“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

quarta-feira, fevereiro 28, 2007

EN DEFENSA DE ISRAEL



EN DEFENSA DE ISRAEL

Por Fernando Escalante Gonzalbo

"Logo dos bombardeos de Beirut, dos centos de miles de desprazados, as decenas de mortos . É posíbel dicir algo en defensa de Israel? Si, sen dúbida. É posíbel, é necesario dicir que Israel ten dereito a existir. Israel ten dereito a ser recoñecido como Estado, con fronteiras estables e seguras. Israel ten dereito a defenderse. Israel ten o dereito e a obriga de protexer aos seus cidadáns. Iso pode dicirse como mínimo: o mesmo que se diría de calquera outro Estado, de Congo, Francia, Holanda ou México. A continuación, desde ese punto de partida, pode discutirse case todo: o sentido ou a desproporción dos ataques contra Hezbolah en territorio libanés, pode criticarse a estratexia diplomática ou militar israelí, poden condenarse os excesos en términos morais ou puramente pragmáticos, podían e debían pedirse un cese de hostilidades e a intervención dunha forza multilateral eficaz na fronteira de Israel e Líbano, por exemplo. Pero é indispensábel facer explícita esa primeira premisa.
Parece dunha obviedade absoluta, como para non discutila sequera. Con todo, con demasiada frecuencia esquécese ou non se di que ese primeiro, mínimo dereito non está garantido para Israel, que é o único Estado na comunidade internacional cuxo dereito a existir é posto en dúbida de xeito sistemático, cotián, ruidoso, ameazador. Siria, Irán, Libia, néganse a recoñecer a Israel, o mesmo que Hamás, Hezbollah, Al-Quaeda, Jihad Islámica, proclaman abertamente a súa intención de destruílo, aniquilar ou expulsar á poboación xudía de Medio Oriente. A política exterior israelí debe entenderse nese contexto. Se esquecemos ou non se toma en conta, se omitimos a consideración de que Israel é un Estado baixo a ameaza de ser aniquilado polos seus veciños (que nin o ocultan nin o disimulan) non se entende nada do que sucede ou, máis ben, o pouco que se entende e se di é simple propaganda.
Comprendelo todo, ou tratar de comprendelo todo non implica perdoalo todo, pero máis vale sempre facer o intento de comprender. Poñámonos de acordo sobre os feitos. A fronteira de Israel é relativamente recente e discutida, produto dos procesos de descolonización do século pasado: como a maioría das fronteiras de Asia e África. Hóuboas de trazo máis ou menos azaroso e conflitivo. Deseñáronse as fronteiras de Malawi e Zambia, por exemplo, cando non puido evitarse a declaración unilateral de independencia de Rhodesia. Decidiuse a partición de India e Pakistán coa idea de conferir o dereito de autodeterminación a dúas comunidades relixiosas distintas. Algo similar sucedeu co reparto dos restos do imperio otomán: para impedir a integración dunha Gran Siria se formaron os territorios de Siria, Palestina, Líbano, Iraq e Xordania; en Palestina dividiuse o territorio entre as comunidades árabe e xudía para que cada unha formase un Estado nas zonas en que era maioritaria. Os gobernos árabes da rexión rexeitaron o reparto de Palestina cando o propuxo a Comisión Peel en 1937 e cando o estableceu a ONU en 1947.
Ate a data, entre quen se nega a aceptar a existencia dos dous Estados, os moderados defenden a idea dun só Estado, laico, binacional. Os exemplos recentes de Iugoslavia, Líbano ou ate de Iraq suxiren que non é unha boa idea e, desde logo, após sesenta anos de guerras, parece absolutamente impracticábel. O fundamento desa pretensión, por outra banda, é bastante feble: a nación palestina, con ese referente territorial, foi construída a partir do conflito con Israel, no que era unha terra de refuxio e comercio na que convivían árabes, xudeus, exipcios, drusos, turcos, gregos, alxerinos, despois un protectorado británico alternativamente asociado a Siria, Xordania, ate Exipto. Sempre houbo, desde hai un par de milenios, comunidades xudías considerables en Jerusalem, Safed, Hebrón, Gaza, Accra, Jericó, Haifa, ao redor do lago Tiberíades; aumentaron coas migracións de fins do século dezanove e da segunda década do século vinte (a primeira Aliyah de 1882 a 1903, a segunda, de 1904 a 1914), e logo da segunda guerra mundial, por suposto, e logo da declaración de Independencia de Israel, cando os xudeus foron expulsados ou se viron obrigados a abandonar boa parte dos países árabes: Exipto, Iemen, Líbano, Túnez, Marrocos, Libia, Siria, Iraq.
A poboación árabe e xudea estaba mesturada nas dúas zonas, desde logo, pero era indubidablemente maioritaria na que a ONU definiu para cada unha; é dicir: o que tratou de facer a Sociedade de Nacións, o que fixo a final de contas a ONU foi por en práctica o principio de Autodeterminación para comunidades con raíces históricas na zona, con tradicións, relixión, lingua e costumes moi diferentes. Posto en branco e negro: para quen queira velo é obvio que os xudeus non chegaron a conquistar un territorio alleo nin arrebataron a súa terra a unha nación existente.Viñeron despois as guerras: a de 1948, a dos Seis Días, a de Yom Kippur, a de Líbano de 1982; todas produciron movementos de poboación, campos de refuxiados, cambios de fronteiras. Israel foi sempre a parte agredida, xa fose polos Estados (Xordania, Exipto, Siria, Líbano, Iraq) ou por grupos armados acubillados, protexidos, financiados e armados por eses Estados. Non hai maior misterio niso: a defensa intransixente da "causa palestina" converteuse no principal recurso de lexitimación para os líderes dos países árabes, comezando por Nasser, e a existencia dos refuxiados, dun número cada vez maior de refuxiados, converteuse nunha bandeira de enorme valor internacional. Para os países árabes (Exipto, Siria, Iraq) foi ate agora relativamente sinxelo atacar a Israel: fracasarán, pero non perden nada, e gañan prestixio, mentres que Israel se xoga a súa supervivencia en cada conflito.
Están tamén as atrocidades, desde as masacres de Sabra e Shatila, ate as decenas de bombas nas cidades israelís. Hai solución? Sen dúbida. O principio básico é a declaración 242 do Consello de Seguridade de Nacións Unidas, que esixe a Israel que se retire dos territorios ocupados durante a Guerra dos Seis Días (é o punto primeiro) e esixe "a todos os Estados belixerantes (...) o recoñecemento da soberanía, a integridade territorial e a independencia política de cada un dos Estados da rexión, e o seu dereito a vivir en paz dentro de fronteiras seguras e recoñecidas, ao abrigo de calquera ameaza ou acto de forza" (é o punto segundo). Israel asinou a paz con Exipto e entregou enteira a península de Sinaí, asinou a paz con Xordania e entregou a marxe oriental do Xordán, e non volveu a ter problemas, malia que haxa ataques terroristas de exipcios ou xordanos en territorio israelí ou contra cidadáns de Israel.
Insisto: o principio básico está claro, a definición concreta das fronteiras é un problema técnico que podería resolverse mediante un documento como o que propuxeron intelectuais israelitas e palestinos en Xenebra hai un par de anos. O problema son os Estados que formaron o que se chama a "fronte do rexeitamento": Libia, Siria, Irán, que non recoñecen o dereito a existir do Estado de Israel. O problema é que Arafat fundou a súa autoridade durante décadas na intransixencia e só a medias e nun complicado equilibrio con Hamás aceptou "provisoriamente" a idea dos dous Estados. Nas últimas dúas décadas o conflito mudou de natureza. Agora é unha "guerra santa" do Islam dirixida sobre todo por Irán, a través de Hezbollah e Hamás, cuxo propósito explícito e declarado é destruír ao Estado de Israel, aniquilar aos xudeus (a Constitución de Hamás é un puro delirio antisemita que non paga a pena nin recordar). É lóxico que se sentan ameazados e que reaccionen con mesura os réximes de Arabia Saudita, Exipto e Xordania, en momentos de crise como a da pasada guerra no Líbano: despois de todo, saben que en Israel se xoga o seu propio futuro.
Polo visto, nin o Estado libanés nin as tropas da ONU daquela presentes puideron evitar que Hezbollah acumule un arsenal de máis de trece mil foguetes para atacar a Israel, ninguén puido impedir que dispare entre corenta e cen diarios contra cidades de Israel.Que debería facer o Estado israelí? Que debería facer a comunidade internacional? Que fixo cando Milosevic tratou de reconquistar Croacia ou impedir a independencia de Bosnía? Eu entendo a preocupación pola paz en Líbano. Compártoa. Non entendo que non preocupe case nunca os atentados suicidas en Tel Aviv ou Jerusalem. Non entendo que se infravalore a masacre da poboación de Darfur (case medio millón de mortos, tres millóns de desprazados), que non digan nada da invasión -unha invasión de pillaxe, sen paliativos- do Congo por Uganda, Ruanda, Angola e Zimbabwe (máis de dous millóns de mortos en dez anos). Nada, nin unha liña de condena, nin un xesto de desagrado, eles saberán por que.
Por que será que cando falan de Israel e dos xudeus o primeiro que lles vén á cabeza a moitos "creadores de opinión" é o nazismo, para dicir que os xudeus son nazis? Despois chega xa o disparate: que Israel practica "sen ningún disimulo o terrorismo de Estado" e se dedica a "prácticas xenocidas" . Xenocidas? De verdade que falamos o mesmo idioma?

A PEL DE CORDEIRO

A PEL DE CORDEIRO

Por Pilar Rahola

Se algo define a corrección política, especialmente con respecto aos grandes conflitos que existen no mundo, é a creación duns iconos de opinión, cuxo discurso soa ben a oídos da esquerda oficial. Este nacemento das deidades do pensamento correcto, é moi notorio cando tratamos o tema de Medio Oriente, cuestión espiñenta que vaise simplificando ate a nada, canto máis oficialmente de esquerdas é quen o analiza. Estes iconos, e este pensamento, teñen uns trazos tan característicos, que paga a pena analizalos.


