“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

terça-feira, março 29, 2011

Pola Paz contra o Boicot a Israel

Os abaixo asinantes, cidadáns vascos, cataláns e galegos, que defendemos o dereito de autodeterminación dos nosos respectivos pobos, mediante este escrito, queremos amosar a nosa oposición á campaña que sob o nome BDS (Boicot, Desinversión e Sancións), promove accións de todo tipo contra produtos, actividades ou profesionais provintes de Israel en ámbitos económicos, académicos, culturais ou deportivos.

.

Consideramos que esta campaña, que pretende ser un instrumento de presión sobre o goberno israelí para que mude a súa política respecto dos territorios palestinos, non favorece en nada ao devandito fin, e pola contra cremos que por medio da mesma, estanse a cometer actos discriminatorios contra cidadáns israelís que reavivan o odio contra os xudeus en xeral.

.

Cremos que a creación dun Estado palestino viábel, (prevista na resolución das Nacións Unidas de 1947 dividindo a Palestina británica en dous estados un xudeu e outro árabe), pode ser a solución ao conflito se comporta o recoñecemento de Israel por parte dos estados árabes. Mais para iso consideramos que son o diálogo e a negociación os instrumentos que debemos promover entre as partes implicadas.

.

Parécennos lexítimas as críticas ás autoridades de Israel, pero non a invocación da súa destrución como “solución final” ao conflito, e menos cando se obvia que é un estado democrático, para dar curso á infame equiparación co réxime de Apartheid da antiga Sudáfrica. Israel, a pesar dos defectos que se lle poidan reprochar, foi unha referencia para os pobos que aspiran á súa soberanía, especialmente así foi no caso catalán. O feito de que Pau Casals, o catalán máis universal sexa á vez cidadán de honra de Israel así o proba. Ou tamén o recente libro sobre Jordi Pujol e os xudeus. Por iso criticamos a quen en nome da liberdade dos nosos respectivos pobos solidarícense en exclusiva coa causa palestina e negan a Israel o dereito a unha existencia en paz como fogar nacional do pobo xudeu.

.

Así mesmo, parécenos unha irresponsabilidade que baixo o argumento da solidariedade se pretenda importar ás nosas sociedades un conflito externo e se interiorice a estigmatización dos cidadáns israelís e xudeus en xeral que conviven nas nosas sociedades. As accións de boicot á cultura e á economía israelí e a discriminación contra persoas desta orixe nacional, son condutas racistas e delitivas que estanse a tolerar impunemente nas nosas sociedades. Como cidadáns que aspiramos á soberanía das nosas respectivas nacións non podemos admitir o racismo antixudeu que subxace nestas campañas de boicot, e nin moito menos que contamine o futuro modelo de sociedade que desexamos para os nosos pobos onde deberemos poder vivir en liberdade todas as persoas sexa cal for a súa procedencia nacional.

.

Asinan este texto desde Euskal Herria, Catalunya e Galiza:

Jon Inarritu, xurista. ARALAR

Xabier Kintana Membro da Real Academia de la Lengua vasca

Jurgi Kintana, historiador

Miguel Itoiz, enxeñeiro

Iñaki Akerreta, periodista

Filipe Duluc, lingüista. Ex-presidente do PNV de Iparralde, actualmente en EA.

Iñaki Anasagasti, senador

Toni Florido, President de ACAI

Mila Miró, Secretaria de ACAI

Ignasi Carnicer, ex-deputado de PSC

Jordi Argelaguet, director do CEO

Jaume Renyer, profesor URV.

Alfons López Tena, deputado de Solidaritat

Jaume Nogueroles, vogal de ACAI

Pilar Rahola, periodista

Josep-Lluis Carod-Rovira, politico e escritor

Xoán Bernárdez Vilar, membro da Real Academia Galega

Carlos Penela. escritor

Natalia Costas Alonso avogada e membra da Executiva Comarcal do BNG en Vigo

Constantino Lago sindicalista -CIG

Manuel Feáns. Profesor. Ex concelleiro do BNG

Paco Lores Santacecilia, sindicalista - CIG

Cesar Pazos, técnico de marketing. Membro do Padroado da Fundación Enclave

Pedro Gómez-Valadés, Presidente AGAI

Xavier González Carreira, avogado

Maribel Ferreiro, filóloga

sábado, março 26, 2011

Topamos co islam


Por Pilar Rahola La Vanguardia . 26.03.2011 www.pilarrahola.com . Non sei se situalo no caixón do medo, alí onde habitan os temores da nosa sociedade. Ou se é simple buenismo irresponsábel. Ou se xorde dunha mestura de ignorancia e comodidade. Ou se se trata dun caldo indixeríbel que suma todos os ingredientes. Sexa polo un, polo outro ou pola potaxe de todo, o certo é que na España actual O Quixote debería reinventar a súa famosa expresión. "Co islam topamos, Sancho", diría o bo cabaleiro andante, agora que a igrexa perdeu os seus incisivos e xa non marca o baixo palio das leis democráticas. Pero o islam é outra cousa, especialmente en boca e acción daqueles que teñen unha mirada fundamentalista da súa fe. . Sorprendentemente permitimos aos islamitas proclamas ou obras que non permitiriamos a outros, e cuxa tolerancia é tan incomprensíbel como letal. Poñamos dous exemplos máis recentes. Por unha banda, a proclama incendiaria de Abdenur Prado e as súas declaracións posteriores en Els Matins de TV3, en ambas dúas xogando con lfgo co lume do terrorismo. O curioso é que Abdenur ía de tolerante e parecía o exemplo de interlocución democrática coa administración, ou así o criamos os que denunciamos que os imáns integristas non deben exercer esa función. E por iso mesmo a súa organización, Xunta Islámica, fora regada co maná das subvencións públicas. Tras dicir que merecemos outro 11-M ("metaforicamente", rectifica), e despois de afirmar que os atentados de Atocha e de Madrid non foran obra de yihadistas islámicos, que ocorreu? . De entrada o fiscal xeral non actuou na súa contra, case ningún líder político expresou o seu horror, nin se anunciou que quedará fóra de calquera axuda pública. E se as pérfidas barbaridades de Prado as dixera un vasco? Imaxínanse ao presidente dunha organización vasca subvencionada asegurando nun artigo que merecemos outro Hipercor? Hoxe xa estarían a arder o Congreso, a Fiscalía, Moncloa e até a árbore de Gernika. Pero co islamismo topamos. Miren o segundo exemplo. Desde hai anos Mercabarna mata aos animais co rito halal. É dicir, dególaos sen ningún sedante, déixaos que se desangren mirando á Meca e fai negocio vendendo esa carne torturada a outros países. No mesmo territorio onde prohibimos por lei a matanza popular do porco, porque era terrible e cruel, miramos a outro lado se a barbaridade faise en nome do islam. Non quedaramos, desde a Ilustración, en que os deuses non facían as leis? Non se basea a nosa liberdade en impedir que fanatismos relixiosos escriban as regras da nosa democracia? Así parecía ate que chegou o islamismo e empezamos a mirar cara a outro lado. Chámaselle apaciguamento, o mesmo que fixo Chamberlain con Hitler. Agora non recordo se lle funcionou.

sexta-feira, março 25, 2011

Tariq Ramadan, Abdennur Prado e o islamismo místico


Por Jaume Renyer
24.03. 2011
http://blocs.mesvilaweb.cat/jrenyer
.
Con poucas semanas de diferenza dous personaxes de moi diferente nivel autodefinironse como adeptos do islamismo místico. O primeiro, Tariq Ramadan, (Xenebra, 1962) é de nacionalidade Suíza e de orixe exipcia, declarábao a unha entrevista no xornal La Vanguardia o pasado 24 de febreiro. O segundo, Abdennur Prado, (Barcelona, 1976) un catalán converso ao islam exprésase a través do seu libro "O islam como anarquismo místico".
.
Persoalmente, até agora nunca me sentín atraído por ningún tipo de misticismo e xa que logo non entrarei neste terreo, como (a pesar das súas afirmacións) tampouco o fan os dous referentes do islamismo -a nivel europeo Ramadan, máis o noso Prado- senón que me referirei só á dimensión política do proxecto que ambos propugnan para as sociedades occidentais. Tanto un como o outro, con feitos que desmenten a espiritualidade que predican estando a súa actuación pública máis orientada á intervención política en defensa da cosmovisión islámica que ao debate interrelixioso. Nos seus discursos, a apelación á mística é máis unha forma de esquivar o debate concreto sobre o proxecto de islam á europea que din defender que unha aspiración moral.
.
No caso de Ramadan a leitura do seu libro "A miña visión do islam occidental", (Editorial Kairós, Barcelona, 2011) non achega argumentacións rigorosas exixibles a un intelectual que a revista Foreign Policy situaba hai un par de anos entre o dez máis influintes do mundo. A súa prolífica bibliografía e a súa presenza constante nos medios de comunicación proban a súa capacidade de influencia. A síntese entre cultura occidental e islámica non aparece en ningures, como tampouco é un exemplo de rigor histórico e xurídico o seu artigo no xornal El País do pasado 10 de febreiro, titulado "A Turquía democrática e o modelo", onde presenta unha visión edulcorada da confraría exipcia dos Irmáns Musulmáns fundada polo seu avó Hassan al Bana.
.
Despois de ser despedido polo concello e a universidade Erasmus de Róterdan como asesor en materia de integración dos inmigrantes (ver Le Monde do 25 de agosto do 2009) por mor das súas colaboracións cunha televisión anglófona financiada por Irán, actualmente é profesor na universidade de Oxford nunha cátedra financiada polo emirato catarí. A pesar de declararse admirador do sistema parlamentar inglés, en ningures propugna a súa adaptación aos países islámicos, a súa preferencia é o modelo turco de "democracia forte" que está a emerxer a través da crecente influenza da confraría islámica Fettulah Gülen, que está a dirixir unha campaña represiva contra xornalistas e militares laicos ao amparo da "conspiración Ergenekon".
.
Pola súa banda, Abdennur Prado móvese a un nivel máis modesto intelectualmente pero ten en común con Ramadan o feito de presentarse en sociedade como un interlocutor da conciliación entre islam e o europeismo democrático. Nunhas declaracións ao semanario Els Temps, o 26 de setembro do 2006, afirmaba que "O discurso do papa interesa aos reaccionarios, tanto de Oriente como de Occidente". A súa advertencia ao presidente Rodríguez Zapatero que tería o seu "11-M" (como consecuencia da participación do exército español ao operativo militar da OTAN contra o réxime libio) desacredita o papel arbitral que presuntamente aspira a xogar despois dea súa conversión.
.
Ramadan e Prado compartillan tamén un antisionismo militante que moi pouca cousa ten de místico. O primeiro insiste ao atribuír aos lobbies prol-israelís o que el percibe como islamofobia dos europeos (ver as páxinas 127 e seguintes do seu libro anteriormente mencionado), á vez que ataca o pensamento neoconservador facéndolle unha chiscadela á esquerda antiliberal na loita compartida contra o capitalismo occidental. Prado, pola súa banda tampouco queda curto mostrando un virulento fanatismo anti-israelí con motivo do ataque das Forzas de Defensa de Israel contra Hamas en Gaza, en xaneiro do 2009, sendo un dos adalodes xunto cos nosos antisionistas da casa e os pacifistas católicos que fanlle o xogo.

