“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

terça-feira, julho 31, 2007

OS XUDEUS CATALÁNS E A MEMORIA HISTÓRICA DE CATALUNYA


Os xudeus cataláns queren recuperar a súa memoria democrática histórica. Un grupo de representantes da comunidade xudía de Catalunya reivindicaron publicamente o pasado martes o dereito a recuperar "a súa memoria", do mesma xeito que o están facendo outros colectivos cívicos cataláns que loitaron contra o franquismo. O acto celebrouse no Colexio de Xornalistas de Barcelona e estivo presidido por Jaume Huberman, representante da sinagoga progresista Beit Shalom. "Os xudeus forman parte de Catalunya e teñen dereito a recuperar a súa memoria histórica", recordou Ignasi Sardà, representante da Dirección Xeral de Memoria Democrática da Generalitat, no acto de apertura do debate, no que participaron representantes da comunidade xudía de Barcelona e das illas Balears, pero tamén representantes do mundo académico e doutras confesións relixiosas presentes en Catalunya e que agardan verse representadas na futura lei catalana da memoria histórica. Ignasi Sardà recordou que a comunidade xudía catalana loitara pola democracia contra o réxime franquista. A comunidade xudía catalana foi especialmente moi activa en tempos da Segunda República e na súa loita contra o fascismo. Neste sentido recalcou que membros desta comunidade sumáronse ás Brigadas Internacionais que loitaron na Segunda Guerra Mundial. Ate chegaron a posuír o seu propio batallón, que foi bautizado co nome Naftali Botwin, en recordo dun xudeu polaco que morrera loitando contra o fascismo. Este batallón formárono 162 brigadistas, dos que sobreviviron pouco menos de 90. A historia deste batallón foi curta, apenas existiu nove meses, ate que quedou practicamente esnaquizado na batalla do Ebro. As tropas franquistas apresaron aos que logaron sobrevivir, para despois executalos ou envialos aos diferentes campos de concentración.

Antisemitismo franquista.

A persecución da comunidade xudía no estado español continuou moito despois da Guerra Civil, recordou pola súa banda Xavier Boltaina, profesor de Dereito da Universidade de Barcelona. Boltaina sinalou como acontecementos máis significativos desta persecución o asalto da sinagoga de Barcelona por parte das tropas franquistas en 1939 e o acoso permanente a que foron sometidos os xudeus ate 1945. O antisemitismo oficial declarado polo réxime franquista tivo como contrapartida a profunda simpatía da sociedade máis catalanista, que viu no sionismo e na independencia do Estado de Israel un desexo do que podía suceder en Catalunya. Jordi Argelaguet, profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Barcelona, reivindicou tamén o dereito da comunidade xudía a recuperar a súa memoria histórica. Recordou, ademais, que na literatura catalana había exemplos claros de literatos que apoiaron con paixón a causa xudía na súa obra, como Ramon Llull, Josep Pla ou Salvador Espriu. "Hai que recuperar a memoria democrática xudía sen medo", reivindicou o xornalista Pere Bonnin, orixinario da cidade mallorquina de Sa Pobla, representante da comunidade xueta. Bonnin sinalou que a comunidade xudía constitúe hoxe en día o colectivo relixioso identificábel máis antigo do estado español.

NOA: "QUE FERMOSO É VIVIR".



Grazas a Galiza Sosego temos subtitulado este fermoso tema de Noa. Tirado da BSO da película "Que Fermoso é Vivir".

sexta-feira, julho 27, 2007

OS XUDEUS EN GALICIA (LIBRO)


OS XUDEUS EN GALICIA
De María Gloria de Antonio Rubio
Neste libro realízase un achegamento á presenza xudía en Galiza na Idade Media. Aquí analízanse a súa historia e oficios, a existencia de xuderías, cemiterios e sinagogas; así como a presenza da Inquisición en Galiza e a expulsión dos xudeus do noso país polos Reis Católicos.
ISBN: 84-933244-1-8
Ano de edición: 2004
112 páxinas
PVP: 5,95 €

XAVIER SARDÁ EN JERUSALEM





Dúas entrevistas tiradas do programa DUTIFRI que dirixe Xavier Sardá. Visita o Hospital Hadaza de Jerusalem e entrevista ao veterano xornalista Henrique Cymerman

terça-feira, julho 24, 2007

SECUELAS DO HOLOCAUSTO (RESPOSTA A ABEL CUTILLAS).


Por Idith Zertal
Móijel toyves (non, grazas); non precisamos os vosos favores nin as vosas homenaxes: é o que se puido responder en ídish ao aforismo fascista de Abel Cutillas (Viure mata, Fonoll, 2006), reproducido na revista BenZina (n. º 4, xuño 2006), segundo o cal o Holocausto foi, en certo modo, unha homenaxe aos xudeus, xa que sería a proba de que eran recoñecidos como o pobo elixido. En ídish, xustamente. Posto que esta lingua áxil, rica, magnífica e chea de humor foi a lingua de millóns de xudeus de Europa do Leste que, sendo persoas como as demais, amaban a vida e as súas familias, e traballaban duramente para poder ter unha existencia normal, sen tomarse demasiado en serio a si mesmos, e valéndose do seu humor para dar sentido a un mundo absurdo, pervertido, cheo de odio e prexuízos que deixou que a ditadura nazi os asasinase masivamente sen intervir demasiado, ou facelo demasiado pouco, ou demasiado tarde. Segundo a argumentación de Abel Cutillas, as decenas de milleiros de nenos masacrados en Darfur, os centos de milleiros de armenios aniquilados polo exército turco-otomán durante a Primeira Guerra Mundial, ou -por que non?- o millón de catalán e españois, soldados e civís, que morreron entre 1936 e 1939 na Guerra Civil, cuxa memoria e cuxo duelo son, aínda hoxe, reprimidos ou negados, serían, todos eles, elixidos de Deus, quen, ao querelos ao seu carón, inflixiríalles todas estas catástrofes. Abel Cutillas pode permitirse xogar coas palabras porque para el o holocausto é unha abstracción, un argumento, unha ideoloxía. Aparentemente, non coñece a historia, todo ese mundo destruído, tan diverso e plural, que se topa detrás da palabra HOLOCAUSTO, e do que formaban parte os meus avós, os meus tíos e tías, os meus curmáns e primas, aos que só coñecín polo pouco que me contaron os meus pais, que fixeron duelo por eles durante toda a súa vida. Todos eles están detrás desta palabra que representa tan mal, e dun xeito tan impotente, o carácter único e á vez universal desta masa de xente irreemplazábel. Peor ainda: detrás deste suposto "halago" aos xudeus agóchanse dificilmente motivos antisemitas, ate fascistas, de salón, que se disfrazan seguindo a mellor tradición deste discurso, con belas palabras ou co politicamente correcto. Non hai nada orixinal nese chiste. Ao contrario. Antisemitas de todas as épocas valéronse da idea da elección do pobo xudeu para xustificar non só os seus suxos pensamentos e palabras, senón ademais as súas actuacións, así como a discriminación aos xudeus, a súa persecución e, finalmente, o seu exterminio físico. Pola súa banda, os xudeus a miúdo puxéronllo fácil, ao soster esta idea de elección sobre todo en tempos de crises, e explicándose así a súa persecución e vitimización. Resumindo, e sen querer traizoar demasiado os matices históricos, poderiamos dicir que a historia de dous mil anos de odio aos xudeus baséase, en grande medida, na pretensión do pobo xudeu de ser un pobo elixido. Por desgraza, esta historia, como case toda historia, e en especial a xudía, foi fatal e dramaticamente falsificada: mentres os xudeus a vivían como a dun pobo único e eternamente perseguido, os antisemitas presentábana como a historia de Satán. Ambas actitudes, que se alimentan mutuamente, son igualmente ahistóricas, e ate perigosas, porque sacan a existencia xudía da historia, converténdoa en mística e mítica, e xa que logo en inabordábel, indiscutíbel e impermeábel a todo análise ou debate racionais. A idea de elección áchase profundamente ancorada nos textos xudeus, antigos e novos, tanto de prosa como de poesía, xa desde a Biblia, e durante a idade media, en que esta idea tomou forza coas grandes polémicas entre o xudaísmo e o cristianismo, e ate a época moderna. Pertence, por suposto, ao imaxinario colectivo, á mitoloxía nacional dun grupo humano aflixido que necesita unha compensación, aquilo que Martin Buber chamou "a alianza teopolítica". Coa modernidade e o laicismo, xunto co esforzo xudeu por volver a entrar na historia e constituírse de novo como un pobo igual aos demais, dita idea perdeu moito da súa viabilidade e pertinencia. Con todo, non hai que esquecer que os xudeus non eran os únicos que alimentaban esta idea de elección, este sentido de destino e de unicidade. Atópase tamén no islam antigo, na Igrexa católica romana, nos movementos heréticos medievais, no nacionalismo francés do século XVI ao XVIII, impregnado de contidos e símbolos cristiáns, na misión civilizadora do colonialismo, ou na superioridade do home branco. En realidade, a idea de elección baixo todos os seus matices é un compoñente decisivo no imaxinario de calquera nacionalismo totalizador e movilizador. Cabe preguntarse que levou a un mozo catalán como Abel Cutillas, unha nova estrela, segundo me din, no espazo cultural e intelectual de Catalunya, a intentar facerse un lugar con semellante aberración: a vontade d´épater lle bourgeois, o autoodio, un filosemitismo dubidoso? Nas nosas fontes xudías, tamén hai aforismos. Un deles di: "Sabios, sede prudentes coas vosas palabras". Eu engadiría: "Os que non sodes tan sabios, sede aínda máis prudentes".

FILO NAZIS


Por Xavier Antich

Achego un interesante e valente artigo de Xavier Antich aparecido no xornal catalán La Vanguardia. Ao final do artigo traduzo as frases en catalán.

