Coa súa filla hospitalizada en Israel, planificou e logo executou o asasinato dun israelí.


A filla deste terrorista palestino, de seis anos de idade, requiría cirurxía para extirparlle un tumor no ollo e por iso foi hospitalizada no Hospital Hadassa Ein Kerem de Jerusalem, a cargo por completo da Seguridade Social israelí. Durante un interrogatorio posterior ao asasinato de Sofer, o terrorista dixo que estivo xunto á cama da súa filla no hospital. Imaxinemos por un momento que o Departamento de Seguridade israelí se negara a outorgar á nena un permiso de entrada en Jerusalem. Misericordiosas organizacións de dereitos humanos e Médicos sen Fronteira inmediatamente alimentarían aos medios de comunicación cunha nova historia da indiferenza mostrada polo goberno do "ocupante": unha historia sobre unha nena enferma palestina, sobre os seus pobres pais preocupados e sobre o bloqueo militar. De acordo coa retórica común para estes casos, sobre todo por aquí, alguén tería que facer notar que con actitudes como esas, por que despois nos preguntabamos polo odio dos palestinos. Grazas a deus iso non sucedeu, as "pérfidas autoridades ocupantes" mostraron misericordia coa familia en cuestión, e iso sen necesidade de que interviñesen o Tribunal Supremo español, Baltasar Garzón, Moratinos ou Paz Agora, e a cativa foi atendida no hospital de Jerusalem. A pesar disto, o seu pai, o terrorista, non logrou librarse do seu odio. De acordo coa reconstrución realizada pola investigación, seguiu co plan do asasinato que máis tarde levaría a cabo mentres a súa filla estaba hospitalizada. De feito, parecer ser que o terrorista palestino estaba máis preocupado polos xudeus (pero non precisamente pola súa saúde), mentres que os equipos médicos trataban á súa filla coma se fose unha filla propia. No entanto, xa verán como máis tarde os palestinos preguntaranse por que os israelíes teñen controis nas estradas.

Comentarios