quinta-feira, março 24, 2011

Ameazas


Artigo asinado por Addennur Prado, presidente da Junta Islámica publicado en WebIslam, e que agora após a denuncia de varios medios retiraron da web. Que cada un xulgue se incorre ou non en ameazas, apoloxía e enaltecemento do terrorismo...
.
TENDRÁN SU 11-M
Addennur Prado
23.03.2011
Ama la destrucción a Zapatero, la masacre, la guerra, la ignominia. Penetrando en el círculo de sangre, ceremonia de muerte masiva que responde a los más bajos intereses. Tan solo unos días después del aniversario del 11-M, como un acto de traición a las víctimas y al sufrimiento de los españoles.
Una vez más la guerra nos gobierna.
Condenando a otro pueblo a la violencia, a años de guerra y de rapiña, sin esperanza ni destino, sin otro mendigar que una plegaria de paz en la mirada.
Tendrán su 11-M.
Tal vez no hoy ni mañana, tal vez en la otra vida, tal vez solo en la mente de la madre amorosa de un niño destrozado, tal vez la pesadilla del piloto que lanza los misiles, tal vez solo en la rabia contenida de tantos y tantos y tantos seres vivos que no se resignan a ver como la usura todo lo pudre, todo lo consigue.
Y vosotros, los 336 que han votado a favor de la guerra, en el Congreso de los Criminales (honor a los 3 resistentes que votaron en contra, émulos de Lot en la Sodona de la guerra).
Y vosotros, los estrategas del sistema, sedientos de sangre, justificando las matanzas con argumentos de salón.
Acaudalados periodistas, analistas al servicio de la muerte, tratando de hacer pasar una guerra de rapiña por una intervención humanitaria.
Repitiendo como un mantra la idea diabólica de que algunas guerras de agresión son necesarias… Como si la más corta de las guerras no dejara una semilla de violencia que estallará tarde o temprano, condenando a poblaciones enteras a más guerra, metiendo la violencia en las entrañas de las generaciones venideras.
El único combate que está justificado es la defensa del propio territorio, de la familia y del honor, la lucha de los libios contra las ingerencias extranjeras.
Cínicos, cítricos, basura mediática responde a una inyección de adrenalina. Suben las audiencias, como aullidos de guerra al firmamento.
La guerra es el negocio de la prensa, la prensa es el negocio de la guerra.
Las armas de destrucción masiva de ayer son hoy las masacres de rebeldes, unas masacres sin imágenes, matanzas virtuales que venden su producto.
Ocultando las imágenes de las víctimas civiles de los bombardeos occidentales, ocultando el hecho de que estos han atacado hospitales. Pues esta es su naturaleza, han sido creados para destruir masivamente.
Como vosotros habéis sido creados para mentir masivamente.
Ocultando todas las propuestas de mediación pacífica, pues estas no conducen al control de los recursos naturales.
Ocultando el hecho de que los ataques significarán el fin de la ola democratizadora en el mundo árabe, puesto de nuevo bajo el control militar occidental. Esa ha sido la política occidental hacia el mundo árabe en los últimos siglos: cada vez que el pueblo se levanta, se interviene para devolver las cosas a su sitio.
Este es el mensaje lanzado por cada bomba occidental que cae sobre Libia.
Políticos al servicio de los fabricantes de armamento, periodistas al servicio del poder.
Acostumbrados a sumar los muertos como pipas o granos de azúcar que se disuelven en su café de lujo.
Hablando de “minimizar los daños”, como si existiese algo así como “pocas muertes”, como si una sola muerte no fuese demasiado…
¿Quién mueve vuestras manos mercenarias? ¿Qué odio inconfesable os hace insensibles al sufrimiento ajeno?
Obama, Sarkozy, Cameron, Zapatero… Todos la misma mano, la misma voz segura, el mismo mar de sangre, la misma marioneta.
Desde la superioridad moral de ostentar el poder en el primer mundo, con la misión de civilizar a los pueblos primitivos, a los tiranos primitivos, sin ver que ellos mismos son los más feroces sanguinarios, las gentes menos evolucionadas del planeta.
Tendrán su 11-M
Dios no lo quiera
Dios no lo quiera
Dios no lo quiera
Plegaria
oh madre tierra acoje a las víctimas de Zapatero.
oh Dios supremo, pacifica las sombras, disipa las tinieblas, borra de mi esta rabia que amanece, transfórmala en palabra de concordia.
oh Dios de Paz abraza cuanto veo, abre tus brazos a esta flor de luto.
Amén

quarta-feira, março 23, 2011

Agora Israel ten o dereito de atacar os reactores nucleares de Iran


Por Alan M. Dershowitz
NY Times - 17.03.2011
.
O intento de Irán de levar por barco armas a Hamas en Gaza, é unha declaración de Guerra do goberno Iraniano contra Israel. A mariña israelí interceptou o buque, cargado de armas cuxo obxectivo era matar a civís israelís, e mandounas de volta a Irán. Este non é o primeiro acto bélico que podería xustificar unha resposta militar de Israel, dacordo coas leis internacionais. Irán enviou outros barcos cargados con armas antipersoais a Hamas e Hezbollah. Ademais, en 1992, os líderes iranies planearon e autorizaron un ataque que causou mortos, contra a embaixada de Israel en Arxentina. Este atentado, levado a cabo por axentes iranies, constituíu un ataque directo ao estado de Israel, considerando que a súa embaixada é parte do seu territorio soberano. Máis aínda, o goberno de Irán declarou publicamente a Guerra a Israel, pedindo que "a entidade sionista sexa borrada do mapa"

Sob as leis internacionais, estas agresivas declaracións - oñecidas como Casus Belli?- xustificarian plenamente unha resposta armada. Incluso a Carta das Nacións Unidas autoriza unha resposta unilateral fronte a un ataque armado. Facilitar armas a un inimigo declarado no medio dun embargo, foi historicamente considerado como un ataque armado segundo as leis da guerra, especialmente cando quen proporcionan as armas pretenden que sexan utilizadas contra a poboación civil do país inimigo. Poderiamos facer as mesmas consideracións no caso do atentado contra dunha embaixada.

