Eis un mapa interactivo dos ataques de Hamas e demais grupos palñestinos islamistas contra Israel nos últimos meses.Preme na ligazón, no link de abaixo e verás a realidade das agresións que o Estado de Israel sofreu só durante os ultimos meses
“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Eis un mapa interactivo dos ataques de Hamas e demais grupos palñestinos islamistas contra Israel nos últimos meses.Preme na ligazón, no link de abaixo e verás a realidade das agresións que o Estado de Israel sofreu só durante os ultimos meses
| Reaccións: |
Por Andrea Fajkusová
Radio Praga
O 1 de decembro de 1947 foi asinado un acordo entre a Checoslovaquia socialista e a organización militar xudía Haganah polo cal Checoslovaquia comprometeuse a apoiar na ONU a división de Palestina e o establecemento do Estado independente de Israel. Os israelís declararon a súa independencia o 14 de maio de 1948. Na primavera dese mesmo ano foi iniciada a operación "Confidencial-Israel", no marco da cal foron adestrados no territorio checo pilotos israelís e formouse unha brigada de voluntarios xudeus. O primeiro ministro do goberno checoslovaco tras a Segunda Guerra Mundial, Jan Masaryk, foi un firme partidario do establecemento do Estado independente de Israel. Igualmente apoiaba as ondas migratorias de Europa do Leste cara a Palestina. Tras o golpe de estado comunista en febreiro de 1948 e a tráxica morte de Jan Masaryk, o novo primeiro ministro, Vlado Clementis, así como o presidente Klement Gottwald mantiveron a mesma política de apoio, aínda que os seus motivos foron un tanto diferentes, segundo explica o historiador Michal Burian. "O Partido Comunista Checoslovaco e os representantes da Unión Soviética supuñan que os emigrantes de orixe xudía de Europa do Leste, na súa maioría de orientación esquerdista, crearían despois do establecemento do Estado independente israelí un satélite soviético, que sería un aliado do bloque soviético contra a hexemonía británica en Oriente Próximo. Desde o ano 1950, ao manifestarse que a realidade era distinta, produciuse un cambio dramático nas relacións de Checoslovaquia cara a Israel. Con todo, a axuda militar, particularmente nos anos 1948 e 1949, desempeñou un papel esencial na historia de Israel". Segundo documentos dispoñibles, Checoslovaquia proporcionou ás Forzas Armadas de Israel 50 avións caza británicos Spitfire, 24 avións caza checoslovacos Avia S-199, uns 2 500 lanzachamas, miles de metralladoras, pistolas, rifles e outras armas portátiles, municións etc. Os avións caza checoslovacos Avia S-199 detiveron un ataque exipcio a uns 35 quilómetros de Tel Aviv. "Unha vintena dos recentemente comprados avións caza británicos Spitfire foron trasladados de Checoslovaquia a Israel no marco da operación Velveta, incorporándose inmediatamente aos combates. Era unha operación moi complicada e moi perigosa, posto que a ONU impuxo un embargo á subministración de armas a Israel. O traslado realizábase a través da Iugoslavia socialista que tamén tiña un acordo con Israel para facilitar unha vía aberta para a subministración de armas checas. Procedíase co máximo secreto. Ao principio aparentábase que se trataba de armas para Abisinia. Os axentes dos países árabes empeñábanse en descubrir estes envíos, pero cabe confesar que os soldados israelís eran moito máis exitosos".