Filo nazis.
A cousa, máis ou menos, foi así. Abel Cutillas publicou hai un ano un libro de aforismos, "Viure mata", no que, entre outras cousas, esribiu un que moitos límos con estupor: "L'Holocaust fou, en certa manera, un homenatge als jueus: se´ls va reconèixer com a poble escollit" (1) O propio Cutillas, máis tarde, recoñecería a posibilidade de que "puidemos intentar traspasar as líñas vermellas que toda cultura ten e considera intraspasables", incluíndose a sí mesmo entre "todas aquelas criaturas perversas que se atreveron a mostrarse indiferentes, a minimizar ou, incluso, a facer bromas de mal gusto sobre o sacratísimo mal radical". A cousa, au seu xuízo, debía ter graza: por qué deterse ante a dor de millóns de persoas eliminadas por seren xudías? No é a literatura o exercicio supremo da creatividade libre? Por qué non pode a literatura burlarse de todo? E por qué non pode recuperar o antigo prexuízo antisemita según o cal se os xudeus sufren é porque son o que pretenden ser, o pobo elexido? Hai maior homenaxe aos xudeus, suxire Cutillas, que o seu exterminio? Semellaría difícil que tantas barbaridades ficaran sen resposta.
A historiadora Idith Zertal, que perdeu a parte da súa familia nos campos de exterminio nazis, publicou na Vanguardia (9 de Agosto 2006) un artigo no que cualificaba a frase de Cutillas de "aforismo fascista", analizando con moito xuizo cómo comparte a esencia do antisemitismo clásico: Non sodes os elexidos? Pois iso ten un prezo. Como dixo Zertal, "non hai nada orixinal neste chiste". En contra do que se houbera podido prever, as voces que se alzaron non son contra a barbaridade de Cutillas, senon contra Zertal e o seu tradutor, Arnau Pons, aos que se chamado de todo, e que foron acusados de "beatería", de "turistas intelectuais" e de estar "mal informados" por Agustí Colomines (Avui, 2 de Septembro 2006), que facía unha encendida defensa do libro de Cutillas sen que o aforismo merecera o menor comentario. Curiosa apoloxía a do director de Unesco.cat, que hai pouco presidía un acto de presentación da convención sobre a protección e promoción da diversidade das expresións culturais! Será que o que debe protexerse e promoverse é a burla das vítimas? Así o sostén Cutillas, que fixo a súa autodefensa en ton vitimista ( Avui, 15 de marzo), amparándose cínicamente en Adorno e Arendt, quen, ao seu xuízo, foron insultados por dicir o que dixeron. Tamén él, como antes eles, tería padecido a "espada de fogo" dos "guardiáns dos templos" e de "os nosos novos sacerdotes". Incríbel, verdade?
Sen entrar explícitamente na polémica, Enric Casases, publicaba no Quadern de El País a semana pasada un artigo no que, entre outras pérolas, escribía: "Per Bauçà la guerra espanyola fou pitjor que les matances hitlerianes: de jueus en van matar molts, però no foren exterminats: encara hi són, i ben puixants" (2). Casases facía súas as palabras de Bauçà: a fin de contas, sostiña, "els polonesos, com el jueus, l´han acabada guanyant, la guerra" (3) .Facíalle falta só engadir que son uns parásitos: os que dixeron antes que él o que él agora di foron máis claros. Estaremos entrando, tal vez, nunha época na que, ademáis de ser posíbel publicar aquí o que en Europa é considerado delicto, comeza a xeneralizarse a impunidade do insulto contra as vítimas do exterminio? Só pensalo prodúceme arrepíos.
(1) O Holocausto foi, en certo modo, unha homenaxe aos xudíos: recoñecéuselles como o pobo elexido.
(2) Para Bauçà a guerra española foi peor que as matanzas hitlerianas: mataron moitos xudeus pero non foron exterminados: ainda existen e ben puxantes.
(3) Os polacos, como os xudeus, remataron gañando a guerra..

segunda-feira, julho 23, 2007

EUREKA, 20.000 MADELEINES



Por Gustavo D. Perednik
Vinte mil cativos son hoxe sometidos en atroces torneos

Sería inimaxinábel que se fora topada a pequena Madeleine McCann (secuestrada na Praia da Luz de Algarbe o pasado 3 de maio) se permitira aos seus raptores conservala. Lamentablemente esa imposibilidade non resulta da inmoralidade insita en abandonar a súa sorte a unha cativa violentada, senon simplemente da necesidade de obter resultados despois de esforzos enormes. Mobilizáronse trescentos policías portugueses axudados por helicópteros, escudriñaronse leguas de terreo, púxose en acción á Garda Republicana axudada por cans rastrexadores, abríronse páxinas web, dedicáronse centos de horas de radio e televisión, ofertáronse millóns de euros por información, creouse o Fondo Madelaine para Non Deixar Pedra sen Remexer… despois de todo sería impensábel que unha vez localizada se deixara á pequena seguir padecendo o cautiverio. Sen embargo, insisto, a preponderancia que terían as consideracións utilitarias por sobre as éticas se desprende dun feito irrefutábel: milleiros de nenos coma Madelaine están hoxe sometidos á vista de todos pero ninguén osa importunar aos seus secuestradores. Estos vinte mil madelainitos non mereceron exhortacións de Bekham nin de Harry Potter, nin a bendición do Papa, nin miles de agasallos para estimular á súa familia, nin nada. Pero aí están, a pesar de que as axencias de noticias os ignoren e os defensores de dereitos humanos os empurren a unha quinta prioridade porque están ocupados en monitorear ao pérfido Israel. Os madeleinitos sofren e morren na península arábiga despois de ter sido secuestrados por traficantes de párvulos nas súas aldeas en Pakistán ou Bangladesh, para seren empregados como xinetes de camelos en fastuosos torneos que teñen séculos de tradición. Cando morre, un neno cameleiro reemprázase fácil e axiña. Decenas están agardando nas súas gaiolas, nas que dáselles de comer unha galleta diaria desde os cinco anos de idade para que cando cheguen á pubertade non pesen máis de cuarenta quilos, requisito este para que o camelo corra velozmente. As carreiras máis ostentosas lévanse a cabo en Dubai, un dos países máis ricos do mundo. Alí residen un cuarto dos madeleinitos, pero a asociación de académicos británicos e o principal sindicato das Illas veñen de anunciar que ao único país sobre o que exhortan a un boicot xeral, é o xudeu. Emires e xeques fan gala de cuidadísimos e alimentados camelos, sobre os que montan xinetiños escravizados aos que se lles minte dicíndolles que os seus pais os venderon para que así xamáis intenten fuxir. Nas súas mazmorras colócanselles cascos baixo o sol abrasador do deserto porque a calor consigue que a súa naris sangre, e este inxenioso método permite reducir aida máis o peso, condición que é prioritaria na escala de valores dos adestradores e os seus amos. A maioría dos mancebos terminan castrados durante o adestramento ou a carreira debido a que as sacudidas dos camelos golpean con forza os seus xenitales. Iso cando non se caen para sempre e fican soterrados sen tumbas nas exóticas dunas da brutalidade. Os transportan por milleiros desde quilómetros polas antigas rutas de escravos, golpeados e famentos ate Karachi, e desde alí ao seu estixio destino. Non teñen documentación nin estatus legal algún. Son baratixas. Se se negan a montar os persuaden a golpes. Non reciben educación algunha e terminan esquecendo de qué país proveñen. Son corpiños para camelear. Se gañan unha carreira, o sheik dono do animal premia ao adestrador e ao camelo. Ao cativo só golpes. As dinastías do mundo árabe petroleiro sosteñen esta práctica atroz, esas corruptelas á que Occidente perdoa todo. Eureka: eis aquí vinte mil madeleinitos. Non recibiremos recompensa pola denuncia, salvo algunha sorna dos portavoces do pensamiento único e da aquiescencia cos rexímenes islamo-fascistas que aspiran islamizarnos a todos.

Demasiado ocupados


Sábese cal será o final dos madeleinitos, dos miles de hoxe e dos miles que seguiran para manter viva a tradición das carreiras. Serán carroña nos areais, ou eventualmente explotados polos escravistas para atender as cortes, ou se afundirán nas condicións máis atroces en prisions árabes como castigo por ser «inmigrantes ilegais». En contraste coa pobre Madeleine, non naceron en Rothley nin teñen ollos claros ou tez branca. As súas condicións infrahumanas reflectin a moralidade dun mundo que tolera todo dos petroleiros, e a dos medios que nunca os mencionan porque están ocupados satanizando a Israel. Este país foi o único condenado nas últimas resolucións do Consello de Dereitos Humanos da ONU, reunido en Ginebra o 20 de xuño pasado. O Consello está conformado por 47 nacións que, en palabras do delegado norteamericano Alexander Wolff, padecen de «unha patolóxica obsesión con Israel». … Por varios milenios, permítome agregar eu provocadoramente. Unha das españolas máis patolóxicamente obsesivas é Maruja Torres. Baste ler a súa crónica sobre a tráxica morte de seis soldados españois no Líbano (Morir en Jiam, El País do 25 de xuño de 2007, páxina 20). En apenas cinco parágrafos, conseguiu mencionar tres veces a Israel (sempre negativamente, que é o único xeito que ten a Torres de lembrarnos aos israelís), un país que non tivo nada que ver coa traxedia. Máis ainda: a propagandista admite ao pechar o seu artigo que lle gustaría que o responsable fora o xudeu… Os escravistas teñen éxito en focalizar toda a moral do mundo contra o Estado xudeu, e deste xeito os seus rexímenes fican exentos de dar explicacións e son premiados pola vista gorda con que os obsequian «progres» e criptodrinos. No mundo árabe o término «xinete de camelo» vase popularizando coma un insulto que significa algo así coma «zafio, maleducado». Só quen descubre a orixe da expresión trata de evitala para non ferir a sensibilidade dos emires que se divirten co fenómeno. Eureka, lector. Atopamos a Madeleine. A vinte mil delas. Sábese onde están pero non se moverá un dedo para rescatalas. Deixaráselles morrer nos seus camelos para non ferir as sensibilidades dos donos do ouro negro. A continua explotación de xinetes de camelos é parte da aquiescencia xeral para co mundo violento e fanático de algúns rexímenes árabes e de Irán. Un que decapita infieles, apedrea mulleres «desviadas», lapida homosexuais, amputa mans de ladróns, e permite golpear ás esposas e matar ás fillas «pola honra familiar». Un mundo no que se exerce regularmente a clitoridectomía, a extirpación cruenta do clítoris, na maior parte dos casos sen anestesia, coa axuda de un coitelo ou folla de barbear, un casco roto de botella ou o borde afiado dunha lata. Seis mil adolescentes son sometidas diariamente á práctica, unha cada quince segundos. Non se require do seu consentimento e ás desgraciadas prohíbeselles chorar ou berrar durante a operación para «non avergonzar a súa familia». Lévase a cabo sobre todo nos países islámicos, ainda que proven de prácticas tribais que preceden ao Islam. Máis ainda, é inusual en algúns países musulmáns como Irán, Turquía ou Xordania. Un modo máis invasivo ainda é la infibulación, onde á clitoridectomía segue o cosido e peche case total con aramios, fibras vexetais ou fio de pescar, para que o marido abra os puntos cunha daga na noite de vodas, e volva a cosela se debe partir por un tempo. Desde Occidente se acepta a «diversidade cultural» e se opta por pedir perdón por caricaturas, suspender óperas de Mozart, prohibir películas que firan sensibilidades (hai un só tipo de sensibilidades a cuidar) e castigarnos a quen desafiamos o pensamiento único e propoñemos que os combatamos. Derrotalos ainda que sexa só para rescatar a vinte mil madeleinitos que agardan a sensibilidade dos de aquí.