Dous feitos recentes, avalan o dereito de Israel a utilizar medios militares para impedir a Irán continuar armando aos seus inimigos. O recente desastre ocorrido en Xapón mostrou ao mundo o extraordinario perigo que supón a radiación nuclear. Se alguén puidera dubidar por un intre do poder dunha bomba sucia para destruír unha nación, tanto física como psicolóxicamente, esas dúbidas desaparecerían fronte ao que está a ocorrer en Xapón. Se Irán desenvolve armas nucleares, o próximo buque destinado a Gaza podería conter unha bomba nuclear sucia, e Israel podería non ter a fortuna de interceptar ese buque. Unha bomba diminuta, que estourase en Israel podería causar danos incalculábeis e irreparábeis na poboación civil.

É máis, as recentes matanzas en Itamar dunha familia cos seus tres fillos, demostran como os inimigos de Israel usan as armas contra os civís, violando todas as leis da guerra. Incluso as crianzas son un branco "militar" para os que foron armados por Irán. Hamas felicitou aos asasinos.

Israel ten o dereito de impedir que a súa poboación civil sexa asasinada por armas iranianas, especialmente se esas armas son de ampla destrución. Irán non tería soporte legal para protestar contra un ataque cirúrxico ás súas instalacións nucleares, que están a deseñar armas que poden ser utilizadas para alcanzar o obxectivo declarado deste país, o de borrar a Israel do mapa, matando a millóns dos seus cidadáns. Os líderes iranianos teñen declarado publicamente que un intercambio nuclear, que aniquilaría a millóns de xudeus e musulmáns, sería aceptábel para eles, xa que destruiría Israel, mentres só afectaría moderadamente ao mundo islámico. Unha nación suicida non pode neutralizarse coa ameaza de represalias. A única opción realista e viábel de Israel sería neste caso unha acción militar do tipo da que levou a cabo contra o reactor nuclear Iraquí en 1981. Este ataque cirúrxico podería salvar incontábeis vidas, co único custo dunha vítima. Non esquezamos que mesmo Irán tratou, infructuosamente, de destruír o reactor nuclear iraqui. Certamente, Israel posúe o dereito de acometer o que Irán tentou facer, é dicir, ten o dereito lexítimo de impedir a un inimigo mortal desenvolva armas capaces de asasinar masivamente aos seus propios cidadáns.

Isto non significa que Israel vaia a atacar os reactores nucleares iranies agora. Que teña o dereito de facelo non significa que non deba esperar un momento máis oportuno para facelo. Non fai falta unha resposta militar inmediata fronte a un ataque armado. A nación atacada pode pospor a súa contra ataque sen renunciar aos seus dereitos. A opción militar debería ser sempre o último recurso que se debe utilizar cando todas as outras opcións ferraron. Podería ser que os continuos esforzos por inutilizar os computadores nucleares dean resultados. Aínda que non parece probábel que as sancións económicas poidan persuadir aos fanáticos de pór fin ao seu programa de armas nucleares, unha combinación de varios factores, que incluirían intervencións case militares, fortes sancións económicas e diplomáticas, poderían retardar o proceso até o punto de poder pospor a opción militar. Pero baixo ningunha circunstancia a opción militar debe ser desbotada. Israel debe conservar a súa capacidade de exercer o seu dereito fundamental á autodefensa preventiva. Se é posíbel, debería actuar conxuntamente con outros aliados. Pero se é necesario, ten o dereito de actuar só, co fin de protexer aos seus cidadáns. Case todos esperan que non chegue o sangue ao río, pero a esperanza non é unha garantía. Como xa advertía George Washington, "estar preparado para a Guerra é un dos medios máis eficaces para preservar a paz".

As fronteiras de Israel

domingo, março 20, 2011

Deus xogando aos dados


Deus xogando aos dados
(Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2010)
De Fernando Méndez
Edicións Sotelo Blanco (2011)
.
Presentación en Ourense
.
O vindeiro mércores, día 23 de marzo, ás 20.15 horas, coa presenza do autor terá lugar a presentación no Auditorio Municipal de Ourense.
.
Máis información sobre o libro:
http://fernandomendez1.wordpress.com/acerca-de/

Onde está Willy?