Marta Maron e Hugo Maron narráronlle a Michal Burian que no marco da operación "Confidencial-Israel" foron adestrados no territorio checo especialistas israelís de carros de combate, paracaidistas, radiotelegrafistas e máis de cen pilotos. Un deles foi Hugo Maron, xudeu de Praga e membro da fam
ilia Maisel. "Nós non pensabamos permanecer en Israel. Fomos a axudar a construír un Estado, decidido a volver aos seis meses. Pero logo sentimos que era necesario quedarnos". En vésperas da Segunda Guerra Mundial, Hugo Maron e o seu irmán foron incorporados ao transporte organizado polo mozo británico Nicholas Winton para salvar a nenos xudeus de Checoslovaquia ante o réxime nazi. A finais da Guerra, Hugo Maron ingresou no Exército británico. No entanto, aprendeu a pilotar en Olomouc, Moravia Central. Na Brigada xudía de voluntarios, que se formaba desde mediados do ano 1948 na localidade de Strelná, coñeceu á súa futura esposa Marta. "Atopámonos o 13 de outubro de 1948, que era o día dos seus aniversarios e á vez o inicio do Yom Kipur. Como en Olomouc non había unha sinagoga fun a buscar ao noso capitán Ocelka dicíndolle que ao día seguinte era o Yom Kipur, que non podiamos voar e que nos dese un camión para poder viaxar á sinagoga en Strelná". A señora Marta Maron naceu no pobo de Velký Sevlus na Rusia Subcarpática, territorio que pertenceu na época de entreguerras a Checoslovaquia. "Primeiro chegaron os húngaros, daquela os ucraínos, e despois os alemáns. En xuño de 1944 trasladáronnos a un campo de concentración. Regresamos a casa a miña nai, a miña irmá e eu. Esperabamos ao meu pai e ao meu irmán, que non apareceron. Mentres tanto os rusos pecharon a fronteira. Non sabiamos que Churchill, Stalin e Roosevelt acordaran en Yalta que en caso de entrar en Praga primeiro os soldados rusos a Unión Soviética recibiría esa parte de Checoslovaquia. A vida volveuse horrorosa, temiamos saír á rúa, pola noite tocábannos á porta espertándonos. A finais de setembro de 1946 decidimos fuxir. Cruzamos a fronteira, pero nada máis pisar terra de ninguén os soldados rusos empezaron a berrar: Alto! E empezaron a dispararnos. Mataron á miña nai, que tiña 39 anos, e ao meu cuñado, de 24 anos. Non o sabiamos porque nos separamos na fuga. Soubemos que os mataron un ano despois".
En Checoslovaquia Marta Maron foi recrutada na Brigada xudía que contou con máis de tres mil voluntarios. Aprendeu a manexar camións e a principios de 1949 trasladouse a Israel. "Inmediatamente despois de baixar do barco, incorporáronnos ao Exército. Como estaba casada, permanecín no Exército só medio ano. Logo tiven fillos ... Ao principio non había alí nada. Eu tiña oito libras esterlinas e pensaba que era a moza máis rica do mundo. Un amigo arranxounos unha habitación nunha casa árabe, debaixo do teito, onde non había nin auga nin retrete. Aos poucos seguiamos adiante". O comandante Alois Mutnanský, hoxe de 85 anos de idade, instruíu aos aspirantes a piloto no centro de aviación de Olomouc nos anos 1947 e 1948. "O adestramento básico durou un tres meses. Seguiu un curso para aprender a pilotar un modelo superior de avións que á súa vez serviu de preparación para pasar aos avións de combate. Nós utilizabamos os avións Arado ´herdados´ dos alemáns. As aeronaves renováronse e axustaron para o adestramento de tiro e bombardeo, os voos nocturnos, etc. Despois enviabamos aos nosos alumnos a Ceské Budejovice onde aprendían a manexar os Messerschmitt e Spitfire, cos que se trasladaban seguidamente a Israel". O coronel Josef Prokopec, que serviu tras a Segunda Guerra Mundial na antiga Escadra 312 en Ceské Budejovice, lembra que os instrutores checos dispuñan só de tres semanas para preparar aos pilotos israelís. "Un día sorprendeunos que se reunisen no aeroporto moitos civís. Os oficiais non sabiamos nada deles. Dixéronnos que os tiñamos que adestrar. Eran mozos moi destros, cunha enorme forza de vontade e capaces de todo para poder sentar ao temón, mesmo de mentir sobre a súa experiencia como piloto. Descubrímolo ao producirse o primeiro accidente dun Messerschmitt. O raparigo instruído díxonos que pasara dous mil horas no aire. Ao aterrar, o avión deu un salto, o piloto acelerou e foise saltando cara a un campo de patacas. Iso significou que non pilotara aeronaves pesadas. Tiña experiencia só cos avións lixeiros nos que se prolonga co acelerador o salto durante a aterraxe. A partir dese accidente primeiro examinabamos a cada aspirante". Michal Burian, do Instituto de Historia Militar de Praga, sinalou que no adestramento en Checoslovaquia participou así mesmo o sétimo presidente de Israel e antigo xefe das Forzas Aéreas israelís, Ezer Weizman."Expresou que o subir por primeira vez en Checoslovaquia a un avión caza, - debido a que o Exército israelí non posuía ningunha aeronave deste tipo -, era para el algo coma se a un sedento nun deserto se lle ofrecese champaña no canto de auga".