DISCURSO DE INVESTIDURA DE SHIMON PERES COMO PRESIDENTE DO ESTADO DE ISRAEL


Señora Presidenta do Parlamento,

Os meus colegas membros da Knesset: *

Compañeiros no longo camiño nos diferentes gobernos e no sistema de seguridade, na vida política e entre os colonizadores do Negev e da Galilea, Honorables todos. Atópome aquí, hoxe, emocionado e agradecido pola confianza que depositaron en min en representación do noso pobo. A vosa confianza éme moi valiosa; son o custodio dun gran deber, o cal eu, como Presidente do Estado, levarei con reverencia e profundo sentido de misión. Comprometereime a nutrir, incesantemente eses finos fíos de tea, que nos entretecen xuntos como nación, cando entre nós se atopa xente con opinións variadas, que loita ferozmente por elas. Debo recordar, sempre, que somos os fillos e fillas da Terra de Israel. Non temos, nin estamos buscando, outro país. Vostedes, aquí, na Knesset, continuarán mantendo polémicas existenciais, como debe ser nun parlamento democrático, mentres eu dedicareime a unificar, a fin que non haxa prexudicados no fervor da treboada. Hoxe, no meu corazón, conviven a alegría, fronte ao desafío que me encomendaron, e, tamén, a tristura á hora de partir. Deixo esta casa, o corazón latexante da democracia israelí, logo de ocupar as súas bancadas durante corenta e oito anos, máis da metade da miña vida. Amei o seu volume enxordecedor, os grandes debates, o tumultuoso espírito alcanzando e as reconciliacións inesperadas. Sei que aquí se é capaz de tomar decisións históricas aínda cando a democracia estea convulsionada. Sei que, agora, estoume indo do brazo executivo ao ombreiro unificador. Xa non son o mensaxeiro dun partido senón o administrador dunha nación, de todos os cidadáns do Estado. A partir deste momento, serei a voz e o comportamento para todo cidadán do Estado de Israel, para cada bebé e neno, muller e home, para o pobre e o ancián. A miña casa estará aberta para todos; as miñas mans estarán estendidas para todos e cada un. Cheguei, de mozo, a Israel e tiven o gran privilexio de servir á Nación. O home madura pero a fe nunca envellece. Renóvase, todo o tempo, a si mesmo. Como nas palabras do Profeta Xoel: "Os vosos anciáns terán soños, os vosos mozos verán visións". (Xoel 2: 28). Hai quince anos, fun a Vishniova, preto de Volozin, o meu lugar de nacemento, un berce israelí en chan estranxeiro. A aldea enteira foi destruída polo lume. Estiven alí, parado, con bágoas nos meus ollos, cerca da chea de pedras que cubrían a fosa común dos últimos xudeus que foron levados á sinagoga, feita de madeira, e queimados vivos -entre eles o Rabino Zvi Meltzer, o meu avó, de bendita memoria- coas súas talits (chales de rezo) sobre os seus ombreiros e a súa cabeza. O meu avó estudou na Yeshivá de Volozin xunto con Jaim Nachman Bialik. Formou a miña vida de neno. Ensinoume a páxina diaria da Gemara. Tocaba, no violín, tristes cancións xudías. No Día do Perdón, dirixía o servizo e, coa súa fermosa voz, lía a oración de "Kol Nidre". Ate o día de hoxe, esa pregaria fai ecos nos meus oídos e emociona o meu corazón. Desde Vishniova, continuei ate Volozin para ver o edificio da Yeshivá, establecida en 1804. Por fóra, sobre as pedras da parede, aínda seguen gravados os Dez Mandamentos. Por dentro, agora, hai unha pastelería, non kosher, por suposto. Fun a examinar as lápidas que quedaran no cemiterio. Estaban espalladas e, algunhas, rotas. Nunha delas, identifiquei o nome "Szymon Perski", un membro da familia, de quen, ao parecer, recibín o seu nome. Quedeime parado, en silencio, e estremecido fronte a esas pedras da nenez. A aldea na que nacín estaba completamente destruída. A casa onde nacín desapareceu entre as chamas. Só quedou a fonte. Probei a súa auga. Non cambiara. Pero o lume destruíu por completo todo o que era. Parecíame estar escoitando un berro das bocas do meu avó, a miña avoa e o seu único fillo que lles quedaba para mantelos. Gustoume poder murmurarlles, ao oído, sobre a nosa Independencia e contarlles sobre as Forzas de Defensa de Israel, sobre Dimona, sobre Entebbe. Sobre o extraordinario privilexio que lle foi dado ao seu neto de participar na restauración das ruínas do noso pobo, cumprir co verdadeiro contido do xuramento, "Nunca máis". Cando cheguei a Israel, estudei Agricultura en Ben Shemen. As miñas actividades públicas enfocábanse en "Hano-ar Ha-Oved" (Movemento de Xuventudes Traballadores). Caseime coa miña dona Sonya no Kibutz Alumot. En 1947, un ano antes da Guerra de Independencia, fun enrolado -por David Ben Gurión e Levi Eshkol- para servir nos cuarteis da Haganá e mudeime de Alumot aos cuarteis de defensa. Tiven o privilexio, mellor que calquera outro, de servir baixo as ordes do xudeu máis grande que coñeza, David Ben Gurión. Del aprendín que só unha gran indixencia, ten decretada unha gran salvación; que non existe, na vida, nada máis sabio que dar preferencia ao chamado moral. Tamén aprendín del que, na guerra, non hai opcións. Un debe triunfar. E para a vitoria, son necesarias persoas con coraxe e as ferramentas necesarias. Con todo, cando a oportunidade para a paz está creada, non a debemos perder. Non sabía por que Ben Gurión elixiume a min. Pero sabía o que agardaba de min: Arriscarse e non arrepentirse, non renderse ante as dificultades, non alarmarse pola visión, non temer ao mañá, non ser falso comigo mesmo nin cos meus compañeiros. Nese entón, era difícil imaxinar que, de 650.000 habitantes, medrariamos a un estado de 7.2 millóns de cidadáns, dos cales 1.2 millóns non son xudeus: árabes, drusos, beduínos, circasianos; unha fascinante rede de sociedade humana. Sabía entón, como o sei agora, que se non gozan de completa igualdade, non estaremos en paz con nós mesmos nin cos nosos semellantes. Resultaba difícil, por entón, imaxinar que deberiamos loitar polas nosas vidas, en sete guerras, en dúas Intifadas e en innumerables batallas. Estivemos sós. Con números inferiores e illamento internacional. Nunca desesperamos. Non perdemos unha guerra. E, en cada oportunidade volvemos sempre a levantarnos. Revivimos o noso antigo idioma, establecemos células sociais de avanzada, como os "kibbutzim" e "moshavim". Descubrimos unha particular habilidade para facer florecer o deserto. E unha brillante aptitude para a capacidade defensiva. Fomos innovadores na industria, progresamos e fomos visionarios na ciencia. Aínda os críticos severos de Israel non lograron agochar eses logros extraordinarios, eses momentos cume que xorden no horizonte da historia. Case sesenta anos do Estado. E o meu corazón está orgulloso de todo o que, xuntos, logramos. E do que nós, como unidade, soñamos: vivir con fe, buscar a paz, construír un futuro mellor. Pero houbo un pesado prezo. Aqueles que caeron na batalla. As familias aflixidas. Os fisicamente discapacitados. Sen o sacrificio demostrado polas Forzas Israelís, non teriamos alcanzado esta instancia. Deica hoxe, encabezando a axenda das nosas forzas, está a liberación dos tres soldados secuestrados: Gilad Shalit, Udi Goldwasser, Eldad Regev e todos os outros soldados. Eles son os nosos fillos e non descansaremos ate que os vexamos de regreso a casa, nos seus fogares, o noso fogar. Tamén, nesta ocasión festiva, duelo no meu corazón polo asasinato de Yitzhak Rabin. mataron ao noso gran líder, feriron os nosos corazóns. E nesta festiva ocasión, rezo polo benestar de Arik Sharon, o gran loitador e valente guía. Non soñei en converterme en Presidente. A miña fantasía de neno era ser pastor ou un poeta das estrelas. Ser elixido é unha gran honra para min, e non o menosprezo, ao expresar o secreto anhelo e os obxectivos manifestos da Nación de facer cumprir a xustiza. Expresar o unificador e respectar o singular. Sei que o Presidente non é gobernador, nin xuíz. Non é lexislador pero estalle permitido soñar. Establecer valores, dirixir con honestidade e compaixón, con coraxe e amabilidade. Non hai nada que prohiba ao Presidente efectuar boas accións. El ten o dereito, e ate a obriga, de servir á súa Nación, que é o seu pobo; educar co amor do pobo, do estado, de todos os individuos. Achegar a aqueles que se topan lonxe. Ocuparse da distancia remota. Axudar ao féble. Brindar consolo ao aflixido. Reunir ao pobo. Incrementar a igualdade. Tender unha ponte sobre as diferenzas. Apoiar a creatividade espiritual e científica. O Presidente debe mirar con coraxe a totalidade da película, e ver que se pagou un prezo pola construción do país e o seu crecemento vigoroso: a redución dos recursos naturais, o dano ecolóxico da paisaxe. E, como o resto do mundo, debemos movernos cara a unha economía limpa, responsábel e xusta. A viaxe máis fascinante, no século XXI, será o retorno do equilibrio na natureza. Trátase dunha oportunidade única para nós na que se deberá aproveitar a creatividade e o coñecemento israelí, en cooperación cos nosos veciños, e así crear unha nova rexión e unha nova paisaxe para o país e no noso contorno, retornando á cortesía, ao respecto do espiritual e ao amor ao libro. Os logros literarios de Israel non son menos que os seus froitos científicos e, de modo similar, garanten axuda e sublimidade. Incrementar o interese na cultura, ser considerados dos seus próximos. É deber do Presidente recordar á xeración, representada aquí na Knesset, que é moralmente responsábel daqueles que están aínda na súa plena mocidade. Permitirlles construír as súas propias vidas, correctamente establecidas, criados coa gran herdanza do noso pobo e guiados polo descubrimento de novos mundos. De feito, a sabedoría non é regresiva. E a responsabilidade non debe envellecer. A desesperación non ten ningún rol. E a corrupción pode ser eliminada. As guerras non son ideais xa que, tanto o vencedor como o vencido, pagan un pesado prezo. A paz é sostida por xente viva que respecta a vida. Vexo a necesidade de alentar á nova xeración para que se inicie na vida política e as xerarquías de liderado, a fin de comezar de novo. O seu entusiasmo é esencial para o noso futuro. Non hai lugar para o abatemento. De feito, o pobo xudeu é o inventor da insatisfacción. Somos un pobo que nunca aceptamos, nin aceptaremos, o asasinato, a falsidade, o dominio, a escravitude, a discriminación, a explotación, a claudicación ou ficar quedos. Desde que establecemos o Estado, debemos manter eses principios no noso país. As 169 palabras dos Dez Mandamentos, son, ate hoxe en día, a base de toda a civilización occidental. E a visión social de Amós e a política de Isaías, son o compás do noso camiño. Si. Creo en esclarecer ao mundo, en levar luz tanto aos pobos como ás nacións. Recordemos que a primeira oración no Xénese foi: "Que se faga a luz". Einstein dixo que o noso lema era a "chutzpah" (audacia); a "chutzpah" para socavar os convencionalismos, a "chutzpah" para renovar, crear, contribuír, para elevarse por encima do existente. A "chutzpah" creativa do pobo xudeu. Son consciente que existen normas. O Presidente debe ser como o Estado. Defender á lei, fortalecer a xustiza, axudar ao brazo executivo a cumprir cos seus deberes respectando a minoría. Pero ten o dereito de tratar co desexable. A carencia. A visión. Debe alentar os procesos de paz. Dentro da casa. Cos nosos veciños. En toda a rexión. A nova era, en calquera caso, rebaixa as fronteiras territoriais e reduce a discriminación entre a xente. Está baseada máis na creatividade que no gobernar. Israel debe ser non só un ben senón un valor. Un chamado moral, cultural e científico ao crecemento do home, de todo home. Debe ser un bo e cálido fogar para os xudeus que non son israelís, así como para os israelís que non son xudeus. E debe crear oportunidades iguais para todos os segmentos da poboación sen diferenciar entre relixión, nacionalidade, comunidade ou sexo. O Presidente debe apelar a cidadanía relixiosa e laica para que atopen aquilo que lles sexa común. Debe apelar aos palestinos e os países árabes, sen desdebuxar a súa herdanza, a participar na gran viaxe a través dun mundo construído sobre o intelecto, non só sobre a terra. Dar supremacía á educación. No futuro mapa de Israel, deben marcarse catro prioridades: Xerusalén, o Negev, a Galilea, e o Val da Paz. Xerusalén ten ansias de impulso e está sedenta de renovación. De ser a cidade, prometida para nós e santa para todos os crentes. Ser o centro espiritual e político para o pobo xudeu e o niño de pregarias para os que buscan a paz de todos os crentes. Ser un centro universal para a ciencia e un desafío intelectual para todos aqueles que chegan ás súas portas. A singularidade de Xerusalén é, tamén, o seu destino. O Negev (Rexión sur de Israel) comezou a espertar. Non se lle debe permitir xamais quedar durmido, outra vez. O Negev fai posible duplicar a área colonizada de Israel. Combateremos a súa aridez así como loitamos contra a hostilidade fóra del. Agora, os mísiles teñen radios de alcance distantes, que fan borrosa a diferenza entre a fronte e as zonas remotas (traspaís). Como os asentamentos están máis dispersos, a concentración dos obxectivos dos mísiles reducirase. O Negev permítenos aproveitar a enerxía solar e crear electricidade non contaminante para o Estado e desalinizar auga do mar e preservar augas de tempos remotos. Permite formar un terreo común de relacións económicas cos tres veciños: os xordanos, os exipcios e os palestinos. A Galilea: o seu encanto renóvase. Posúe unha beleza abafadora. A metade da súa xente son xudeus e a outra metade son árabes. É unha oportunidade para crear verdadeira igualdade. A Galilea invita á nova xeración a enriquecela con enerxía intelectual e establecer industrias non contaminantes, cubrila con vides e recibir a turistas. Chegará o día en que o Líbano se libere dos seus destrutores e Siria sexa redimida das súas ataduras, e a paz chegará desde o norte. O Val da Paz esténdese ao longo da fronteira entre nós, o Reino Hashemita e os palestinos. Poderá converterse nun refuxio de cooperación entre Israel, Xordania e Palestina. Xa os tres deron o seu consentimento. A Aravá será unha asombrosa área turística. Alí, unha serie de lagos artificiais poden darlle vida e facela atractiva. Ao longo dela un acueducto será construído cara ao Mar Morto para compensalo pola súa perda de auga. No dilatado do val, estableceranse parques industriais que ofrecerán moitas oportunidades de traballo para todos os socios. No Val da Paz veremos como, por primeira vez, será posible aproveitar a economía como trampolín para a paz. Unha sociedade -entre Xordania organizada e Israel moderno- axudará aos palestinos a superar a súa indixencia e establecer o seu país. Creo que a política se ocupará das fronteiras e a economía das relacións. As boas relacións fan posible a determinación de fronteiras seguras e acordadas. O Val da Paz é un desafío que pode crear entusiasmo entre os nosos irmáns na Diáspora, para participar no camiño dunha ampla visión co obxectivo de crear vida e paz. Tamén pode traer apoio dos países do Golfo. É posible entusiasmar á xente nova, ao unir a ciencia, o desenvolvemento e a paz nun só feixe. Teño a intención de dedicarme a promover as relacións entre Israel e a Diáspora, sumando unha dimensión intelectual e creativa. E, isto, xunto ao estímulo de relacións modernas cos países árabes. Dentro de nós existen enormes poderes creativos ocultos nas áreas espirituais, filosóficas, científicas e culturais. E no profundo tópase a obriga de asistir na aflición humana en calquera lugar, o lugar do pobre do voso pobo e o lugar do necesitado na súa rexión.