Por Joan B.Cula i Clará
El País . 18/03/2011
.
Foi o pasado 16 de febreiro cando se iniciou en Bengasi a revolta popular libia contra a tiranía de Gadafi. Catro días despois, os mortos nas protestas xa ascendían, segundo este diario, a 233. Transcorreron desde entón catro semanas; e, a pesar das trabas e intoxicacións informativas do toleado coronel, as características do enfrontamento en curso -a desigualdade de medios entre ambos bandos, o papel represor de forzas mercenarias xa sexan estranxeiras ou locais, a cultura tribal acerca da traizón e a vinganza...- dan pé a calcular por milleiros, e na súa inmensa maioría civís, as vítimas mortais no país norteafricano.
.
Así as cousas, onde está Willy? Refírome a Willy, ou Guillermo, Toledo, o actor e vehemente activista contra a guerra de Iraq, paladín da causa palestina, abanderado da causa saharauí, defensor incluso dos motivos que teñen os piratas somalíes para secuestrar barcos. Pero o interrogante podería estenderse a prestixiosos cantautores como Luís Eduardo Aute e Pedro Guerra, a Cristina del Valle e a súa Plataforma de Mujeres Artistas -especializadas desde hai lustros na denuncia da ocupación israelí-, a David Segarra, Laura Arau e Manuel Tapial, os tres militantes españois que, en maio de 2010, trataron de alcanzar Gaza a bordo da chamada flotilla da liberdade. Onde están todos eles? Como é que os dramáticos acontecementos de Libia non lles suxeriron un xesto de protesta, un manifesto, nin sequera unha sinxela nota condenatoria?
.
Cabería a posibilidade de que esta crise os tivese colleito desmovilizados, retirados do compromiso fraternal cos oprimidos do mundo. Pero non: aínda o pasado día 7, mentres Gadafi enriquecía o seu currículo criminal castigando a cidade rebelde de Zauiya, os nomes arriba citados protagonizaron en Madrid un concerto solidario con Palestina, un festival destinado a financiar a organización da segunda flotilla da liberdade rumbo a Gaza. Segundo as crónicas do acto, ninguén suxeriu que, como medida de urxencia, tal flotilla puxese de momento proa a Bengasi para auxiliar a quen loita pola súa liberdade, ou a Trípoli para denunciar a brutalidade do sátrapa. Sobre isto, nin unha palabra.
.
Por que? Que fai aos libios esmagados por Gadafi menos merecedores de solidariedade e apoio internacionalista que os independentistas saharauís reprimidos por Mohamed VI ou que os palestinos de Hamás en Gaza, acosados por Israel? Só se me ocorre unha resposta: ese Willy Toledo apoloxeta do castrismo ("en Cuba a represión e a persecución son inexistentes"), como vai condenar a un Gadafi colega durante décadas de Fidel, segundo lembraba aquí o outro día a xornalista cubana Yoani Sánchez? E que simpatía polos rebeldes libios vai mostrar o xa aludido Manuel Tapial, cuxa ONG doméstica (a Asociación Cultura, Paz e Solidariedade Haydée Santamaría, que preside o seu papá) glorifica a ditadura comunista caribeña? En canto a David Segarra, cabe sorprenderse de que ese colaborador de Telesur por admiración cara ao réxime venezolano sexa cego ante as fechorías dun estreito aliado e amigo de Hugo Chávez?
.
Definitivamente, nin Willy Toledo e demais artistas da súa corda, nin os impulsores das flotillas a Gaza, nin o senador Joan Saura, nin o deputado Joan Boada, nin o seu colega Joan Ferran (outro admirador confeso de Castro e Chávez), nin eses miles e miles de almas boas que, en xaneiro de 2009, mobilizáronse en Madrid e en Barcelona para condenar o ataque israelí a Gaza, ningún deles saíu nin sairá agora á rúa contra o baño de sangue que Gadafi perpetra. En todo caso, agardarán a unha intervención da OTAN ou de Estados Unidos, e entón si se manifestarían, pero aos berros de "Non á guerra!", "Non blood for oil!", "Paremos o imperialismo!" e outras consignas do mesmo ton. Iso si, despois de que o tirano convertese Libia nun cemiterio, todos eses artistas, activistas, políticos e militantes da "esquerda solidaria" seguirán denunciando xenocidios e impartindo leccións de ética e de moral.

quarta-feira, março 16, 2011

Unha equivocación


Por Afonso Vázquez-Monxardín
.
Di o xogo de palabras que ten boca se equivoca. Pola moi fina falariamos en latin e diriamos lapsus linguae. Pero tamén existe o lapsus cálami que era como os romanos lle chamaban ao que se equivocaba ao escribir con aquel paleolapis que viña sendo o cálamo ou cana. Pero estes lapsus, uns e outros, desculpan ao que se engana e en vez de nomear ao barrio do “Couto” di ou escribe “coito”, pero non é atenuante para o que ignora unha cousa, como a data da Marcha Verde, do descubrimento de América, ou da chegada do home á lúa.
.
Tamén pode ser que un se equivoque, sobre todo se fala moito ou escribe moito sen cometer ningún erro de dicción ou errata, porque se engane no rexistro adecuado e as ideas queden confusas ou porque o enfoque mal e mesture no seu discurso allos con cebolas. Estas cousas acontecen polas propias limitacións dun comunicador que trata de buscar un xeito sempre orixinal e distinto a outros para afirmar a súa personalidade na escrita, porque as circunstancias do que quere comunicar sexan tan duras ou espeluznates que o confundan na forma de encarar a forma e fondo adecuado para transmitir o que quere dicir, ou polas súas cousas xuntas.
.
Pois o martes pasado equivoqueime de cabo a rabo creo que por esa última combinación de ambos factores. Tan abraiado quedei coa noticia do asasinato especialmente cruel, inhumano, diabólico, da familia Fogel no seu asentamento de Itamar, que me enganei na forma de cómo afrontalo. Pido desculpas a quen deducira das miñas erradas palabras a intención de frivolizar ou sacar ferro a un tema tan horroroso ou quen pensara, peor aínda, que trataba de xustificar o inhumano e abominable.
.
Lido de novo o artigo con calma e teño que dicir que tampouco me gustou a min, que me pareceu confuso, e que as críticas recibidas, públicas e privadas, me axudaron a velo con perspectiva distinta. Desde logo non era o momento de falar de demografía, nin doutras cousas que alí mencionaba.
.
A miña intención simple era dar publicidade á dor que moitos sentimos ante un feito terrible: a inimaxinable carnicería na que un grupo masacra unha pacífica familia mentres dorme, incluídos bebés e nenos de curta idade, o que o fai especialmente diabólico, e tamén, ao incrible silencio ou malinterpretación interesada dos feitos en boa parte da prensa occidental, incluída a BBC a que eu, tamén equivocadamente puña como exemplo de imparcialidade. Desculpas a todos os amigos da verdade. Desculpas a todos os amigos de Israel. Que a terra sexa leve á familia Fogel, á familia de Rachel Shevo, asasinada tamén en Itamar en 2002 e a todos os colonos mortos en iguais circunstancias. Deixo unha pedriña de palabras sobre as súas tumbas como recoñecemento eterno. Shalom.

terça-feira, março 15, 2011

Apartheid. Aparheid?

Onde está o clamor contra o Apartheid árabe?