Escoitar o audio do programa de Radio Praga: 16kbps 32kbps
Descargar: MP3
| Reaccións: |
Ezer Mitzión (hebreo: עזר מציון - "Auxilio desde Sión") é unha organización social de axuda israelí que ofrece unha variada gama de servizos médicos e sociais, destinados a enfermos, discapacitados, anciáns e persoas en situación de crise. Ezer Mitzión foi fundada en 1979 por Hanania Chulak e, nos seus máis de 30 anos de existencia, pasou de operar na casa do seu fundador a ter máis de 40 centros que funcionan en 25 cidades ao longo do país; mobilizar preto de 11.000 voluntarios e atender anualmente a 650.000 persoas. Debido aos seus logros, en 2008 foille outorgado o Premio Israel, máxima distinción outorgada polo Estado a membros da sociedade civil. Un dos servizos máis notábeis que proporciona a organización consiste no préstamo de dispositivos de saída de voz, para individuos imposibilitados de comunicarse a través da fala. Desde un Centro especializado, fundado en 1996 e dirixido por Ionit Hagoel Carnieli, préstanse anualmente máis de 1200 equipos de alta tecnoloxía. Podes no video ver a historia de dúas das receptoras e das posibilidades que se lle presentan a quen padecen esta doenza.
| Reaccións: |
| Reaccións: |

| Reaccións: |

Por Ari Shavit
Haaretz - 14.04.11
Shelly Yachimovich ten o que se precisa: visión de mundo, carisma, valor e capacidade de liderado. Ten forza de traballo e habilidade política. Non é ningún invento dunha oficina de relacións públicas nin unha mera imaxe de cartel. Só Shelly pode insuflar nova vida ao vello Partido Laborista. Amir Peretz non é un mal candidato para dirixir o Partido Laborista. Peretz é moito máis sutil do que aparenta a súa imaxe. É o dirixente sindical máis importante que tivo este país. Foi un líder dabondo bo para dirixir a Histadrut e un candidato puxante cando se postulou para o cargo de primeiro ministro. Detrás do seu distintivo bigote escóndese un home con valores, sociable, intelixente e pragmático. Pero o seu gran erro ao asumir o cargo de ministro de Defensa, en 2006, deixou unha cicatriz. Peretz non é quen de reconstruír o Partido Laborista e insuflarlle nova vida. Erel Margalit resulta un candidato interesante para liderar o Partido Laborista. Margalit é un empresario da tecnoloxía de vangarda de Xerusalén, quen aprendeu os trucos do oficio do eterno alcalde Teddy Kollek. É dinámico, moderno, creativo e ten visión. Margalit é un deses empresarios cualificados e comprometidos que deberían formar parte da política israelí. Pero aínda é demasiado temperán. Margalit necesita primeiro integrarse ao Partido Laborista e porse a traballar desde a base antes de poder lanzarse seriamente a competir polo liderado do partido. Margalit aínda non é capaz de reconstruílo nin tampouco de insuflarlle nova vida. Isaac Herzog é un moi bo candidato para liderar o Partido Laborista. Herzog é un "príncipe" que nunca se comportou como tal. Ningún outro político fai unha práctica da política con tanta dilixencia e habilidade e con igual entusiasmo propio un mozo ambicioso. En verdade, Herzog meréceo plenamente. É á vez práctico e sociable, diplomático e político, sionista e moderado. Pero non posúe ese algo indeciblemente especial que converte a unha persoa nun líder. Está ben, de feito, moi ben; pero non logra provocar na xente nin molestia nin emoción. A pesar das súas virtudes e grandes vantaxes, Herzog non é capaz de reconstruír o Partido Laborista e insuflarlle nova vida.
