O SACRIFICIO DUNHA ANTISIONISTA MODELO "ESQUERDA CAVIAR"




Fotos de Lauren Booth no "campo".


Vía Safed-Tzat podemos ler este atinado post:

Vostedes lembrarán á cuñada de Tony Blair, Lauren Booth, que non hai moito chegou até Gaza en barco para romper o illamento desencadeado pola "malvada entidade sionista" . O caso é que o barco regresou sen ela, e Miss Booth, até agora, só atopou dificultades, xa sexa por parte de Exipto ou de Israel, para regresar a Inglaterra. Hai pouco foi entrevistada por Ynet, e cando se lle preguntou polo dereito de Israel a responder aos incesantes ataques lanzados desde Gaza, Booth botou man da retórica do Holocausto:

"Non hai dereito a castigar ás persoas deste xeito. Non hai ningunha xustificación para este tipo de castigo colectivo. Vostedes topábanse en campos de concentración, e eu non podo crer que vostedes mesmos estean a permitir a creación deste campo de concentración". "Os palestinos están a sufrir física, mental e emocionalmente", e, "non hai familia que non necesite desesperadamente traballo, vivenda ou alimentos. Trátase dunha crise humanitaria a escala de Darfur".

Segundo ela explicou nun programa da TV británica a un coñecido político anti-israelí, George Galloway, Gaza é un "campo de concentración" e non só unha "prisión".

Comentarios