A ESPAÑA XUSTICIEIRA


Por Pilar Rahola

.
É moi bonito tentar xulgar a uns xenerais israelís; sae gratis no aplauso da rúa. Existen os xuíces españois, sobrecargados de traballo, fartos de acumular casos importantes e non dar abasto, compartindo despachos cheos de documentos, con recursos case medievais, sacando o fígado pola boca do colapso da xustiza, e a piques de ir a unha folga histórica. Existen os xuíces, e, polo que parece, existe o xuíz Fernando Andreu, tan sobrado de traballo que, como dixo Vicenç Villatoro, decidiu cargarse ao mundo enteiro nas súas vigorosas costas, felizmente iluminado pola súa xenerosa lectura da lei orgánica do Poder Xudicial. Grazas ao seu empeño, e ao tempo libre de que goza, España convértese nunha especie de xusticiera universal, substituta, ela soa, do errado Tribunal Internacional, e ponse a xulgar as accións militares de países aliados, cuxas democracias xa gozan dos controis democráticos pertinentes. É moi bonito.
.
Por suposto, tentar xulgar uns xenerais israelís é algo que sae gratis no aplauso da rúa, non en balde contra Israel atrévese todo o mundo. Se o bo do xuíz Andreu quixera xulgar, por exemplo, as vinculacións terroristas dalgunhas ditaduras brutais, como Irán, cuxo apoio directo a Hamas e a Hezbollah provocou decenas de atentados, ou cuxa implicación no atentado contra a Amia arxentina -que causou 86 mortos- foi demostrada, entón quizais habería algunha lea. Coa democracia israelí pódese sacar peito, pero co fundamentalismo islámico, quen é o guapo que se atreve? Se nin tan só berran na súa contra os amos da trincheira do ruído e a pancarta, como o fará un bo "llanero solitario" xuíz? E así, dotado da iluminación das grandes xestas -Deus nos salve dos benintencionados!- o xuíz decide converterse en xulgador de membros do exército dun país democrático, que sofre unha situación bélica sen pausa desde que existe, que tivo que enfrontar centenares de atentados terroristas, e cuxa supervivencia é hostigada permanentemente por múltiples países.
.
Sen ir máis lonxe, un dos militares que quere xulgar por "delitos contra a humanidade", o xeneral Doron Almog, perdeu ao seu tío, á súa cuñada, ao fillo de ambos e aos seus dous netos no atentado do restaurante Maxim en Haifa. Xulgaría, o xuíz Andreu, a Salah Mustafa Muhammad Shehade, líder das brigadas Ezedin al Qasam, responsable directo de 94 israelís asasinados en tres atentados, e obxecto da acción militar israelí que agora se xulga? Por certo, israelís asasinados "civís", como os máis de mil que morreron en atentados só do 2000 ao 2006, se se entende por civís a persoas que están a comer tranquilamente nun restaurante. Lembran a frase dun israelí ao seu amigo palestino?: "Escríboche desde a trincheira, a terraza dun café en Xerusalén". Postos, pois, a dedicarse á violencia que sofren outros países, desde o seu cómodo despacho da Audiencia Nacional, abrirá dilixencias contra o grupo terrorista Hamas por crimes contra a humanidade, cuestión esta que denuncian organizacións palestinas democráticas? Farao por asasinar en autobuses, en vodas, en universidades, en restaurantes? Xulgará aos que prepararon o atentado na Universidade de Xerusalén e mataron a estudantes de varios países? E aos que mataron a nenos dun autobús escolar? Terá tempo para dicirlles aos israelís como teñen que defenderse? E, mantendo o seu espírito xusticiero, xulgará ás ditaduras que condenan a lapidación a mulleres soxuzgadas por leis terribles? ás que condenan a morte a homosexuais? Levará a ditadura cubana aos tribunais, ou será demasiado politicamente incorrecto? E mentres se dedica a xulgar ao resto do mundo, terá un tempo para valorar a "superioridade moral" de España sobre o "malvado" Israel? Porque se Fernando Andreu pode xulgar a un militar israelí, no medio dunha guerra aberta, quizais as autoridades israelís poden xulgar a políticos españois, polo caso GAL, por exemplo. Postos a morderse mutuamente, bailemos todos.

Comentarios