Previamente, nobreza obriga, poñeremos nomes a estas deidades que os xornalistas progres sacan a pasear cada vez que teñen ocasión. Falo, entre outros moitos, de Maruja Torres e de Gema Martín Muñoz, esta última considerada auténtica “experta” no mundo islámico. Sobre a primeira, pouco que dicir. Viu a luz cando se foi ao Líbano e quedouse colgada nel, e agora nos deleita con algunhas das crónicas máis xudeófobas e antioccidentais que podemos topar na actualidade. Persoalmente nunca fun fan de Tomás Alcoverro -outro icono-, porqué, malia ser unha gran persoa e un bo xornalista, exerceu a mirada oblicua durante anos, pero, comparado con Maruja Torres, Tomás é un exercicio de neutralidade. Con todo, creo que o sectarismo de Maruja é tan notábel que resulta, ate, decorativo nun panorama que, á fin e ao cabo, hai moito que non practica o pensamento crítico. Unha nota de cor.


O caso de Gema Martín Muñoz paréceme moito máis relevante e, desde a miña perspectiva, moito máis preocupante, xa que se trata da “experta oficial” para falar da cuestión. Para mostra, os tres cuartos de hora que Mónica Terribas dedicoulle, o outro día, na televisión pública de Catalunya, ou as decenas de veces que a chaman da SER para “analizar” a cuestión de Irán e etcétera, convertida no máximo icono destes temas.


A cuestión resulta especialmente chocante cando lembramos que esta muller preside a Casa Árabe, que ten, nos seus órganos de dirección, a todos os embaixadores do mundo árabe, o cal non lle debe permitir gozar, precisamente, dunha mirada obxectiva. De feito, nin tan só dunha mirada libre?. Con todo, a diferenza de calquera dos que non participamos do pensamento único progresista -que estamos baixo sospeita permanente de parcialidade, e temos que dar decenas de explicacións para xustificar a nosa disidencia-, persoas coma Gema Martín pasan por ser prestixiosas, neutrais e, ¡oh deus!, críticas.


Como se crea un icono coma este, malia a evidencia da súa militancia ideolóxica? Como é posíbel que, para analizar periodísticamente o conflito nuclear con Irán, se considere interlocutora imparcial a quen preside un organismo árabe? É posíbel porqué, en tempos de inexistencia de debate intelectual, substituídas as ideas por consignas, o prestixio progre se gaña aplicando, con inequívoca fidelidade, os cinco principios do catecismo laico: Estados Unidos é o mal do mundo; o segundo -ou primeiro, vai por barrios- mal é Israel; o mundo islámico é inocente e vítima; o terrorismo islamista é culpa de Occidente, e as ditaduras fascistas islámicas non son o problema.


Dende esta perspectiva, simplista mais eficaz, todo cadra na análise, e a partir de entón, a tiranía iraní pasa a ser a vítima, e as democracias occidentais máis importantes do planeta, pasan a ser as culpábeis das súas maldades, ataques terroristas incluídos. Onte, que a sentín no programa de Francino comentando unha enquisa do Times sobre o odio que o mundo musulmán ten cara a Occidente, e perpetrando o seu previsíbel discurso anti-Bush, obviar cousas tan básicas como que a fatua de Bin Laden contra os “cruzados” é da época Clinton, que todo o corpo ideolóxico yihadista é dos anos trinta -cando aínda non existía nin Israel-, que a inmensa riqueza árabe non serviu para construír nin unha soa democracia, e que son líderes árabes os que educan á súa sociedade no fanatismo totalitario.


É dicir, obviar todo, reducida a cuestión á coñecida maldade yankee. De feito, é o mesmo discurso estalinista de décadas, pasado polo tamiz da multiculturalidade. Lobos con pel de cordeiro, alumnos avantaxados do inefábel Tariq Ramadan, que camufla a súa voz de veludo coa dureza do puño integrista. Ao final, o que fica é a nula capacidade para xerar un discurso crítico serio, máis aló da rutilancia benpensante da propaganda de esquerdas. Un desastre para o pensamento. E un éxito para as ditaduras islámicas, que ven, nestes progres de manual, aos seus aliados máis eficaces.

sábado, fevereiro 24, 2007

OS XUDEUS NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (Parte 2ª)


