Porno árabe-israelí



Unha web israelí propón sexo entre árabes e israelís para "solucionar" o conflito. "Facer o amor e non a guerra" é o que seica trata de promover a páxina israelí de pornografía amateur http://www.parpar1.com/ que propón o sexo entre árabes e israelís como solución alternativa ao conflito de Oriente Medio. "Nos xornais lemos sempre sobre guerra, terrorismo, ataques, asasinatos... Se a xente tivese máis sexo pensaría menos no conflito", dixo Shay Malul, copropietario do negocio. Para lograr este obxectivo, a web ofrece estimulantes imaxes con protagonistas nacidos en Oriente Medio e sob títulos como 'Milicia Talibán', 'Tremor Árabe', 'Orgasmo Xudeu' ou 'Sexo no Exército' nas que, entre outras cousas, pódese ver a xudeus e árabes en escenas pornográficas. Miles de clientes "Gravamos de xeito profesional a homes e mulleres que non son actores profesionais. Isto é sexo real: sen maquillaxe e sen silicona, é como ver ao teu veciño", explica Malul. Malul e o seu socio, Avi Levy, iniciaron o negocio no 2001. Segundo eles, cada día entre 20.000 e 50.000 persoas pagan por ver os centos de vídeos de PARPAR1

Comentarios