O ESTILO ESTALINISTA (CHUSQUEIRO) DE THE GUARDIAN



O xornal británico The Guardian omite a Isaac Rabin, Shimon Peres e Menachen Begin da lista de Premios Nobel da Paz

Por Jessica Elgot

As protestas dirixidas ao xornal británico The Guardian por mor da súa listaxe vergoñentamente incompleta de gañadores do premio Nobel da Paz levaron a unha modificación precipitada na páxina web do xornal. A listaxe incompleta estivo durante horas colgada, a pesar dos comentarios adxuntos á nova onde se sinalaban as omisións de Yitzhak Rabin, Menachem Begin e Shimon Peres. Inmediatamente despois de que se anunciase a concesión do Premio Nobel da Paz 2009 ao novo Presidente Barack Obama, o xefe de redacción de The Guardian, Simon Rogers, publicou e asinou unha lista dos que anunciaba como "todos os gañadores do Premio Nobel da Paz", afirmando que a información proviña da propia web dos Premios Nobel, Nobelprize.org Pero nesa lista de gañadores The Guardian omitía aos gañadores israelís de devandito premio: Shimon Peres, Yitzhak Rabin e Menachem Begin.

.
Menachem Begin, o sexto primeiro ministro de Israel, gañou conxuntamente o premio Nobel da Paz en 1978 co presidente de Exipto Anwar Sadat, tras a sinatura do tratado de paz con Exipto. Curiosamente só Sadat aparecía na lista de The Guardian.
.
The Guardian cometeu o mesmo "erro de omisión" con Shimon Peres e Yitzhak Rabin, quen gañaron o Premio da Paz en 1994 conxuntamente con Yasser Arafat. Unha vez máis, Arafat si aparecía na lista de The Guardian, mentres que pola contra, omitíase a Peres e Rabin. Unha portavoz de The Guardian dicía: "O obxectivo destes datos de The Guardian é dar acceso aos usuarios ás bases de datos de todo o mundo nunha ampla variedade de temas". "Para a lista de gañadores do Premio Nobel da Paz utilizamos os datos de Nobelprize.org. Con todo, houbo un problema técnico durante a transferencia de datos desde esta web que supuxo que os nomes dos gañadores israelís do Premio Nobel da Paz accidentalmente foran omitidos. Isto xa está corrixido".
.
O diario británico conseguiu eliminar a Israel do mapa dos Premios Nobel da Paz, con similar estilo ao de Mahmud Ahmadinejad cando afirma e reireta a súa vontade de borrar a Israel dos mapas. The Guardian tirou da lista aos premiados israelís, ao estilo estalinista co derrotado troskismo. Agardaba que ninguén se decatara?.
.
Após as fortes críticas recibidas na redacción, The Guardian deslizou discretamente entón os nomes dos premiados israelís novamente na súa lista. Resulta curioso observar como The Guardian non tivo ningún reparo, nin esquecemento, nin problema técnico ao manter a De Klerk, o último presidente da Sudáfrica do apartheid, na súa lista orixinal. Foron só os xudeus - e os seus logros - os que trataron de borrar do mapa. E isto nunha sección cuxo lema é visto o visto case unha brincadeira: "Os feitos son sacros". Por suposto, The Guardian - do mesmo xeito que outros importantes xornais europeos -, procura sempre inducir a erro aos lectores acerca de Israel sobre a base habitual de omitir a mantenta a información crucial que mostre aos israelís baixo unha luz positiva.

Comentarios