Todo o cal déixanos a Shelly Yachimovich. A deputada Shelly Yachimovich. É a adecuada? Pode Yachimovich reconstruír o Partido Laborista? A resposta é complicada. Yachimovich é o tipo de persoa que suscita enfrontamentos. Ás veces parece ser demasiado belixerante, demasiado farisea, extremista e cruel. Tanto o poder económico como a esquerda post-sionista vena como unha ameaza real. De feito, nos seus seis anos na Knésset, Yachimovich cometeu unha serie de erros. Máis dunha vez tomou unha postura populista. Máis dunha vez fixo propostas que non tiñan ningún sentido económico. Non sempre soubo distinguir entre capital produtivo e capital expeculativo. Perseguiu aos ricos que axudan a construír o país do mesmo xeito que perseguiu aos ricos que lle quitan toda a súa forza vital. Ao mesmo tempo, puxo moi pouco énfase na cuestión diplomática. As súas críticas no campo da paz lograron axenciarlle unha chea de inimigos. Pero Yachimovich ten o que se precisa: visión de mundo e unha forma especial de dicir as cousas; ela posúe a quinta esencia desta materia. Ten carisma, valor e calidades de liderado. Ela é quen de lograr plena popularidade. Ten forza de traballo e habilidade política. Non é ningún invento dunha oficina de relacións públicas nin unha mera imaxe de cartel. Ela sabe como moverse no lodo da política para lograr o seu obxectivo. É por iso que Yachimovich provocou toda unha revolución conceptual en Israel. Por iso foi capaz de deixar o seu selo no mapa político-económico. Ela logrou establecer unha nova axenda social. logrou coalicións parlamentarias moi interesantes e presentou 33 novas leis que foron aceptadas. Yachimovich plantexa aos traballadores israelís e a mocidade unha proposta sionista socialista de alto voltaxe e moi emocionante. Unha enquisa reservada, encargada por un dos grandes partidos, mostra que o potencial electoral do Partido Laborista baixo a condución de Yachimovich sitúase entre os 15 e 20 escanos. Non é de sorprender. O pobo israelí está canso da va e perpetua loita entre a esquerda e a dereita. Os israelís pensan que tanto os oligarcas como os post-sionistas non fan máis que aproveitarse deles. A clase media está erosionándose; a clase obreira, cada vez máis oprimida; os mozos non teñen posibilidade algunha de conseguir unha vivenda. De cara a un Estado que non funciona e a unha sociedade desmoronándose, non existe un goberno apto nin unha oposición pertinente. É a gran oportunidade para os laboristas encabezados por Yachimovich. Ela está lonxe de ser perfecta. Debe crecer, madurar e ser máis moderada. Debe recoñecer os principios básicos do libre mercado e a realidade propia da vida do século 21. Pero ao final, moi ao final, o cambio deberá de comezar con Yachimovich. Só Shelly pode insuflar nova vida ao vello Avodá.
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
O documento titulado "Informe sobre o Antisemitismo en España en 2010" foi elaborado conxuntamente polo Observatorio para a Loita contra o Antisemitismo en España, un organismo da Federación de Comunidades Xudías de España (FCJE), e a organización non gobernamental Movemento contra a Intolerancia. O informe fíxose público nunha conferencia de prensa en Madrid o pasado 30 de marzo. O informe, afirma que se produciron ao redor de 400 incidentes antisemitas en España durante o ano 2010, rexistra os ataques antisemitas contra persoas e propiedades, o antisemitismo nos medios de comunicación españois e en Internet, os esforzos para trivializar o Holocausto xudeu, a difusión da literatura antisemita, así como o antisemitismo nas institucións públicas. O informe tamén proporciona datos derivados de enquisas de opinión. Por exemplo, segundo unha enquisa encargada polo Ministerio español de Asuntos Exteriores, o 58,4% dos españois cren que "os xudeus son moi poderosos porque controlan toda a economía e os medios de comunicación". Esta cifra elévase até o 62,2% entre os estudantes universitarios e a un 70,5% entre os que están "interesados pola política". Máis do 60% dos estudantes universitarios españois din que "non queren compañeiros xudeus na súa aula". "Estes números son tan sorprendentes como preocupantes: o antisemitismo parece incrementarse entre as persoas supostamente máis educadas e informadas", asegura o informe. En datos das enquisas, máis dun terzo (34,6%) dos españois teñen unha opinión desfavorábel ou totalmente desfavorábel dos xudeus. Pero do mesmo