OS XUDEUS NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (Parte 2º).
A Brigada Lincoln
Moitos xudeus que eludiron a captura e o aprisionamento uníronse á Resistencia contra os ocupantes nazis e os seus gobernos títeres a través de Europa. A maioría dos brigadistas xudeus europeos que estiveran na compañía Botwin, quedáronse en Francia, entre eles Abraham Lissner, León Pakin e Sevek Kirschenbaum para formar unha unidade xudía, "Segunda Unidade" que adquiriu fama considerable polas súas valentes accións contra os ocupantes nazis. Outros foron Marcel Langer fundador e comandante da Brigada 35 da Resistencia, Josef Hauptmann, integrou as forzas da Resistencia no sur de Francia. Joseph Epstein foi o xefe da Resistencia na rexión de París. Varias mulleres xudías que participaran da guerra civil en España participaron na loita da Resistencia, entre eles estaba o nacido en Palestina Simón Bronstein, Olga Bancid de Romanía, Sarah Kowalski e Sarah Vronsky-Rozenblum de Polonia, e Irene Goldin, nacida en Connecticut que permaneceu en Francia logo da derrota republicana. De todo o grupo que integraran, só Abraham Lissner, Leonard Hauptmann e Irene Goldin sobreviviron á guerra. Antigos brigadistas xudeus foron prominentes líderes dos movementos da Resistencia a través de Europa así como da Orquestra Vermella, a máis importante operación levada a cabo pola intelixencia das forzas aliadas durante a Segunda Guerra Mundial.
Moitos brigadistas xudeus que vivían na Unión Soviética cando os nazis a invadíron se uniron ao Exército Vermello ou ás forzas da retaguarda polaco- soviética, capitalizando os seus contactos nos territorios ocupados. Algúns logo de ser adestrados polo veterano xudeu Henryk Torunczyk da Guerra Civil Española se lanzaron en paracaídas detrás das liñas inimigas. Entre eles estaban Pinkus Kartin, Bernard Volkas, quen co veterano Abe Osheroff foron sobreviventes do afundimento do barco Cidade de Barcelona. Pinkus Kartin se lanzou en paracaídas en Polonia onde xunto con outros veteranos de España, Abraham Fiszelson e outros dous encabezaron unha sección de operativo militar "Bloque Antifascista" no Gueto de Varsovia. Arrestado e torturado pola Gestapo, Kartin suicidouse na prisión en xuño de 1942. Volkas foi enviado detrás das liñas nazis no outono de 1941 para organizar grupos partisanos. Arrestado e deportado a Auschwitz, Volkas axudou a escapar a outros dous xudeus prisioneiros que levaron con eles as fotografías tomadas por outro veterano das Brigadas Internacionais e un dos líderes da resistencia clandestina de Birkenau.
Estas fotografías documentaban as atrocidades cometidas nos campos nazis. David Szmulewski foi o fotógrafo que reproducira esas imaxes, era un emigrado a Palestina a comezos da década do trinta. Uniuse ao Partido Comunista, e foi expulsado polas autoridades británicas por mor das súas actividades. fora un dos que loitou na Brigada Botwin, cando terminou a guerra foi internado en Francia nos campamentos dos brigadistas, cando chegaron os nazis foi enviado a Auschwitz onde actuou como un importante membro da actividade clandestina que alí existiu. Volkas logo emigrou aos Estados Unidos. Cando Estados Unidos entrou en guerra, 400 veteranos da Brigada Lincoln se alistaron nas filas do Exército, mentres que outros serviron na mariña mercante. Moitos deles gañaron recomendacións e medallas polos seus actos de heroísmo en acción. Vinte veteranos da brigada caeron durante a Segunda Guerra Mundial, incluíndo a Herman Bottcher, el mesmo un refuxiado chegado de Alemaña.
Como membros das forzas armadas dos Estados Unidos os veteranos xudeus da Brigada Lincoln loitaron ao redor do mundo. Varios participaron en accións dentro de Alemaña. Algúns incluíndo veteranos como Al Tanz, Lou Gordon, Morris Cohen e Jack Lucide axudaron a liberar os campos de concentración. De acordo aos informes proporcionados polos arquivos da Brigada Lincoln, na Unión Soviética moitos conselleiros xudeus soviéticos na república española foron vítimas das purgas da década do trinta. Entre eles estaba Yaakov Shmushkevitch, que axudara a organizar á forza aérea republicana española, Grigori Stern, conselleiro do xefe militar, Mikhail Koltzov, correspondente de Pravda durante a Segunda Guerra Mundial e Marcel Rosenberg, embaixador soviético en España.
Nos últimos anos da década do corenta, o xeneral Manfred Stern da Unión Soviética que dirixira as Brigadas Internacionais na fronte de Madrid, foi acusado de "sionismo" e de nacionalismo xudeu e enviado a Siberia, onde morreu. Noutros países socialistas soviéticos as campañas antisemitas estaban entre os factores que conduciron á detención e a persecución de xenerais de brigada xudeus, incluíndo a Artur London, entón deputado de asuntos estranxeiros no goberno checo, que foi condenado a prisión perpetua (rehabilitado en 1955) Eva e Benko Litwak, que serviran como médicos en España, foron obrigados a abandonar a República Democrática Alemana.
En Polonia a campaña antisemita estendeuse logo da Guerra dos Seis Días en 1967. O goberno acusou a todos os xudeus, incluíndo a veteranos da Guerra Civil Española, de deslealdade cara a Polonia como partidarios de Israel. Foron expulsados dos seus postos no Estado e dos seus lugares de traballo, moitos veteranos da guerra civil española perderon as súas pensións e outros servizos sociais e algúns foron forzados a renunciar á súa cidadanía polaca e emigrar a Israel. Os veteranos da brigada de Abraham Lincoln protestaron formalmente pola política do goberno polaco cara aos veteranos xudeus.
Coa derrota de Hitler e Mussolini, os integrantes da Brigada se sentiron xustificados nas súas loitas contra fascismo e nazismo. Con todo, moitos se quedaron amargados e frustrados porque os aliados vitoriosos permitiron que Franco permanecese no poder en España. Após a Segunda Guerra Mundial, as autoridades de Estados Unidos aceptaron a Franco como parte da alianza anticomunista da guerra fría. Os veteranos da brigada de Abraham Lincoln (VALB) con todo continuaban apoiando aos opositores de Franco dentro de España e celebraron a morte do ditador en 1975. Durante a era da guerra fría, os membros da Brigada Lincoln e a de Veteranos, foron investigados individualmente polos seus lazos co comunismo e a Unión Soviética, tamén moitos deles perderon os seus postos de traballo en tanto que outros eran fustrigados no seu desempeño laboral. Posto que preto do 70 por cento dos membros da brigada foran afiliados ao partido comunista (ou estiveron relacionados dalgún xeito) todos foron tratados como potenciais inimigos. Nos anos sesenta, o Tribunal Supremo de Estados Unidos fallou a favor dos veteranos da Brigada Lincoln para impedir que fosen tratados como unha organización subversiva.
Mentres tanto, como individuos e como grupo, os veteranos da Brigada Lincoln seguían sendo activistas políticos, sostendo publicamente causas en favor do movemento das dereitas civís, contra a guerra en Vietnam, opoñéndose ao golpe fascista de Pinochet en Chile e numerosas causas que consideraban xustas. Cando envelleceron, os veteranos da Brigada prestaron máis atención á súa legada persoal como radicais e, en moitos casos, como xudeus. Algúns se centraron nas súas memorias sobre todo en temas xudeus. Outro veterano, Albert Prago, na súa investigación histórica acentuou o papel do sentimento xudeu nos motivos dos voluntarios que se ofreceron a loitar contra fascismo.
Moitos outros veteranos que sobreviven recoñecen a importancia da investigación de Prago. "anunciemos o feito," escribiu, "que houbo máis xudeus, proporcionalmente entre os que combateron en España... que calquera outra minoría ou calquera outra nacionalidade en Europa!" Prago sostivo que moitos xudeus alemáns, en canto Hitler chegou ao poder, ante o aumento e a ferocidade das persecucións antisemitas, buscaron refuxio noutros países.
Malia as denuncias de cidadáns prominentes, das presións exercidas por varias organizacións xudías para alterar as políticas inmigratorias e facilitar a admisión de refuxiados xudeus, estes foron rexeitados polo Departamento de Estado e o Congreso. Pese a que o presidente Franklin D. Roosevelt designara a un xudeu para un cargo tan alto como a Secretaria de Facenda, Henri Morganthau e tendo recoñecido a importancia do apoio dos xudeus á súa política do New Deal, con todo non fixo nada para mudar o predominante sentimento antisemita existente entre os grupos dirixentes. Evitando modificar as cotas existentes de inmigración, Washington permitiu entrar ao país só a xudeus destacados como foi o caso de Albert Einstein, pero non fixo nada para axudar ás masas de refuxiados xudeus. No folleto escrito por Albert Prago, este relata que entre os voluntarios xudeus había polo menos 36 voluntarios de Iugoslavia e 17 de Bulgaria, entre eles xudeus sefardís e o que logo foi o moi recoñecido antropólogo John Murra, nacido en Odessa (actual Ucraína) en 1916 e falecido o pasado 16 de outubro, aos 90 anos de idade. Prago contou a historia, segundo el perfectamente documentada, de Ezekiel Pikar, que en 1930 foi enviado pola Haganá a Londres para aprender a voar, ao pouco tempo, despois que obtivese a licenza de piloto estalou a Guerra en España, Pikar foise para alí e presentouse como piloto, voando na escuadra de Andre Malraux, perdida a guerra marchou a Asia onde loitou contra os xaponeses en China.
Logo persuadido por un dos seus camaradas da Haganá para retornar a Palestina, integrouse no Palmaj, o brazo armado da Haganá. Entre os brigadistas tamén se topaba o xudeu negro norteamericano Aaron Johnson e o xudeu chinés Chi Chano. O músico xudeu de orixe ucraino tamén integrante da Brigada Lincoln, Lan Adomian compuxo algunhas das cancións republicanas máis representativas dese tempo.
Entre as numerosas historias dos combatentes esta a de Sammy Nahman (Manny Harriman) o primeiro membro da súa familia en volver a España- despois de que a Inquisición expulsase a todos os xudeus de España en 1492- Como moitos outros, Manny, dúas veces ferido, loitou no Batallón Lincoln. Era descendente de Nahmanides, o seu antepasado directo segundo a tradición familiar, protagonista da famosa disputa teolóxica por orde real en Tortosa, Catalunya.
Tamén a de Abraham Sasson quen foi un antigo alumno dun orfelinato xudeu de Brooklin, caído en acción, os seus antigos compañeiros organizaron unha velada na súa honra así como doutros compañeiros mortos tamén caídos en combate.
Combatentes anarquistas.
Tamén houbo combatentes xudeus entre os anarquistas, temos os nomes dalgúns deles, catro combatentes da Columna Durruti (anarquista): o xudeu estadounidense George Sossenko que tiña dezaseis anos cando chegou a España procedente de Francia. O seu pai logrou dar coa súa morada e convenceulle de volver aducindo que a súa nai estaba doente e quería velo; cando George deuse de conta do engano, escapouse e volveu atravesar os Pirineos. Outro foi o xudeu polaco Benjamin Lewinski, comandante dun grupo de combate do POUM, quen tivo baixo as súas ordes a George Orwell, o coñecido autor de 1984, que o menciona reiteradas veces en Homenaxe a Catalunya, o libro onde contou as súas experiencias na guerra de España. Anarquista tamén foi a alemá Clara Thalmann que chegara a Barcelona para participar como nadadora na Olimpiada Popular, e se quedou formando parte dunha unidade anarquista. A xudía de orixe lituano Emma Goldman, unha das figuras máis destacadas do anarquismo estadounidense, encargouse de recoller fondos en Inglaterra para aliviar a situación da poboación civil española.
Os heroes da loita aérea Xeneral Douglas, foi o título do libro en yídish de Dimitri Zilmanowitz publicado en Moscú en 1986, ese era o pseudónimo de Yaacov Shmushkevich que tivo un papel esencial na profesionalización da aviación gobernamental. Trala súa participación na guerra de España foi comandante da Forzas Aéreas Soviéticas e un dos poucos oficiais distinguido dúas veces co título de Heroe da Unión Soviética, feito que non impediu a súa execución na época das purgas stalinistas. O escritor e posterior ministro de Cultura francés André Malraux foi quen organizou unha escuadrilla aérea previa á intervención da URSS. Escribiu unha novela L´Espoir (A esperanza) e unha película Serra de Teruel rodada en 1939 como parte do esforzo propagandístico republicano. O autor de André Malraux en Espagne, Paul Nothomb, estivo ás súas ordes en España como piloto. Ben Leider militaba no PC estadounidense; en España cumpriu funcións de correspondente do xornal do seu partido o Daily Worker. Caeu na defensa de Madrid en febreiro de 1937 a bordo dun dos cazas rusos Polikarpov I-15 coñecidos popularmente como "Chatos". Foi un dos poucos voluntarios estadounidenses caídos en España, se non o único, cuxos restos foron trasladados ao seu país natal para ser inhumados alí. O poeta e educador Bezalel Friedman publicou na súa honra un longo poema. Walter Katz, un xudeu alemán, foi un dos primeiros pilotos que chegaron a España en 1936. En xullo de 1937 foi destinado a Albacete para organizar a Escuadrilla de Bombardeo Nocturno. Morreu, tamén el, a bordo dun Chato. Outro xudeu alemán o berlinés Hermann Feld combateu coa Escuadrilla España de André Malraux e máis tarde, noutras unidades.
Chegou a ter grado de tenente e a ser nomeado Xefe de Estado Maior da Segunda Escuadrilla. Caeu en acción o 18 de xullo de 1937.
Heroes caídos na loita
Marion Merriman, chegou a ter o grado de sarxento, foi a viúva do comandante da XV Brigada Robert Merriman, contou no libro American Commander in Spain a historia da súa relación coa súa carismático marido, os seus anos de estudantes en Berkeley e a intervención de ambos na guerra de España. Robert, un dos varios aspirantes a servir de modelo a Hemingway para a personaxe de Jordan en "Por quen dobran as campás", foi executado ao ser tomado prisioneiro durante a batalla do Ebro. Os eretz-israelís Dov Halperin e Mijael Segal, foron executados ao seren capturados. Outros eretz-israelís que tamén morreron en acción foron Robert Aaquist (caeu na batalla do Ebro, 1938), David Alexandrowitz (morreu na resistencia en Francia), Itzjak Yafe (caeu en Córdoba, 1937). Hans Beimler, Medalla de Honor (RDA), foi un dos caídos na defensa de Madrid. No Cemiterio de Montjuich ten unha lápida ao seu nome xunto á do President da Generalitat, Lluís Companys, executado polo réxime franquista. Imre Jacobi un xudeu húngaro, que pertencía á selección nacional Palestina de fútbol, militaba no PKP, desde alí chegou a España para perder a súa vida na fronte do Jarama. Pierre Feintuch, nacera en Polonia e viviu os avatares da inmigración ilegal e a militancia comunista en Francia e Bélxica antes de enrolarse nas BB II. Morrería combatendo na resistencia francesa Juan Miguel de Moura, Profesor de Indoloxía da Universidade de México e ex combatente na Guerra Civil Española sostén que "non todos os xudeus nas Brigadas eran comunistas como non o era George Nathan, aínda que si Harry Fisher. Pero si todos sabían o que Hitler estaba facendo contra o seu pobo e eran, cónstame, moi conscientes de ser xudeus loitando contra a Lexión Cóndor de Hitler". George Nathan, era un deses xudeus, sarxento do exército inglés na Primeira Guerra Mundial, afiliado ao IRA e membro da Dublín Castle Murde Gang, non ocultaba a súa homosexualidade, en España vestía dun xeito impecábel e guiaba aos seus ao ataque ao berro de "Adiante señoras!" axitando un bastonciño segundo a tradición dos oficiais ingleses. Comandou a 1ª compañía do 12° Batallón "Marsellaise", desde esta unidade se converteu en Xefe de Estado Maior da XV Brigada Internacional, de comandante dos batallóns Lincoln, Washington e os ingleses. Ferido gravemente durante a batalla de Brunete, ordenou cantar aos seus homes ate que finalmente expirou. Foi sepultado baixo as oliveiras, non lonxe do Guadar. George Nathan foi entre todos os oficiais brigadistas, un dos máis valentes e máis admirados polos seus homes.
O seu valor foi proverbial nos momentos máis duros das batallas nas que participou. Obreiro curtidos, veteranos das Brigadas, algúns deles comunistas, soltaron bágoas cando caeu mortalmente ferido na liña de fogo.
Mulleres Combatentes
As mulleres tomaron parte activa nos primeiros momentos da defensa popular contra a insurrección fascista e as fotos das milicianas desfilando ou defendendo a punta de fusil as barricadas, deron a volta ao mundo. Unha das combatentes do Grupo Thaelmann, probablemente a primeira brigadista internacional foi Golda Friedman, combateu xunto co seu marido Max; o primeiro voluntario británico caído en España.. As mulleres formaban parte das brigadas. Neste último marco, as voluntarias colaboraron nos Servizos de Sanidade, tanto na fronte como na retagarda. Tamén foron tradutoras, xornalistas, educadoras ou fotógrafas, en ocasións encadradas no aparello militar e outras veces pola súa conta. Anna Srulovic (Hana Israeli). Naceu en Czernovitz nunha familia jasídica. En España traballou como enfermeira. Participou na resistencia francesa e, trala guerra mundial, residiu na URSS ate que inmigrou a Israel onde reside actualmente.
Dúas fotógrafas: Margaret Michaelis, anarquista xudía austríaca, residía en España antes de estalar a guerra. As súas fotos foron profusamente utilizadas polo Comisariado de Propaganda. Gerda Tharo, xudía alemá, era a compañeira de Robert Capa. Morreu mentres fotografaba aos combates durante a campaña de Brunete Gerda Taro ou Gerta Pohorylle: fotógrafa e compañeira de Robert Capa, morreu nun accidente durante a Guerra Civil Española. Chamábase en realidade Gerta Pohorylle, e era filla de xudeus polacos. Malia as súas orixes burguesas, desde moi nova entrou a formar parte de movementos socialistas e obreiros, Gerda foi testemuña do triunfo republicano nesta primeira fase da batalla. Lembrar a reportaxe que publicou en "Regards" o 22 de Xullo de 1937 e deu a Gerda un gran prestixio. Con todo pouco despois as tropas franquistas iniciarían un feroz contraataque, e Gerda decidiu volver á fronte de batalla en Brunete. Alí Gerda foi testemuña dos salvaxes bombardeos da aviación do bando fascista coa participación da aviación alemana, e tomou moitas fotografías, poñendo en risco a súa vida. Naquel inferno morreron miles de republicanos e finalizou coa derrota republicana. Gerda Taro perdeu a vida nun absurdo accidente volvendo da fronte de batalla. Atopábase parada no estribo do coche do Xeneral Walter (membro das Brigadas Internacionais) uns avións inimigos voando a baixa altura fixeron que condise o pánico no convoi, e un tanque republicano golpeou sen querer a Gerda Taro, esmagando o seu corpo. Gerda malferida, foi trasladada urxentemente ao Hospital El Goloso do Escorial, onde morreu poucas horas despois, o 26 de 1937. Tiña tan só 27 anos. (continuará)

