VISITA SOLIDARIA A SDEROT DE AGAI



O pasado luns día 10, unha delegación da Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI formada por 22 persoas visitou a localidade israelí de Sderot na fronteira coa Franxa de Gaza. Aproveitando a súa estadía en Israel achegáronse ate Sderot para amosar a súa solidariedade e amizade co castigado pobo de Sderot. Vítimas do terrorismo indiscriminado de grupos palestinos como Hamas e a Jihad islámica que desde a veciña Franxa de Gaza disparan a cotío mísiles qassam contra a poboación civil israelí. Lembremos que desde a retirada total israelí de Gaza no ano 2005, perto de 4000 misiles foron lanzados contra a vila fronteiriza de Sderot. Causando ate o momento 10 mortos e centos de feridos, ademais do terror psicolóxico que supón vivir coa ameaza constante. 15 segundos son os que teñen para unha vez detectado o lanzamento do mísil desde Gaza tentar atopar un refuxio seguro. A vila de Sderot fica chea de refuxios blindados nas rúas e parques. A delegación de AGAI foi recibida na Fundación Sderot onde o seu presidente, Pedro Gómez-Valadés fixo entrega dunha figura de Sargadelos -unha pomba da paz- cunha placa na que podía lerse: "En Solidariedade e Amizade co Pobo de Sderot". Posteriormente visitaron a sede da policia de Sderot onde se almacenan centos de restos de kassam caidos desde o ano 2005. Podes ver imaxes da visita AQUI

Comentarios