OUTRAVOLTA O BNG


Non hai moito que engadir ao xa dito. O Bloque Nacionalista Galego outravolta reincide na súa enfermiza teima xudeófoba. Porque hoxe domingo 5 de outubro, celebra o BNG en Compostela o seu congreso extraordinario para proclamar ao actual portavoz Anxo Quintana, como candidato nas vindeiras eleccións autonómicas previstas para o primeiro semestre do 2009. E outravolta o BNG máis rancio, estalinista frustrado e frustrante e antisemita de pro, actua contra un militante da súa propia organización polo "delicto" de ser pro-israelí. Cesar Pazos, membro do Consello Local do BNG en Vigo e militante do BNG desde hai 20 anos, foi vetado radicalmente para participar como delegado no devandito congreso, pola dirección do Bloque por ser fundador da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI).
E non hai moito que engadir ao tristemente xa dito. Expulsión de Pedro Gómez-Valadés, negativa a condenar o Holocausto nazi, veto no Parlamento galego a declaración institucional de lembranza das vítimas -tamén galegas- da barbarie hitleriana, e agora o veto fascista a un militante por ser "proxudeu" -en palabras do propio coronel da marxista-leninista-estalista(frustrada) UPG. O Bloque Nacionalista Galego na súa actitude non só claramente antidemocracática no plano interno, senón na súa miserábel e inxustificábel obsesión antisemita, insulta e se autodescualifica a si mesmo.
Realmente non é preciso engadir moito máis. Que será o seguinte?

Comentarios

Anónimo dixo…
Sodes uns falsantes fillos de puta!
Viva o BNG!
Españois fascistas proisrael, fora da Galiza!