OS XUDEUS NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (Parte 1º)


OS XUDEUS NA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (PARTE 1º)

O 18 de xullo pasado cumpríronse 70 anos do que coñecemos co nome de Guerra Civil Española. España, dividida no profundo das súas entrañas entre republicanos e fascistas, padeceu unha terríbel guerra, onde a división atravesou toda unha sociedade, onde se enfrontaron ideoloxías, valores, familias, poboacións enteiras, todo un país, e a opinión pública de gran parte de Occidente. Unha das razóns deste feroz enfrontamento foi porque os sectores dominantes en España negáronse a aceptar un cambio na súa condición, rexeitaron ao lexítimo réxime democrático que poñía en cuestión os seus privilexios e a todo o andamiaxe que o sostiña, como era o caso da igrexa católica e o das forzas armadas en gran parte.
Esta guerra durou tres anos, o que prolongou a guerra foi a axuda e participación estranxeira, pois ningún dos dous bandos en loita, e especialmente os fascistas, contaban cos recursos suficientes máis aló de tres meses de combate como máximo. A axuda coa que contaron os republicanos foi a proporcionada pola Unión Soviética e os miles de brigadistas que chegaron de todo o mundo para derrotar ao fascismo encarnado no bando franquista. Este pola súa banda contou coa axuda de Italia e da Alemaña nazi, que alí probaron as súas novas armas e adestraron aos seus soldados para a guerra que preparaban. Pode dicirse que esta guerra anticipou e permitiu a terrible conflagración que estalaría en 1939, o nazifacismo tivo probas de que os seus avances e abusos na súa marcha cara ao totalitarismo non suscitaron ningunha reacción, especialmente nas nacións europeas máis importantes e tampouco nos Estados Unidos. Os xudeus, de todas as orixes e en gran parte da esquerda, pero tamén simpatizantes liberais, participaron desta xesta. Queremos recordar a coraxe conque estes xudeus enfrontaron os primeiros signos do avance nazifascista, que logo se expresou durante Resistencia e nos guetos e aínda nos Campos de Concentración para sinalar unha vez máis que se os xudeus foron vítimas na Shoa, non foi porque non resistiron ou non quixeron loitar.
Rememorar aqueles tempos, renderlles homenaxe significa tamén botar unha mirada de profunda nostalxia por aqueles días, onde tanta xente foi a loitar, entregando as súas vidas, por aqueles valores nos que crían, e polos ideais aos que se entregaron con toda a súa xenerosa solidariedade. Estímase que logo dos franceses, os xudeus foron o grupo máis numeroso que participou nas Brigadas Internacionais nesta guerra. Os criterios para definir o xudaísmo dos involucrados, especialmente de quen era comunista, foron definidos pola orixe familiar, e en numerosos casos pola autoidentificación dos combatentes desas Brigadas Internacionais, que dando esta loita comprenderon que o que se aveciñaba era tan perigoso e letal como se mostrou logo na orxía de morte que se desatou. Esta foi unha investigación moi pormenorizada, baseada nos textos de historia, pero a forza de ser sinceros, debemos dicir que unha das razóns que nos empuxou a esta investigación foi un texto atopado nese rico mundo virtual que nos achegou ao texto da Exposición titulada NON PASARÁN realizada na Biblioteca Nacional e Universitaria de Guivat Ram, Israel, pola Universidade Hebrea de Jerusalém do Instituto Avraham Harman de Xudaísmo Contemporáneo. Máis aló do que sabiamos e coñeciamos no prólogo dese texto, o Prof. Haim Avni, e a Dra. Raquel Ibáñez-Sperber, cóntannos entre outras cousas que a exposición ocupouse dos estranxeiros que participaron nas Brigadas Internacionais, especialmente ocupáronse da contribución dos xudeus e dos que acudiron de Eretz Israel. (Dese coñecemento a posteriori, eles resultan ser os primeiros que tomaron as armas para loitar contra quen planeaban o exterminio do seu pobo). O 18 de xullo de 1936 os militares fascistas do Exército español se levantaron en armas contra a lexitimidade repúblicana. Este acto significaba o fin do experimento democrático realizado en España desde abril de 1931 e o comezo da Guerra Civil Española. A caída da Ditadura do xeneral Miguel Primo de Rivera e o descrédito da Monarquía posibilitaran a proclamación da II República Española como panacea que pretendía sacar ao país do seu histórico atraso. O 17 de xullo de 1936 os militares máis reaccionarios do Exército levantáronse contra o goberno da República. O alzamento comezou antes do planeado en Melilla. Pronto se estendeu a Tetuán e a Ceuta, practicamente todo o Marrocos español estaba en mans dos rebeldes antes de que Franco, procedente das Canarias, se puxese ao mando das tropas sublevadas. Ao día seguinte, 18 de xullo, o levantamento estendeuse á Península. O 21 de xullo podíase xa trazar unha liña aproximada que dividía as zonas onde triunfara a rebelión daquelas onde fracasara. A rebelión foi derrotada en cinco das sete principais cidades de España. As principais zonas industriais quedaron en poder da República, pero as máis vastas zonas agrícolas do país, quedaron en mans dos fascistas. A metade do Exército, case toda a escuadra e dous terzos das forzas aéreas españolas quedaron en poder da República pero cos sublevados quedaran as máis numerosas e mellor adestradas tropas do Exército español, os 40.000 homes que compoñían as tropas de regulares. Os golpistas contaron desde o primeiro momento co apoio de Italia e Alemaña. O bando republicano contou coa axuda da Unión Soviética e dos combatentes que formaron as Brigadas Internacionais e que chegaron de todas partes do mundo. A comezos da Guerra Civil, en España vivían preto de 6.000 xudeus, a metade deles nacera en España ou xa vivían alí antes da proclamación da Segunda República. A outra metade compoñíase de refuxiados que fuxiron de Alemaña en canto o nazismo accedeu ao poder, en 1933 (nesa época España era un dos poucos países que daban refuxio aos xudeus). A maior parte destes xudeus establecéronse en Barcelona onde crearon a Judischer Kulturbund ("Liga da cultura xudía"), asociación cultural de esquerda republicana, ligada ao comunismo catalán. Cando foi a sublevación fascista moitos xudeus, pertencentes á asociación deportiva xudea Hapoel, atopábanse en España na Cidade Condal para participar das Olimpiadas obreiras que se desenvolverían en oposición ás Olimpíadas de Berlín, organizadas polos nazis. As olimpiadas non se desenvolveron polo levantamento dos fascistas, e os mozos do Hapoel estiveron entre os primeiros en ofrecerse como voluntarios para combater. Un significativo número de xudeus, na súa maior parte comunistas e membros do partido Bund, enrolouse nas Brigadas Internacionais.
En canto estalou a guerra o Goberno da República buscou o apoio para a súa causa tanto de persoas como de institucións xudías, polo que nomeou a xudeus como os seus representantes no exterior. Un deles foi o escritor Max Aub, xudeoalemán nacionalizado español, co expreso obxectivo de obter o apoio e os contactos necesarios da gran colonia xudía de Francia. Por iso foi designado Agregado Cultural da Embaixada de España en Paris, cidade que se converteu entre 1937/38 no centro das organizacións de loita contra o antisemitismo e o racismo. Foi moi importante a tarefa desenvolvida por Max Aub a favor do goberno republicano. Tamén foi designado José Máximo Khan, como Cónsul en Atenas que tiña a misión expresa de obter o apoio da moi importante comunidade sefardí, especialmente da residente en Salónica. Malia todos os problemas ocasionados pola Guerra Civil, os gobernos republicanos estiveron presentes nos distintos congresos sobre o antisemitismo e tamén nos congresos sefardís. En 1928 realizouse en Amsterdam o Congreso Mundial Sefardí, auspiciados polo goberno republicano, asistiron dous representantes da comunidade xudía de Catalunya, Edmundo Graenbaum, presidente da Comunidade e Menahem Coriat Bendahan, profesor de estudos talmúdicos do Institut hispano-marroquí, presidente da Corte Rabínica de Barcelona e funcionario do Estado como agregado da Dirección Xeral de Marrocos e colonias e un leal sostén da causa da república. Isto ocasionoulle grandes problemas á súa familia e a el. O seu discurso, en hebreo e catalán, foi moi aplaudido, defendeu ao goberno republicano porque entre outras cousas permitía o desenvolvemento normal da vida xudía no seu territorio. Obtivo importantes apoios para a República e ao finalizar o congreso, o seu vicepresidente, N.Ovadia escríbelle ao vicepresidente de ministros "O consello escoitou non sen emoción o informe do Sr. Coriat expoñendo que na España republicana os israelitas gozan da maior liberdade de conciencia e practican libremente a relixión hebrea. Non podo, por iso, reservando en calidade de gran rabino, deixar de facer chegar a expresión de todo o meu recoñecemento".
O mundo xudeu ofreceu un gran apoio á República, especialmente o mundo intelectual, de dous xeitos: a través da prensa xudía, maioritaria no apoio aos republicanos e a segunda a través das Brigadas Internacionais. O mundo xudeu intelectual e a prensa xudía sumouse ao apoio á República, á que consideraba como un baluarte na defensa da liberdade. Numerosos xornais xudeus apoiaban a causa republicana. En case toda a prensa xudía e especialmente na da comunidade xudeoalemana o apoio estaba baseado na conciencia que se tiña do conflito que se debatía na Guerra Civil. Nun xornal de xudeus alemáns expatriados "Judische Revue" de 1937 dicíase:"O antisemitismo está afiando as súas armas contra os xudeus nunha conspiración internacional". A expresión desta opinión foi demostrada a través da chegada de voluntarios xudeus da maioría dos países, onde tamén había grupos de xudeus sefardís, sionistas, socialistas, comunistas etc. A prensa fascista italiana así como a nazi, denunciaba sistematicamente o forte apoio xudeu á causa republicana.
Así se denuncian a familias xudías inglesas por contribuír economicamente para soster ao bando republicano, entre eles denunciouse a Henry Strakoch, presidente do xornal The Economist.
Cantos xudeus loitaron na guerra civil española