Os meus amigos, Membros da Knesset, Estimados convidados: Fun novo e tamén envellecín. Os meus ollos viron a Israel nas súas horas máis difíciles e tamén en momentos de logros e inspiración espiritual. Os meus anos sitúanme nun punto de observación desde o cal vese a escena da nosa vida como Nación renacente, que se estende con toda a súa gloria. É verdade que aparecen manchas na imaxe. É verdade que as veces erramos, pero por favor, créanme: non hai espazo para a melancolía. Os extraordinarios logros de Israel, nos seus sesenta anos, xunto coa coraxe, sabedoría e creatividade da nosa nova xeración, dan orixe a unha clara conclusión: Israel ten a forza para alcanzar gran prosperidade e converterse nun Estado exemplar, tal como nos foi encomendado polos nosos profetas. Permítanme seguir sendo optimista. Permítanme ser un soñador do seu pobo. Permítanme presentar o lado luminoso do noso estado. E tamén, se en ocasións a atmosfera é outonal, ate se hoxe, o día parece repentinamente gris, o Presidente que vostedes elixiron, nunca se cansará de alentar, espertar e recordar; porque a primavera estanos agardando no limiar. A primavera chegará definitivamente! E, como conclusión, quero expresar o meu agradecemento e amor aos meus dous bisnetos, aos meus oito netos, aos meus tres fillos, e á miña dona Sonya, quen nos uniu a todos entre doces lazos de amor e con modestia no seu corazón. Señora Presidenta do Parlamento

Grazas por cumprir o rol de Presidente con sabedoría e encanto. encheu un baleiro nun período difícil.

Señor Primeiro Ministro, Grazas pola confianza e cooperación, que me demostrou durante o período en que fun membro no seu goberno.

Estimados Amigos, Hoxe dígolles "Shalom" e "Au Revoir".

A miña residencia estará aberta para vostedes e para todo o pobo de Israel xa a partir de mañá pola mañá e o número telefónico estará dispoñible para todos. Deséxolles, desde o profundo do meu corazón, un continuo servizo leal en nome do Estado de Israel e o seu marabilloso futuro. Servirei a esta Nación dun modo diferente pero non con menos fe. Doulle grazas ao Creador do Universo, ao meu pobo, e a vostedes por darme tan grande privilexio.

Miles de grazas. Shalom para vostedes, e "Au Revoir" novamente.

Longa vida ao Estado de Israel!
* Discurso pronunciado na Knesset o pasado 21/07/07 con motivo da súa investidura como Presidente do Estado de Israel.

domingo, julho 22, 2007

POLO RESPECTO AOS DEREITOS HUMANOS EN IRÁN



A persecución dos dereitos humanos en Irán é de todos e todas coñecido. Gays e lesbianas sofren a brutalidade dus rexime teocrático. Eis un video dos compañeiros de ASEI denunciando a inadmisíbel actitude iraniana.

sábado, julho 21, 2007

SREBRENICA, 12 ANOS APÓS O XENOCIDIO


Por Predrag Matvejevic, escritor croata, profesor de Estudos Eslavos na Universidade de Roma.


