DOCUMENTOS DE EICHMANN EXPOSTOS NO MUSEO DE ISRAEL

O Museo de Israel en Jerusalem presenta, até febreiro do próximo ano, unha impresionante exposición documentos históricos únicos entre os que se atopa o diario manuscrito do criminal de guerra nazi Adolf Eichmann. Entre os ao redor de cen obxectos expostos en "Azul a branco", en referencia ás cores nacionais israelís, hai documentos crave da historia israelí e xudía, manifestou na presentación da exposición a portavoz do museo. A exposición pode visitarse até febreiro do ano próximo. "Pódese ver a primeira páxina do diario que Eichmann escribiu no cárcere israelí", dixo a portavoz. Eichmann, un dos principais organizadores da aniquilación de xudeus, foi executado en 1962 tras un xuízo en Israel. Israel publicou no 2000 unha transcrición do diario de 200 páxinas, que desde entón se pode achar en Internet. Algúns dos documentos son testemuño de momentos conmovedores e consternantes da historia israelí. Por exemplo, exponse unha nota manchada de sangue co texto dunha canción pacifista israelí, que levaba no seu peto o primeiro ministro israelí Itzhak Rabin cando foi asasinado o 4 de novembro de 1995. Outros obxectos da exposición son o telegrama co que Israel foi informado o secuestro de 11 deportistas israelís nos Xogos Olímpicos de 1972 en Munich, así como a nota coa que a entón primeira ministra Golda Meir foi informada do dramático incidente durante unha sesión de gabinete. A exposición forma parte dos eventos de conmemoración do 60 aniversario da fundación de Israel en 1948.
Información do museo en español: AQUÍ

Comentarios