INFORME DA ONU REVELA QUE IRÁN TEN XA CAPACIDADE PARA FABRICAR ARMAS NUCLEARES


Efe Washington
.
Irán adquiriuxa a "información suficiente para poder deseñar e producir" unha bomba atómica segundo un análise confidencial realizado pola Axencia nuclear da ONU, publicado na edición dixital do New York Times.
.
O informe sae á luz horas despois de que o director do Organismo Internacional da Enerxía Atómica (OIEA), o exipcio Mohamed El-Baradei, emprendera unha viaxe a Teherán para que as autoridades iraníes teñan a xentileza de permir que inspectores visiten a recén revelada pranta de enriquecemento de uranio perto da cidade santa de Qom. O informe, titulado 'Posibles dimensions militares do programa nuclear de Irán', indica que a OIEA "calcula que Irán ten suficiente información para ser capaz de deseñar e producir un dispositivo de implosión nuclear viable", baseado en uranio altamente enriquecido. Segundo o xornal, o informe, que non está listo para a súa publicación como documento oficial, foi redactado a principios deste ano por altos funcionarios europeos e foi revisado e actualizado en varias ocasións. O documento de 67 páxinas, según o Times, "describe un moi complexo programa dirixido polo Ministerio de Defensa de Irán" que comezou en 2002 dirixido "á elaboración dunha carga nuclear para integrala no sistema de misiles Shahab 3". Éstos son os mísiles de medio alcance cos que Irán pode chegar a alcanzar todo Oriente Medio e partes de Europa. Neste sentido advirte de que "os iraníes teñen feito unha ampla gama de investigacions e probas para perfeccionar as armas nucleares, como a fabricación de detonadores de alta tensión e o deseño de oxivas nucleares", ainda que non se especifica en qué grao de desenvolvemento. O periódico indica que durante as últimas semanas houbo filtracións deste documento "quizais intencionadamente" para presionar ao sempre tímido El-Baradei a que o faga publico oficialmente. El Baradei non viaxaba a Irán dende xaneiro de 2008, cando acudiu para tentar resolver as dúbidas sobre a verdadeira natureza do programa atómico iraní, cuxo presidente Mahmud Ahmadineyad, asegura que só ten fines pacíficos. A viaxe do director xeral da OIEA prodúcese uns días despois das conversas do Grupo 5+1 en Xenebra, cualificadas de "construtivas" por todas as partes, que reunironse despois dun parón de 14 meses nas negociacións..
Irán di comprometerse a colaborar nese primeiro encontro con "transparencia" coa comunidade internacional respecto á pranta de enriquecemento de uranio cerca da cidade de Qom, cuxa existencia mantiña oculta até o pasado 21 de setembro cando fotografías de satélite deixaban ao descuberto as intencións manipuladoras do réxime iraniano.

Comentarios