“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

quarta-feira, setembro 30, 2009

CATALUNYA E OS XUDEUS


Artigo publicado no xornal catalán Avui o pasado domingo día 27.09.09. Un claro desmarque do nacionalismo catalán da xudeofobia habitual da esquerda de salón/pacifista/selectiva de ICV. O texto é de Xavier Mas de Xaxàs e as fotos de Jordi Play. Para abrilo, preme aquí: guillem
Grazas a Yad beYad

terça-feira, setembro 29, 2009

GALEGOS NO INFERNO NAZI


Por Eduardo Rolland
La Voz de Galicia - 26.09.09
.
Centos de galegos viviron o Holocausto nazi. Exiliados tras a Guerra Civil, fuxiron dun horror para meterse noutro e 106 deles morreron en Mauthausen. A Audiencia Nacional acaba de ordenar a detención de tres criminais das SS polos seus delitos
.
Francisco Pena espertaba gritando moitas noites do resto da súa vida: «Que veñen os alemáns!». Suorento e demudado. Nunca puido esquecer o inferno que viviu de 1940 a 1945, confinado nun campo de exterminio nazi. «Cos amigos, bromeaba, porque rirse ao contar ese drama servíalle de terapia, pero a verdade era moi distinta», lembra o fillo do sobrevivente. Pena, natural de Cabo de Cruz, foi un dos centos de republicanos galegos que padeceron o Holocausto. Deles, 106 morreron en Mauthausen. Agora, 65 anos despois daquel pesadelo, a Audiencia Nacional ven de ordenar a busca e captura de tres criminais das SS que impuxeron o terror naquel campo. Para as vítimas galegas, a xustiza chega tarde. Non queda con vida ningún sobrevivente de Mauthausen. O último, Marcelino Pardal, ferrolán, faleceu o pasado xuño en Francia, onde residía desde o fin da guerra mundial. Pero, para os familiares, as noticias da Audiencia son recibidas con alegría. «é bo que se faga xustiza, aínda que a miña avoa, que faleceu este mesmo ano, xa non poderá velo», afirma Fernando Villot, neto do vigués Agustín Cameselle, un dos primeiros en morrer nos campos de exterminio, en 1941. «A miña avoa viviu até os 102 anos, sempre con medo», asegura Villot: «Perdeu ao seu marido e loitou pola súa familia; mesmo foi emigrante en Alemaña». Isto último é unha historia común. O raro é que ela era viúva dun home asasinado en Mauthausen.
.
Pero como terminou alí un vigués da céntrica rúa do Príncipe xunto a varios centos de paisanos? A historia dos galegos no Holocausto comeza en febreiro de 1939, cando longas columnas de refuxiados cruzan os Pireneos. Fuxindo dunha guerra perdida, atoparanse co comezo doutra. Os republicanos son mal recibidos en Francia. O Goberno galo decide internalos en campos como Carcasson, Argelès-Sur-Mer ou Septfonds, en condicións precarias. Moitos son recrutados para traballar nas Compañías de Traballadores Estranxeiros, destinadas a reforzar a Liña Maginot, a «defensa infranqueable» que en poucos días de 1940 sería esmagada pola Wehrmacht. Durante a invasión alemá, morren moitos galegos. E os prisioneiros pronto se converten nun problema. Cando os nazis preguntan ao réxime de Franco se desexa a súa devolución, o ministro Serrano Suñer responde: «Non nos interesan, non son españois». Nunha visita a Berlín, afirma que son apátridas e deixa o caso en mans de Himmler. O director de Mauthausen, Franz Zieireis, diría no xuízo de Núremberg: «Para estes prisioneiros recibín ordes especiais: os españois xa non debían existir». Tratados como unha incómoda mercadoría, aplicóuselles o decreto Nacht und Nebel (noite e néboa), nome en clave para a solución final. Entrarían no campo e só poderían saír «polo fume da cheminea». O 6 de agosto de 1940 aparece na estación de Mauthausen o primeiro tren cargado con prisioneiros españois, moitos deles galegos. Van no convoi Agustín Cameselle e Francisco Pena. Xunto a eles, veciños de Bueu como Xosé Fernández Pastoriza ou Manuel Rei Cruz; outro vigués: Manuel Fernández Gutiérrez; pontevedreses como Antonio Gómez Torres ou Claudio Tizón; e coruñeses como Adriano Castelo Soutelo ou Luís Rafales Lamarca. Sucesivos trens van descargando presos. O 13 decembro de 1940 chega o maior continxente de galegos. A viaxe foi terrible. «Os da Gestapo metéronnos en vagóns de carga. Foron tres días e tres noites encerrados, sen auga nin comida, facendo as nosas necesidades nun recuncho do vagón, que estaba precintado; viaxamos entre vómitos e diarreas, sen saber onde iamos», explicaba nas súas memorias Josép Jornet, un catalán que viaxaba a bordo. Pero a viaxe non lles fixo sospeitar a magnitude do horror: «Cando chegamos ao campo, vimos unha alta cheminea da que saían fume e labaradas. Despedía un cheiro nauseabundo. Cremos que era o sistema de calefacción», afirma Eugenio Batiches, na súa autobiografía "O sol extinguiuse en Mauthausen". «O meu avó só resistiu dez meses», explica Fernando Villot, neto de Cameselle: «A miña familia soubo da súa morte por unha carta dun sobrevivente galego exiliado en México, que viuno morrer nos seus brazos». En Mauthausen, tatuóuselles o seu número de preso, vestiullos co drilich -o famoso pixama de raias- e identificoullos cun triángulo azul e unha S, correspondentes a apátrida e a Spanien. Un contrasenso no medio dunha tolemia. A tortura do campo é coñecida. Vímola en decenas de películas, sen sospeitar que, entre os millóns de vítimas xudías, había tamén galegos. Para todos, o peor era o Appell, o reconto de prisioneiros. Mercedes Núñez Parga, natural de Bergondo, e sobrevivente de Ravensbruck, contoullo centos de veces ao seu fillo, Pablo Igrexas, un vigués que hoxe é o delegado en Galicia da Amical de Mauthausen, a asociación que honra en España ás vítimas do holocausto. «A miña nai estaba marcada polo Appell. Formaban no patio, en posición de firmes; estaban entre unha e doce horas así. Vían caer a compañeiros e non podía axudalos; quen movese a cabeza era mallado até a morte». A marca foron 40 horas seguidas, baixo cero, e saldouse con 500 mortos, que ían esborrallándose na formación. «Por calquera bobada sometíanos a brutais sesións de lategazos», explica Pablo Igrexas. «Tiñan que contar cada golpe e, se se equivocaban, volvían empezar», engade. Mercedes Núñez, que faleceu en Vigo en 1986, «sabía contar até trinta en alemán». Do mesmo xeito que o resto dos sobreviventes, terminou dominando a lingua de Bach e de Emmanuel Kant.

segunda-feira, setembro 28, 2009

A RAIA NA AREA



Por Afonso Vázquez-Monxardín

La Región - 27.09.09

.

Como se dun cumio dos Azores se tratase, onte os tres presidentes das tres potencias ocidentais clásicas, xuntáronse e enviaron tres declaracións pero unha soa unha unívoca mensaxe ao réxime iraní. Irán debe parar os seus plans militares nucleares de inmediato.

.
As declaracións foron moi curtas -Obama 1’37 segundos, Sarkozy 2’ 29” e Brown 1’48”- pero sen palla ningunha. (Véxanas na web da BBC) O último en falar, o presidente británico, resumiu que a cuestión nuclear iraní era o maior desafío que afrontaba o mundo hoxe e que dada a decepción continua dos últimos anos a comunidade internacional non tiña máis remedio que debuxar unha raia na area: antes do 1 de outubro, deben avirse ou aterse ás consecuencias.

.
¿Que pasou para que se puxesen así de bravos os tres grandes? Pois un cúmulo de circunstancias ás que non é allea a continua fuxida cara adiante do presidente Ahmadineyad. Hai uns meses, este verán, andou un barco (o Artic Sea) polo Atlántico e polos medios de comunicación, por ter sido obxecto dun rarísimo secuestro –dicían levar madeira- e que á fin, o Times, desvelou: Fletado pola mafia rusa, trabábase dun envío de mísiles a Irán. O Mosad israelí seica se enterou e interceptou o envío. Logo, caladamente, Simón Peres viaxou a Moscú para explicarlles o caso ás autoridades rusas e entenderonse bastante ben. Item máis, ¿en que cabeciña cabe que hai tres ou catro días, nos desfiles militares do día da independencia iraní, exhiban mísiles de tres mil quilómetros de alcance, con pancartas colgadas que digan “morte á América”, “morte a Israel”, “Hai que varrer a Israel do mapa”?

.
Evidentemente non todo é igual. Non representa o mesmo que teña a bomba nuclear Francia, Estados Unidos, Gran Bretaña, China e Rusia que o islamismo radical sunita dos talibáns, o xii dos aiatolas ou os alucinados dirixentes da ideoloxia “juche”de Corea do norte.