Por Khaled Abu Toameh*
Hudson New York - 13.03.2011

.
Nabil Mohammed Taha, un neno palestino de 11 anos de idade, morreu esta semana á entrada dun hospital do Líbano despois de que os médicos se negasen a axudalo porque a súa familia non podía permitirse pagar o tratamento médico. O tráxico caso de Taha pon de relevo a difícil situación de centos de miles de palestinos que viven nos campamentos de refuxiados empobrecidos do Líbano e que son vítimas dun sistema de apartheid que négalles o acceso ao traballo, a educación e a atención médica (e as propiedades inmobiliarias).

Ironicamente, a morte do raparigo á entrada ao hospital coincidiu coa Semana do Apartheid Israelí, un festival de odio e incitación organizado por activistas anti-Israel nos campus universitarios dos EEUU, Canadá e outros países. É moi pouco probábel que a xente que está detrás deste festival de odio escoitasen falar sobre o caso de Taha. A xulgar por experiencias pasadas, tamén resultaría altamente improbábel que despois de coñecer o caso farían algo respecto diso como algún tipo de protesta. Por que debería importarlle a alguén que a un neno palestino que selle negue o tratamento médico nun hospital árabe? Esta é unha historia que non ten ningún ángulo anti-Israel ao que agarrarse. Alguén pode imaxinar o que sucedería se un hospital israelí houbese abandonado a un neno e que este falecera posteriormente porque o seu pai non tiña 1.500$ para pagar o seu tratamento? Sen dúbida, o Consello de Seguridade da ONU celebraría unha sesión de emerxencia onde se condenaría enerxicamente a Israel e faríaselle responsábel da morte do raparigo.

Todo isto ocorre en momentos en que decenas de miles de pacientes palestinos continúan beneficiándose de tratamentos na Seguridade Social pública israelí. Só o ano pasado, uns 180.000 palestinos de Cisxordania e da Franxa de Gaza entraron en Israel para recibir tratamento médico. Moitos foron tratados a pesar de que non tiñan nin diñeiro suficiente para cubrir a factura nin por suposto estaban afiliados a Seguridade Social israelí.

En Israel, un atacante suicida que resultará ferido ao tratar de matar a civís xudeus ten dereito a algúns dos mellores tratamentos médicos. E é que existiron moitos casos onde palestinos que resultaron feridos en ataques contra Israel máis tarde terminaron nalgúns dos mellores hospitais de Israel. Por certo, o Líbano non é o único país árabe que oficialmente aplica as leis de apartheid contra os palestinos, negándolles o dereito a recibir tratamento médico adecuado e a posuír bens.
Apenas a semana pasada anunciouse que un centro médico en Xordania decidira deixar de tratar a pacientes palestinos de cancro debido a que a Autoridade Palestina non pagou as súas débedas co centro. Outros países árabes tamén expuxeron multitude de pegas aos palestinos cando se trata de recibir tratamento médico.

É vergoñoso que mentres Israel admite aos pacientes palestinos nos seus hospitais, nos hospitais árabes négaselles o tratamento médico por diversas razóns, incluíndo o diñeiro. Pero entón un lembra que aos ditadores árabes non lles importa a súa propia xente, así que por que deberían prestar atención a un neno de 11 anos de idade que se está morrendo na entrada dun hospital porque o seu pai non leva encima 1.500 dólares?

Pero como a morte sucedeu nun país árabe - e como a vítima é un árabe -, por que alguén se debería preocupar por iso? Onde está o clamor occidental contra o apartheid árabe?
.
* xornalista árabe-israelí

segunda-feira, março 14, 2011

Hadas Fogel

Imaxes dos membros da familia Fogel asasinados por terroristas palestianianos
Hadas Fogel morto nos brazos do seu pai

Yoav Fogel
Elad Fogel


Por Afonso Vázquez-Monxardín
Galicia-Hoxe - 13.03.11
.
Non estou moi seguro que Hadas Fogel fose unha persoa. Se cadra é moito chamarlle así a un bebé de tres meses. Desde logo é un ser humano o que se di, inocente, inocente, sen culpa ningunha de nada. Supoño que o único que tería feito de momento é chorar, comer, cagar e durmir. Non dobraría aínda a risa e a única alegría que lles podería ter dado aos seus pais, Ehud de 36 e Ruti de 35, ou ao seu avó Chaim, sería o propio feito de ter nacido.. E se cadra non tanto aos seus irmáns Elad, de catro anos, ou Yoav, de 14, que poida que estivesen envexosos das atencións que lle dedicaban. En calquera caso, os outros irmáns, Yishai, de dous anos, Roi de oito e Tamara de 12 xa non terán esta posibilidade. Acoitelaron ata matar na noite de do sábado ao domingo aos pais e aos tres outros irmáns, mentres durmían. Ser eran moitos na familia. Seis fillos aos trinta e seis anos anuncian a posibilidade de chegar á 9 ou 10 sen moito problema. Para iso hai que ter unha intención que sobrepase á persoal. A estas alturas da evolución do mundo o que ten tantos fillos é que llos acepta de corazón a Alá, a Deus, a Yavé ou a calquera outro con nome de superior máximo. Aquí se un ten moitos fillos, dise, con escaso marxe de erro, que é do Opus. En Israel, claro, xudeu ortodoxo. Ou integrista palestino. Porque o esforzo demográfico de xustificación nacional ou divina é algo que está na raíz deses pobos con problemas de sobrevivencia. Os irlandeses católicos reprodúcense moito máis ca os protestantes. Xa están case á par. A poboación de Gaza medra ao incrible 4 % anual, co que cada vinte anos se dobra a poboación nesa especie de cidade estado que puido mirarse no espello de Singapur ou Hong Kong pero non quixo. Os xudeus ortodoxos fan outro tanto. Roladas de fillos detrás dunha nai con saia ata o chan que vai empuxando un carriño. E cativos xa con rizos ás beiras da cabeciña cuberta co kipá. Ehud e Ruti crían case por mandato divino que debían facer medrar a súa poboación xudía en terreo hostil, na colonia de Itamar en medio desa histórica Samaria á que tamén lle chamanos Cisxordania, West Bank, ou Territorios Ocupados. Pero moitos non eran. No seu asentamento, unhas 600 persoas. A menos de cinco quilómetros están os campos de refuxiados palestinos de Balata e Iskar, con ducias de miles de descendentes de xentes saídas de Jaffa en 1947. E a sete, a cidade árabe de Nablús con 150 mil habitantes.
.
Non intentemos meternos na cabeza do que corta o pescozo a un bebé de tres meses e á súa familia. Non o lograríamos. Non hai deus, nin causa, nin nación, nin ser humano que poida ser indiferentes á vesania e á sevicia. Dóeme tamén que o telediario non diga nada. Se cadra hai que volver á BBC.

sábado, março 12, 2011

140 anos de Rosa Luxemburgo

Programa monográfico no 140 cabodano de Rosa Luxembrugo emitido por Radio Sefarad e que podes escoitar e descargar na seguinte ligazón:
http://www.radiosefarad.com/joomla/images/mp3/110305unamirada.mp3

Horror en Samaria

Terroristas palestinos asasinaron a cinco membros dunha mesma familia.
.
Cinco israelís foron asasinados esta madrugada cando un ou dous terroristas palestinos lograron infiltrarse no asentamento de Itamar, ao sueste de Nablus. O cinco son da mesma familia: os pais e tres dos seus fillos (un de once anos, outro de tres e un bebé de poucos meses), que estaban a durmir na casa cando penetraron os autores do atentado, a través dunha xanela, tras lograr atravesar o valado de seguridade que rodea á localidade. O cinco foron savaxemente acoiteilados, mentres que outro tres nenos da mesma familia lograron fuxir e avisar aos veciños.

O ataque terrorista tivo lugar ao redor da unha da madrugada.

O Exército de Defensa de Israel (Tzáhal) está a levar a cabo un amplo despregamento en busca dos terroristas con controis nas estradas da zona e ao redor da cidade de Nablus. Tamén pediu o residentes de Itamar que permanezan nos seus fogares, sinalou un portavoz militar. Dani Dayán, líder do Consello Yesha, que representa aos colonos xudeus, desprazouse a Itamar, onde cualificou o atentado de "sen dúbida un dos máis duros dos últimos anos". "Non hai palabras para describir a atrocidade e a dor. Quen pense que os palestinos deixaron completamente de lado os asasinatos, hoxe pode ver que eles non desbotan ningún método nin ningunha vítima xudía", afimou, Dayán. É o atentado máis cruel contra israelís desde marzo de 2008, cando un palestino penetrou nunha escola xudía en Xerusalén e asasinou a oito rapaces estudantes (todos de menos de 16 anos) cunha arma automática. A localidade de Itamar, que ten mil habitantes, foi o escenario dun atentado similar en 2002, no que un terrorista palestino asasinou mediante disparos na súa casa á nai de familia e aos seus tres fillos, ademais dun garda de seguridade.

sexta-feira, março 11, 2011

11-M Sete anos da masacre islamista


O maior atentado terrorista islamista no estado español. Unha masacre que nunca deberemos esquecer.

quarta-feira, março 09, 2011

Charla-coloquio: o kibbutz cumpre cen anos


Charla-coloquio en Vigo
Intervén: Samuel Epstein, residente durante 20 anos no kibbutz Ein Hashlosha
Presenta: Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI
.
Terá lugar o vindeiro 25 de abril ás 20:00 horas na Galería Sargadelos en Vigo, sita na rúa Urzaiz 17 baixo.
.
Entrada libre

segunda-feira, março 07, 2011

Aprendendo hebreo básico



Desde hai algunhas semanas, está dispoñíbel un novo sitio onde é posíbel aprender hebreo básico (http://eteacherhebrew.com/) e onde de forma didáctica e de balde, pódese estudar o idioma. A web, que está feita con tecnoloxía flash. Dispón de 46 tópicos xunto a 1700 palabras en hebreo e algunhas frases. Clickando na palabra pódese escoitar a pronuncia correcta. O lugar é multilingüe e os menús e traduccións están de momento en cinco idiomas: inglés, francés, portugués, ruso e español.

