AS RETRASMISIÓNS DA ACB CHEGAN A ISRAEL

Lior Eliyahu, xogador israelí é unha das incorporacións ao Baskonia (ex-TAU)
.


A Asociación de Clubs de Baloncesto ACB asinou coa cadea Charlton TV os dereitos de emisión de ACB en Israel para a tempada 2009-10.
.
ACB chegou a un acordo coa cadea israeli CharltonTV para a emisión en Israel da totalidade das competicións da ACB durante a tempada 2009-10. CharltonTV asegurouse os dereitos en exclusiva para a emisión dun partido o sábado máis a opción dun segundo partido o domingo, así como a versión internacional do programa Zona ACB. A Supercopa ACB, que se celebrará en Gran Canaria os próximos 2 e 3 de outubro, suporá a estrea das primeiras emisións regulares da competición española en Israel. CharltonTV posúe dúas canles especificamente dedicados á programación deportiva e a adquisición dos dereitos de grandes eventos internacionais outorgoulle un papel moi destacado no panorama televisivo de Israel. Así, a súa actual oferta inclúe desde os dereitos na Copa do Mundo de fútbol até algunhas das principais ligas de fútbol (Premier inglesa, liga de Brasil e Bundesliga). No que respecta a baloncesto, CharltonTV tamén destaca por ter os dereitos de NBA e a Euroliga, oferta que a partir de agora completarase coas competicións da ACB. Adar Zehavi, Director Xeral de Sport1 e Sport2 da canle israelí, valora o acordo alcanzado coa Asociación de Clubs: "Sentímonos moi satisfeitos de unirnos á familia ACB e orgullosos de transmitir a mellor Liga de baloncesto do mundo fóra da NBA, Trátase dun campionato que se converteu nunha referencia aínda máis importante para os afeccionados de Israel desde a fichaxe do xogador israelí Lior Eliyahu polo Baskonia-Caixa Laboral". O directivo engadiu que "a ACB será parte da ampla oferta de baloncesto de Sport1 e Sport2. Desta forma sumamos esforzos para ofrecer aos nosos televidentes o mellor paquete televisivo de deportes en Israel".
.
Pola súa banda, Josep Senespleda, Director xeral da ACB, afirma que "o acordo de colaboración con Charlton TV, o principal operador televisivo deportivo de Israel, é unha gran noticia para a ACB e para o baloncesto español. Israel é un país onde o baloncesto é o deporte rei, polo que é unha honra que o espectáculo ACB chegue a tantos e tan bos afeccionados ao basket da man de Sport1 e Sport2. Neste momento, coa incorporación de Israel, a ACB chega a máis de 40 países do mundo, unha cifra que reflicte con claridade o interese pola liga profesional española".
.
Actualmente as retransmisións internacionais da ACB chegan a un total de catro continentes. En Europa a ACB está presente en Grecia, Lituania, Romanía, Serbia, Croacia, Bosnia, Eslovenia, Montenegro, Polonia, Chipre e Israel. En América Latina as emisións abarcan os dous principais mercados televisivos: México e Brasil. Así mesmo, as emisións de Dubai Sport Channel cobren un amplo número de países de Oriente Medio e o Norte de África.

Comentarios