.
É ben claro que nin ocidente nin oriente están ameazados polos actuais detentadores de armas nucleares e andan ás voltas sempre coas negociacións de eliminación de arsenais (as armas nucleares no mundo baixaron de 65 mil en 1985 á tamén espantosa cifra de 20 mil en 2002). Para iso están os tratados. No caso de que Israel tivese a bomba nuclear –cousa nunca afirmada nin desmentida por eles, que como no poker calan e miran aos ollos... e saben que o medo garda a viña- nunca se lles ocorreu usala, nin nas varias ocasións en que foi atacado. ¿Poderiamos ter a mesma tranquilidade coa bomba en mans dos que colgan esas pancartas dos mísiles que son tamén os que gaban os sucidios individuais e colectivos?

.

Lembremos o poema do reverendo Martin Niemöller, Cando os nazis viñeron buscar aos comunistas/ gardei silencio/ porque eu non era comunista,/ Cando encarceraron aos socialdemócratas,/ gardei silencio,/ porque eu non era socialdemócrata,/Cando viñeron buscar aos sindicalistas,non protestei,/porque eu non era sindicalista,/ Cando viñeron buscar aos xudeus,/non protestei, /porque eu non era xudeu,/Cando viñeron buscarme a min,/non había ninguén máis que puidese protestar. Ben, pois parece que vai empezar a partida. Ogallá sexa pacífica.

sábado, setembro 26, 2009

TEXTO ÍNTEGRO DA INTERVENCIÓN DO PM ISRAELÍ NA ASEMBLEA XERAL DAS NACIÓNS UNIDAS



Discurso Completo do Primeiro Ministro Benxamín Netaniahu na Asemblea Xeral da ONU

Cortesía do Ministerio de Relacións Exteriores de Israel

Sr. Presidente,
Damas e Cabaleiros,
.
Hai preto de 62 anos, as Nacións Unidas recoñeceron o dereito dos xudeus, un antigo pobo de 3.500 anos de idade, a ter un estado propio na súa patria ancestral.
.
Hoxe estou aquí como o Primeiro Ministro de Israel, o Estado xudeu, e fálolles no nome do meu país e do meu pobo.
.
Nacións Unidas foi fundada despois da carnicería da Segunda Guerra Mundial e os horrores do Holocausto. Encomendóuselle a prevención da recorrencia de tales arrepiantes sucesos.
.
Nada minou esa misión central máis que o sistemático asalto á verdade. Onte, o Presidente de Irán estivo neste mesmo podio, vomitando o seu último despropósito antisemita. Hai só uns poucos días, novamente reiterou que o Holocausto é unha mentira.
.
O mes pasado, fun a unha pequena vila nun suburbio de Berlín chamado Wannsee. Aí, o 20 de xaneiro de 1942, despois dun bo xantar, importantes funcionarios nazis reuníronse e decidiron como exterminar ao pobo xudeu. As detalladas actas desa reunión foron preservadas por sucesivos gobernos alemáns. Aquí está unha copia desas actas, nas cales os nazis expediron instrucións precisas de como levar a cabo o exterminio dos xudeus. É isto unha mentira?
.
Un día antes de que estivese en Wannsee, en Berlín déronme os planos de construción orixinais do campo de concentración de Auschwitz-Birkenau. Eses planos están asinados polo propio Heinrich Himmler, segundo de Hitler. Aquí está unha copia dos planos para Auschwitz-Birkenau, onde un millón de xudeus foron asasinados. Tamén isto é unha mentira?
.
Este xuño, o Presidente Obama visitou o campo de concentración de Buchenwald. O Presidente Obama rendeu tributo a unha mentira?
.
E que hai dos sobreviventes de Auschwitz cuxos brazos levan aínda marcados neles os números tatuados polos nazis? Esas tatuaxes son mentiras? Un terzo de todos os xudeus perecieron na conflagración. Case cada familia xudía foi afectada, incluíndo a miña. Os avós da miña esposa, dúas irmás e tres irmáns do seu pai, e todas as súas tías, tíos e primos, todos foron asasinados polos nazis. Tamén iso é unha mentira?
.
Onte, o home que denomina ao Holocausto unha mentira, falou desde este podio. Para aqueles que se negaron a asistir e para aqueles que abandonaron esta sala en protesta, os meus eloxios. Erixíronse en prol de dunha claridade moral e levaron honor aos seus países.
.
Pero aqueles que prestaron oídos a este negador do Holocausto digolles, en nome do meu pobo, o pobo xudeu, e dos pobos decentes de todas partes: Non teñen vergoña? Non teñen decencia?
.
Só seis décadas despois do Holocausto, danlle lexitimidade a un home que nega que o asasinato de seis millóns de xudeus tivese lugar e promete borrar ao Estado xudeu.
.
Que desgraza! Que burla á carta das Nacións Unidas! Quizais algúns de vostedes pense que este home e o seu odioso réxime ameaza só aos xudeus. Están vostedes equivocados.
.
A historia mostranos unha e outra vez que o que comeza con ataques os xudeus, finalmente termina envolvendo a moitos outros. Este réxime iraniano está alimentado por un fundamentalismo extremo que apareceu na escena mundial hai tres décadas, despois de manterse durmido durante séculos. Nos pasados trinta anos, este fanatismo varreu ao globo con violencia asasina e cun imparcial sangue frío na elección das súas vítimas. De forma cruel matou salvaxemente a musulmáns e cristiáns, a xudeus e hindúes, e a moitos outros. Aínda que composto por diferentes ramas, os adherentes a este nada indulxente credo, buscan retrotraer á Humanidade aos tempos medievais.
.
Alí onde poden, impóñen unha atrasada sociedade reximentada, onde as mulleres, as minorías, os homosexuais ou calquera non considerado como un verdadeiro crente, é brutalmente subxugado. A loita contra este fanatismo non enfronta fe contra fe nin civilización contra civilización. Enfronta á civilización contra a barbarie, o século XXI contra o século IX, a aqueles que santifican a vida contra aqueles que glorifican a morte.
.
Este primitivismo do século IX non debería ter lugar para o progreso do século XXI. O encanto da liberdade, o poder da tecnoloxía, o alcance das comunicacións deberían, seguramente, triunfar. En última instancia, o pasado non pode triunfar sobre o futuro. E o futuro ofrece a todas as nacións magníficas recompensas de esperanza. A senda do progreso medra exponencialmente.
.
Tomounos séculos chegar da imprenta ao teléfono, décadas chegar do teléfono á computadora persoal, e só algúns anos chegar da computadora persoal a Internet. O que parecía imposible hai uns poucos anos, está xa pasado de moda, e apenas podemos entender os cambios que están aínda por vir.
.
Descifraremos o código xenético. Curaremos o incurable. Prolongaremos as nosas vidas. Encontraremos unha alternativa barata para os combustibles fósiles e limparemos o planeta.
.
Estou orgulloso de que o meu país, Israel, vaia na vangarda destes avances, liderando innovacións en ciencia e tecnoloxía, medicina e bioloxía, agricultura e auga, enerxía e o medio ambiente. Estas innovacións, no mundo enteiro, ofrecen á humanidade un futuro inimaxinable.
.
Pero se o máis primitivo fanatismo pode obter as máis mortais armas, a marcha da Historia podería reverterse por un tempo. E así como a tardía vitoria sobre os nazis, as forzas do progreso e a liberdade prevalecerán só despois de que unha horrorosa cota de sangue e fortuna sexa arrancada da Humanidade. Esa é a razón pola que a maior ameaza que enfronta o mundo hoxe en día é o conxunción entre o fanatismo relixioso e as armas de destrución masiva.
.
O máis urxente desafío que enfronta esta institución é impedir que os tiranos de Teherán obteñan armas nucleares. Están os Estados membros das Naciones Unidas preparados para este desafío? Confrontará a comunidade internacional ao despotismo que aterra ao seu propio pobo mentres este se alza valentemente pola liberdade? Exercerá algunha acción contra os ditadores que roubaron unha elección a plena luz do día e aplacaron a balazos a manifestantes iranianos que morreron afogandose no seu propio sangue? A comunidade internacional freará aos máis perniciosos patrocinadores e profesionais do terrorismo?
.
Sobre todo, o pobo de Irán estáse alzando con coraxe contra este réxime. A xente de boa vontade arredor do mundo está do seu lado, así como fixéron os miles que protestaron fóra desta sala. As Nacións Unidas colocaránse do seu lado?
