzim – pero observa, na revista online Ynet, que a carga da débeda impediu aos kibbutzim “investir, innovarse e desenvolverse” durante 15 anos (porque non tiñan acceso a novos créditos) e lamenta que a cancelación non chegara unha década antes.

Moitos kibbutzim reinventáronse a si mesmos. Aproveitaron o desexo de moitos habitantes das cidades por ter unha mellor calidade de vida, ofrecendo parcelas para barrios de luxo. Cerca da metade dos kibbutzim puxeron en marcha “ampliacións” dese tipo. Os propietarios dunha casa, xeralmente, non se unen ao kibbutz, pero pagan polos servizos do kibbutz, como o coidado dos nenos.

Degania tamén evolucionou. Ten unha cabana leiteira de 350 vacas, ao lado de hortas de améndoas, bananas, dátiles e aguacates. Pero tamén ten industria – Degania Sprayers e Degania Silicone. Conta tamén cunha casa para hóspedes e ofrece viaxes en bicicleta.

O antigo líder do Likud e Primeiro Ministro, Menachem Begin, chamou daquela aos membros dos kibbutzim “millonarios de piscina”. Se vivira, podería sorprenderse ao saber que algúns dos kibbutzim solucionaron o enigma do “capitalismo socialista”, facendo a cada membro, literalmente, millonario, por medio de compañías altamente exitosas (véxase o artigo de setembro de 2009 en The Jerusalem Report: “The Little Kibbutz that Could”).

Seis deses kibbutzim “capitalistas” teñen ingresos anuais de 550 millóns de shekels (150 millóns de dólares) ou máis: Sasa (blindaxes para vehículos militares), Gan Schmuel (alimentos, zumes), Maagan Michael (equipamentos sanitarios), Mishmar Ha’ emek (plásticos), Shamir (óptica, téxtiles do tipo nonwoven) e Ma’ abarot (alimentos para bebés). Soamente un deles, Shamir, privatizouse. O resto son socialistas, distribuíndo por igual a riqueza entre os seus membros. E, segundo o diario financeiro The Marker, catro kibbutzim fixeron unha “saída” rendíbel, vendendo as súas compañías por enormes sumas e distribuíndo decenas ou centos de milleiros de dólares a cada membro: Shefayim, Givat Haim, Lochmei Hageta’ot e Netiv Halamed Hei.

Un número crecente de mozos israelís urbanos están procurando a calidade de vida que lles ofrecen os kibbutzim. E un número crecente de fillos dos antigos membros dos kibbutzim están retornado a eles. Botando unha ollada á terra queimada deixada polo capitalismo egoísta ao estilo americano do ano 2007 ao 2009, os ideais kibbutziáns de cooperación, axuda entre veciños, responsabilidade mutua, reparto, patriotismo e traballo semellan cada vez máis atractivos.

O autor Norman Mailer dixo dos kibbutzim, “a función do socialismo é levar os padecementos a un nivel maior”. E o autor capitalista George Gilder escribiu, “se o goberno puidera crear postos de traballo e criar os nenos, o socialismo tería funcionado.”

Pero ao final, o centenario Degania e outros kibbutzim poderían ser, a pesar de todo, os últimos a rir. O experimento do kibbutz aínda non fracasou.

(Tradución e notas por Carlos Penela & Ilana Steiner)

[1] Artigo aparecido no número correspondente ao mes de maio do 2010 da publicación The Jerusalem Report, Xerusalén.
[2] O autor é investigador asociado do Instituto S.Neaman, Technion (Instituto Tecnolóxico de Israel).
[3] Literalmente "A cuíña da vida“, antigo asentamento xudeu na Alta Galilea e posto fronteirizo. Logo do tratado Sykes-Picot entre ingleses e franceses, o reparto sobre a Alta Galilea non foi aceptado por parte dos franceses, os cales se serviron de tropas árabes para atacar certas áreas que desexaban manter baixo o seu dominio. En marzo de 1920, os resistentes xudeus, liderados polo comandante Yoseph Trumpeldor, defenderon Tal Hai ata a morte. Sen embargo, coa súa defensa conseguiuse adiar o avance árabe e acabar finalmente coas pretensións francesas sobre a Alta Galilea, xa que no 1921 Tal Hai foi liberado de xeito definitivo e incorporado a partir do 1926 ao kibbutz Kfar Giladi.
Mais.información: http://www.jewishvirtuallibrary.org/jsource/Society_&_Culture/geo/Tel_Hai.html
[4] No seu orixinal en alemán, Pfade in Utopia.