O duelo segue vivo no verán de 2007, doce anos despois do xenocidio de Srebrenica. Máis de 8.000 musulmáns bosníacos, de idades comprendidas entre os 14 e os 85 anos, morreron asasinados en xullo de 1995 nos arredores desta pequena localidade, próxima á fronteira que separa Bosnia de Serbia. “O maior xenocidio en Europa desdeo o xudeu na II Guerra Mundial” -así o chaman os bosníacos, e non só eles- está quizá máis presente hoxe que no momento no que se cometeu. botou raíces no sentimento, na memoria, na conciencia. Nin os habitantes de Srebrenica e a zona de ao redor que, logo de todo o que lles sucedeu, permaneceron no seu pobo, nin os que fuxiron para establecerse noutro lugar teñen xa fe en ninguén, nin sequera nos seus representantes directos en Saraievo. Considéranse traizoados por todos: polo xeneral francés Morillon, que proclamara de forma patética que a zona ía estar “protexida”, e polos demais: os soldados holandeses alí presentes baixo a bandeira de Nacións Unidas e o mando do xeneral Janvier, que lles deixaron en mans dos asasinos; Boutros Gali, secretario xeral da ONU, e ate o mando supremo do pequeno exército bosníaco, que, a pesar de ser un débil e posuír poucas armas, debería acudir na súa axuda. Como tamén lles traizoaron numerosos políticos que eles contribuíran a elixir e traizoáronlles os medios de comunicación internacionais, que non dedicaron a atención suficiente ás súas vítimas. Os habitantes de Srebrenica xa non teñen nada que perder, así que non é de estrañar que persigan ate aquilo que non poden obter: separarse da chamada “república serbia” en Bosnia-Herzegovina. Unha nova escisión nos Balcáns, coas consecuencias que poden imaxinar. Non é fácil describir a dimensión histórica dos feitos, e aínda menos a dimensión política, sempre determinada e imposta polos intereses e esixencias doutros, que non teñen suficientemente en conta a aqueles a quen se refire a realidade en cuestión. Son moitos os que falan sen cesar sobre a necesidade de axudar a Srebrenica, pero moi poucos os que o fan. Hai momentos nos que resulta verdadeiramente difícil saber que se debería de facer e como. Existe, ademais, en toda esta situación un erro innegable dos países occidentais que vén xa de antes. Os musulmáns bosníacos, uns eslavos convertidos tardíamente ao islam, eran quizá os musulmáns máis moderados do mundo. Un gran escritor pertencente a esa nación, Mehmed Mesa Selimovic, escribiu nun libro extraordinario titulado “O derviche e a morte”, traducido a case todas as linguas europeas: “Eramos demasiado poucos para ser un lago e demasiados para que nos tragase a terra”. Os nacionalistas serbios de Bosnia e os nacionalistas croatas de Herzegovina querían velos a todos engulidos pola súa terra natal. Europa prestou oídos cómplices á propaganda tendenciosa dos secuaces de Slobodan Milosevic e Franjo Tudjman, que presentaban aos musulmáns bosníacos como unha “plataforma”, unha cuña mediante a cal o islam ía poder penetrar en Europa. E, en cambio, non os viu como o que eran: o islam máis laico do mundo, un modelo que podía servir para contrapolo aos verdadeiros fundamentalistas islámicos, un modelo de islam europeo. Agora, feridos de morte e reunidos ao redor dos féretros dos seus irmáns, quizais perderon parte dese laicismo. De quen é a culpa? Non só dos criminais Mladic e Karadzic. estiven hai uns días en Srebrenica, pero non para participar, en absoluto, nas manifestacións e nos rituais conmemorativos. Vin o novo cemiterio musulmán (mezarje) e os Potocari nos que se produciu gran parte da traxedia, percorrín a cidade e os seus arredores. Puiden ver unha longuísima ringleira de mulleres, de criaturas infelices que perderon aos seus maridos, os seus pais, os seus fillos, os seus irmáns, os seus amantes -calcúlase que houbo máis de 8.000 mortos, todos homes- no pogrom máis espantoso ocorrido en Europa desde a furia antisemita de Hitler e Stalin. Tamén as “mulleres de negro” serbias foron a unirse ás viúvas musulmás. É difícil reprimir os sentimentos en presenza de escenas dese tipo; eu non puiden. Aínda sintome mal a pesar de estar de volta en Roma. ”Un número de vítimas case catro veces superior ao das Torres Xemelgas de Nova York”, din, e parece que é verdade. E a pesar diso, as noticias sobre Srebrenica foron a parar desde o primeiro momento ao fondo da páxina, entre outros sucesos de discreta importancia. A traxedia non inflamou as pantallas de todo o mundo. Ate nós, os ex cidadáns da antiga Iugoslavia, preguntabámonos, ao principio, se aquilo podía ser certo. Pois si, ocorrera o imposible. Ratko Mladic e Radovan Karadzic, os principais culpables -aínda que non os únicos- da matanza, cualificada polo Tribunal da Haia de “crime contra a humanidade”, están aínda en liberdade. E talvez o estéan por sempre. Nun número recente do semanario montenegrino Monitor, cóntase que a policía local tivo no seu poder a Karadzic xa en 1996, pero recibiu ordes superiores de non tocalo. Tamén tivo nas súas mans a Mladic un ano despois, cando este grotesco personaxe foi a “tomar o sol” á costa de Montenegro acompañado de quince gardacostas armados ate os dentes. E tamén a el deixáronlle tranquilo, porque era perigoso rodealo e desarmalo, e ninguén tiña ganas. Estiven hai pouco en Grecia, en Salónica, con motivo dun acontecemento literario. O guía que nos mostraba a cidade levoume a unha suntuosa vila que era a residencia real cando o soberano visitaba a cidade. “Nesta casa viviu tamén Radovan Karadzic”, dixo, case con orgullo. ¡Ai! Estamos na parte ortodoxa da Unión Europea. Pero é posible que Karadzic estea agora en Rusia. Aínda que tamén din que quizais se tope na montaña sacra, en Athos. En Bosnia puiden ler unha declaración, ao mesmo tempo cínica e vergoñosa, dun dos corifeos ultranacionalistas do aparello político atribuíble ao dúo Milosevic-Seselj: dicía que os musulmáns bosníacos amontoaron nos arredores de Srebrenica cadáveres procedentes de todas partes, e non só da súa xente, senón doutros grupos, para sumalos á conta e exhibilos. É unha historia que xa oímos cando se produciu a matanza -causada por granadas- de inocentes que buscaban un pouco de pan no mercado de Markale, en Saraievo: “Mátanse entre si mesmos para chamar a atención do mundo”, este foi o ton do comunicado ultranacionalista dos serbobosnios de Pale. Nunca se me ocorreu acusar de crimes semellantes ao pobo serbio, ao que amo e do que me considero irmán, do mesmo xeito que me opoño a identificar a todos os croatas cos ustasha nazi da II Guerra Mundial e coa súa reaparición en tempos de Tudjman. Pero non basta con pedir desculpas de xeito xeral ou abstracta: aos delincuentes hai que chamalos polo seu nome, condenalos e castigalos. É a única forma de proceder para restituír a dignidade a un pobo e lavar a conciencia. De non ser así, os Balcáns poderían volver incendiarse, Deus sabe cando, onde e como. Despois de todo o que aquí recordei, talvez resulte asombroso que quen viviu e soportado o imposible reclame agora máis do que sabe que pode obter. Se a Bosnía-Herzegovina actual conseguise librarse da mordaza colocada polos acordos de Dayton, se o Estado de Bosnia e Herzegovina se convertese verdadeiramente nun só Estado, unha comunidade formada por todos os cidadáns que o constitúen, sen divisións internas derivadas dunha guerra absurda, non faría falta facer ningunha petición concreta dese tipo; sería a consecuencia dunha situación natural. E, con todo, non sabemos canto tempo imos ter que agardar aínda para que se faga realidade.

DISCURSO DE PILAR RAHOLA NO 13 CABODANO DO ATENTADO DE AMIA



O pasado mércores 18 de xullo en Buenos Aires. 13 cabodano da masacre de Hezbollah contra AMIA. 85 mortos incluido un galego, Alberte Fernández

sexta-feira, julho 20, 2007

IRÁN, O ÚLTIMO VERDUGO DE MENORES



Por Delia Padrón, presidenta de Amnistía Internacional España

No 2006, pouco despois de cumprir 18 anos, Sina Paymard foi conducido á forca para ser executado. Cando xa tiña a soga ao redor do pescozo, preguntáronlle cal era a súa última vontade. Respondeu que lle gustaría tocar o ney, unha frauta típica de Oriente Medio. A música conmoveu tanto aos familiares da persoa asasinada que se atopaban presentes que aceptaron o pago punitivo da diyat (diñeiro de sangue) en lugar da morte, como permite a lexislación iraniana. Irán é un dos maiores executores do mundo, e tópase ademais na vergoñosa situación de ser o último país que mata a persoas que cometeron delitos sendo menores de 18 anos. Ten a macabra honra de executar desde 1990 a 24 -das cales once eran menores de idade-, máis que calquera outro país. Outras moitas atópanse condenadas á morte, pero as autoridades seguen negando estas execucións. Esta práctica case desapareceu no resto do mundo. Gobernos de todas as rexións ratificaron os tratados internacionais que prohiben estas execucións e introduciron reformas nas súas lexislacións nacionais para facer efectiva a prohibición. Os últimos países en sumarse foron Iemen, China, Paquistán e EE. UU. Aínda que escasas en comparación coa cifra total de execucións en Irán -máis de 170 no 2007-, é preocupante a indiferenza do Goberno iraniano cara aos compromisos e obrigacións contraídos en virtude do dereito internacional en relación coa aplicación da pena de morte a menores e á protección da infancia. Crese que algúns membros do Goberno e do poder xudicial están a favor polo menos de reducir algo a pena de morte nestes casos, pero os progresos son moi lentos. Afortunadamente, xurdiu no país un movemento contra esta práctica inhumana formado por xente diversa. As autoridades acosan a moitos destes activistas, pero o traballo realizado tanto dentro como fóra de Irán tivo un impacto decisivo e pode seguir téndoo. O caso de Leyla Mafi é un exemplo. Foi detida durante o rexistro dun burdel cando tiña 17 anos, tras unha vida de prostitución forzada, abusos e violacións desde os oito anos. Foi condenada á morte no 2004 por "actos contra a castidade". Nun proceso inxusto, tampouco se tivo en conta que tiña a idade mental dunha nena de oito anos, segundo os asistentes sociais. Activistas de dentro e fóra de Irán mobilizáronse polo seu caso, e unha campaña de Amnistía Internacional atopou eco nos medios internacionais. A consecuencia da presión, as autoridades iranianas anunciaron que se revisaría a súa causa. O 27 de marzo do 2005, o tribunal revogou a condena de morte. Unha vez máis, a acción coordinada e sostida de xente corrente foi capaz de facer que as cousas cambien. E o Goberno iraniano debe saber que os activistas de dereitos humanos imos redobrar a presión ate conseguir a abolición total da pena de morte na lexislación de Irán.

