Netanyahu urxe a USA a retirarse ás liñas de 1845


A bordo do Force Air Aleph, a axencia Reuters informa de que en declaracións aos xornalistas que lle acompañan na súa viaxe aos Estados Unidos, o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu falou da inxustiza cometida cos mexicanos e as privacións que sufriron desde que as forzas estadounidenses se anexionaron Texas en 1845 (e moitas máis zonas).

"Decenas de miles de mexicanos foron expulsados dos seus fogares nos que moraban desde había séculos e foron forzados a vivir ao sur da fronteira no medio da pobreza e a miseria ocasionada pola agresión estadounidense", dixo Netanyahu. "O pobo de Israel e México están de acordo nisto: Esta ferida enconada nunca sanará ate que os Estados Unidos tomen medidas audaces para volver ás liñas internacionalmente aceptadas de 1845. É evidente que a actividade desenvolvida nos asentamentos desde que estes lugares foron ocupados a México é ilegal. Cando me atope mañá co presidente Obama vou dicirlle que deteña toda a actividade de construción en Texas de inmediato. Dúas terras para dous pobos, si, pero non nos territorios arrebatados pola forza a México", dixo o Primeiro Ministro.

Preguntado sobre se esta postura de liña dura podería prexudicar a relación entre EEUU e Israel, Netanyahu reiterou o "compromiso de Israel coa seguridade de Estados Unidos e a amizade inquebrantable que comparten os dous países", e agregou:

"Pero, quen foi quen dixo que forma parte dunha verdadeira amizade o ser quen de dicirlle a un amigo a verdade cando está equivocado? A pelota fica agora no tellado de Obama".

Comentarios