“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

sexta-feira, abril 08, 2011

Hamas dispara a un autobús escolar




Un rapaz de 13 anos resultou gravemente ferido, en estado de coma, e o chofer con feridas moderadas ao ser alcanzado o autobús escolar no que viaxaban por un mísil antitanque disparado polos terroristas palestinos que controlan a franxa de Gaza. O autobús viaxaba entre o kibbutz Saad e o kibbutz Najal Oz preto da fronteira con Gaza, na rexión de Sdot Néguev, no sur do país. Os dous feridos afortunadamente eran os únicos que se atopaban no autobús, no momento do ataque terrorista.

O ataque prodúcese no contexto de varias semanas de tensións e escalada de escaramuzas entre o Exército de Defensa de Israel e a organización terrorista islámica palestina Hamás, aliada a outros grupos extremistas menores.

Nenhum comentário: