SÓ EN AUSCHWITZ


Por Salvador Sostres


Os xudeus só espertan compaixón en Auschwitz. Facendo fila para entrar á cámara de gas. Só en Auschwitz. E foi a despeito do mundo que, tras tanta dor, aprenderon que para sobrevivir debían defenderse. Non é estraño que tras persecucións e exterminios, que despois de que case todos os pobos do mundo teñan algún episodio criminal contra os xudeus; e despois de que todos sen excepción lles viraran as costas nalgunha ocasión, aprendan que a liberdade é un camiño custoso e solitario. Pero á estúpida socialdemocracia non lle gusta que Israel se salga da liña, nin que os xudeus sobrevivan, e agora din que usan unha forza desmesurada, coma se as guerras se tivesen que empatar e o que importase fora participar. Ou que os palestinos só teñen pedras, coma se os mortíferos foguetes de Hamás só fosen pedras, e coma se Israel debese renunciar ao seu exército porque en lugar dunha eterna guerra por sobrevivir isto fora un partido de segunda co filial do Barça. Mentres a vella pantasma do antisemitismo continúa percorrendo Europa, quero dicir que aprecio a este pobo que ten a nobreza e a coraxe de defender a democracia e a liberdade no medio dunha cova de cínicos, corruptos, asasinos e fanáticos. Este pobo que se mantivo fiel á memoria dos seus mortos e que non os traizonará nunca, e que non se deixou comprar nunca, e que defendeu os valores occidentais alá onde incluso a vella Europa dimitiu de defendelos, dando, por certo, moita, moita mágoa. O pobo dos pobos, a honra da especie, emocionante lección de perseveranza. Unha mensaxe de dignidade e de esperanza cando aquí todo se derruba. Sodes os bos na guerra máis crucial, os que non vos rendestes nunca. Non teñades medo. Sodes a elite da humanidade.

Comentarios

Anónimo dixo…
Certo. A tolemia desatada nestes días con cripto-estalinistas tentando dar leccións de dereitos humanos e democracia é de traca. Cando volva a Galiza poreime en contacto con vós para ver de colaborar. Un saúdo desde Barcelona