.
Damas e Cabaleiros,
O xurado está aínda fóra das Nacións Unidas, e os recentes sinais non son alentadoras. En lugar de condenar aos terroristas e aos seus patrocinadores iranianos, algúns aquí condenaron ás súas vítimas. Iso é exactamente o que fixo un recente informe sobre Gaza, igualando falsamente aos terroristas con aqueles que eran os seus brancos.
.
Durante oito longos anos, Hamas disparou desde Gaza ducias de miles de mísiles, morteiros e foguetes contra cidades israelís próximas. Ano tras ano, mentres estes mísiles eran deliberadamente lanzados contra os nosos civís, nin unha resolución da ONU foi aprobada condenando eses criminais ataques. Non oímos nada – absolutamente nada – do Consello de Dereitos Humanos da ONU, unha institución cun nome equivocado, se algunha vez houbo algunha.
.
No 2005, coa esperanza de facer progresar a paz, Israel retirouse unilateralmente de cada centímetro de Gaza. Desmantelou 21 asentamentos e evacuou a máis de 9.000 israelís. Non obtivemos paz. No seu lugar obtivemos unha base de terrorismo apoiada por Irán a oitenta quilómetros de Tel Aviv. A vida en pobos, vilas e cidades israelís próximas a Gaza converteuse nun pesadelo. Como ven, os ataques con foguetes de Hamas non só continuaron, incrementáronse dez veces. Novamente, a ONU mantivose en total silencio.
.
Finalmente, despois de oito anos desta incesante agresión, finalmente Israel viuse forzado a responder. Pero como debiamos responder? Ben, só hai un exemplo na historia, de miles de foguetes sendo disparados sobre a poboación civil dun país. Ocorreu cando os nazis dispararon foguetes sobre cidades británicas durante a Segunda Guerra Mundial. Durante esa guerra, os aliados arrasaron cidades alemás, causando centos de miles de baixas. Israel elixiu responder en forma diferente. Enfrontado a un inimigo que cometía un dobre crime de guerra, disparando contra civís mentres escudabase detrás de civís – Israel buscou efectuar ataques cirúrxicos contra os lanzadores de foguetes.
.
Esa non foi unha tarefa fácil porque os terroristas disparaban mísiles desde casas e escolas, usando mesquitas como depósitos de armas e agochando explosivos en ambulancias. Israel, pola contra, trataba de minimizar as baixas urxindo aos civís palestinos a que abandonasen as zonas de obxectivos.
.
Lanzamos máis de cen mil pasquíns sobre as súas casas, enviamos miles de mensaxes de texto e chamamos a miles de teléfonos móbiles pedindo á xente que se fóra, nunca un país chegou a tales extraordinarios extremos para evitar que a poboación civil do inimigo sexa danada. Nunca.
.
Aínda así, enfrontado cun tan claro caso de agresor e vítima, a quén decidiu condenar o Consello de Dereitos Humanos da ONU? A Israel. Unha democracia defendéndose lexitimamente contra o terrorismo é moralmente colgada, equiparada, e xulgárona deslealmente para rematar.
.
A través destas retorcidas normas, o Consello de Dereitos Humanos da ONU arrastraría a Roosevelt e a Churchill ao banco dos acusados como criminais de guerra. Que perversión da verdade. Que perversión da xustiza.
.
Delegados das Nacións Unidas,
Aceptarán vostedes esta farsa?
Porque se o fan, as Nacións Unidas volverá aos seus máis escuros días, cando os peores violadores dos dereitos humanos estaban sentados xulgando ás democracias respectuosas da lei, cando o sionismo foi equiparado co racismo e cando unha maioría automática podía declarar que a terra é plana.
.
Se esta institución non rexeita este informe, enviaría unha mensaxe aos terroristas en todas partes: o terrorismo compensa; se lanzades os vosos ataques desde áreas densamente poboadas, gañaredes inmunidade. E condenando a Israel, esta institución tamén darálle un golpe mortal á paz. Hei aquí por que.
.
Cando Israel abandonou Gaza, moitos esperaron que os ataques con mísiles acabarían, Outros crían que, por fin, Israel tería lexitimidade para exercer o seu dereito ao autodefensa. Que lexitimidade? Que autodefensa?
.
A mesma ONU que aclamou a Israel cando abandonou Gaza e prometeu apoiar o noso dereito de autodefensa, e porqué? Por actuar responsablemente en defensa propia. Que parodia!
.
Israel defendeuse en forma xusta contra o terrorismo. Este tendencioso e inxusto informe é unha proba clara e evidente para todos os gobernos. Estarán con Israel ou estarán cos terroristas? Debemos saber a resposta a esa cuestión agora. Agora e non máis tarde. Porque se a Israel se lle pide novamente tomar máis riscos pola paz, debemos saber hoxe que vostedes estarán con nós mañá. Só se temos a confianza de que poderemos defendernos, podemos asumir máis riscos para a paz.
.
Damas e Cabaleiros,
Todo Israel quere paz.
En todo momento en que un líder árabe quiso xenuinamente a paz con nós, fixemos a paz. Fixemos a paz con Exipto liderado por Anwar Sadat. Fixemos a paz con Xordania liderada polo Rei Hussein. E se os palestinos queren verdadeiramente a paz, eu e o meu goberno, e o pobo de Israel, faremos a paz.
.
Pero queremos unha paz xenuína, unha paz defendible, unha paz permanente. No 1947, esta institución votou o establecemento de dous estados para dous pobos –un Estado xudeu e un Estado árabe. Os xudeus aceptaron esa resolución. Os árabes rexeitárona.
.
Pedímoslles aos palestinos que, finalmente, fagan o que rexeitaron facer durante 62 anos: Digan si a un Estado nacional xudeu. Así como se nos pide recoñecer unha nación-estado para o pobo palestino, aos palestinos debeselles pedir recoñecer o Estado-nación do pobo xudeu. O pobo xudeu non é un conquistador estranxeiro na Terra de Israel. Esta é a terra de nosos ancestros.
.
Inscripto nos muros exteriores deste edificio está a gran visión bíblica de paz: “Nación non erguerá espada contra nación. Non saberán de guerra nunca máis”. Estas palabras foron ditas polo profeta xudeu Isaías hai 2.800 anos mentres camiñaba polo meu país, pola miña cidade, nas montañas de Xudea e en rúas de Xerusalén.
.
Non somos estraños nesta terra. É a nosa patria. Tan profundamente conectados como estamos con esta terra, recoñecemos que os palestinos tamén viven aí e queren un fogar propio. Queremos vivir lado a lado con eles, dous pobos libres vivindo en paz, prosperidade e dignidade.
.
Pero debemos ter seguridade. Os palestinos deberían ter todos os poderes para gobernarse a si mesmos, agás aqueles poucos poderes que poderían pór en perigo a existencia e a seguridade de Israel.
.
Esa é a razón pola cal un Estado palestino debe ser efectivamente desmilitarizado. Non queremos outra Gaza, outra base terrorista, apoiada por Irán, á beira de Xerusalén e pousada nas montañas a poucos quilómetros de Tel Aviv.
.
Queremos paz.
Creo que unha tal paz pode lograrse. Pero só se desmantelamos as forzas do terrorismo, dirixidas por Irán, que busca destruír a paz, eliminar a Israel e derrocar a orde mundial. A cuestión que enfronta a comunidade internacional é se está preparada para confrontar esas forzas ou darlles cabida.
.
Hai máis de setenta anos, Winston Churchill lamentou o que el chamou a “confirmada imposibilidade de aprendizaxe da Humanidade”, o desafortunado hábito das sociedades civilizadas de durmir ate que o perigo case os superan. Churchill lamentábase do que el chamaba “a falta de previsión, a falta de vontade para actuar cando a acción sería simple e efectiva, a falta de pensamento claro, a confusión en aconsellar ate que chega a urxencia, ate que o auto preservación bate no discordante gong”
.
Hoxe falo aquí coa esperanza de que a avaliación de Churchill da “imposibilidade de aprendizaxe da Humanidade” por unha vez probe ser incorrecta.
.
Falo hoxe aquí coa esperanza de que podemos aprender da Historia – que podemos previr o perigo a tempo. No espírito das eternas palabras as proninciadas por Xoshua hai máis de 3.000 anos, sexamos fortes e valorosos. Confrontemos este perigo, aseguremos o noso futuro e, coa axuda de Deus forxemos unha Paz duradeira para as futuras xeracións