Convencido da importancia de facer emerxer do esquecemento, voluntario ou casual, a loita e os sacrificios levados a cabo polos xudeus que combateron na guerra civil española contra o fascismo, Arno Lustiger iniciou en 1984 unha investigación de documentos e entrevistas a veteranos, co obxecto de escribir un libro que puidese contribuír a render homenaxe ao esforzo das xeracións de idealistas xudeus que combateron por un mundo mellor (tikkun olam, 'reparación ou restauración do mundo' chámase este postulado nas fontes xudías) Resultado do traballo de Lustiger foi o libro: "Shalom Liberdade!", cuxa primeira edición viu a luz en novembro de 2001. Albert Fernandez, nun artigo publicado na revísta Raíces de 1989, "Voluntarios Xudeus nas Brigadas Internacionais" escribe que non se pode establecer cantos foron exactamente os voluntarios xudeus nas Brigadas Internacionais tamén "polo feito que existían só determinadas fontes de informacións, coidadosamente manipuladas e postas a disposición do público, poucas persoas - e moitísimo retardo poden consultar os documentos dispersos nos arquivos nacionais". Lustiger, no seu libro "Shalom Liberdade!", fixo notar xustamente que para aclarar a cuestión do número de voluntarios na guerra civil española é necesario primeiro de nada, a definición de quen eran xudeu, un grupo 'étnico-nacional' ou cualificados exclusivamente como un grupo 'relixioso e polo tanto, como tales, son simplemente cidadáns dos seus países". Por outra banda, quen foi considerado "combatente en España?" Só os soldados nas trincheiras ou tamén os xornalistas, os médicos e as enfermeiras, os técnicos, os tradutores? Xeralmente, por Xudeus combatentes de España enténdense todas as persoas de orixe xudía que contribuíron á defensa da República durante a guerra civil.
Os xudeus e o comunismo en 1930
En 1930 os soviéticos crearon o Territorio Autónomo de Birobidjan, na fronteira con China comunista . Moitos xudeus comunistas de todo o mundo trasladáronse alí para ver realizado o seu soño dunha patria xudía e comunista. Foi creada a Geserd (Geselschaft for jid ujif erd in Fssr: "Sociedade para a colonización agrícola xudía na URSS") unha clase de organización sionista da Unión Soviética, encargada de recoller fondos para Birobidjan entre os xudeus de todo o mundo. Case todos os funcionarios da Geserd presentáronse voluntarios para ir combater a España.
Os voluntarios de Eretz Israel
A Guerra de España estalou uns catro meses despois do inicio en Eretz Israel dunha serie de disturbios árabes contra a poboación xudía que tivo que enfrontar unha onda de terror e de violencia. Os partidos encadrados na Unión Xeral de Traballadores Xudeus (Histadrut) simpatizaron en bloque coa República e promoveron debates e campañas de información en prol da España combatente, os voluntarios tamén procedían da esquerda sionista, que estaban encadrados sobre todo en Hashomer Hatzair e Poalei Zion. Como curiosidade dicir que Salman Zalzman foi o único voluntario pola dereita sionista. O partido comunista xudeu de Palestina, fora fundado en 1919, atopábase en conflito cos sionistas e coas autoridades do Mandato británico, en 1923 fusionouse cos comunistas árabes, dando orixe en xullo de 1923, ao Partido Comunista Palestino. Para os membros ou simpatizantes do ilegal PKP (Partido Comunista de Palestina) a situación era diferente. O Komintern, aprobaba a resistencia árabe contra a autoridade do Mandato Británico e ordenou a todos os membros do partido, incluídos os xudeus, apoiar a insurrección xeral dos árabes. Os xudeus comunistas atopáronse ante unha terrible alternativa: ou unirse aos árabes e con accións armadas, impedir a chegada de xudeus ou renunciar ao partido. A difícil disxuntiva en que os poñía o apoio dos comunistas árabes aos actos terroristas contra os xudeus e a arabización dos cadros promovida pola URSS, fixo que, para moitos deles, o voluntariado en España se presentase como unha solución. A posibilidade de ir loitar a España representou para moitos xudeus comunistas unha alternativa ao seu dilema: era unha opción ideolóxicamente satisfactoria, ofrecíalles a posibilidade de afastarse da situación política no seu país.
Numericamente os xudeus foron o segundo continxente de estranxeiros presente nas Brigadas Internacionais, logo de 8.500 franceses. Dedúcense desta cifra os 1.043 xudeus comprendidos no continxente francés, eses áchanse en primeiro lugar. A presenza dos xudeus foi non só importante numericamente, tamén o foi cualitativamente. Entre os combatentes houbo diversos comandantes das Brigadas Internacionais, os Xenerais Manfred Stern (Kleber) da XI, Mata Zalke (Lukacs) do a XII e Waclaw Romar da 129ª, mentres que foron numerosos os norteamericanos que cubriron os cargos de comando como Milton Wolff, John Gates e John Dallet. O xudeu norteamericano Irving Goff foi o organizador dos batallóns de guerrilleiros que operaban detrás das liñas fascistas. Ernest Hemingway inspirouse na súa figura para o protagonista da súa novela ¿Por quen dobran as campás?. As accións máis importantes foron a destrución da ponte sobre o Guadalaviar, o descarrilamento dun tren cargado de italianos sobre a liña italiana que ía desde Córdoba-Los Rosales, a liberación de 308 prisioneiros asturianos da fortaleza de Motril e a captura do Estado Maior completo dunha división franquista en Catalunya.
Moi importante foi a participación xudía ao servizo da Sanidade Militar da República que no momento da revolta dos xenerais permanecera con tres das oito divisións médicas do exército e precisamente con aquelas de Madrid, Barcelona e Valencia, esta foi unha gran demostración da súa fidelidade á causa republicana. Para superar enormes deficiencias e carencias, acudiron centenares de médicos, enfermeiras e auxiliares grazas ás organizacións humanitarias, creadas por quen apoiaba aos republicanos. Por exemplo os norteamericanos sostidos polo American Medical Bureau to Aid Spanish Democracy foron capaces de mandar a España equipos completos, con médicos e enfermeiras, chegaron con hospitais totalmente equipados, ambulancias, quirófanos móbiles e medicamentos. Nesta xenerosa carreira de solidariedade distinguíronse os médicos e as enfermeiras xudías de cada parte de Europa e de Norteamérica que chegaron a curar feridos españois e internacionais, viñeron 66 polacos, 45 alemáns e 35 norteamericanos. Houbo 227 médicos xudeus instalados nos hospitais próximos ás liñas e entre as das de retagarda cóntanse 82 mulleres. Algúns deles obtiveron cargos de prestixio como o norteamericano Edward K. Barsky, director do Servizo Sanitario en Catalunya. Tamén entre as 600 enfermeiras contáronse numerosas xudías, sábese, por exemplo, que 35 viñeron dos Estados Unidos e 36 de Bélxica, o idish foi o idioma utilizado para comunicarse nas mesas de ciruxía e nas salas dos diferentes hospitais. Xudeus foron dous dos máis famosos corresponsais de guerra como Robert Capa e a súa compañeira Gera Taro, morta no curso do conflito. Gina Medem, unha xornalista norteamericana publicou o libro "Os xudeus combatentes pola Liberdade", ela foi a corresponsal de guerra en España para o Morgen Freiheit, diario norteamericano en idish.
Cos seus discursos, os seus testemuños e os seus artigos, Gina Medem foi unha protagonista na axuda ofrecida á República. No seu libro, Gina Medem explica que todos eles consideraban o fascismo como o maior perigo inmediato e esa foi unha das razóns polas que foron a España a combater polos republicanos. Cando chegou viu que eran moitos os voluntarios xudeus, estaban aqueles que loitaban pola liberdade nos seus respectivos países, que foron a España cos mesmos ideais: liberais, anarquistas, sionistas, socialistas, comunistas, na súa maior parte, entre todos loitaron contra o fascismo que ameazaba a España. No prefacio do libro de Medem, Luigi Longo escribía "... nos primeiros días, cando os voluntarios chegaban a Albacete. . . un mozo xudeu buscábame porque eu era o responsable das organización das Brigadas Internacionais. Falaba en nome do primeiro grupo de 25 voluntarios xudeus que el mesmo organizara. . .pediume que os xudeus fosen reunidos nunha formación dentro das nosas Brigadas. "Queremos demostrar -dixo dun modo sincero e apaixonado- queremos demostrar que cousas somos capaces de facer os xudeus. Os fascistas afirman que somos canallas e covardes. Mostraremos ao mundo que saberemos ser heroes". Comprendín exactamente os sentimentos e motivacións políticas deste compañeiro; e axiña compartín as súas ideas. . . creo que se sentiu en parte reivindicado de todas as calumnias lanzadas contra os seus irmáns e o seu pobo.... comprendín que nós, voluntarios da liberdade, contraeramos unha enorme débeda na loita cos heroes xudeus que escribiron páxinas magníficas en todas as nosas brigadas".
O 12 de decembro de 1927 Farol Guzmán, comandante da segunda compañía do Batallón Palafox pertencente á XIII Brigada Dombrowski, fundou a unidade xudía co nome de Botwin, En recordo do xudeu polaco comunista Naftali Botwin condenado a morte pola policía política polaca en 1925. A Compañía xudía Botwin (Dos 162 brigadistas que a compoñían só sobreviviron 26). Unha orde do día do Estado Maior da XIII Brigada Dombrowski comunicaba: " O 12/12/1937 a Compañía Xudía Botwin uniuse á nosa gloriosa familia de combatentes antifascistas que comprende combatentes polacos, alemáns, bielorrusos, xudeus, españois e outras nacionalidades. Máis aló das diferenzas nacionais ou das conviccións políticas, o que nos une é a loita contra o fascismo. Na loita pola nosa e pola vosa liberdade, danse a man os antifascistas de todos os países do mundo. Entre os voluntarios das Brigadas Internacionais, en particular da Brigada Dombrowski, os voluntarios xudeus fixéronse notar polo seu heroísmo e o seu espírito de sacrificio na loita contra o fascismo. Para honrar a memoria dos combatentes xudeus caídos sobre o campo de batalla, decidimos que a segunda compañía do heroico batallón Palafox desde hoxe se chame Compañía Xudía Botwin. A nós é querido o recordo de Naftali Botwin, o obreiro xudeu polaco que sacrificou a súa vida pola loita contra o fascismo. O seu nome é símbolo da loita das masas populares xudías, símbolo da solidariedade internacional e da fraternidade entre os pobos." Durante os nove meses de existencia da Compañía Botwin, os seus comandantes caeron ou morreron rapidamente a consecuencia das súas feridas durante as accións de combate. Ademais dos xudeus, desde o comezo militaban na Compañía Botwin polacos, españois, un grego e un italiano. Deseguido se incorporaron á compañía dous árabes que comprendían o idish, provenientes de Palestina. Eli Abdul Halak, inscrito no Partido Comunista de Palestina, encarcerado varias veces pola autoridade do Mandato Británico, unha vez chegado a España manifestara o seu desexo de combater na unidade xudía, o outro foi Fawzi Nabulsi, caído en batalla como soldado da Compañía Botwin. O 21/9/1938, durante a batalla do Ebro, a unidade Botwin foi vencida pola superioridade das forzas inimigas. Todos os sobreviventes foron feitos prisioneiros, os voluntarios xudeus foron asasinados no campo de batalla polos lexionarios de Franco mentres outros foron levados a un campo de prisioneiros de guerra. (Continuará)

