Israel celebra o centenario dunha das súas bandeiras: o 'kibbutz'


Por Sal Emergui
Guysen International News
17 outubro 2010
.
O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, levouse hoxe ao seu Goberno de excursión e homenaxe. A reunión semanal do Executivo celebrouse no vello patio do primeiro 'kibbutz', Degania, creado en outubro de 1910, preto do Lago Kinneret. Deste xeito, o Goberno conmemora o centenario destas famosas comunidades agrícolas de inspiración socialista e sionista, fundamentais na creación, historia e identidade de Israel. Á marxe de afirmar que o Líbano se está convertendo con rápidez nunha sucursal máis de Irán -por mor da recente visita do presidente iraniano, Mahmud Ahmadineyad, a ese país- Netanyahu afirmou que "Israel debe moito aos pioneiros do 'kibbutz', persoas de pensamento e acción que madrugaban para traballar as súas terras e defendelas". Desde que Degania fora creado por xudeus procedentes da Europa do Leste hai 100 anos, millóns de persoas (israelís e estranxeiros) viviron a experiencia dun 'Kibbutz'. Mozos chegados de todos os recunchos do mundo tiñan o obxectivo de coñecer de preto a comuna israelí (sen diferenzas de soldos ou condicións) e de paso, colleitar laranxas ou coidar vacas. Entre eles, por exemplo, Bob Dylan, Jerry Seinfeld ou Leonard Cohen.
.
Os mozos de Degania lembran que os seus avós non esquecen a visita dun ilustre científico chamado Albert Einstein. Ou que o segundo neno nado nese 'Kibbutz' foi Moshe Dayan, posteriormente xeneral e ministo de Defensa. Os seus pais chamáronlle así en homenaxe ao primeiro membro do 'Kibbutz', Moshe Barsky, morto nun ataque árabe nas portas de Degania. O 'kibbutz' instalouse en terras compradas a unha aldea beduina. Hai moitas décadas e tras estudar na escola secundaria agrícola de Ben Shemen, un ambicioso e descoñecido Simon Peres converteuse nun dos fundadores do 'kibbutz' Alumot. En calidade de presidente de Israel, Peres homenaxeou hai unhas semanas aos 'kibbutzim' ante a asemblea xeral de Nacións Unidas en Nova York: "Na miña mocidade fun membro dun 'kibbutz' cultivando unha terra pobre. Había carne só unha vez á semana, pero non sempre", lembra Simon Peres. "Tiña, como todos os membros, dúas camisas e dous pares de pantalóns. Había un terceiro par de pantalóns: feitos de franela, reservados só para noivos. Tiven a sorte de vestilos durante dous días completos durante a miña voda. O prato principal, no 'kibbutz', era a berenxena. Había carne só unha vez á semana, pero non todas as semanas. Non existía diñeiro privado e había moi pouco diñeiro colectivo", lembra o veterano político. Os 'kibbutzim' (plural de 'kibbutz' en hebreo) viviron unha enorme transformación.
.
Dunha idea rebelde ao capitalismo, baseada na vida comunal e nada especulativa pasouse a un filtreo obrigado cos novos tempos. A crise económica dos 80 oficializou a revolución. Era cambiar ou desaparecer. Por exemplo, permitindo a propiedade privada como un vehículo ou unha lavadora. Ter un coche particular no 'kibbutz' era visto antes como un pecado para unha comunidade basicamente socialista. O propio Peres non imaxinase cando estaba en Alumot que hoxe máis de 20 'kibbutzim' están rexistrados nas Bolsas de Londres, Nova York e Tel Aviv con vendas anuais por valor de 7.000 millóns de euros. O 'kibbutz' -con todos os seus adiantos en agricultura, tecnoloxía e enerxías alternativas- supón un 10% da produción industrial israelí. O seu símbolo, Degania, votou hai tres anos a favor dunha privatización parcial. A idea de compartilo todo parece hoxe afastada. De feito, dos 270 'kibbutzim' de Israel, só 80 considéranse aínda compartidos ou "completamente colectivizados". O resto adoptou diversos modelos que combinan a idea orixinal de granxa comunitaria coas novas dinámicas e ambicións. Moitos se salvaron da créba grazas ao turismo rural. Zeev Shor, secretario xeral do chamado movemento 'kibbutziano', afirma: "Hoxe en día e tras superar varias crises, o 'kibbutz' é unha sólida columna social e económica que atrae a cada vez máis xente nova que busca unha alternativa solidaria". Lembra que a pesar de todos os cambios, o 'kibbutz' "aínda representa unha idea válida e moitos campos como a educación ou a saúde, diríxense de forma completamente igualitaria e colectiva". A nivel político, este movemento identificouse coa esquerda e, en concreto, co partido laborista. Dos 270 'kibbutzim', 123 establecéronse xa antes da independencia de Israel no ano 1948. O 75% deles atópanse no deserto do Neguev (sur) e na Galilea (norte). En 190 'kibbutzim' hai salarios diferenciais entre os seus membros. Aínda que o dato que máis satisfai aos seus dirixentes é que no últimos tres anos, rexistráronse 3.000 novos membros. A súa chegada é moito máis importante para o futuro do 'kibbutz' como forma de vida que a puntual visita hoxe da trintena de ministros.

Comentarios