Operación Paz


Por Isa Martens

Heute, 01.07.11 . Artigo traducido do alemán por Carlos Penela

Abdel-Rahman (9 meses) apenas tiña posibilidades de sobrevivir. O pequeno veu ao mundo cun grave problema no corazón: na franxa de Gaza (de onde ven Abdel-Rahman) non hai médicos especialistas. Alí domina a organización radical islamista Hamas, que quere facer desaparecer a Israel e que, diariamente, lanza mísiles contra ese país. Os pais do pequeno (seguidores de Hamas) xa tiñan escollido un cadaleito para o neno e mandado preparar a súa tumba.

Foi entón chegou a esperanzadora noticia desde Tel Aviv. Apesar de todo o odio e os problemas existentes, os médicos israelís manifestaron estar dispostos a operar o pequeno paciente – salvaron o neno dos inimigos! O Doutor Lior Sasson, xefe de cirurxía infantil logrou efectuar a operación de maneira exitosa. Medo a que, cando se faga maior, Abdel-Rahman vaia combater a Israel, non ten: “Cada neno que nós salvamos, é unha semente para a paz e para un futuro mellor entre israelís e palestinos, explica o médico.

Entrementras, Abdel xa está de novo na franxa de Gaza, onde o seu irmán o coida. Este declarou agora a un xornalista: “Mudei a miña opinión – soamente creo na paz”.

Comentarios