IMRE KERTÉSZ, DOUS PEQUENOS FRAGMENTOS.



"Jerusalem, Jerusalem" (fragmento)

"Nesta rexión a noite chega de súpeto; baixo o meu balcón acéndense as farolas. Os coches pasan por estradas que perdense de lonxe, que conducen aos laranxais e ás universidades, ás cidades ben construídas e aos campos ben traballados. Moitos contaronos que viñeron aquí logo da Shoah coa esperanza de topar tranquilidade e seguridade. Ergueron este país traballando arreo. Os seus habitantes defendérono en duros combates mentres o seu contorno máis próximo e máis afastado seguía poñendo en dúbida, ate o día de hoxe, a súa propia existencia. Se esta dúbida -xunto coa sensación de abandono- arraiga tamén neles, podería afundilos na máis profunda desesperación. Na actualidade, segundo a miña experiencia cando menos, a vitalidade do país aínda permite a autorreflexión: a gran maioría dos seus intelectuais critican -non, desde logo, a resistencia ao terror- mais si o xeito de defenderse, esta campaña de vinganza que en última instancia non traerá ningún resultado. Non entanto, se a indiferenza hostil do mundo lévaos realmente á desesperación, todo estará listo para a catástrofe; e neste mundo impregnado de odio, impotencia e fanáticas doutrinas falsas, a catástrofe non afectará tan só a Oriente Próximo. "


"Sen destino" (fragmento)
"Cando saía para a escola, tamén a miña madrastra sincerouse comigo. Estabamos a soas, na entrada de casa e díxome que naquel día tan triste para todos nós agardaba "contar cun comportamento adecuado" pola miña banda. Non sabía que responderlle, así pois non dixen nada. Quizais interpretou mal o meu silencio, porque continuou dicíndome que non quixera ferir a miña sensibilidade e que sabía que a súa advertencia era, en realidade, innecesaria. Estaba segura de que eu, un raparigo de quince anos, era perfectamente capaz de calibrar a "gravidade do golpe que recibiramos"; esas foron as súas palabras. Asentín coa cabeza e vin que con iso lle bastaba. Entón, fixo un aceno coa man, e temín que fose abrazarme. Non o fixo, limitouse a soltar un longo e profundo suspiro entrecortado. Deime de conta de que os seus ollos poñíanse húmidos; sentinme incómodo. Despois, deixoume ir. Fun andando desde a escola ate o almacén. Era unha mañá limpa e morna para ser o principio da primavera. puiden desabrochar o meu abrigo, pero desistín: a lixeira brisa podía facer que as solapas ocultasen de xeito antirregulamentario a miña estrela amarela."

PIERRE GOLDMAN ASASINADO


"Algúns de nós, xudeus de esquerda, sentimonos impedidos de apoiar de forma mais completa a causa palestina en virtude dos innegábeis contornos antisemitas dos discursos e dos escritos propalestinos.”
Pierre Goldman, Libération, 31 de Outubro de 1978.

Xudeu francés, xornalista e activista de esquerda (extrema-esquerda, dirán algúns), Goldman foi asasinado por brigadas terroristas de extrema-dereita o 20 de setembro de 1979, meses depois de ter sido absolto nun proceso xudicial kafkiano que inicialmente o condenara a cadea perpetua. Os seus asasinos nunca foron xulgados.