REVISTA "LA CLAVE": ISRAEL E OS PARTIDOS DE ESQUERDA NO ESTADO ESPAÑOL



Se tes interese en recibir en PDF este artigo, podes enviar un correo a: galiza_israel@yahoo.es

quinta-feira, julho 19, 2007

O MOMENTO DE MARCAR A LIÑA




Por Shlomo Ben-Amí


Tirado de O RUÍDO DOS DÍAS



A Segunda Guerra de Líbano, que comezou máis coma un acto reflexo que coma resultado dunha estratexia racional con obxectivos realizables, deixounos con varias conclusións importantes de cara ao futuro. Nunha guerra iniciada por un mesmo, coma no caso da Segunda Guerra do Líbano, a parte que comenza pode perde-la posición vantaxosa se o inimigo non é un exército regular que opere de acordo coas regras da guerra clásica. Isto é tamén o que lle aconteceu ao exército dos E.U.A. en Iraq. O ataque do choque e temor contra o exército de Saddam Hussein terminou nunha victoria concluínte, pero entón abríronse as portas do inferno, e o exército que ocupaba viuse atrapado nuha guerra asimétrica contra as milicias terroristas e suicidas.Israel e as superpotencias máis fortes tamén fallaron igualmente en campañas asimétricas. Unha dura lección que aprender, que os israelís experimentaron persoalmente, son os límites difusos entre a fronte e a fronte doméstica.Unha organización que non é un Estado tivo éxito ao usar a forza militar contra Israel coa forza dun exército, e ao obrar así redefiniu o campo de batalla futuro. Calquera inimigo, aínda que sexa un exército cunha enerxía inferior á das FDI, e cuxa cultura careza de calquera rastro da moralidade, non dubidará en usa-la súa capacidade balística para golpearnos na nosa fronte caseiro da maneira que fixo Hezbolá.Un país pequeno e mesto coma é Israel non pode permitirse ser testemuña de novo das escenas do desamparo do pasado verán. O fortalecemento da fronte doméstica, sen prexuízo da importancia que pode ter, non pode se-la única resposta.As vidas de residentes do norte non son menos valiosas cás dos residentes do centro de Israel. Sen embargo, un ataque de mísiles sobre Tel Aviv - e os sirios son capaces disto - terá implicacións de gran envergadura, posto que esta non é só a área máis densamente poboada, senón que tamén representa a cerna da economía de Israel.Se Israel non pode prever tal ataque ou evitalo, éste tamén terá graves implicacións na economía israelí a nivel global.Consenso internacionalA Segunda Guerra de Líbano foi a máis longa de tódalas guerras israelíes, a excepción da de Independencia. Se as FDI non gañaron a guerra non foi porque o mundo non lle dera tempo dabondo.A paciencia da comunidade internacional fraqueou en varios puntos: En primeiro lugar, en determinado forcexeo dos réximes moderados do mundo árabe contra as forzas islámicas radicais, onde existe unha alianza secreta con Israel. A guerra de Israel contra Hezbolá foi tamén a guerra dos nosos veciños árabes.Obviamente, Israel non debe asumir que esta alianza é incondicional. A resolución do conflito cos palestinos é vital para alentar esta alianza. En Sharm-el Sheik comprobamos como, contrariamente á posición de Israel e dos E.U.A., Xordania e Exipto impulsaron un proceso diplomático que incluiría Hamas e non o aillaría. De feito, intentaron a renovación do goberno de unidade palestino entendendo que non habería armisticio, por non falar dun acordo, sen Hamas.A separación entre Gaza e Cisxordania, que parece tan favorable a Israel, de ningunha maneira ata as políticas dos nosos aliados no mundo árabe.A segunda razón da prolongada Guerra do Líbano foi o consenso internacional de que cada nación ten o dereito de protexe-las súas fronteiras, con tal de que se recoñezan e as fronteiras acordadas. Este é o caso entre Israel e Líbano. Non é o caso en relación a Siria e os palestinos. Polo tanto, o establecemento dun muro invisible que marque as fronteiras internacionalmente acordadas de Israel debe ser unha compoñente vital na doutrina defensiva de Israel. Isto require unha estratexia que busque acordos diplomáticos e sexa consciente dos seus costes.Para que ese muro se estableza, a enerxía disuasiva de Israel (que revelou defectos perigosos durante a Segunda Guerra do Líbano) debe ser restaurada sen arriscarse a unha guerra con Siria.


Tirado de O Ruído dos Días

A NOITE DOS CRISTAS ROTOS E O ESTADO DE ISRAEL



Documental da BBC que trata da "Noite dos cristais rotos" ate e da independencia do Estado de Israel.

quarta-feira, julho 18, 2007

AMIA: A VIDA CREBADA


Por Pilar Rahola
Todas as idades. Yasmín, que tiña 12 anos ao morrer. Paola e Cristián, que cos seus 21 anos estaban culminando os seus estudos de avogacía. Carla, con 17; Ingrid, con 18; Mariela, con 19, que buscaban o seu primeiro emprego na bolsa de traballo da Asociación Mutual. Eugenio era boliviano; tiña 17 anos e axudaba nunhas obras de reparación. E, con eles, 78 persoas máis, todas coas súas vidas, os seus amores e a súa esperanza; todas convertidas en fume ás 9.53 da mañá do 18 de xullo de 1994. A esa hora, a morte viaxou nas entrañas dunha camioneta Renault Traffic e deixou unha ferida de sangue e lume na rúa Pasteur 633, no corazón de Balvanera. Ibrahim Hussein Berro, militante de Hezbollah, foi o actor material da matanza, e o seu "martirio" hónrase cunha fastuosa placa no sur do Líbano, alí onde as milicias chiitas crearon o seu particular Jihadistán. O "partido de Deus", dedicado a converter a bondade teolóxica nunha maldade terreal, conseguía, así, ser o autor do atentado terrorista máis importante da historia arxentina. Anos atrás, xa matara a 18 persoas no restaurante El Descanso, de Madrid, e a 29 na embaixada de Israel, no propio Buenos Aires. O General Intelligence and Security Service o considera responsable destes e doutros famosos atentados, e todas as fontes de intelixencia cren que Hezbollah mantén células en máis de vinte países, particularmente na opaca tripla fronteira. No Líbano, cos seus mísiles terra-terra Al-Fajr, iranianos; os seus temibles Toophan -versión dos mísiles estadounidenses antitanque TOW-; os sirios de alcance medio; decenas de miles de pezas de artillería lixeira; avións iranianos non tripulados Mahajer-4 e un exército de miles de persoas, é o auténtico brazo armado de Irán na zona. A actualidade sitúao no primeiro plano da traxedia do Líbano, pero trece anos antes a traxedia tinguíase de dor arxentina. Hoxe, ao soar das sirenas, e co lema de "Fagamos memoria. Reclamemos xustiza", os familiares e amigos alzaremos a nosa lembranza polas 85 persoas brutalmente asasinadas na AMIA. As súas vidas crebadas serán o motor do noso compromiso moral. Con todo, a AMIA non só é recordo da traxedia. Tamén é o sonoro clamor de anos de impunidade, encubrimentos e mentiras, nun longo proceso xudicial errático e turbio que, finalmente, levou ao ex xuíz federal Juan José Galeano e ao ex titular da SIDE Hugo Anzorreguy a ser procesados. E, desde logo, a longa sombra da dúbida alcanza ao ex presidente Menem. Durante anos, as familias das vítimas padeceron unha soidade clamorosa, unha indiferenza lacerante e ate a miúdo, unha brutal falta de piedade, ate o punto de que houbo quen considerou que na AMIA non habían morto arxentinos, senón xudeus. Un taxista platense chegoume a asegurar que foran os propios xudeus os que provocaran unha implosión para dar mala imaxe dos árabes. Por suposto, baixei do taxi. Así, un auténtico acto de guerra perpetrado por un país contra outro -a autoría iraniana foi demostrada polo fiscal Nisman- converteuse nunha estrita "cuestión xudía" e deixou de ser patrimonio arxentino. Esta foi a loita dos familiares durante máis dunha década: a loita contra o esquecemento e contra a impunidade. Cando parecía que eran derrotados, e que os mortos eran novamente asasinados, esta vez no recordo, o traballo inxente e case heroico de Alberto Nisman creou unhas expectativas de xustiza que alcanzan dimensión histórica. Foi o revolucionario francés Emmanuel-Joseph Sieyès quen berrou indignado hai séculos: "Queren ser libres e non saben ser xustos!", e esa é a esencia da liberdade, que nunca se pode fundamentar nunha lacerante inxustiza. Así o debeu pensar este fiscal, que, con paciencia e valentía, foi desmontando as trampas que lle prepararon. Revelou a fabricación de pistas falsas por parte da "intelixencia" arxentina, rastrexou a orixe do atentado na reunión que tivo lugar o 14 de agosto de 1993 na cidade iraniana de Maashad, puxo en evidencia ao xuíz Galeano, que imputou falsamente a policías bonaerenses con quen tiña contas pendentes. E ate chegou a viaxar a Detroit, onde vive a familia do suicida, para ratificar a súa autoría. Finalmente, no seu fascinante ditame de 801 páxinas, Nisman fixo o impensable: non culpou a "radicais iranianos", senón ao réxime de Irán como instigador e a Hezbollah como executor da matanza. Coa súa valentía, a Arxentina convértese no primeiro país do mundo que pediu a Interpol a captura dos xerarcas do réxime islámico. Oito son os nomes imputados: Ali Rafjansani, ex presidente de Irán; Ali Fallahiján, ex ministro de seguridade; Ali Akbar Velayati, ex chanceler; Moshen Rezai, ex comandante dos Pasdarán; Imad Fayez Moughnieh, ex xefe do servizo de seguridade exterior de Hezbollah; Ahmad Reza Ashgari, secretario da embaixada de Irán; Ahmad Vahidi, ex comandante da unidade de elite Al-Quds, e, finalmente, Moshen Rabbani, ex conselleiro cultural da embaixada na Arxentina. El abriu unha conta no Deutsche Bank logo da reunión de Maashad e, segundo parece, mercou a furgoneta. Por suposto, abandonou a Arxentina o día do atentado. Como asegura o notable ensaísta Gustavo Perednik, Nisman foi a esperanza branca e, contra todo prognóstico, cumpriu co seu labor profesional e co seu compromiso ético. Merece tamén un aplauso o xuíz Rodolfo Canicoba Corral, quen non dubidou en asinar a resolución contra os imputados iranianos e declarou o atentado contra a AMIA como un crime de lesa humanidade. Trece anos despois do atentado, os verdugos parecen non ser tan impunes e as vítimas parecen non estar tan soas. Tempo ao tempo da Xustiza. Pero a AMIA é algo máis, quizá o fundamental. O lúcido analista Julián Schvindlerman escribiuno en revísta "Comunidades" : "Xunto co imperativo ético de honrar a memoria dos caídos, temos a obriga práctica e moral de previr unha repetición de análogas traxedias no futuro". Esta é a cuestión na súa raíz: situar o atentado da AMIA no mapa dun terrorismo que converteu ao mundo na liña de fogo da súa unilateral guerra, e que na AMIA fixo as probas de laboratorio. Máis aló do chiismo e do sunnismo; máis aló das continxencias concretas dun atentado que se alentou ao albur de promesas incumpridas con Irán, por parte do ex presidente Menem, e, desde logo, moito máis alá dos conflitos abertos no mundo, o que matou na AMIA foi un totalitarismo nihilista, de base teocrática, que leva décadas xestándose no corazón do islam rigorista, e que, no seu culto á morte, considera obxectivo militar a calquera ser humano, ate aos propios fillos. A mesma morte que lacerou a 85 familias arxentinas tinguiu de sangue o mapamundi. Contamos? Máis de 200, en Kenya; 4000, en Estados Unidos; 200, en Madrid; centenares, en Turquía; 400, en Bali; case un centenar, en Londres; 400 en Beslan; centenares, en Bombai, e todo iso sen contar os miles que suman os atentados en Iraq, Afganistán e Israel. A súa ambición é imperial. A súa ideoloxía é totalitaria. A súa liturxia é relixiosa, e o seu obxectivo somos nós. É dicir, calquera: o que viaxa nun tren en Madrid; o que baila despreocupadamente nunha discoteca de Bali; o que toma o metro en Londres, ou o que buscaba traballo na mutual da AMIA. Se algo está unindo ás diferentes correntes do islam fundamentalista é a guerra contra a modernidade, entendida a modernidade como o conxunto de valores que garanten a liberdade. Por iso, os atentados de Buenos Aires conteñen unha carga tan simbólica, porque foi aquí, un 18 de xullo, na rúa Pasteur 633, e antes, un 17 de marzo en Arroio 916, onde o terrorismo islámico empezou a mostrar o seu manual de estilo: morte civil, arbitraria e masiva; gran capacidade tecnolóxica e financeira; gran liberdade de movementos, protexido por cancillerías de países membros da ONU, e unha finalidade de longo prazo que, coa práctica do terror, busca a destrución das liberdades nos países democráticos. Se ademais se benefícian cunha xustiza corrupta ou unha indiferenza cidadá, como pasou coa AMIA, o éxito é rotundo. Por iso, a morte na AMIA é unha ferida no mundo. Asasinaron en Buenos Aires a cidadáns arxentinos, pero en realidade atentaron contra a súa identidade civil: a que configura unha sociedade libre. Hoxe, ás 9.53, recordaremos as súas vidas rotas e volveremos comprometernos coa liberdade. Os pobos que non teñen memoria do horror non teñen futuro.

