IRÁN XOGA CON LUME


Editorial de HAARETZ

16/04/2008


Estados Unidos está en ano electoral, e Irán logrará a súa capacidade nuclear, segundo as estimacións dominantes, só nun par de anos. Pero ese país estalle dando a Bush outras causales para unha acción bélica. Irán baixo o réxime da Revolución Islámica constitúe un grave problema para Israel en materia de seguridade. Irán adestra, sostén, mantén e activa o terrorismo por medio de Hezbollah no Líbano e Hamás e a Jihad Islámica na Franxa de Gaza e Cisxordania. Irán, ou os seus enviados, fixeron desaparecer ao co-piloto Ron Arade. Coa súa cobertura, Siria segue preferindo o enfrontamento antes que a paz con Israel. E máis grave aínda, os seus líderes declaran abertamente a súa vontade e desexo de facer desaparecer da face da terra á "entidade sionista" e actúan para concretar os seus propósitos por medio do desenvolvemento dun mísil terra-terra e un programa de desenvolvemento nuclear. Por iso, non se pode ver nas palabras do comandante adxunto do exército iraniano -segundo as cales se son atacados borrarán a Israel da escena mundial- unha retórica baleira destinada tan só a responderlle a Binyamin Ben Eliezer, que fixo oir unha afirmación parecida. Israel nunca antes ameazara con destruír país algún, tampouco a Irán. Os iranianos confían na debilidade de Occidente, e teñen bos motivos para iso. En occidente hai países interesados en manter relacións comerciais con Irán, como Suíza con respecto ao gas. Alí búrlanse do dano que se autoprovocou Wáshington con aquela estimación de intelixencia segundo a cal a planificación da arma nuclear en Irán foi interrompida en 2003; só con moita tardanza anunciaron os autores da estimación, que a fabricación de material radioactivo e o desenvolvemento de mísiles continúan, e con máis intensidade. En Teherán esperan tamén as eleccións á presidencia e ao Congreso. A conclusión obvia, para eles, é que o perigo dunha operación militar norteamericana, que parecía moi concreta nos últimos anos (temor que provocase supostamente a suspención da planificación da bomba), case pasou. Se ese é o cálculo iraniano, trátase dunha aposta irresponsábel. Pois, aínda que é posíbel que a nuclearización non sirva de causal inmediata dunha operación bélica, pois Irán pasaría o limiar nuclear militar só en dous anos ou máis, os iranianos proporciónanlle a Bush outros argumentos na súa contra. A matanza de norteamericanos en Iraq, a incapacidade do goberno en Bagdad de impor a orde e a seguridade e posibilitar así a retirada norteamericana, a ameaza á economía iraquí, a intromisión nos asuntos do Líbano por medio dos seus lazos militares con Hezbollah, o estímulo ao terrorismo palestino e -non en último lugar- o desafío nuclear fronte a Israel, e a suposición de que este podería propinar a Irán un golpe preventivo, arrastrando a toda a rexión a unha nova guerra. Todo iso constitúe causal dunha acción norteamericana. Certamente, as forzas de terra do exército estadounidense están tensas ate o límite da súa capacidade, pero para unha acción bélica contra Irán alcanzan as forzas de aire e os mísiles que posúe EE.UU. en abundancia. O xogo iraniano con lume podería arrasar co Medio Oriente. Aínda que Bush non é o policía do mundo, a falta doutro policía á vista, podemos esperar del que cumpra a súa promesa de impedir que Irán posúa a capacidade de exterminar a Israel.

Comentarios