Cita coa paz de Israel e Palestina


Por Bernard Henri-Lévy

El País - 04/12/2011
Aquí foi onde, hai agora oito anos, lanzouse o famoso Plan de Xenebra, elaborado e asinado, co apoio de suízos e franceses, por distintas personalidades das sociedades civís palestina e israelí. E aquí, na mesma universidade e, talvez, ante as mesmas persoas, volven atoparse o 22 de novembro os principais protagonistas de entón; diríase que a conxelación de toda negociación mantívoos alleos a calquera cambio, tamén a eles.
Discurso da presidenta da Confederación Helvética, Micheline Calmy-Rei, aclarando por que quixo este acto de conmemoración e reactivación a só unhas semanas da súa partida.
Intervención de Yossi Beilin, padriño israelí da iniciativa, explicando unha vez máis que, para saír da espiral do fanatismo e do odio, non hai outro camiño que a aceptación, por ambos os bandos, do doloroso sacrificio dunha parte do seu soño.
Reforzo do rabino Yitzhak Vaknin, responsábel do partido relixioso Shas e vicepresidente da Knesset, lembrando que a única alternativa á paz sería a transformación de Israel nun Estado binacional e que iso implicaría renunciar a ese carácter xudeu que é o eixo do seu proxecto.
Fermosa réplica de Yasser Abed Rabbo, partenaire palestino de Beilin, a unha estudante que lle reprocha abandonar o "dereito ao retorno" dos refuxiados de 1948, dos seus fillos, dos seus netos e, ao facelo, ter malvendido os intereses sacros do seu pobo: "Todo o contrario", exclama. "É todo o contrario. Esa renuncia a un dereito irreal era e segue sendo a única forma de evitar unha nova Nakba ou, noutras palabras, unha nova catástrofe".
Pola miña banda, tento albiscar os diferentes medios, non só para conmemorar, senón para continuar, enriquecer e mesmo culminar un día a fermosa iniciativa de 2003.
Cando se fai o que vostedes fixeron, dígolles, en sustancia, a Beilin e Rabbo, cando estase detrás de semellante trazo de coraxe e talento político, cando se é autor de semellante plan, o único que se concibiu para testemuñar que a coexistencia entre os dous pobos é non só desexable, senón posíbel, en resumo, cando se ten entre mans a idea dun acordo do que se deseñaron até os máis mínimos contornos, hai tres maneiras de proceder; e non catro, tres.
Está a vía kantiana ou, talvez, profética: unha Idea, si; unha gran e magnífica idea que domina desde a súa magnificencia as confusas e incertas tentativas de darlle unha saída; unha referencia; un patrón; unha idea petrificada, ou unha idea do Comendador das ideas que permite xulgar, calibrar, case diría avaliar, os esforzos dos políticos, os seus paus de cego máis ou menos sinceros, as súas aproximacións.
Está a vía apostólica ou, se se prefire, democrática: facer que a Idea saia do seu mausoleo; propagala; difundila; querer que un máximo de xente, en Israel, en Palestina, no mundo, sexa consciente dun proxecto no que non hai nin un recuncho de deserto, nin un bosquecillo de oliveirais, nin un guijarro, que non fosen obxecto dunha áspera negociación; noutros termos: obrigala a descender do ceo á terra e a converter, co tempo, a un número crecente de homes e mulleres de boa vontade.
E, finalmente, está a vía pola que vós nos levariades, amigos autores do plan, se escollésedes porvos en mans dos reis, é dicir, no papel daqueles aos que a historia das ideas chama saint-simonianos: en busca do rei da Idea; en busca daquel ou aquela que será o seu portavoz máis iluminado; confiándolla; deixándolla en herdanza e en depósito; contando con el, ou con ela, para encarnala e, ao encarnala, facela entrar, un día, no corpo dun tratado.
É necesario precisar que eu me inclino pola combinación do tres opcións e que iso é o que recomendo?
Opción número 1: outras reunións como esta, nas que nos contentaremos con manter viva a chama (e xa será moito -e máxime se teñen lugar en Tel-Aviv ou Ramallah).
Opción número 2: difundir a palabra, cara a cara, por suposto, pero tamén a través dos medios de comunicación, as redes sociais, a Rede (todas esas ferramentas de propagación cuxa prodixiosa eficacia vimos nos primeiros momentos das revolucións árabes), para axudar a que sopre o bo vento dunha primavera da Paz.
Solución número 3, finalmente: buscar, convencer e, talvez, acicatear ao Gedeón, ao Saúl, ao novo Sadat ou ao novo Begin, ao responsábel norteamericano, europeo, árabe ou da ONU, capaz de adoptar a idea (e, ao adoptala, ao apropiarlla, ao facela súa, de facela triunfar un día).
Hai que tentalo todo. Probalo todo. Pois na encrucillada desas tres vías temos, fieis ao espírito de Xenebra, unha cita coa paz.

Quinta-feira, Dezembro 01, 2011

El ángel de Budapest

Trailer de El Ángel de Budapest. Película baseada no libro "Un español frente al Holocausto", de Diego Carcedo. Producida por TVE. Dirixida por Luis Oliveros e protagonizada polo actor galego Francis Lorenzo quen da vida ao protagonista da historia, Ángel Sanz Briz.