A GENERALITAT DECLARA PATRIMONIO A NECRÓPOLE XUDÍA DE MONJUIC


O Govern da Generalitat ven de 'blindar' a necrópole xudía de Montjuïc. Unha extensión de 2.000 m2 recibe desde agora a máxima protección patrimonial

Milleiros de xudeus soterrados hai séculos en Montjuïc teñen garantido o cumprimento da tradición xudía grazas á medida que aprobou onte o Govern da Generalitat, que outorga a máxima protección patrimonial a esta necrópole. O Consell de Govern aprobou onte declarar Bé Cultural d'Interese Nacional unha extensión duns 2.000 m2 que foi un cemiterio xudeu desde o século IX. As súas lápidas e elementos de valor sufriron saqueos repetidamente. Por iso é difícil atopar pezas na actualidade, e as que quedan están baixo terra e vexetación. A tradición xudía rexeita manipular restos mortais e declara os cemiterios lugares sacros, o que dificulta o labor dos arqueólogos. En Barcelona xa houbo polémicas por obras iniciadas no lugar que onte a Generalitat protexeu, unha medida reclamada polos xudeus catalans desde 2006. Miquel Iaffa, presidente da Associació do Call Jueu de Barcelona, valorou "moi positivamente" a medida, segundo explicou onte. Iaffa mostrouse convencido de que esta protección "vai en beneficio do xudaísmo e de Barcelona", tanto desde o punto de vista "cultural e histórico" como do "turístico", xa que, "se o rescatan como cómpre, trátase dun cemiterio maior que o de Praga". A protección aprobada prohibe construír e obriga a que calquera actuación teña que ser aprobada pola Comissió de Patrimoni. No último medio século localizáronse máis de 700 tumbas na necrópole xudía de Montjuïc, pero só unha mantiña a lápida. Os seus límites aínda se están definindo. A extensión protexida polo Govern vai do Miradoiro do Alcalde aos xardíns de Miramar e ao recinto de Tir Olímpic.
Máis información:

Comentarios