UNHA AVOA VENECIANA


Por Hugo Pratt

Tiña eu catro ou cinco anos, tal vez seis, na época na que a miña avoa me pedía que a acompañase ao Vello Gueto de Venecia. Iámos visitar a unha das súas amigas, a señora Bora Levi, que vivía nunha casa vetusta. Chegábase ao cuarto desta señora por unha escaleira exterior de madeira, chamada a «escaleira tola», a «escaleira das ratas de sumidoiro», ou tamén a «escaleira turca». A boa muller dábame un peladillo, unha cunca de chocolate mesto e ardente e dous biscoitos sen sal que non me gustaban nada. Logo, a miña avóa e ela adoitaban sentarse a xogar ás cartas, sorrintes, murmurando frases para min incomprensibles. Para entreterme, só me quedaba o recurso de pasar minuciosamente revista a cada un dos cen medallóns, colgados na parede forrada de terciopelo roxo escuro, que me observaban detrás do seu óvalo de cristal. Digo que me observaban, porque aqueles medallóns contiñan vellos retratos de severos cabaleiros con uniforme dos Hasburgo, ou retratos de rabinos confinas trenzas negras e sombreiros de ancha ala. Todos parecían mirarme cunha insistencia cercana á indiscreción. Xa un pouco violento, ía á ventá da cociña e contemplaba dende alí unha praciña salpicada de herba e un pozo con brocal cuberto de hedra. O seu nome: Patio Segredo, chamado Arcano. Para chegar a el había que abrir sete portas, cada unha das cales tiña grabado o nome dun shed, demo da caste dos Shedim enxendrada por Adán cando éste foi separado de Eva despóis do seu acto de «desobediencia». Cada unha das portas amosaba ó abrirse unha palabra máxica: Sam Ha, Mawet, Ashmodai, Shibbetta, Ruah, Kardeyakos, Na´Amah. Un día, a señora Bora Levi tomoume da mane levoume ó Patio Secreto, aluemeando o noso camiño cunha menorah, o candelabro de sete brazos. Cada vez que ela abría unha porta, apagaba unha vela. O patio estaba cheo de esculturas e de graffiti: un rei armado de arco e frechas ensartando a un deus, un recén nacido, unha cazadora tamén con arco e frechas, unha vaca cun só ollo, unha estrela de seis puntas, un círculo trazado no chan para facer bailar nel a unha rapaza espida, os nomes dos ánxos caídos: Samuel, Satael, Amabiel. A dama xudea falábame de tódalas cousas e contestaba ás miñas preguntas. Logo, abría unha porta ó fondo do patio e conducíame por un caleixón no que medraba alta a herba, e que levaba a outro patio maravilloso. Crin voltar a velo moito máis tarde, cheo de flores, nunha casa da Xudería de Córdoba. Lembro dque no Patio Secreto había unha señora moi fermosa, sempre rodeada de nenos e de adolescentes que xogaban arredor dunha xigantesca mariposa feita de anacos de cristal de cores. Era Aurelia, a mariposa gnóstica. A gnosis presentándose a si mesma coma fonte inagotable de sabiduría e ofrecemento, en mil reflexos coloreados, o que desexa cada cal. Estas dúas prazas, unidas entre si por este caleixón escondido, de nome «Pasaxe Estreito da Nostalxia», constituía o centro fabuloso no que se fundían dous mundos secretos: un, o das disciplinas talmúdicas; o outro, o das disciplinas filosóficas esotéricas xudeo-greco-orientáis. Todo aquel laberinto de escaleiras, ruas, patios e prazas chamábase «Serrallo das Belas Ideas», ou ben «Serrallo dos Hebreos». En tan espléndido lugar, eu xogaba no nenos xudeos que mesmo sabían cantar as cousas dos tempos antigos que escalar as tapias prohibidas. As nenas tiñan, ademáis, inquietantes sorrisos que eu lía nos seus ollos, á sombra dourada dos desváns. Todos eles foron os primeiros en facerme descubrir os Abraxas de Basílides e os símbolos pitagóricos, as serpes en crecente de lua e os debuxos de Menandro e de Saturnino. Foi alí onde por primeira vez, oín os nomes de Simón o Mago, Manes, Oríxenes, Arrio, Valentín, Xustino, Carpróctares, Epifanio, Tertuliano, Agustín, Hipatia e tantos outros. Foi nese mundo fascinante donde se me falou da Clavícula de Salomón e da esmeralda de Satán, a cal, segundo a tradición hermética, teríase desprendido da fronte do anxo do mal para convertirse no símbolo da «ciencia maldita» entre os homes. Ao cabo dalgún tempo, a miña avoa decidía que xa era hora de voltar a casa (nos viviamos ó outro lado da cidade, na Bragora), e con verdadeira dor física separábame daqueles misteriosos amigos. Eu era todavía xoven demáis para que os meus país me deixaran saír só e tiña que agardar toda unha semana, ás veces máis, para voltar ó ghetto. No camiño de volta pasabamos polo Rio della Sensa, na madonna dell´Orto, donde se atopan empotradas, nos muros do antigo «Fontegno degli Arabi», as estatuas de tres irmáns sarracenos: El Rioba, Sandí e Afani. CAndo eu preguntaba quénes podían esos persoaxes vestidos «á grega», a miña avoa respostaba que eran mouros, mamelucos turcos, dándome a enteder que aquilo era algo do que non había que falar. Despóis do cal, ela ía xugar un número da «loto», segundo a cábala veneciana das loterías.Aquelas preguntas sen resposta acerca de turcos, sarracenos e árabes excitaba a miña curiosidade ata o punto de levarme a pedir explicacións ós moitos membros da miña familia. Así me enterei de que os Genero, por parte da miña nai, procedían da cidade española de Toledo, e eran de orixe xudeo-sefardita, convertidos ao cristianismo á raíz das crueis persecucións de 1390, en España. Os Genero tiñan lazos de parentesco cos Toledanos, os Greggyos e os Azim; estos últimos eran sopradores de vidro bizantinos en Murano.Na familia falábase a miúdo de mercaderes ou de espías árabes chegados a Venecia en busca do que os piratas venecianos lles quitaran. Pódese decir que este era incluso un tema cotiá entre nós. Lémbrome de que, un día, un dos meus tíos levoume a unha praza escondida moi preto de San Marsilian e ensinoume un morcego de mármore verde nun nicho de alabastro. Explicoume que era o símbolo dunha seita de aventureiros sarracenos relaccionados cos Templarios e os Cabaleiros Teutónicos. Foi pasando o tempo. Comencei a ir só ó ghetto, e frecuentaba cada vez con máis asiduidade ós amigos que vivían nas dúas prazas e tamén as súas casas.Despois, os acontecementos leváronme a África. En Etiopía, en Addis Abeda, atopeime o mesmo ambiente veneciano na comunidade greco-armeno-xudeo-exipcia. Nas bibliotecas de Debra Marcos, Debra Ghiorighis, Debra Mariam, nos libros e nas representacións coptas da raíña de Saba e do rei Salomón, descubrín que sempre están as sete portas segredas na vida dos homes que queren saber. Vin que as fórmulas máxicas sempre son sete, que os diáños son sempre os mesmos, que os libros ocultos parécense moito e que os anxos caídos son algo máis numerosos. Na literatura copta tópanse historias antigas con aditivos apócrifos. Os meus novos amigos de África oriental, un pouco máis vellos, contábanme historias maravillosas sobre os viaxes de Enoch e os Xardíns do Edén. As rapazas tiñan o mesmo sorriso inquietante que as nenas do ghetto, pero os ollos de maiólica das unhas eran moi diferentes dos ollos venecianos das outras.Chegou a guerra e pasei algún tempos en Dancalia e en Ogadén, entre camelos e contrabandistas. Un cameleiro ensinoume que para entrar en Al-Jannha al-Adn, o xardín do Edén, hai que abrir sete portas no deserto, e que para iso hai que coñecer os nomes dos sete anxos terribles da tribo dos Shaitans, ou ben ir acompañado dun poeta que teña unha chave de ouro debaixo da lingua. Logo, un árabe eritreo informoume de que o Adriático se chamaba Giun Al-Banadiqin, o «Golfo dos Venecianos» e de que os exipicios denominaban a Venecia Al-Bunduqiyyah. Cando regresei a Italia, índa non rematara a guerra: as casas do ghetto de Venecia estaban pechadas, e os xudeos que fuxiran delas escondíanse nas casas dos venecianos. Pola noite, en voz baixa, contábanse outra vez antigas historias hispano-árabes, falábse dunha cidade cabalística de Sefarad en Palestina, donde se atopaba a tumba de Simón Ben Yohai, a quen se lle atribúe a autoría da Zohar, o «Libro dos Esplendores». De novo, os días de festa, eu comía os biscoitos con sal que non me gustaban. Acabou a guerra. Dende entón vou e veño polo mundo, case sen rumbo. Pero sempre acabo voltando a Venecia. Paséome polos seus caleixóns, cruzo os canais, detéñome nas pontes e decátome de que, nas ribeiras, xa non se ven esos cangrexos que, pola tarde, lacazaneaban ó sol. Xa non existe a «escaleira tola», nin tampouco está a señora Bora Levi. As ventás da súacasa aparecen tapiadas: é outro sitio. As miñas preguntas quedan sen resposta, ben porque os xóvenes non saben, ben porque os vellos non se queren lembrar. Un día, atopei o nome da vella señora xudea que da daba o peladillo e a taza de chocolate ardente, grabado nunha placa de mármore xunto ao portal da antiga Schola Española, cos de outros xudeos deportados que non voltaron ó final da guerra. Estos nomes non son moi numerosos, pois Venecia agochou ós seus xudeos. Escondeunos nos seus «Patios Segredos», nos seus «Arcanos». Patios ocultos aínda hoxe detrás de celosos muro, os números dos cales cambian ante a ollada insistente de máis dun profano. Quedan os nomes vestustos que se van borrando nos seus grandes rectángulos brancos orlados de negro, coma esquelas mortuorias, e os gatos atigrados que parecen prantexar unha adiviñanza e suxerir que todo está alí, coma antes. Trátase de buscar. Dende o outro lado da Ponte Ebrea, pódese chegar ás tabernas onde aínda se xoga, coas antigas cartas árabes, á sarracena, á mahometana, á bela xudea. Xogos de oriente e de España. Os xudeos sefarditas conservaron as súas cartas, e as vellas chaves das súas casas españolas nos marcos das portas venecianas. Coma unha promesa para á diáspora debida á Inquisición española. Tamén na miña casa había unha chave española de Toledo; deixouma en herdanza a miña avóa, á vez que o seu fatalismo irónico e que un xogo de cartas árabes, que seguramente son máxicas. Na Fondamenta que vai cara a Madonna dell´Orto e San Marsilian, hai un pazo cunha cruz teutónica, unha rosa e un camelo de pedra. A moita xente, iso non lle dirá nada; pero, cando se é veneciano de corazón, compréndese axiña que detrás dun símbolo teutónico agóchase seguramente un enigma; unha roseira que se enrosca ó redor dunha cruz virá a engadir misterio. A presenza dun camelo acabará por seducir do todo a alma dun veneciano, infinitamente inclinado cara canto supoña intriga.

