NEDA ASASINADA

Por Youtube circula este vídeo de Neda minutos antes de ser asasinada onte en Teherán. Nas imaxes, vese a camisa azul con raias brancas do seu pai e a ela camiñando ao seu carón. Podemos escoitar cánticos de "Aláh é grande" e "morte ao ditador". Neda, nome que en persa significa "Voz", é un símbolo xa para moitos iraníes que se xogan a vida nas rúas de Teherán pedindo democracia e liberdade. Non é moito pedir.



Neste outro video (moi forte) vese a Neda morrendo. Oxalá Neda a túa morte non sexa inutil.

Comentarios