''עוז לעמו יתן ה' יברך את עמו בשלום"
“Deus lle dea coraxe ao seu Pobo e o bendiga coa Paz ”
Nova York, 25 de Setembro de 2009

sexta-feira, setembro 25, 2009

LEONARD COHEN, O SEU DOBRE E A EX AMANTE

O dobre co chapeu e a poucos metros (marcado con círculo) o auténtico Cohen.



Por Sal Emergui
Tel Aviv 24 de setembro de 2009
.
O aeroporto de Tel Aviv recibe e despide diariamente a decenas de persoas co apelido 'Cohen', pero só un porta o chapeu de mito: Leonard. O cantante canadense volveu unha a Israel para pechar a súa xira mundial no concerto que se celebrará en Tel Aviv. Fonte de admiración, bateu xa unha marca local: a venda en escasas horas das 47.000 entradas do Estadio de Ramat-Gan. O desmaio de Cohen en Valencia preocupou a moitos -en especial aos organizadores- pero o seu eufórico 75 aniversario celebrado o luns no Palau Sant Jordi de Barcelona tranquilizaron aos israelís, hipnotizados pola súa voz, estilo e poemas.
.
Polo si ou polo non, asignáronlle un médico persoal que non se separa del nin dos seus oito gardacostas. Cohen anunciou que os beneficios do concerto irán parar a organizacións a favor da paz como a asociación de familias de vítimas palestinas e israelís. Cada vez que aterra no aeroporto Ben Gurión de Tel Aviv, o artista xudeu deixa un recordo. Miri Ben Yosef, a súa relacións públicas na visita do 74, adoitaba contar unha curiosa anécdota: "Nada máis aterrar, Cohen advertiu que non sairía do aeroporto nin actuaría se non lle traiamos algo bo para fumar. O organizador da xira, Shmuel Tsemaj, pediume axuda e eu improvisei acudindo a un famoso humorista israelí que veu axiña con todo o necesario. Se non fora por el, a actuación teríase anulado".
.
Non se sabe se esta semana o canadense volveu pedir a mesma ración no aeroporto de Tel Aviv pero en calquera caso volveu a acaparar portadas. Cando a comitiva do cantante abandonaba a terminal, os flashes bombardearon un home maior, ben vestido e camuflado co seu característico chapeu. A poucos metros, saía o verdadeiro Cohen. O seu dobre confundiu a moitos pero non a un fotógrafo e un cámara de televisión. O seu representante Robert Kory revela que o outro Cohen era un israelí que atoparon no aeroporto. "Démoslle os seus cinco minutos de fama... Para reducir a presión que Leonard soporta, usamos un dobre e así pode chegar ao hotel de forma tranquila", confesa. "Cohen non pediu nada especial. Non ten caprichos nin nada polo estilo. é certo que quere moito a Israel onde ten moitísimos amigos pero el veu a cantar", explican desde a organización no Estadio onde habitualmente xoga a selección local. Só puxéronlle ao seu dispor un helicóptero para viaxar ao Mar Morto.
.
A comitiva de Cohen ocupa 30 habitacións dun famoso hotel en Tel Aviv. O cantante pediu un cuarto normal e o hotel deulle como 'agasallo de aniversario' a suite presidencial que recentemente gozaron Madonna e Tarantino. Por separado, está claro. Os máis veteranos en Israel lembran a súa última actuación no 85. O experto musical Dubi Lentz -que estivo no concerto de Barcelona- lembra: "Entre as numerosas sorpresas e calidades no 85, acórdome da súa puntualidade. A actuación empezou ás 20.30 como estaba anunciado. Algo inusual por estas terras". Nos inicios dos 70, Cohen chegou coa idea de colleitar tomates nun Kibbutz pero foi sorprendido, como o resto de Israel, co estalido da guerra do Yon Kipur (73). Os seus plans cambiaron e dedicouse a actuar polo frente ante os soldados.
.
Na noite de Tel Aviv coñeceu a Raquel, unha bela israelí de orixe yemenita que lle volveu tolo. Esta azafata da compañía 'El Al' foi o seu mellor medicamento contra a crónica depresión do canadense. A propia amante contábao no pasado ao diario Yediot Ajaronot: "Eu tiña 22 anos e sinceramente non sabía quen era Leonard Cohen. Fun a unha festa en Herzliah Pituaj (norte de Tel Aviv) e o manager de Cohen achegouse e díxome que o cantante desexaba coñecerme. Levoume a un cuarto pequeno onde estaba Cohen tirado no chan. Miroume e díxome: 'Só quero que me digas si ou non. Nada máis'. Observei os seus ollos, mellor dito, caín no interior dos seus ollos e dixen 'si, podemos vernos'. Estivemos un ano xuntos ate que Suzanne quedou embarazada e separámonos". Cohen tiña previsto actuar tamén na cidade palestina Ramallah pero os organizadores anunciaron a súa cancelación tras a protesta da Campaña Palestina para o Boicot Cultural e Académico contra Israel que aseguraban que "a chegada de Cohen a Ramallah é un falso intento para equilibrar e blanquear a súa actuación en Israel que supón un apoio á ocupación e o seu réxime sionista e colonialista". Antes de subirse ao escenario en Tel Aviv, Cohen presidirá a homenaxe á asociación que reúne e achega a familiares de vítimas palestinas e israelís. Despois, chegará o turno a 50.000 fans. A esperada volta a Israel do enerno e vello poeta.
Hallelujah.

quarta-feira, setembro 23, 2009

O GOBERNO ESPAÑOL EXPULSA A UNHA UNIVERSIDADE ISRAELÍ

.
A Escola de Arquitectura da Universidade de Ariel foi un dos 21 equipos internacionais seleccionados en abril de 2009 para participar no Decatlón Solar Europeo de Madrid-2010, a competición de arquitectura sustentábel é organizada polo Ministerio de Vivenda español e a Universidade Politécnica de Madrid. Os equipos participantes foran xa convocados a deseñar unha casa alimentada exclusivamente a través de enerxía solar. Co obxectivo de facilitar o traballo dos diversos equipos o Ministerio de Vivenda destinou unha partida orzamentaria que outorga 100.000 euros a cada un dos proxectos.
.
Axiña as organizacións españolas de pacifismo selectivo descubriron que unha Universidade israelí participaría e recibiría unha subvención pública española o que motivou que un grupo de organizacións, xunto cun grupo de profesores universitarios lanzasen unha campaña de Boicot co obxectivo de que o goberno español anulase a decisión, tal e como finalmente sucedeu. O Goberno español cedeu sen resistencia ás presions das organizacións pacifistas selectivas. E foi o Ministerio de Asuntos exteriores quen forzou a expulsión da Escola de Arquitectura israelí. O mesmo ministerio que hai unhas semanas falaba de platificar a visita de Rodríguez Zapatero por Oriente Medio seica coma "enviado" oficioso do presidente Obama...
.
Foi o Director Xeral de Decatlón Solar, Sergio Vega, profesor de arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid quen comunicou ao resto de participantes o pasado mércores 17 de setembro o motivo polo cal a parcela destinada á construción do proxecto israelí atoparase baleira: "A organización Solar Decathlon Europe lamenta profundamente comunicar a non continuidade na participación do equipo de Ariel University Center na competición. Este proceso non ten que ver en absoluto co alto nivel do seu traballo nin do seu proxecto. O equipo da Universidade de Ariel sempre destacou pola súa grande profesionalidade e rigor na súa participación. A decisión foi obrigada polo goberno de España e está baseada no feito que esta Universidade se atopa situada en Cisxordania.". O que parece non infliu na decisión discriminatoria española foi que esta Universidade teña alumnos xudeus e árabes israelís sen ningunha discriminación.
.
As reaccións non se fixeron esperar, na resposta da Universitario de Ariel onde se fai constar que "Queremos manifestar o noso malestar e o noso rexeitamento polo desprezo que recibimos do Ministerio de Vivenda española, en particular os estudantes xudeus e árabes que estudan xuntos na nosa Escola de Arquitectura". A Escola engadiu ademais que: "Isto é unha expresión política, discriminatoria e que está en contra do dereito internacional e as cartas internacionais sobre a liberdade académica, que son totalmente e unilateralmente violadas por esta decisión española. A Universidade de Ariel, xunto co Ministerio de Relacións Exteriores e a organización das universidades en contra do boicot académico, faremos todo o que estea nas nosas mans para combater esta lamentábel política académica claramente discriminatoria".
.
Ademais o Goberno español ven de recibir tamén a queixa do recoñecido profesor francés Pascal Rollet do Ecole Nationale Superieure de Arquitectura de Grenoble. Quen tamén fixo pública unha carta dirixida á Universidade israelí na que expresa que: "Non podo estar dacordo coa decisión española porque as actividades da Universidade de Ariel diríxense cara á excelencia académica e pola paz. Sírvanse recibir o meu máximo apoio nesta difícil situación".
.

AS RETRASMISIÓNS DA ACB CHEGAN A ISRAEL

Lior Eliyahu, xogador israelí é unha das incorporacións ao Baskonia (ex-TAU)
.


A Asociación de Clubs de Baloncesto ACB asinou coa cadea Charlton TV os dereitos de emisión de ACB en Israel para a tempada 2009-10.
.
ACB chegou a un acordo coa cadea israeli CharltonTV para a emisión en Israel da totalidade das competicións da ACB durante a tempada 2009-10. CharltonTV asegurouse os dereitos en exclusiva para a emisión dun partido o sábado máis a opción dun segundo partido o domingo, así como a versión internacional do programa Zona ACB. A Supercopa ACB, que se celebrará en Gran Canaria os próximos 2 e 3 de outubro, suporá a estrea das primeiras emisións regulares da competición española en Israel. CharltonTV posúe dúas canles especificamente dedicados á programación deportiva e a adquisición dos dereitos de grandes eventos internacionais outorgoulle un papel moi destacado no panorama televisivo de Israel. Así, a súa actual oferta inclúe desde os dereitos na Copa do Mundo de fútbol até algunhas das principais ligas de fútbol (Premier inglesa, liga de Brasil e Bundesliga). No que respecta a baloncesto, CharltonTV tamén destaca por ter os dereitos de NBA e a Euroliga, oferta que a partir de agora completarase coas competicións da ACB. Adar Zehavi, Director Xeral de Sport1 e Sport2 da canle israelí, valora o acordo alcanzado coa Asociación de Clubs: "Sentímonos moi satisfeitos de unirnos á familia ACB e orgullosos de transmitir a mellor Liga de baloncesto do mundo fóra da NBA, Trátase dun campionato que se converteu nunha referencia aínda máis importante para os afeccionados de Israel desde a fichaxe do xogador israelí Lior Eliyahu polo Baskonia-Caixa Laboral". O directivo engadiu que "a ACB será parte da ampla oferta de baloncesto de Sport1 e Sport2. Desta forma sumamos esforzos para ofrecer aos nosos televidentes o mellor paquete televisivo de deportes en Israel".
.
Pola súa banda, Josep Senespleda, Director xeral da ACB, afirma que "o acordo de colaboración con Charlton TV, o principal operador televisivo deportivo de Israel, é unha gran noticia para a ACB e para o baloncesto español. Israel é un país onde o baloncesto é o deporte rei, polo que é unha honra que o espectáculo ACB chegue a tantos e tan bos afeccionados ao basket da man de Sport1 e Sport2. Neste momento, coa incorporación de Israel, a ACB chega a máis de 40 países do mundo, unha cifra que reflicte con claridade o interese pola liga profesional española".
.
Actualmente as retransmisións internacionais da ACB chegan a un total de catro continentes. En Europa a ACB está presente en Grecia, Lituania, Romanía, Serbia, Croacia, Bosnia, Eslovenia, Montenegro, Polonia, Chipre e Israel. En América Latina as emisións abarcan os dous principais mercados televisivos: México e Brasil. Así mesmo, as emisións de Dubai Sport Channel cobren un amplo número de países de Oriente Medio e o Norte de África.

terça-feira, setembro 22, 2009

INQUISIDORES, IMPRESENTABLES


Por Joan B.Culla i Clará

El País - 18/09/2009

.