Anque naceu preto de Rimini, Hugo Pratt sempre se considerou veneciano. Foi alí onde transcurreu a súa infancia, en parte narrada neste texto, que serve de prólogo a Fábula de Venecia, outra das aventuras do seu célebre persoaxe Corto Maltés. O Ghetto de Venecia é o máis antigo de toda Europa. Foi creado no 1516, e nel estiveron obrigados a residir os xudeos venecianos ate que Napoleón decretou a igualdade de todos os cidadáns no 1797. Ao marxe da praca á que alude Pratt, Venecia lembra aos seus xudeos perdidos na Shoah cunha serie de sete baixorrelevos, obra do lituano Arbit Blatas, que tratan a traxedia. Entre eles unha execución, traballos forzosos nunha canteira, a Revolta do Gueto de Varsovia, ou un dos trens nos que os deportaban. Coma ben di, Venecia agochou aos seus xudeos. Maila todo, foron deportados aquí dous centos corenta e sete, dos cales, ao rematar a guerra, só oito voltaron a casa. A día de hoxe todavía unha trintena viven nel, dun total de cincocentos que residen na cidade.

Tirado de: O Ruído dos Días

terça-feira, julho 17, 2007

REVISTA CULTURAL INTRAMUROS: 20 ANOS DE RELACIÓNS



Programa cultural INTRAMUROS dedicado aos vinte anos de relacións entre o estado español e o estado de Israel.

segunda-feira, julho 16, 2007

IRÁN, HAMASTÁN, FATAHLAND E DISNEYLAND (ISRAEL)


Por Mario Wainstein

O resultado do golpe de estado asestado por Hamás é ominoso cando o enuncia como o que é: unha colonia de Irán á beira de Israel. A diferenza do outro brazo do réxime dos ayatolas, na fronteira norte, que é unha milicia dentro dun Estado que fai o posible por prevalecer, en Gaza a milicia é o Goberno e o Goberno é o fundamentalismo islámico. É probable que o propio Hamás se sorprendera pola rapidez e facilidade coas cales conquistou toda a Franxa de Gaza, e é seguro que se asustou máis que ninguén cando se viu con todo o botín de guerra nas mans. Se antes podía cumprir con o rol de neno traveso escudándose detrás da aparencia sensata de Mahmud Abás e Al Fatah, agora ese xogo acabouse e debe enfrontarse ao mundo enteiro como o que é sen atenuantes, aténdose ás consecuencias. Os que adoitaban facer propaganda dicindo que os palestinos son os xudeus de agora, do século XXI, non imaxinaban ate que punto terían razón. Porque se é certo que un xudeu é aquel que cando chega a unha illa deserta constrúe dúas sinagogas, para que haxa unha á cal el non concorre, os palestinos son os que se crean dous Estados para non vivir en paz en ningún dos dous. Inxenuo eu, que na miña mocidade coreaba nos desfiles e manifestacións a consigna "Dous Estados para dous pobos''. Agora se trata de dous Estados para un só pobo. Dous Estados? No Reino Hashemita de Xordania os palestinos son abafadora maioría e se algún día cae a monarquía, Xordania será un estado palestino. Ademais, existe a ambición declarada, por parte dos partidarios de Azmi Bishara e Abraham Burg, por exemplo, de que tamén Israel deixe de ser un Estado xudeu e pase a selo de "os seus cidadáns'', co cal teríamos catro modelos de Estado palestino, para todos os gustos: islámico en Gaza, nacionalista laico en Cisxordania, binacional en Israel e incerto, con gusto a menta e chocolate, en Xordania. Mentres tanto, están librando as súas guerras das cales xa agora acusan a Israel, de telas promovido e de ser o seu causal. Dino eles, e repíteno de inmediato os do "coro do amén'' do mundo civilizado de fóra e de dentro. Porque a culpa dos asasinatos, en definitiva, tena a ocupación, como é ben sabido. A ocupación explícao todo porque é a causa de todo: do asasinato desapiadado en plena rúa á vista de todo o mundo, da denigración absoluta da muller, do terrorismo indiscriminado, da perpetuidade da condición de refuxiado, do quecemento do planeta, do fracaso da selección xuvenil no Campionato Europeo. De maneira que todas as barbaridades que fagan os integristas ou os seus rivais en Gaza pertencerán a unha de dúas categorías: serán resultado e consecuencia da ocupación israelí, ou da súa falta, produto dunha cultura diferente que debe ser respectada como tal. Ou ambas as cousas. Con ese razoamento, un intelectual europeo de vangarda pode -ate debe, segundo el- xustificar e entender o aseballamiento dos dereitos da muller, a persecución e execución sumaria de adúlteras e homosexuais, se se cometen en Gaza, e ao mesmo tempo reivindicar eses dereitos asoballados na súa propia sociedade como logros universais e criticar a Israel porque limita o desfile gai en Xerusalén a escasos 500 metros. A ocupación israelí foi desapiadada. Todas as ocupacións o son. Canto antes se lle poña fin, mellor será para todos, especialmente para os israelís. Pero unha vez deducidos os intereses puramente colonialistas, nacionalistas e económicos de esa ocupación -intereses que lamentablemente existiron e existen- quedará o interese máis xenuíno e irreducible: o da defensa e da seguridade. É un interese que Occidente non entende cabalmente, porque ningún outro país vive baixo ameaza á súa existencia. Pero a verdade é que alí e non na ocupación está o verdadeiro meollo do conflito. A ocupación tan mentada, é en realidade un subproduto desa ameaza. Non existiría sen ela. Pero a máis valiosa das probas de que a ocupación non ten que ver coas raíces do conflito, reside na decisión da Asemblea da ONU do 29 de novembro de 1947, hai case exactamente 60 anos. Nesa oportunidade aprobouse unha partición en dous Estados, un xudeu e outro árabe -é dicir "palestino'' na xerga dos nosos días- en fronteiras que parecen feitas por un neno traveso e caprichoso. O trazado debíase á declarada intención de contemplar dous principios fundamentais: partir o territorio en partes iguais en canto á súa superficie (52% ao Estado xudeu, 48% ao palestino sen contar o Reino Hachemita), e erixir ambos os Estados nos lugares nos cales viven de feito os seus habitantes, desde o punto de vista étnico. O Estado xudeu xurdiría no territorio no cal xa vivían os xudeus, e o mesmo con respecto ao Estado palestino. Cando os palestinos non aceptaron a proposta e de feito comezaron o que os israelís coñecemos como "guerra de liberación'' e eles como "nakba'', o desastre que provocou o problema dos refuxiados, o que non aceptaban non era "a ocupación'' senón a mera presenza xudía, pacífica, en territorios adquiridos en forma legal, sen uso da forza. Esa oposición á presenza xudía, á lexitimidade do Estado de Israel, é a raíz e a base de todo o conflito, non a ocupación. Para que ir máis lonxe? Se o problema reside na ocupación deses territorios que Israel conquistou na Guerra dos Seis Días de 1967, por que estalou esa guerra, se eses territorios estaban en poder de Xordania e Exipto? Peor, a pregunta é por que non se esixiu a creación do Estado palestino neses territorios durante os case vinte anos que estiveron administrados por eses países árabes. É por iso que a solución ao conflito non reside na retirada israelí deses territorios, unha retirada que anhelo desde hai décadas. Non podemos facernos xa ilusións de que a fórmula é tan sinxela como "territorios por paz''. Os territorios (é dicir: a ocupación) non son o motivo do conflito, e polo tanto tampouco son a clave da súa solución. Laméntoo profundamente, pero os palestinos como sociedade aínda non chegaron á etapa da renunciación ideolóxica para gañar a xogada política. Foi inxenuo da miña parte crer que Arafat cruzaba o Rubicón, cando en realidade a única diferenza que tiña con Hamás era só táctica. Hamás di inxenuamente a verdade: que non recoñece nin lexitima ao Estado de Israel en ningunha hipotética fronteira e o máximo que estará disposto a conceder, a cambio de todos os territorios" e a solución do problema dos refuxiados, é un cesamento do fogo por algúns anos. A negociación será, en todo caso, ao redor da duración da tregua. Arafat dixo, en cambio, invocando a anécdota de Mahoma no Corán, que estaba permitido "mentir para lograr o obxectivo". Todo demostra que no Oriente Medio hai que facer o camiño ao revés: en calquera outro lado hai que lograr a paz para obter seguridade, en tanto que aquí só logrando seguridade é probable que se chegue á paz. Pero ese xa é outro tema, para outra oportunidade.
Mario Wainstein é director de AURORA