sexta-feira, março 04, 2011

Salvando a revolución exipcia



Por Shlomo Ben Ami
Project Syndicate, 03/03/11)
.
As revolucións ao longo da historia demostraron devorarse aos seus fillos. Os seus resultados fatais de cando en cando son congruentes coas intencións de quen as impulsaron. Con demasiada frecuencia, as revolucións son apropiadas por unha segunda onda, xa sexa máis conservadora ou máis radical do que contemplaron nun principio os iniciadores do cambio. O que comezou en Francia en 1789 como un levantamento das clases medias en alianza cos sans culottes terminou co retorno da monarquía na forma da ditadura de Napoleón. Máis recentemente, a primeira onda da revolución iraniana, baixo a presidencia de Abolhassan Bani-Sadr, de ningún xeito era exclusivamente islamita; a segunda onda, liderada polo ayatollah Ruhollah Khomeini, foino. O interrogante para Exipto é se a axenda dunha democracia verdadeiramente pluralista -proclamada polos manifestantes novos de vangarda na Praza Tahrir, a xeración Facebook e Twitter que admirablemente se vale por si mesma- pode prevalecer fronte ás forzas resistentes do pasado. De feito, segundo unha enquisa do Pew Research Center, só o 5,5% da xente ten acceso a Facebook, mentres que o 95% quere que o Islam xogue o papel esencial na política, o 80% cre que os adúlteros deben ser apedreados, o 45% son practicamente analfabetos e o 40% vive con menos de 2 dólares por día. En termos ideais, a nova orde democrática debería basearse nunha plataforma común adoptada polas forzas de cambio, tanto seculares como islámicas, e nun pacto de transición entre estas forzas e aquelas que representan o vello sistema, primeiro e principal o exército.
.
De feito, unha das características curiosas da revolución exipcia é que agora opera baixo a exclusiva albacea dun exército conservador. As verdadeiras revolucións ocorren soamente cando o vello sistema represivo é minuciosamente desmantelado e purgado. Pero a revolución de Exipto é unha revolución cuxa etapa inicial terminou co poder plenamente en mans do aparello represivo do antigo réxime. O risco é que os lazos fraternais entre o exército -non exactamente inocente das prácticas represivas do réxime de Mubarak- e os manifestantes poidan ter curta vida. Ate agora, o exército accedeu a unha soa das demandas centrais dos manifestantes -desfacerse de Mubarak-. Non apoiou a ampla gama de demandas liberais manifestadas polos revolucionarios da Praza Tahrir. Podería dicirse que o exército coincidiu coa demanda dos manifestantes de derrocar a Mubarak como o mellor xeito de evitar que se instalase unha república dinástica baixo o mando do fillo de Mubarak, Gamal. As masas reclamaban unha revolución, mentres que o exército levou a cabo o seu propio golpe de estado coa esperanza de salvar o que é esencial no sistema sacrificando ao mesmo tempo ao home que o encarnaba. A tentación do exército de limitar o cambio reflexa o perfil conservador da súa xerarquía, os privilexios extraordinarios dos que goza e os intereses económicos cos cales estivo asociado. Exipto estivo gobernado como un estado policial e, cun aparello de seguridade xigantesco e omnipresente, o exército podería verse tentado de asumir o rol de gardián da orde e a estabilidade se a democracia terminase resultando demasiado caótica
.
Afortunadamente, a capacidade do exército exipcio para impedir o cambio é limitada. Un exército proclive a Occidente, financiado e adestrado por Estados Unidos, non pode permitirse a liberdade de dispararlles a manifestantes pacíficos. De feito, limitar o papel político do exército seguramente será unha condición fundamental para manter as relacións amigables de Exipto con Occidente. Un acordo de libre comercio con Estados Unidos e un mellor acceso aos mercados da UE poderían ser fortes incentivos que Occidente pode ofrecer á nova democracia de Exipto. De maneira que, non importa o condicionado que poida estar o exército exipcio pola súa visión do mundo e os seus intereses creados, non ten outra opción que facilitar o proceso de democratización. Con todo, debería aceptar que ningunha democracia árabe que se prece de tal podería negarse a abrirlle as portas electorais ao islam político. Por certo, a tarefa tremendamente histórica de Exipto hoxe consiste en rexeitar o antigo paradigma segundo o cal a única elección do mundo árabe é entre a autocracia secular e represiva ou a teocracia oscurantista e represiva. Pero o réxime que xurda está obrigado a estar máis en sintonía coas condicións locais, e polo tanto co papel vital da relixión no tecido social. Unha democracia que exclúa á relixión da vida pública por completo, ao estilo de Francia, non pode funcionar en Exipto. Despois de todo, unha democracia desas características non funciona en Israel, nin en Estados Unidos, un país ao que G.K. Chesterton describiu como posuidor do "alma dunha igrexa".
.
Construír un estado secular moderno para un pobo devoto é o principal desafío de Exipto. Dito isto, un escenario no que a Irmandade Musulmá usurpe a revolución non parece plausible, aínda que máis non sexa porque isto podería levar a outro home forte dacabalo a asumir o mando. Aínda que aínda inspirada por conservadores incondicionalmente antioccidentales que cren que o "estandarte da Jihad" non debería abandonarse, a Irmandade hoxe non é a organización incondicionalmente jihadista que o réxime de Mubarak mostráballe a Occidente. Desde hai moito tempo que repudia o seu pasado violento e demostra un interese pola participación política pacífica. A tensa relación entre os réximes árabes de incumbencia e o Islam político non é necesariamente un xogo de suma cero. É neste contexto que o frustrado "Acordo da Meca" palestino entre o relixioso (Hamas) e o secular (Fatah) para formar un goberno de unidade nacional para Palestina podería establecer un novo paradigma para o futuro do cambio de réxime no mundo árabe. Estes acordos poden ser o único xeito de frear a caída nunha guerra civil, e posiblemente invitar aos islamitas a selar un acordo con Israel e un achegamento con Occidente.

quarta-feira, março 02, 2011

O pérfido logo


http://safed-tzfat.blogspot.com/

Irán protestou contra o logotipo dos Xogos Olímpicos de 2012, dicindo que o emblema é racista e deletrea a palabra "Sión", informou a axencia de noticias ILNA este luns.

O emblema irregular, de múltiples cores, custou unhas 400.000 libras, e conta con catro números representando a cifra 2012, coa firma estampada dos Aneis Olímpicos na forma que representa ao cero. Con todo, Mohammad Aliabadi, xefe do Comité Olímpico Nacional da República Islámica, afirma que o logotipo socava o evento e acusou os organizadores británicos de caer no "racismo", informou a axencia ILNA. "Todos somos testemuñas de que os próximos Xogos Olímpicos... enfróntanse a un serio desafío, sen dúbida debido ao espírito racista dalgunhas persoas", dixo Aliabadi nunha carta dirixida ao Comité Olímpico Internacional (COI). "O uso da palabra Sión polo deseñador do logo dos Xogos Olímpicos... no emblema dos Xogos Olímpicos de 2012 é un acto repugnante", engadiu Aliabadi, advertindo que se Rogge non cambia o logotipo "afectará á participación de varios países, sobre todo Irán, que insisten en guiarse polos principios e valores do islam". O director do Comité Olímpico de Londres 2012, Sebastian Coe, dera a coñecer o logotipo en xuño de 2007, sufrindo case de inmediato un bombardeo de críticas públicas ao consideralo horrible. Os organizadores defenderon ao logotipo dicindo que é "moderno, audaz, flexible", dirixido a conectar coa xente nova.

A enorme facilidade da conversión ao xudaísmo nos países árabes


Unha ilustración de Amos Biderman