xeito que noutros países europeos, o antisemitismo é máis frecuente na esquerda política que na dereita. Por exemplo, o 34% dos que se situan na extrema dereita afirman ser hostís aos xudeus, mentres que o 37,7% dos que din ser de centro-esquerda son hostís aos xudeus. E a simpatía cara aos xudeus da xente de extrema dereita (4,9 nunha escala de 1-10) está por encima da media da poboación no seu conxunto (4,6). Entre os que recoñecen a súa "antipatía polo pobo xudeu", só o 17% di que isto se debe ao "conflito no Oriente Medio". Case o 30% dos enquisados din que a súa antipatía cara aos xudeus ten que ver con "a súa relixión, os seus costumes e a súa forma de vida". Case o 20% dos españois din que non lles gustan os xudeus aínda que non saben por que. Os novos achados confirman outras investigacións anteriores. Por exemplo, segundo un estudo de setembro de 2008 publicado polo Pew Research Center de Washington DC, case a metade dos españois tiñan opinións negativas cara aos xudeus, unha estatística que sinala a España como un dos países máis antisemitas de Europa. Segundo Pew, o 46% dos españois tiñan opinións moi negativas dos xudeus, máis do dobre do 21% obtido no ano 2005. España é tamén o único país en Europa onde as opinións negativas cara aos xudeus (46%) superan os puntos de vista positivos, xa que só o 37% dos españois ten opinións favorábeis dos xudeus. En comparación, o 36% dos polacos teñen opinións negativas mentres que o 50% teñen opinións positivas, en Alemaña hai un 25% de opinións negativas fronte a un 64% de positivas, en Francia un 20% de negativas fronte a un 79% de positivas, e en Gran Bretaña o 9% de negativas fronte a un 73% de positivas (A modo de comparación, segundo o Pew, o 77% dos estadounidenses teñen opinións favorábeis cara aos xudeus, fronte a un 7% de desfavorables). Outro informe sobre o antisemitismo europeo publicado pola Anti-Defamation League radicada en Nova York, afirmaba que o 54% dos españois cren que os "xudeus teñen demasiado poder nos mercados internacionais". E o 51% dos españois cría que loa "xudeus eran máis leais a Israel que ao seu país". Os datos da enquisa sobre o antisemitismo español expoñen moitas preguntas, entre elas unha que parece que nunca se expuxeron: Cantos españois coñeceron algunha vez a un xudeu? Non moitos, polo menos iso parece. De feito, España ten unha das máis pequenas comunidades xudías de Europa, con ao redor de 40.000 membros para unha poboación española de 47 millóns, o que equivale a menos dun 0.08%. (...) Que explica o aumento do antisemitismo español desde o 2005, especialmente tendo en conta que a maioría dos españois só coñecen aos xudeus a través da televisión e os medias?
Podes descargar o informe en PDF Antisemitismo en España de 2010
| Reaccións: |

Fonte: “Der Standard”, luns, 11 Abril 2011, p. 3.
Traducido do alemán ao galego por Carlos Penela
TEMA: 50 anos do proceso a Eichmann
Avogado da acusación fala sobre o significado da causa
“Non era sinxelo permanecer tranquilo”
Gabriel Bach, avogado suplente da acusación no proceso a Eichmann, sobre o seu primeiro encontro co criminal nazi, a crítica ao proceso e a súa opinión de que o proceso liberou aos xoves de Israel dun sentimento de vergonza. Tobias Müller realizou a entrevista.
STANDARD: Como se sentiu cando soubo que representaría a acusación contra Eichmann?
Bach: Antes do meu primeiro encontro con Eichmann, senteime no meu despacho e linme a biografía de Rudolf Hoess, o comandante de Auschwitz. El describe como asasinaba un millar de nenos xudeus por día e como lle tremían os xeonllos cando tiña que mandalos á cámara de gas. Pero entón engade: “Sempre me avergoncei por esa debilidade, despois de ter falado co tenente coronel Eichmann. El explicoume: «que se consegue con matar persoas maiores, se se deixa con vida o xerme do restablecemento desa raza?»” Dez minutos despois, Eichmann foi conducido ao meu despacho. Non era sinxelo permanecer tranquilo. Nunca esquecerei o comezo do proceso, cando os xuíces entraron na sala, coas bandeiras de Israel por detrás, e de como ese home, cuxo único afán era exterminar o pobo israelí, foi levado antes eles. Como se levantou e se cadrou ante un tribunal soberano israelí dun Estado soberano xudeu – nunca antes fora para min máis claro o significado da creación do Estado de Israel.
STANDARD: Como o viviu? Está de acordo coa afirmación de Hanna Arendt sobre a “banalidade do mal”?
