XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS


XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
Notas para unha historia pendente
De Roberto González Rouco*
Editorial Alvarellos

Xudeus e conversos atoparon en Galicia un territorio tolerante onde puideron convivir sen confrontacións. Esta é a principal tese do libro, unha aproximación didáctica á historia do pobo xudeu e a súa presencia no noso país. O autor afirma que é constante a arribada de xudeus a Galicia dende as matanzas de 1391 e 1414, datas nas que principiou un anti-xudaísmo feroz en Andalucía, Estremadura ou Castela, o que obrigou aos xudeus e máis tarde aos conversos, a se refuxiar en Galicia e Portugal. 'Xudeus e conversos estaban introducidos na sociedade galega e compartían negocios, xogaban nenos cristiáns con nenos xudeus, eran membros dos concellos e tiñan oficios non permitidos aos xudeus no resto de España. Cando había conflictos entre cristiáns e xudeus, as autoridades impartían xustiza sen mirar a que crenza relixiosa pertencían'.Roberto González Rouco fai así mesmo un breve percorrido pola historia deste pobo, dende a súa entrada na Península na época do Rei David, o tempo dos romanos, suevos e visigodos, a época árabe, a inquisición... ata a loucura nazi e os tempos modernos. Esta obra Xudeus e conversos galegos. Notas para unha historia pendente recolle tamén outros aspectos históricos de relevancia como a participación dos xudeus nas revoltas irmandiñas a favor do pobo contra a nobreza, ou a súa intervención na redacción das Cantigas de Afonso X.
•Título: Xudeus e conversos galegos
•Subtítulo: Notas para unha historia pendente
•Autor: Roberto González Rouco
•Idioma: Galego
•Data 1ª edición: Outubro de 2008
•PVP: 17 euros
•ISBN: 978-84-89323-23-0
•Páxinas: 146
•Medidas: 13x23 cms
•Encadernación: tapa branda plastificada, con lapelas
•Colección: Oeste [divulgación&ensaio]
*Roberto González Rouco naceu en lugo en 1957. É licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro Galicia na encrucillada (1994), esta é a súa segunda obra.

Comentarios