Cando, de agora en diante, visite Catalunya un creador iraniano -un cineasta, unha escritora, un músico...-, cominarémoslle baixo ameaza de boicoteo a condenar a brutal represión vivida no seu país a raíz da fraude electoral do pasado xuño, a denunciar a ditadura teocrática que rexe alí desde 1979?

Se o invitado é ruso, deberá reprobar os crimes de Estado, a violación sistemática dos dereitos humanos en Chechenia, o despotismo apenas encuberto de Putin, para evitar que as súas comparecencias públicas sexan obxecto de repudio?

En caso de recibir algún día a un artista ou autor de Sri Lanka, tería este que escoller entre abominar das matanzas de civís cometidas polo exército do seu país durante o recente esmagamento da insurxencia tamil ou ser tachado de "defensor de crimes de guerra"?

E se o noso hóspede vén do mundo árabe islámico, esixirémoslle que condene a brutal aplicación da sharia, a discriminación das mulleres, a persecución dos homosexuais, a asfixiante falta de liberdades nesa ampla parte do mundo, so pena de ser insultado e reconvido?

Naturalmente, nada disto vai suceder nin a ninguén se lle ocorrerá propoñelo, o cal desenmascara o carácter e as motivacións das plataformas que promoveron o boicoteo á cantante Noa o pasado Onze de Setembre: o seu carácter inquisitorial e sectario -baixo disfrace pacifista e buenista-, as súas motivacións xudeófobas e comprensivas co islamismo radical. Por que, entre todos os cidadáns do planeta, só os xudeus israelís teñen que renegar das súas institucións -democráticas- e aplaudir a quen pretenden destruírlles, se queren obter o certificado de progresistas e xentes de paz?

Por que esas entidades tan severas no escrutinio das ideas políticas de Noa nin sequera pestanexaron, por exemplo, ante a noticia (Reuters, 30 de agosto) de que Hamás cominou ás escolas da ONU en Gaza a non falar nas súas clases do Holocausto, "unha mentira inventada polos sionistas"?

De todos xeitos, que a campaña global orquestrada por esquerdas extremas e grupos filopalestinos para demonizar a Israel e acosar aos seus artistas ou académicos no estranxeiro chegue tamén a Barcelona non dá lugar a sorpresa. O asombroso é que tales plataformas -cuxa forza e representatividade quedaron á vista o pasado venres na Ciutadella- poidan arrastrar a unha formación de goberno (do Goberno anfitrión da cantante boicoteada, por máis datos) e levala a afundir no ridículo a celebración institucional da Diada. O cal nos remite, desgraciadamente, a un problema que xa aflorou noutro contexto o pasado mes de marzo: a falta de coraxe política de Joan Saura. Número tres do Executivo que convidou a Noa e aínda líder máximo de Iniciativa Verds, o señor Saura posuía toda a autoridade democrática requirida para impedir que a súa coalición, nun exercicio de deslealdade e de oportunismo inauditos, engordase e lexitimase a protesta ultraminoritaria contra a artista israelí. No canto diso, preferiu finxir que "descoñecía" os preparativos de boicoteo coordinados por Dolors Camats e Laia Ortiz, e a posteriori "condenou e lamentou" os incidentes, coma se non fosen con el.

Conseller de Interior e responsable político da policia catalana, dos Mossos d'Esquadra, Joan Saura tiña a obriga de velar pola dignidade e a boa orde do acto institucional máis importante que a Generalitat organiza en todo o ano, e iso sen violentar a ninguén nin transgredir ningún dereito: unha policía eficiente sabe como facelo. Con todo, parece que antepuxo o carné de partido ás esixencias do cargo, porque o medio cento de activistas antiisraelíes puideron ocupar comodamente localidades de preferencia e converter a Ciutadella -tomo prestada a metáfora ao vicepresident Carod- nun grotesco Teherán de pacotilla. Que fácil é ser radicais desde a poltrona, por palestino interposto!

EL PAÍS, 18/09/2009

domingo, setembro 20, 2009

A REPRESENTACIÓN DO XUDEU NAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA DE AFONSO X

A representación do xudeu nas Cantigas de Santa María de Alfonso X

UN EID AL FITR CON MENOS OBSTÁCULOS E CONTROIS


Por Sal Emergui
desde Hebrón 20 de setembro de 2009.
.
- "Hai tempo que non tiñamos un Eid al Fitr tan bo como este. Eid Mubarak!", exclama o palestino Ahmed, habitante dunha das cidades máis poboadas de Cisxordania. Hebrón vive o fin do Ramadán rezando, rompendo o xaxún, repartindo doces, consumindo bebidas (sen alcol) e celebrando o indiscutible crecemento económico.
Levantamento de postos de control.


As previsións e datos do primeiro ministro palestino, Salam Fayad, víronse confirmados co último informe do Fondo Monetario Internacional (FMI), segundo o cal, é a primeira vez que a economia crece desde 2005. Cun ritmo do 7%. De cara á importante festividade musulmá de Eid al Fitr e por orde do ministro israelí de Defensa, Ehud Barak, o Exército retirou 100 obstáculos físicos e postos de control en estradas e aldeas cisxordanas. "As Forzas de Defensa de Israel continuarán actuando de acordo á decisión do Goberno e as necesidades de seguridade co obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación palestina en Xudea e Samaria (Cisxordania) e garantir a seguridade dos cidadáns israelís", lese no comunicado do Tzahal. Grande parte do centenar de obstáculos retirados céntranse nas zonas rurais palestinas que teñen como desembocadura a estrada que une dous grandes centros urbanos: Yenin e Hebrón.
.
Os habitantes recuperan así as súas estradas interiores evitando desta forma dar voltas para chegar ao destino. "Cada vez que Israel levanta un obstáculo ou posto de control, nótase na economía palestina e no ambiente xeral. Non é suficiente para crear o noso Estado independente e libre pero si é moi importante para a súa infraestrutura", conta o alcalde de Hebrón, Jaled Osaily. Hebrón é a cidade de Abraham, onde se atopa a sacra Tumba ou Cova dos Patriarcas. Hoxe en día viven 220.000 palestinos. E no seu casco antigo, uns 1000 xudeus, dos máis radicais, baixo unha espectacular protección militar. Resultado da retirada israelí (de máis do 80% de Hebrón) durante o primeiro mandato de Beniamin Netanyahu como xefe de Goberno, dividiuse a zona en dúas. Unha baixo control policial palestino e outra israelí. Nesta viven uns 30.000 palestinos e o grupo de xudeus que moran no centro histórico.
.
A estreita e imposible veciñanza caracterízase por tensión, agresións e insultos. Aínda que teoricamente baixo control, en calquera momento pódese prender unha mecha de violencia potencialmente extensible a toda Cisxordania. Hebrón e os denominados asentamentos xudeus comparten un mesmo fenómeno: aumento espectacular do prezo da vivenda. Segundo o alcalde, "as medidas de confianza israelís e a efectividade das forzas de seguridade palestinas melloraron moito a calidade de vida do cidadán. Por iso, non sorprende que se disparara o prezo das vivendas. Hai unha grande demanda para comprar e investir". Á marxe do levantamento de restricións e as medidas ecónomicas israelís e de seguridade da ANP, non hai que esquecer un pequeno dato: os máis de 1000 millóns de dólares que fluíron xenerosos da comunidade internacional ao Goberno palestino de Ramala no ano andamos.
.
A axuda que chega a Cisxordania é a que brilla pola súa ausencia na bloqueada Gaza, baixo control golpista do grupo islamita Hamas. Precisamente, Hebrón sempre foi considerado un importante feudo deste movemento. "O cidadán de Hebrón o que quere é vivir. é certo que somos unha cidade moi conservadora e relixiosa e por iso Hamas sempre tivo moito apoio. Pero hoxe en día descendeu", opina o alcalde. Máis aló das discrepancias entre Netanyahu e o presidente palestino, Abu Mazen, os mandos israelís e palestinos cooperan no terreo. O Exército recoñece que ten "menos traballo" e a retirada de postos de control ou barreiras físicas é parte do diálogo entre oficiais das dúas partes. Desde hai longos meses, teñen un mesmo reto: evitar que Hamás se faga forte en Cisxordania. Pero se o estancado tren do proceso de paz non arrinca, a cooperación pódese converter máis unha vez en enfrontamentos violentos.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN OU APOLOXÍA DO TERROR