sexta-feira, fevereiro 23, 2007

OS ERROS DO NACIONALISMO


Por Josep Carles Lainez

Sempre tiven o convencimento de que unha persoa pode ser todas as cousas que queira, e ao mesmo tempo. É dicir, de esquerdas e de dereitas, católico e comunista, gai e conservador, cazador e amante dos animais… Trátase dunha liberdade non só defendíbel, tamén rica per se e necesaria para transformar o mundo máis alá do cuarto de cores grises onde moramos. E se a persoa en concreto se contradí, e alguén se o bota en cara, xa terá os arrestos de responder como Miguel de Unamuno: e a vostede quen lle manda entremeterse?
Vén isto porque, nas miñas humildes entendederas, e a través do coñecemento cereño proporcionado pola experiencia, o internacionalismo e o nacionalismo non se me emparellan ben. O nacionalismo ten un punto de orgullo e de reaccionarismo sen o cal non lle sería doado existir. Non se confronta cos outros nacionalismos (agás con un, o da nación sob a éxida da cal se topa), pero péchase en banda perante calquera ataque aos seus sinais de identidade (a lingua, a bandeira, o himno, o territorio, os costumes, a historia…). Se un nacionalista se ve ameazado en calquera destas frontes, vai saltar sen pensalo, a modo de tigresa na defensa dos seus cachorros.
Agora ben, a mala conciencia (se o individuo, así mesmo, se proclama “de esquerdas”) saltará se quen formula o ataque non é un maldito centralista, senón un pobre inmigrante. Unha mala conciencia verdadeiramente insolúbel, e, sen dúbida, causarálle problemas se non acepta o que é –nacionalista– e que atura tal cousa. Penseino moitas veces do nacionalismo valenciano. Facíame a pregunta, cando lía aos próceres do pensamento de aquí, é dicir, se eran máis nacionalistas ou máis de esquerdas. E de maneira obsesiva e reincidente cheguei á conclusión de que non existía o nacionalismo valenciano, senón a esquerda valenciana con ribetes nacionalistas, o cal non quere dicir que non haxa sinceridade nas formulacións deste talante, senón unha supeditación aos vetores socialistas/comunistas. A este respecto, lembro unhas liñas memorables de Jon Juaristi sobre un dos poetas malditos idolatrados da miña mocidade: Jon Mirande (pagán, escritor en córnico e bretón ademais de en euskera, nacionalista vasco, provocador nato, lector en todas as linguas de Europa, pederasta, esquizofrénico e suicida). Juaristi fai referencia a unha saída de ton de Mirande defendendo Francia con rabia e con decisión. Lonxe ficaba esa imaxe do independentista Mirande, e de como hai algo que somos por riba de calquera elección pública ou estética (Mirande, francés).
O Bloque Nacionalista Galego demostrou recentemente que tampouco é nacionalista. E por que digo isto do BNG? Pola recente decisión do Consello Comarcal de Vigo de abrir un expediente, retirar a militancia e expulsar do partido a Pedro Gómez-Valadés, responsábel da área de Cultura e Lingua da Executiva nacionalista na comarca viguesa. A causa non é outra que exercer a súa liberdade de expresión mediante a presidencia da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI). En palabras de Manuela Rodríguez, responsábel comarcal do BNG de Vigo, que recollo do xornal La Opinión da Coruña, o goberno de Israel aposta por "prácticas imperialistas, e declarar o contrario é incompatíbel cos principios nacionalistas". Principios nacionalistas?, prácticas imperialistas? Deduzo de tal afirmación que para a dona Rodríguez o nazismo alemán non era en absoluto nacionalista, dada a súa política imperialista en Europa, Asia e África; nin para os leoneses e asturianos o será o propìo BNG, dada a súa clara defensa da galeguidade do Bierzo e da zona do Navia-Eo, o que é visto como unha clara "intromisión imperialista" por moitos dos oriúndos deses antigos reinos. Ou non ten o irredentismo, séculos despois, modos de imperialismo? O que temos que apreciar é que ocorre cando un partido de esquerdas, o BNG (e non estou criticando á esquerda, senón facendo ver que a conxunción esquerda/nacionalismo reivindicativo é falaz; as diferenzas deste grao xa chegarán unha vez obtida a independencia) lle ve as orellas ao lobo do nacionalismo. Porque a verdade é que non hai país no mundo, e menos aínda en Europa, que obteña a independencia facendo valer dereitos milenarios. Podemos defendelos para os sioux, os vascos, os zulúes –incluso para os afroamericanos– e non para as xudeus? Porque, non o esquezamos, nunca deixaron de vivir xudeus no actual Estado de Israel.
Non obstante, o BNG non quixo ver o modelo que deberían ser os nacionalistas israelís (e incluso para algúns poderían selo incluso os radicais israelís, na súa loita contra o poder colonial británico) para os nacionalistas de Europa no que fai a exaltación do pasado, a resurrección da súa lingua, a orgullo de Nación, á intención de liderar unha potencia e non só subsistir, a crear un Estado laico ao modelo occidental (pois os israelís son europeos na súa maioría), a ser unha referencia de unidade e de resolucións, a experimentar un socialismo que entusiasmaba, á felicidade de volver á súa patria, á necesidade de vivir en paz para sempre, lonxe de tantos perigos, persecucións e matanzas...
Os independentistas europeos de Gales, de Sicilia, de Córsega, de Galiza ou de Valencia, nisto, deberian de ter como modelo a Israel, non a países árabes (onde tan diluído está o nacionalismo, se existe) ou aos Estados africanos nados daquela ondada de abandono e espolio que supuxo o seu acceso á independencia política. E, sobre todo, deberían ver tamén que é un país normal e de alto nivel. Que lean, por favor, que lean a Etgar Keret, visionen a Amos Gitai, e escoiten a Aviv Geffen.
Un nacionalista busca referentes. Israel proporciona un número infinito. Sen embargo, o BNG non é nacionalista. E non o é porque se fixo a pregunta: que di a esquerda do conflito de Oriente Medio? Que Israel é asasino, xenocida, bárbaro, colonialista, imperialista… Pois se o BNG é de esquerdas ten que pensar así, obviando preguntarse que é o nacionalismo e quen é nacionalista. Por iso, deduce, se alguén no BNG defende a esa entidade política non é de esquerdas e está en contra de nós: expulsión.
Bo exercicio soviético demostraron: non ao debate, só silencio. E aínda quedáballes unha última coronilla: que Pedro Gómez-Valadés pida perdón. Perdón por defender a existencia de Israel e a convivencia pacífica de dous Estados, como se afana en repetir tamén no xornal La Opinión da Coruña? Perdón por exercer a súa liberdade individual? Perdón por facer uso dos medios de expresión que lle proporciona o Estado de dereito, a Constitución e a Declaración dos dereitos Humanos? Ou non se da de conta o BNG de que está vulnerando todos eses dereitos? Quen decide quen é do BNG ou non? Tamén expulsará a un amante das corridas de touros? A alguén que defenda a lingua asturiana e o dereito da súa Academia de rexer as linguas do actual Principado? Onde remata a caza de bruxas cando comeza?
Produce pavor ver con que impunidade ponse couto ás liberdades máis íntimas de cada un de nós. E como un partido progresista (ou polo menos así se autocualifica) as ataca con máis saña. Ao fin de contas, que terá que ver Israel co nacionalismo galego? Ate que grao se está envelenando á sociedade cun novo antisemitismo de luva branco?

quinta-feira, fevereiro 22, 2007

TROTSKY E A CUESTIÓN XUDEA



Trotsky e a cuestión xudea

Por Arlene Clemesha

A traxectoria e as ideas de León Trotsky con relación ao xudaísmo presentan unha interese múltiple. Primeiro, obviamente polo propio orixe xudeu de Trotsky. Pero tamén se debe tomar en consideración o peso do antisemitismo na tradición histórica rusa, en especial coma política de goberno da autocracia zarista; o amplo uso do antisemitismo na loita de Stalin contra a oposición trotskista na URSS, como mostrou recentemente Dimitri Volkogonov; e finalmente a importancia do Holocausto perpetrado polo nazismo, como paradigma da barbarie contemporánea.

A conferencia de Karlsruhe e o II Congreso do POSDR

Os primeiros rexistros dunha declaración de Trotsky sobre a "cuestión xudía" datan de 1903. Trotsky tiña 23 anos, era marxista desde os 17, e xa integraba a dirección do movemento socialdemócrata ruso. En xullo dese ano, durante o II Congreso do POSDR (Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia), Trotsky participou do debate contra a corrente xudía que terminou retirándose do partido. Pero, un ou dous meses antes, Trotsky foi convidado a unha pequena e pouco lembrada conferencia en Karlsruhe, organizada por esa mesma corrente xudía do partido, o Bund. O Bund (en yidisch, "unión", abreviatura de Unión Xeral dos Traballadores Xudeus de Polonia, Lituania e Rusia) era unha organización xudía dentro do partido de Rusia. Formouse en 1897, un ano antes do POSDR, e en 1898 foi o principal organizador do congreso de formación deste. Ate 1903 o Bund era a maior organización socialdemócrata do imperio ruso, con maior estrutura e número de integrantes, coa máis estendida publicación clandestina de periódicos e traducións, e con maior circulación e contrabando de literatura revolucionaria. Participaron da conferencia de Karlsruhe un integrante do Bund local, Trotsky e o teórico bundista Vladimir Medem, quen a través do seu libro de memorias proporciona unha descrición do evento. Medem relata unha discusión que durou ao redor de dúas horas.


Despois da intervención do "camarada de Karlsruhe" expoñendo o programa nacional do Bund, Trotsky interveu cunha resposta crítica, contestada inmediatamente por Medem. Algúns mozos sionistas do público tomaron a palabra para expor as súas ideas, que foron respondidas por Trotsky "con humor e boas maneiras". O debate seguiu e culminou cunha discusión, en termos "moi duros", entre Medem e Trotsky sobre a política do POSDR para combater o antisemitismo. O primeiro acusou ao partido de descoidar a tarefa. Trotsky rebateu a crítica afirmando, en primeiro lugar, que o partido combatía o antisemitismo a través da distribución de volantes sobre o tema, e en segundo lugar, que en realidade non había que combater especificamente o antisemitismo porque a solución para eliminar un sentimento anticuado, herdanza da ignorancia imperante na era medieval, era elevar o nivel xeral de conciencia das masas. Medem rexistrou a antipatía que sentiu por Trotsky desde ese momento e a mala sensación que lle causou o seu discurso, que non pasaba de "unha maneira de ocultar para si mesmo a real e grave responsabilidade dos socialistas rusos" (1).


Era un dos momentos máis delicados para os xudeus. En abril de 1903 (pouco antes da conferencia de Karlsruhe) ocorreu, no imperio ruso, máis especificamente na porción ucraniana da "zona de residencia", o maior pogrom visto ate entón. Os barrios xudeus de Kichinev foron completamente destruídos, as casas devastadas, con centos de xudeus mortos e feridos. Foi o tristemente célebre "progrom de Kichinev", que "shockeó" ao mundo e incorporou a todos os idiomas o termo ruso progrom, que significa masacre. Esta foi incitada por axentes de policía do zar e polas Centurias Negras, pero a masa dos progromistas era o pobo, obreiros e traballadores como os xudeus aos que perseguían. A confianza dos obreiros xudeus nos seus irmáns de clase rusos resultou seriamente debilitada.


Foi ese espírito de desconfianza o que Trotsky denunciou durante o II Congreso do POSDR como unha das principais fontes de discordia entre eles e o Bund. A organización xudía presentou as súas demandas ao congreso: autonomía dentro do partido, co dereito de elixir o seu propio comité central e elaborar a súa propia política nas cuestións referentes á poboación xudía; o recoñecemento do Bund coma o único representante da socialdemocracia entre os xudeus; e a "autonomía cultural" en lugar da simple "igualdade de dereitos" que o partido defendía para os xudeus, ou sexa, a reunión dos xudeus ao redor de institucións culturais propias, sen depender dun territorio común. A "autonomía cultural" resultaría na defensa do dereito dos xudeus a conducir os seus propios asuntos culturais dentro de Rusia, como a educación en yidisch. A maioría do congreso, formada polos "iskristas" (Iskra era o nome da revista que publicaban), estaba en contra do Bund porque vía nas súas esixencias un separatismo que crearía precedentes para outros grupos nacionais e poñería en risco a unidade do partido. Quedou a cargo dos iskristas xudeus, Martov e Trotsky rebater as esixencias do Bund. Martov foi membro do grupo fundador do Bund e Trotsky tomou a palabra como "representante dos iskristas de oríxe xudeu". Esa foi unha das raras ocasiones en que Trotsky se referiu a si mesmo como xudeu, como lémbra Isaac Deutscher (2).


O debate non foi menos difícil por terse realizado "entre xudeus". Trotsky rebateu enerxicamente as tres esixencias do Bund e tomou a palabra dez veces durante o debate, levando aos representantes da organización xudía a unha furiosa indignación. No que se refire á "cuestión nacional" (a "autonomía nacional-cultural"), o Bund estaba dividido. A metade do partido xudeu cría, nese momento, que o futuro levaría á asimilación dos xudeus e que nada debería ser feito para separalos, xa sexa territorialmente ou apenas en forma "cultural". Como lembra Medem, "nós os bundistas non fixeramos do noso programa nacional unha condición sine qua non e non saímos do partido por causa do seu rexeitamento (...) O noso congreso [o V Congreso do Bund, 1903, NdA] sobre este asunto, dividírase en dous" (3).


