Israel practica o boxeo de sombra nunha esquina





Por Benny Morris

National Interest

Por suposto, todo consiste máis ou menos en realizar boxeo de sombra -o discurso político de Obama sobre o Oriente Medio Oriente, a réplica de liña dura de Netanyahu ante ambas cámaras do Congreso-. O proceso de paz non vai a ningures, e é que non pode ir. Os palestinos non teñen a intención de negociar de boa fe porque non teñen a intención de chegar a unha solución de dous estados. Eles queren toda Palestina, nin máis nin menos. Hamas o di clara e simplemente, mentres Abbas desprega unha lingua bífida. Pero a súa intención é a mesma. Pero Netanyahu non está a xogar a ese xogo, e isto está a custarlle moi caro a Israel no ámbito internacional. Tería que deixar de lado os seus cálculos políticos internos e a rede política de seguridade do seu goberno e porse a practicar boxeo de sombra como o resto dos participantes. El está nunha posición política envexable ao ter unha coalición ampla e profunda, e podería darse o luxo de ter desercións xa que partido o opositor centrista, o Kadima liderado por Tzipi Livni, estará sempre alí para tomar a substitución se Netanyahu parece demasiado conciliador para os gustos de Avigdor Liberman ou Eli Yishai. Os parámetros de Bill Clinton de decembro do 2000 son o único xogo diplomático na cidade, e en efecto é o que Obama reiterou. Clinton falaba dun estado palestino desmilitarizado (Obama dixo "non militarizado") que debería establecerse no 94-96% da Ribeira Occidental, o 100% da Franxa de Gaza e a parte árabe de Xerusalén oriental. Obama fala dunha solución de dous Estados baseada nas liñas de 1967 pero con intercambios territoriais. É o mesmo. Israel reterá un 4-6% de Cisxordania (que conterá os bloques de asentamentos máis importantes) e dará en troques aos palestinos unha porción equivalente de territorio israelí.


Clinton foi máis explícito acerca de como resolver o problema dos refuxiados: os refuxiados volverían ao futuro Estado palestino ou se reasentarían fóra do Oriente Medio. Obama preferiu ser menos explícito neste punto -perdendo bastantes puntos entre os israelís- e limitouse a dicir que Israel debe seguir sendo un estado de maioría xudía, o Estado do pobo xudeu. O significado practicamente era o mesmo, non haberá unha substancial afluencia de refuxiados árabes ao interior de Israel. Volvendo ao primeiro ministro, hai dous anos Netanyahu pareceu liberarse das ataduras ideolóxicas do Gran Israel e anunciou que asumía unha solución de dous estados. A súa visión deses dous estados e a de Obama (e Clinton) difiren só en dous puntos principais: El desexa conservar Xerusalén oriental (un Xerusalén "unificado") para Israel e unha forza de seguridade israelí ao longo do río Jordán para que os palestinos non teñan a tentación de convidar as tropas iraquís ou iranianas ao seu novo estado, o que ameazaría directamente o corazón de Israel. O segundo punto é máis de matices, Obama falou dunha retirada gradual de Israel, talvez vinte ou trinta anos, da liña do río Jordán. Se os palestinos poden permanecer en paz durante todo ese tempo, demostrarían a súa capacidade de adherirse á paz, gañándose a confianza xeral e a de Israel. Así que para entón, poucos israelís oporíanse a renunciar á presenza militar. E o de Xerusalén é algo que Netanyahu terá que superar, dentro da súa propia alma e na area política israelí. Os seus predecesores, Ehud Barak e Ehud Olmert, xa o fixeron. E Ariel Sharon, probablemente, tamén estabase a mover nesa dirección. Netanyahu terao que facer se desexa ofrecer ao mundo unha visión convincente e crible da paz. (O mundo árabe non pode vivir cunha fórmula que non recoñeza aos palestinos a súa presenza demográfica no Xerusalén oriental).


Pero, como xa dixen antes, todo isto é boxeo de sombra. Os palestinos nunca estarán de acordo en renunciar ao "dereito de retorno", o mantra e o espírito do seu movemento nacional, e en certo sentido, o núcleo da súa identidade. E ademais nunca chegarán a estar de acordo cun Estado xudeu na maior parte de Palestina. Así que Netanyahu nunca será chamado, de maneira concreta, a renunciar a Xerusalén oriental. Pero para que Israel manteña un chisco de simpatía e apoio internacional, tamén debería seguir con ese "xogo" e tomar o touro polos cornos, indo até o final da mascarada e exercitando o seu boxeo de sombra. Isto forma parte do que implica ser un líder, lamentablemente para Israel, no pouco apetitoso contexto xeopolítico no que habita.

Comentarios

Shavua tov,
Muito legal o idioma de vocês, meio que uma mistura entre português e espanhol mais para o português. Gostei mesmo. Além disso, a análise de vocês sobre o conflito entre os palestinos e eles mesmos está excelente e bem focada. Parabéns!
Paulinho Rosenbaum
TROPICASHER - A Torá Tropical
www.tropicasher.com.br