Bach: Arendt deu unha descrición totalmente errónea sobre os documentos principais que nós presentamos no proceso e sobre as nosas testemuñas principais. O que a motivou a iso éme até o día de hoxe pouco claro. Con respecto a Eichmann: el non era ningunha persoa insignificante que simplemente cumprira as ordes que recibía. Quizais ao comezo, porque pensou que sería bo para a súa carreira. Pero despois identificouse totalmente co asunto. Dicíalle aos seus amigos: “Seino, a guerra está perdida, pero eu vou gañar a miña”. Entón, viaxou a Auschwitz para aumentar a matanza de 10.000 persoas por día a 12.000.
STANDARD: Polo tanto, non era simplemente alguén de reposto? Foi decisivo o feito de que el ocupara ese posto?
Bach: Si. Se eu tivese efectuado investigacións sobre o Holocausto sen acusados e despois se me dixese: podes dispor dunha persoa á que podes levar ante o tribunal para mostrar todos os aspectos do mesmo: sen dúbida que tería escollido a Eichmann.
STANDARD: O Holocausto é un crime que non se pode concibir. Até que punto se pode superar iso cun proceso?
Bach: Naturalmente iso non é tan sinxelo, e sen embargo: durante todos eses anos só se leu e se oíu o que acontecera sen que se puidese facer nada. Entón chegou a posibilidade de levar ante o tribunal o home que, realmente, era responsable de tódolos aspectos deses sucesos atroces e de demostrar da maneira democrática e xurídica máis clara o que acontecera, ao mesmo tempo que se lle aplicaba a ese home a pena máis dura que existe nun país democrático. Iso si resultou satisfactorio.
STANDARD: O proceso foi controvertido. O avogado de Eichmann dubidaba da competencia do tribunal, outros falaron de parcialidade. Que ten que dicir vostede ao respecto?
Bach: Xuridicamente é impecable. Contareille para iso unha historia moi significativa: nunha ocasión, un profesor debateu comigo sobre esa cuestión do “tribunal das vítimas”. El viu no escrito da acusación que nós non só denunciaramos a Eichmann pola matanza de xudeus, senón tamén pola de polacos, rusos e checos. Entón preguntou: “Por que non o entregaron a un tribunal polaco, checo, ruso...? E eu dixen: “Escoite, hai cinco minutos vostede preguntou, se un tribunal xudeu estaba autorizado a xulgar a Eichmann e agora quere saber por que non o entregamos?” O home tivo a decencia de corar.
STANDARD: A Israel tamén se lle recriminou o secuestro de Eichmann.
Bach: Nos EEUU acontece con frecuencia que os criminais escapen a outros Estados e entón sexan traídos de volta por parte da policía de maneira ilegal. Casos así foron levados ante ao Tribunal Supremo, que decidiu: se alguén é detido noutro país de maneira ilegal, as persoas que fosen responsables do feito poderían igualmente ser levadas ante os tribunais. Pero iso non altera en nada a competencia que o tribunal ten sobre o criminal.
STANDARD: Como valora vostede as consecuencias do proceso?
Bach: En Israel tivo unha grande influencia. Moitos xoves non querían escoitar nada acerca do Holocausto. Non podían entender que millóns de seres humanos fosen ao matadoiro, sen opor resistencia. Non era o obxectivo principal, pero nós queriamos tamén explicar que non había ningún motivo para avergonzarse. Mostramos como Eichmann e os seus colegas conduciron ás persoas ao engano, por exemplo, obrigándoas a escribirlles ás súas familias: “Estamos nun lugar marabilloso, con fantásticas excursións, sen demasiado traballo; vinde, vinde o antes que poidades!” Despois do proceso, de súpeto, os nenos israelís querían visitar os campos de concentración en Polonia, interesábanse polos xudeus de Europa.
STANDARD: E en Alemaña?
Bach: Alí sucedeuse unha reacción en cadea de procesos contra este tipo de criminais. Recibimos moitos documentos sobre o que acontecera nos campos de exterminio. Son moi importantes por todos aqueles que negan que o Holocausto sucedeu.
GABRIEL BACH (84 anos): foi avogado suplente da acusación no proceso a Eichmann e xuíz do Tribunal Supremo de Israel entre 1982 e 1997. En 1938 fuxiu de Berlín e vive en Xerusalén.
| Reaccións: |



| Reaccións: |
| Reaccións: |

| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |
| Reaccións: |