Por Reyes Mate, filósofo e investigador do CSIC
El Periódico de Catalunya - 19/09/09
.
O anuncio, aparecido nun xornal madrileño, dunha entrevista con David Irving, presentado como «gran experto e investigador» do Holocausto xudeu, volveu a pór sobre a mesa que facer co negacionismo, é dicir, con quen negan a existencia do xenocidio do pobo hebreo perpetrado polos nazis. Aquel horror estivo precedido por ideas que trivializaban a morte do xudeu, estimado de raza inferior, e seguido por ideas que negaban que aquilo ocorrese. Sen esas ideas e sen a indiferenza da opinión pública europea respecto delas, o crime contra a humanidade, executado nos campos de exterminio, non tería lugar. Por iso soa a alarma cada vez que alguén as repite, sobre todo en lugares con gran resonancia pública. David Irving é un autocualificado "historiador" británico en liberdade condicional, tras cumprir dous terzos da condena imposta por un tribunal austriaco.
.
Delito? Afirmar, por exemplo, que as cámaras de gas de Auschwitz-Birkenau foron instaladas despois do final da guerra como atracción turística, é dicir, nega o Holocausto. Irving será historiador de profesión, pero «gran» historiador ou «experto» nestes asuntos non o é. Que o Consello da Unión Europea aconselle aos estados membros que consideren delito a opinión negacionista indica que estamos ante un tipo de opinión moi especial. A mesma Europa que conquistou con sangue a liberdade de opinión pide agora que se persigan determinadas opinións.
.
De que opinións estamos a falar? Non das relativas a feitos históricos porque estes son sinxelamente innegables. Imaxinemos que alguén negase a segunda guerra mundial ou a guerra civil española. Ninguén o tomaría en serio e, se se presenta como historiador, diriamos que é un farsante. Non habería institución respectable que incluíse entre os seus relatores ou articulistas a alguén que defendese a tese de que esas guerras só existiron nas mentes dalgúns novelistas ou nas pantallas de cinema. O certo é que xente como David Irving son convidados a congresos ou solicitadas as súas opinións en calidade de «expertos». O que interesa deles, neses casos, non é o absurdo da negación dos feitos, senón a súa interpretación, a saber, que o nazismo non foi xenocida e que o (pouco) que lles puido ocorrer aos xudeus tíñano merecido. Nada como banalizar os feitos para concluír exculpando aos asasinos e privando de significación ás vítimas.
.
Esa estratexia interpretativa carrexará, é verdade, o descrédito entre os historiadores, pero terá ao seu favor o crédito dos antisemitas. O delito non é a opinión, senón o efecto político que se persegue cunha opinión absurda e que só é tomada en serio por esa connotación política e moral, a saber, xustificar o crime. Por estas razóns o negacionismo non é un asunto que se teña que resolver no negociado da liberdade de opinión, senón no da exaltación do crime como arma política. Ese é o convencemento que subxace á recomendación da Unión Europea, desatendida certamente polo Tribunal Constitucional español que non o considera delito. Cando se fala de feitos, en relación ao Holocausto xudeu, hai que ter presente unha dificultade específica que non se dá noutros xenocidios. O proxecto nazi de destrución dos xudeus propúñase non só acabar fisicamente cos xudeus, senón tamén non deixar rastro, nin pegada, para que no futuro non houbese memoria dos feitos. Aínda que o proxecto levou a cabo -por iso o Tribunal de Nürenberg sentenciou que se produciu un crime contra a humanidade- o certo é que Hitler foi vencido e non puido consumar o proxecto.
.
Non puido borrar todas as pegadas nin eliminar a todas as testemuñas. Por iso sabemos tanto. Non todo, desde logo, porque, como dicía Primo Levi, os que apuraron o cáliz do horror non volveron para contalo, ou enmudeceron en vida como os famosos «musulmáns» dos campos de exterminio. Podemos negar a angustia dos que morreron nas cámaras de gas porque non hai testemuñas que o poidan contar? A derrota de Hitler permitiunos coñecer moito, porque no seu delirio triunfalista tomaron nota de todo, pensando administrar eles sós no futuro o segredo da barbarie. Pero hai un silencio de feitos que tiveron lugar e dos que non hai memoria. Iso non pode levar ao negacionismo, senón a valorar aínda máis os feitos narrados polos sobreviventes. Así, os negacionistas son os únicos que viven coma se o proxecto de esquecemento triunfase, coma se Hitler non fora vencido. Son vítimas das súas propias ilusións. Se o que nos preocupa é a información histórica, non deberiamos perder nin un minuto con estes estafadores intelectuais. O preocupante é o xogo que se lles dá e o eco que atopan. David Irving xa veu a España, convidado por Fuerza Nueva e a libraría Europa de Barcelona, coñecido centro de propaganda neonazi. O eco de resonancia do neonazismo é a ultradereita e quen se empeñan en darlles xogo ou son claramente antisemitas ou inxenuos que non descubriron que o problema non é a liberdade de expresión, senón a apoloxía do terror.

sexta-feira, setembro 18, 2009

BOICOT A ISRAEL


ISRAEL, ALVO DE KEN LOACH


Por Ariel Schweitzer, historiador e crítico de cinema
Le Monde, 15/09/09
.
Soubemos neste verão que o cineasta Ken Loach, que estava apresentando seu último filme, Looking for Eric, no Festival de Melbourne, na Austrália, decidiu retirar-se. Loach queria protestar contra a participação no evento de um filme israelense, The Meaning of Life for $ 9,99, cuja viagem da autora, Tatia Rosenthal, fora paga por uma instituição pública israelense. Anteriormente, Loach pedira ao diretor do festival, Richard Moore, rejeitar a contribuição financeira de Israel. Dada a recusa deste último, que qualificou a exigência de Loach de "chantagem", o cineasta Inglês optou por boicotar o evento.
.
Esta não é a primeira vez que Loach usa o mesmo método. Em maio passado, ele conseguiu convencer à direção do Festival de Edimburgo, na Escócia, para recusar a entrada de um outro cineasta israelense Tali Shalom-Ezer, cuja viagem estava a ser paga pela embaixada de Israel . Após um longo debate, o diretor veio para o festival, que acabou por se assumir estes custos. É a lei de Ken Loach para enviar seu filme onde ele quiser. É também seu direito de protestar contra o Estado de Israel e sua política de ocupação. O problema é o método escolhido. Porque, se um segue a lógica de Loach, é razoável questionar a decisão do cineasta de boicotar o Festival de Melbourne e não, por exemplo, o último Festival de Cannes, onde ele chegou a apresentar o mesmo filme, Looking for Eric, na competição. De fato, cinco filmes israelenses (três longas e dois curtas-metragens) foram apresentados em Cannes este ano. Todos financiados por fundos públicos israelenses e cuja chegada ao festival tem sido apoiado por instituições do país.
.
Por que em Melbourne e não em Cannes? Talvez porque Cannes é um grande festival cujas questões a efeitos da mídia e económicas são muito importantes para o mesmo um cineasta como Ken Loach, enquanto Melbourne é um festival pequeno, onde poder fazer o seu número de cineasta ativista. Liberdade de expressão Mas, além dos métodos usados por Ken Loach, também se pode questionar a adequação e a eficácia dessa abordagem.
.
Porque, quem é finalmente afectado por este boicote? Os cineastas israelenses, dos quais umha boa parte faz parte da esquerda israelense e que lutam durante anos para que os direitos dos palestinos sejam respeitados e contra a política de ocupação de seu governo. Cineastas opositores como Amos Gitai, Avi Mograbi, de Ari Folman ou Yedaya Keren, para citar apenas os mais famosos, que levam nos seus filmes uma imagem complexa, muitas vezes altamente crítica da sociedade israelense.
.
Longe de mim querer idealizar o Estado de Israel, certamente não a sua política de ocupação, mas deve, pelo menos, reconhecer que os escritores israelenses gozam de considerável liberdade de expressão e muitos filmes políticos são financiados pelo dinheiro público israelense. As fofocas dizem que este culto político serve como uma desculpa para dar ao país uma imagem de uma democracia esclarecida, uma postura que esconde sua verdadeira atitude repressiva em relação aos palestinos. É possível.
.
Mas, francamente, eu prefiro a política cultural atual de Israel da situação em muitos países da região onde não podemos fazer filmes políticos, e certamente não com a ajuda do Estado. Os cineastas israelenses, militantes da esquerda, já estão isolados em seu próprio país. Em vez de isolá-los mais, em vez de os boicotar, dêmos-lhes a palavra para a sua voz e a sua mensagem serem ouvidas em Israel e no exterior.

quinta-feira, setembro 17, 2009

A DISTORSIÓN DA GUERRA EN GAZA POR PARTE DO CONSELLO DE DEREITOS HUMANOS




Por Ben Cohen
ZWord - 17.09.09
.
Velaquí un par de pasaxes crave do informe sobre o conflito de Gaza do completamente desacreditado Consello de Dereitos Humanos da ONU:
.
"Mentres o Goberno israelí pretendeu retratar as súas operacións esencialmente como unha resposta aos ataques con foguetes nun exercicio do seu dereito á autodefensa, a Misión considera que o plan se dirixiu, polo menos en parte, a un obxectivo diferente: ao pobo de Gaza no seu conxunto... os feitos realizados polas forzas israelís e as palabras dos líderes militares e políticos antes e durante as operacións indican que, no seu conxunto, baseábase nunha política deliberada de utilización dunha forza desproporcionada cuxo obxecto non era o inimigo, senón a "infraestrutura de apoio?. "Na práctica, isto parece significar a poboación civil".
.


