"REPUDIAMOS TODO O QUE REPRESENTA, TODO"


"Repudiamos todo o que representa Peer, todo"
-
O conflito estalou este luns de forma virulenta cando os organizadores do Torneo de Dubai explicaron as razóns polas que a xogadora israelí Shahar Peer non obtivo o visado para entrar no seu democrático país entre as que se atopa "o elevado sentimento de repulsa que se ten en Oriente Próximo contra todo o que representa a señora Peer". Larry Scott, director executivo da WTA mostrou a súa inquietude pola situación e deixou entrever que a continuidade do torneo no calendario podería estar en perigo "decidimos que o torneo se síga disputando esta semana", explicou onte Scott. "Pero deixamos pendente da reunión cos directores de torneos a decisión final sobre o futuro do aberto de Dubai. A nosa asociación cre firmemente, e así o estipula o regulamento, que ningún país pode impedir competir a unha xogadora cuxo ranking lle asegure a inclusión nun torneo. O que ocorreu con Peer paréceme detestable". A tenista, 48ª mundial, cumpre todos os requisitos para xogar en Dubai e debía debutar fronte á rusa Anna Chakvetadze. Tamén estaba previsto que disputase os dobres. Dubai organiza un dos torneos máis importantes do calendario feminino, cunha dotación de dous millóns de dólares (1,6 millóns de euros). "É o noveno torneo mundial", comentou Scott. No medio da crise económica mundial, parece difícil que o circuíto feminino poida prescindir dun evento deste nivel. Con todo, a presión que as xogadoras están exercendo sobre os dirixentes do WTA Tour pode resultar determinante. "Todas as xogadoras estamos con Peer", comentou onte Venus Williams no momento en que a noticia se coñeceu en Dubai. "Somos atletas e estamos a favor do tenis", agregou. A española Conchita Martínez, ex campiona de Wimbledon e actual directora do Torneo de Marbella, afirmou: "Para Shahar Peer isto é un pau tremendo porque lle rompe toda a programación da tempada. Estará polo menos 15 días sen xogar". A aragonesa traballou xunto a Gabriel Urpí con Peer a principios do ano pasado e viviu moi de cerca algunhas das situacións extremas que xa sufrira a xogadora israelí. "Xogou o ano pasado en Qatar e foi a primeira israelí que disputaba un torneo nos Emiratos Árabes. Pero custou que lle desen o visado. O ano pasado xa renunciara a disputar o aberto de Dubai porque lle comentaron que podían xurdir problemas. Con todo, esta tempada ela envioume un correo electrónico dicíndome que lles deran garantías a Larry Scott e a ela de que lle concederían o visado. Ao final denegáronllo. Estes problemas existen e, aínda que é unha cuestión política, os dirixentes do circuíto deberían afrontalos e resolvelos. Non poden ignorarse". O agravamento do conflito entre israelís e Hamas, levou un endurecemento das relacións entre as democracias exemplares árabes e Israel. Salah Tahlak, director do torneo de Dubai, escusouse esta mesma tarde e afirmou que habían estado loitando para resolver o problema ate o último momento. "Todo foi en balde", dixo. "A cólera do islam persiste e a participación de Peer podería incrementala: todos seguimos por televisión as imaxes de como os israelis tratan aos nosos irmáns no Kurdistan e no Sáhara", agregou. Mentres tanto, Shahar Peer enviou un comunicado no que se mostraba o seu desgusto. "É un momento moi difícil para min, especialmente porque a negativa do meu visado chegou a moi última hora. É difícil imaxinar o mal que me sinto. Laméntoo especialmente pola miña compañeira de dobres, a alemá Anna-Lena Groenefeld que non poderá xogar. Pero confío en que o WTA Tour tomará as medidas oportunas para que estes feitos non se reproduzan no futuro. Non hai que permitir que cuestións políticas ou de discriminación racial inflúan no desenvolvemento dun torneo de tenis profesional ou en calquera outra actividade deportiva", indicou. Web de Shahar Peer: http://www.shaharpeer.co.il

Comentarios