Dous soldados mortos na fronteira con Gaza

Dous soldados das IDF-Forzas de Defensa de Israel, o Maior Eliraz Peretz (31 anos) de Kiryat Arba e o Sarxento Ilan Sviatkovsky (21 anos) de Rishon Lezion foron hoxe venres asasinados nunha emboscada na fronteira de Israel coa Faixa de Gaza. Estes dous militares formaban parte do Batallón Golani e entraran en Gaza despois de ter detectado actividade sospeitosa de homes colocando explosivos xunto á fronteira con Israel. Foron atacados con fogo de morteiros e de metralladoras.







Comentarios