.
Esta afirmación - esencialmente, de que Israel estaba a librar unha guerra contra todo home, muller e neno de Gaza - é simplemente asombrosa. Case 1,5 millóns de persoas viven en Gaza. Nunha guerra, supostamente dirixida contra os civís, sería de esperar que o número de vítimas mortais non combatentes fose astronómico. Segundo o Centro Palestino para os Dereitos Humanos, 1.284 palestinos foron asasinados, dos cales 894 eran civís, un 70%. Así que, segundo esas cifras, os civís constituían a maioría decisiva das vítimas. Agora ben, cabe sinalar que outros cálculos das vítimas civís son menores: de acordo co IDF, houbo 1.166 vítimas mortais, dos cales o 25% eran civís, mentres que a ONG israelí B'Tselem, afirmou que houbo 1.382 vítimas mortais, dos cales o 56% eran civís [contando, como os palestinos, como civís aos policias mortos, moitos dos cales foron reivindicados e homenaxeados posteriormente por Hamas como membros do seu brazo armado]. Pero mesmo así, e se tendemos cara ao aumento desas estimacións, os números non xustifican nin remotamente a afirmación de que as forzas israelís pasaron máis de tres semanas atacando deliberadamente a civís nunha das zonas máis densamente poboadas do planeta. Como o coronel Richard Kemp observou - un veterano do Exército británico que serviu en Afganistán e Iraq:


.
"Falei dos considerables esforzos británicos e estadounidenses para operar dentro das leis da guerra e para reducir as vítimas civís innecesarias. Pero, e o IDF? O exército israelí enfróntase a todos eses retos dos que falei, e a moitos máis. Non só porque a capacidade militar de Hamas é deliberadamente situada detrás da poboación civil, utilizándoa como un escudo humano, e non só polo emprego de Hamas dunha gama de tácticas insurxentes a través dela. Tamén ordenou e forzou cando foi necesario a homes, mulleres e nenos da súa propia poboación a quedar en lugares que sabían que estaban a piques de ser atacados polo IDF. Era unha loita contra un inimigo que está a tratar deliberadamente de sacrificar á súa propia xente, que deliberadamente trata de atraer ao inimigo para que mate aos seus propios civís inocentes. E Hamas, como Hezbolláh, tamén é moi experto na condución da axenda dos medios de comunicación.
Sempre haberá xente disposta a dar entrevistas condenando ás forzas israelís por supostos crimes de guerra. Eles son expertos na posta en escena e en incidentes de distorsión. A súa xente a miúdo non ten máis opción que montar un espectáculo ante dos medios de comunicación do mundo que con tanta frecuencia demanda Hamas, mesmo ante a dor da morte. Cal é o outro desafío aos que se enfronta o IDF e ao que os británicos non teñen que facer fronte na mesma medida? Trátase dunha automática presunción pauloviana por parte de moitos medios de comunicación internacionais e de grupos internacionais dos dereitos humanos, de que o IDF excédese, que abusa dos dereitos humanos. E que fixo o exército israelí en Gaza para facer cumprir a súa obrigación de operar dentro das leis da guerra? Cando foi posible, o IDF avisou con polo menos catro horas de antelación para que os civís abandonasen zonas seleccionadas para o ataque.
Os pilotos dos helicópteros de ataque, cuxa tarefa era destruír as plataformas móbiles armadas de Hamas, tiñan total discreción á hora de abortar un ataque se existía un risco demasiado elevado de vítimas civís na zona. Moitas misións que poderían golpear a capacidade militar de Hamas foron canceladas debido a iso. Durante o conflito, o IDF permitiu que grandes cantidades de axuda humanitaria chegase até Gaza. Este tipo de tarefa é considerada polos estrategas militares como arriscada e perigosa no mellor dos casos. Para montar ese tipo de operacións, para entregar axuda practicamente en mans do teu inimigo, e para un estratega militar, normalmente é unha tarefa bastante impensable. Con todo, o exército israelí asumiu eses riscos. Nas últimas etapas da Operación Chumbo Fundido o IDF anunciou unilateralmente un cesamento do fogo diario de tres horas. O exército israelí lanzou máis de 900.000 folletos de advertencia á poboación para avisarlles de inminentes ataques e permitirlles abandonar as áreas designadas. Un escuadrón aéreo estivo dedicado só a esta tarefa. Nos folletos tamén se instaba á xente a proporcionar información telefonicamente para así identificar os combatentes de Hamas e obter información vital que podería salvar vidas inocentes.
O exército israelí chamou por teléfono a máis de 30.000 fogares palestinos en Gaza, instándoos en árabe a abandonar os fogares onde Hamas podería esconder armas ou estar a se preparar para loitar. Mensaxes similares foron lanzados en árabe en emisións de radio desde Israel para alertar á poboación civil das futuras operacións. A pesar das medidas extraordinarias de Israel, por suposto, civís inocentes morreron e foron feridos. Iso débese ás friccións da guerra das que falei, e aínda máis era unha consecuencia inevitable da maneira de loitar elixida por Hamas. Ao tomar estas medidas e outras moitas durante a Operación Chumbo Fundido, o IDF fixo máis para salvagardar os dereitos dos civís nunha zona de combate que calquera outro exército na historia da guerra".



.
A Comisión da ONU foi fatalmente comprometida pola presunción "pavloviana" descrita polo coronel Kemp. De feito, un dos catro membros da Comisión, a académica británica Christine Chinkin, deixaba xa en xaneiro as súas ideas ao descuberto ao acusar a Israel de ser culpable de crimes de guerra. Que reconfortante debe ser para ela servir nun organismo cuxo mandato - establecido por unha resolución patrocinada por uns países incondicionais dos dereitos humanos como Cuba, Libia, Exipto e Paquistán - era o de "investigar todas as violacións das leis internacionais dos dereitos humanos e do dereito internacional humanitario pola Potencia ocupante, Israel, contra o pobo palestino en todo o territorio palestino ocupado, particularmente na Franxa de Gaza, debido á agresión en curso". Curioso e ecuánime, sen dúbida xeito de comezar unha investigación. Non é de estrañar que nun dos seus momentos máis sinceros, o xuíz Richard Goldstone, o xurista surafricano que dirixiu a Comisión, manifestara en Al Jazeera, "Podo entender as sospeitas de Israel con respecto ao Consello de Dereitos Humanos, o cal foi parcial con respecto a Israel durante moitos anos". Ao parecer, nada cambiou.
Grazas pola información a Safed-Tzfat

MENSAXE DE ANINOVO DE SHIMON PERES


Ano 5770: Mensaxe do Presidente de Israel

Con optimismo, o Novo Ano que está por comezar, estará marcado polo cumprimento das nosas aspiracións: o logro da paz, o aumento da seguridade, a promoción do crecemento económico, a salvagarda do futuro do pobo xudeu e afortalamento dos lazos entre Israel e os nosos irmáns xudeus da Diáspora. A oportunidade para lograr a paz está a chamar ás nosas portas e debe ser aproveitada, mesmo á conta de concesións dolorosas. A obstinada posición do mundo árabe en dicir "non" ás negociacións, "non" ao recoñecemento de Israel e "non" á paz, foi, hoxe, substituída por tres veces "si" á iniciativa saudita.

.

A comunidade internacional está entusiasmada en apoiar os intentos de facer avanzar o proceso de paz, e estou confiado en que, con esforzos concertados, a visión da paz total pode facerse realidade. Iso creará estabilidade, tranquilidade, seguridade e prosperidade para a nosa mocidade e os seus. As armas nucleares, en posesión de fundamentalistas extremistas, expoñen un perigo -non só a Israel- senón a toda a humanidade. Esíxese por parte da comunidade internacional unha ampla e consolidada postura contra Irán.

.

Prego por que, esa terrible ameaza, sexa erradicada de toda a humanidade e que o mundo poida gozar dunha nova era de paz e seguridade. A economía de Israel está a mostrar as primeiras faíscas de recuperación da crise económica global. Os signos de macro-economía son prometedores, e eses indicadores reflíctense nun ámbito crecente de investimentos, a industria de alta tecnoloxía está a revivir e as compañías de start-up están, outra vez, rexurdindo. Este é tempo de aproveitar a oportunidade, é tempo de investir en Israel en campos como a enerxía alternativa, a produción de auga, a infraestruturas de seguridade de fronteiras, as ferramentas educativas e relativas á aprendizaxe e investigacións en células nai. Iso constitúe o futuro e está nas nosas mans. É vital construír, cos nosos irmáns na Diáspora, lazos baseados en sólidos alicerces na sociedade e na educación.

.

En verdade, o rol da educación xudía na Diáspora non pode ser sobreestimado. Sirve como os mesmos ladrillos das pontes que conectan ás comunidades xudías no estranxeiro e Israel. Serve como termos do compromiso entre a nova xeración de xudeus e a nosa nación e como os banzos cara a unha maior conciencia do significado das relacións entre Israel e a Diáspora e servirá para preservar a nosa rica herdanza e tradición. O espírito de compañeirismo debe ser afianzado en cada área das relacións entre Israel e a Diáspora. Enfrontamos dramáticos desafíos, que outra vez, subliñan a necesidade de permanecer unidos en momentos de probas, responsables un polo outro, como ditaron os nosos Profetas. En verdade, a ameaza ao benestar das comunidades xudías no mundo equivale a unha ameaza ao mesmo Israel e, o destino do xudaísmo da Diáspora, está no mesmo núcleo do corazón de Israel.

.

Queridos Amigos, ao emprender este Novo Ano desexo transmitir os meus sinceros bos desexos a todo o pobo xudeu na Diáspora coa esperanza que sexa, para todos, un ano de alegría e boas noticias. E recemos polo regreso ao fogar dos reféns e soldados desaparecidos.

Shaná Tová Ou´Metuká!

Shimon Peres

ENTREVISTA CON DAVID BANKIER (TEMPOS NOVOS - nº146)





terça-feira, setembro 15, 2009

"MAS JUDEU NAO TEM CHIFRE?"

Bernardo Blidowsky, xudeu polaco emigrado no Brasil hai xa 77 anos, comparte as memorias da súa vida, nun relato simultaneamente benhumorado, divertido e conmovedor. (Obrigado a Nuno Guerreiro polo achado)

REVISTA WEBMOSAICA


WebMosaica
Revista semestral de estudos xudaicos do Instituto Cultural Judaico Marc Chagall en colaboración coa Universidade Federal do Rio Grande do Sul en Brasil.
www.seer.ufrgs.br/webmosaica
Vol. 1, No 1 (Ano 2009)
Sumário
Editorial
Capa e editorial 2009/1
PDF

Dossiê
Reflexões sobre o sionismo e Israel
PDF
Avraham Milgram
Israel e o povo judeu no século XXI: o desafio de uma decisão consciente
PDF
Paulo Geiger
A literatura hebraica no Estado de Israel
PDF
Jacó Guinsburg
E nos lembraremos de todos...
PDF
Nancy Rozenchan
Amós Oz: a perplexidade da inversão de posições
PDF
Saul Kirschbaum
Deus e Diabo na Terra Santa: pentecostalismo brasileiro em Israel
PDF
Michel Gherman
Artigos
Messianismo e utopia no pensamento de Martin Buber e Erich Fromm
PDF
Michael Löwy
Ambiguidades do multiculturalismo no Brasil: diálogos entre negros e judeus
PDF
Monica Grin
O campo elusivo dos estudos judaicos latino-americanos
PDF
Bernardo Sorj
Entrevista
Entre a filosofia e o Talmud: entrevista com Marcelo Dascal
PDF
Equipe WebMosaica
Memória
A atuação da Jewish Colonization Association (JCA) no Rio Grande do Sul: a Colônia Philippson
PDF
Ieda Gutfreind
O moinho, a olaria, o passado: de volta a Lendava, Eslovênia
PDF
Mirko Eppinger
Resenhas
Sobre 'Os afogados e os sobreviventes'
PDF
Abrão Slavutzky
Expediente
Expediente 2009/1
PDF

segunda-feira, setembro 14, 2009

AGAI FELICITA O ROSH HASHANÁ 5770, FELIZ ANINOVO!

CONTA ATRÁS PARA NEUTRALIZAR A IRÁN


Por Rubén Kaplan
Semana.il.co
.
O flamante embaixador norteamericano ante a Organización Internacional de Enerxía Atómica (OIEA), Glyn Davies, advertiu, oficialmente, o pasado 9 de setembro en Viena, que en virtude dos continuos avances do programa de enriquecemento de uranio, a República Islámica de Irán achégase cada vez máis a unha "perigosa e desestabilizadora capacidade" de abandonar o seu programa nuclear civil para comezar un militar. Hai aproximadamente un ano, os informes dos servizos de intelixencia de Israel que sinalaban que Irán se aproximaba a obter unha bomba nuclear foron desestimados polos seus colegas estadounidenses, por inexactos. O funcionario de alto rango Glyn Davies, quen destacou a "decepción" de Washington sobre a falta de progreso para investigar as actividades nucleares de Irán, nunha presunta e quizais tardía toma de conciencia da ameaza iraniana, agregou que Irán está agora moi preto ou xa en posesión de suficiente uranio para producir unha arma nuclear. O goberno de EE.UU., impulsado pola crecente presión no Congreso, quere que as Nacións Unidas impoñan sancións máis duras contra Teherán para presionalo a que coopere, pero Rusia e China que investiron centos de millóns de dólares no desenvolvemento das plantas nucleares no país persa, opóñense sistematicamente.
.
Segundo filtracións a prensa, o primeiro ministro israelí Benjamín Netanyahu voou a Moscova o martes último, nunha misión secreta, para persuadir a Rusia que deixe de fornecer a Irán e Siria armas e alta tecnoloxía. A Comunidade Internacional especula, desde hai tempo, que Israel pode atacar preventivamente a Irán como xa o fixera en 1981 en Iraq, cando a aviación israelí destruíu o reactor nuclear de Osirak. O presidente Barack Obama, que se inclinou até o momento en promover maiores sancións económicas contra Irán, cre inxenuamente que ofertas de beneficio económico poden convencer ao réxime teocrático iraniano, encabezado por Ahmadinejad e convalidado recentemente en eleccións fraudulentas, de abandonar o seu proxecto de enriquecemento de uranio. Pola súa banda, os países integrantes do Grupo dos 8 (G8), nunha reunión especial en Washington dedicada a tratar o programa nuclear de Irán, ratificaron que Teherán debe suspender as súas actividades de enriquecemento de uranio. Segundo informa a axencia EFE, un portavoz do Departamento de Estado norteamericano dixo que representantes políticos de alto nivel do G8 (integrado por EEUU, Gran Bretaña, Francia, Alemaña, Xapón, Italia, Canadá e Rusia) mantiveron unha "discusión útil" sobre o problema nuclear iraniano e intercambiaron puntos de vista sobre "ideas específicas" dos europeos. Unha desas ideas é a que puxeron encol da mesa os británicos, franceses e alemáns, consiste nun conxunto de incentivos a Teherán, pero só no caso de que acepte frear de forma inmediata o seu programa de enriquecemento de uranio.
.
O Departamento de Estado explicou que os tres países promotores desta iniciativa presentarán a próxima semana a Irán os detalles concretos desa proposta que prevé, entre outras medidas, facilitar a cooperación comercial entre Teherán e a Unión Europea (UE) e garantir o acceso do país persa ao petróleo procedente de Rusia. Se os iranianos non aceptan este plan, explicou o portavoz, hoxe quedou moi claro que todos están de acordo en que o seu caso debe ser denunciado ante o Consello de Seguridade da ONU, o organismo que ten a potestade de aplicar sancións económicas e políticas contra Teherán. Cabe mencionar que o Consello de Seguridade componse de cinco membros permanentes, China, Francia, Rusia, o Reino Unido e os Estados Unidos e 10 membros non permanentes, indicando o ano en que termina o seu mandato. A modo de exemplo, integra este actual período Libia, presidida durante 40 anos polo ditador Muammar Gaddafi, o mesmo que recentemente recibiu efusivamente a Abdelbaset Ali al-Megrahi, responsable do atentado terrorista contra un avión de Pan-Am cando sobrevoaba Lockerbie (Escocia) en 1988, no que morreron 270 persoas.
.
O portavoz explicou que tanto EEUU como os demais países do grupo (os sete máis industrializados do mundo xunto con Rusia) coincidiron en que "o único marco aceptable" para a solución do problema iraniano é a resolución do OIEA. Non se pode confiar demasiado nun organismo cuxo novo director xeral Yukiya Amano, apenas asumiu en substitución do anterior, Mohamed Baradei, negou coñecer algunha evidencia de que Irán trate de desenvolver armas nucleares. Irán presentou ás potencias mundiais o mércores, unha proposta de novas conversas con Occidente, aínda que o presidente iraniano, Mahmoud Ahmadinejad, descartou as negociacións sobre os temas centrais do programa nuclear, que para el, están xa clausuradas. Os fracasos estrepitosos que significaron no seu momento as sancións económicas implementadas contra Paquistán e Corea do Norte para que desistisen de obter a bomba atómica, non parecen ser lembradas por Occidente, que neglixentemente tolera que Ahmadinejad, logre o seu obxectivo de obter armamento nuclear, para dese modo materializar a súa recorrente ameaza de borrar a Israel do mapa.

domingo, setembro 13, 2009

UNHA SERPE "COLONO" MORDE A UNHA MULLER PALESTINA

A serpe "colono"


Unha serpe "colono" morde a unha muller palestina e logo escapa de volta cara a un asentamento.
.
Unha serpe mordeu a unha muller palestina preto de Salfit, en Cisxordania. Os palestinos locais, que con frecuencia acusan os colonos da liberar xabaríns salvaxes nas aldeas palestinas e nas terras de cultivo, din que a serpe proviña dun asentamento israelí próximo, e sinalaron que despois do ataque escapou de volta cara ao asentamento de Ariel.
Tamén a TV oficial palestina frecuentemente ofrece impactantes "exclusivas" que inclúen ratas xigantes asasinas que atacan aos palestinos e que son liberadas polos israelís, monstruosos experimentos médicos israelís con palestinos, deliberadas infeccións da Sida, palestinos cuxos ollos foron queimados por estacas a lume vivo, chicles afrodisíacos para perturbar a inocencia das mulleres palestinas, etcétera. Verídico e sen dúbida grandes exclusivas que só agardan aos nosos correspondentes/misioneiros.
Tirado de Ma'an News