Con relación á educación en yidisch, ningún socialdemócrata podía seriamente opoñerse ao dereito dun pobo ou nación ao seu propio idioma. A oposición, como quedou evidenciado en escritos posteriores de Lenin e Trotsky, era á división da educación no imperio, en educación pública para os rusos e escolas particulares en yidisch para os xudeus. Nun artigo publicado en Severnaya Pravda, Nº 14, agosto de 1913, Lenin escribe, respecto da política oficial do Estado: "A expresión extrema do nacionalismo [ruso, NdA] actual está no proxecto para a nacionalización das escolas xudías, formulado polo oficial de educación do distrito de Odessa, e ben recibido polo Ministro de ‘Educación' Pública. Pero cal é o significado desa nacionalización? Esta significa segregar aos xudeus en escolas xudías especiais (nivel secundario). As portas de todos os demais establecementos de ensino *privados e públicos* serían completamente pechadas aos xudeus... Ese proxecto, extremadamente prexudicial, incidentalmente demostra o erro da chamada “autonomía nacional-cultural”, ou sexa, a idea de sacar a educación das mans do Estado e pasala a cada nación separadamente" (4).


Pero no que dicía respecto ao status do Bund dentro do POSDR, a organización xudía non estaba disposta a ceder. A súa decisión estaba tomada desde 1901: os xudeus defendían a transformación do POSDR nunha federación de organizacións nacionais. A conquista da autonomía política e organizativa do Bund dentro do POSDR era vista coma unha cuestión de sobrevivencia da organización xudía (5). Para Trotsky, o que estaba en xogo era máis que unha "cuestión xudía". O partido non podía conceder a autonomía ao Bund, abandonar o modelo de partido polo cal viña loitando, altamente centralizado e non un conxunto federado de organizacións. E non podía aprobar a exclusividade do Bund da representación dos traballadores xudeus, sen ceder á división do movemento obreiro por nacionalidade.


Como describe Deutscher, "a esixencia de que o Bund fose recoñecido coma o único representante do partido entre os traballadores xudeus significaba afirmar que só os xudeus estaban autorizados a levar a mensaxe socialista aos traballadores xudeus e organizalos. Iso, dixo Trotsky, era unha expresión de falta de confianza nos membros non xudeus do partido, un desafío ás súas conviccións e sentimentos internacionalistas". "O Bund *dixo Trotsky en medio dunha treboada de protestas* é libre para non confiar no partido, pero non pode agardar que o partido vote a non confianza en si mesmo". O obxectivo do socialismo, argumentou Trotsky, era "varrer as barreiras entre razas, relixións e nacións, e non colaborar para erguelas" (6). Segundo a visión de Enzo Traverso, "cando se tratou de comprender as causas profundas da escisión entre o Bund e a socialdemocracia, a súa análise [de Trotsky, NdA] revelouse menos abstracto có dos bolxeviques. E no congreso de fundación do POSDR, a autonomía do Bund era puramente técnica, pero percibiu que aos poucos o “particular” se sobrepuxera ao “xeral”: de representante do POSDR no seo do proletariado xudeu, o Bund transformárase en representante dos traballadores xudeus vis-a-vis ao partido socialdemócrata. O congreso de 1903, no fondo, sancionou unha escisión que xa existía na realidade" (7).

segunda-feira, fevereiro 19, 2007

ISRAEL E O ATAQUE AO IRÁN.


ISRAEL E O ATAQUE AO IRÃO.
Por Tiago Barbosa
http://kontratempos.blogspot.com/

Alguns leitores perguntam-me por e-mail o que pretendo dizer com isto. Nada mais do que ali está, confesso. A minha opinião é bastante simples:
O Irão não pode, por inúmeras razões, prosseguir com o seu programa nuclear.
Existem várias formas de impedir que o regime de Teerão prossiga com o enriquecimento de urânio e, até ao momento, todas elas falharam. A partir daqui, entra a realidade numa equação onde tem sido usada e abusada a ficção dos «fins pacíficos». Ora, felizmente para mim e também para todos os que andam por aí expelir bílis de indignação, Israel garante a nossa margem de conforto. É uma evidência, por mais que a cortina de hipocrisia do Ocidente insista no contrário.

No momento certo, quando o inevitável estiver em curso, Israel actuará como actuou no passado. Sem a verborreia da Casa Branca ou a beatitude de Chirac, para dar dois tipos-ideais. Porque no fio da navalha Israel sabe que só pode contar consigo mesmo. Em 1981, quando o Iraque era um aliado das frentes diplomáticas ocidentais, Israel atacou o reactor nuclear de Osirak sob condenação do mundo inteiro -- a começar pelos EUA -- e provavelmente impediu uma tragédia incomensurável nos anos subsequentes.Hoje, o Irão prepara um novo Holocausto. Um segundo Holocausto, como escreve Benny Morris, que conseguirá em cinco minutos o que o primeiro tentou em cinco anos. Exige-se uma tomada de posição sem ambiguidades e eu faço a minha. Espaço para reservas, dúvidas, incertezas? Claro. Mas as declarações dos dirigentes iranianos são cristalinas e não há nenhuma razão válida para acreditarmos que farão o contrário daquilo que os próprios postulam, desde logo a destruição da «entidade sionista».O ataque aéreo ao Irão, se acontecer, só pode ser feito por Israel: um ataque cirúrgico sobre Nataz, Isfahan e Arak, abrindo os cordões de fúria da «rua árabe» que serve para tudo, até para designar os persas. Paciência. As declarações de culpa já estão escritas antecipadamente no momento que o leitor lê este post. Se não for o Irão é outra qualquer coisa. É Israel? Tem culpa. Felizmente para as más consciências pós-coloniais europeias, aceitamos uma diplomacia musculada desde que o músculo não seja europeu. Somos todos bons. E bonzos. É a vida.
http://kontratempos.blogspot.com/

SORRISOS E BAGOAS


Sorrisos e bágoas

Por Josep Carles Laínez

O suplemento de cultura doutro mamut editorial, EL PAÍS, publicaba o pasado sábado unha reseña, a cargo de Juan José Tamayo, de cinco recentes libros da Junta Islámica asinados por conversos españois. En primeiro lugar, sorprende que un teólogo cristián se ocupe destas cuestións, coa riqueza que xa hai dentro das fes cristiás e a necesidade de difusión dalgunhas delas (ben liberais, por certo, como o episcopalismo estadounidense (case) ex anglicano); en segundo, chama a atención que un dos suplementos culturais por excelencia dedique tan vasto espazo a unha editorial que poucos anuncios lle incluirá nas súas páxinas e cuxos temas non son, en principio, de alcance maioritario. Sen embargo, o máis curioso de toda esta cuestión é a lingua utilizada polos autores para os seus libros e por Tamayo para a súa multirreseña: o español.Supoñamos un escenario distinto. Pensemos nun conxunto de católicos –de seguidores do Papa, vaia, nada de minúsculas Igrexas– cunha serie de ideas orixinais sobre o catolicismo. Imaxinemos, mellor, un grupo de seis ou sete persoas (tal vez algunha máis se contamos os fillos) que se dedican a escribir cousas como as seguintes:
1) A relación de Xesús con Xoán mostra ás claras que o amor predilecto do Mesías era o que se establecía entre homes; 2) O milagre de converter o auga en viño e, ao cabo dos seus días, o feito de consagralo son indicativos de que todas as celebracións relixiosas deben de rematar en borracheiras; 3) O “deixade que os nenos se acheguen a min” era unha clara mostra de que o amor non coñece idade e, neste sentido, Xesús sancionaba as prácticas gregas (lingua que, a todo isto, falaba); 4) A negación da familia implica que todo católico ten que volver as costas aos seus para construír unha comunidade de amor distinta á sanguínea… Podería seguir así ate o delirio. E ninguén podería acusalos de non estar lendo correctamente o cristianismo, pois sería unha interpretación máis, persoal e asociativa, e, como tal, interesada. Incluso se escudarían en que Xesús instituíu a figura do Papa para afirmar o seu catolicismo a ultranza (aínda que este debería de axeitarse, evidentemente, ao que eles, ou seu grupiño, expresasen).Supoñamos agora que tal corpúsculo católico existe e publica libros. O obxectivo é influír na sociedade para que a maioría de quen practican a fe católica adopte a súa visión e siga o que é a interpretación correcta da mensaxe. Pareceríanos normal, non? Ou polo menos nos parecería se empregase o español, o inglés, o francés, o alemán… o galego, o galés… Pero pareceríanos lóxico que tal mensaxe liberador, que a interpretación verdadeiramente correcta dos evanxeos, tras arduas esexeses e xogos malabares lingüísticos, que os volumes onde están as bases de “outro catolicismo é posíbel” se publicasen en árabe, en persa ou en urdú? Que fin veriamos en tal acción? Respondería a algunha lóxica expresábel?
Ese é o paradoxo deses libros e desa recesión tan bonita. Se os seus propulsores desexan que o islam se converta no que eles practican e defenden (homosexualidade, naturismo, chamanismo, estados alterados de conciencia, non ao uso obrigatorio do hiyab, democracia, tolerancia relixiosa, apertura das mesquitas aos crentes de calquera relixión, rexeitamento da violencia…), o idioma máis idóneo para dicilo non é o español (nin o inglés), senón algunha das linguas orientais que citei. É aí onde deberan incidir para transformar non unha relixión, senón toda unha cultura e unha forma de entender as relacións humanas, sociais e políticas, tan radicalmente opostas ás europeas.
Pero publicar en español non ten moito sentido, a verdade, a non ser que o fin non sexa transformar as sociedades musulmáns, senón convencer á europea de que o islam é da maneira marabillosa e falsa (aos feitos me remito) que eles propugnan. Así non haberá ningún tipo de prevención diante dos musulmáns de verdade, os que, aproveitándose da propaganda, veñan a reclamar calquera tipo de dereitos contrarios á identidade e á idiosincrasia de Europa.Recesións como a de Tamayo (castelán, cristián e teólogo) producen, ademais, tristura, pois un dáse de conta de ate que punto segue habendo candidatos a Efialtes entre nós.

sábado, fevereiro 17, 2007

ESTE HOLOCAUSTO SERÁ DIFERENTE


Este Holocausto será diferente
Un ensaio de Benny Morris


O segundo holocausto não será como o primeiro.Os nazis industrializaram o massacre, claro. Mas, mesmo assim, eram obrigados a ter contacto com as vítimas. Antes de as matarem de forma efectiva, podem tê-las desumanizado nas suas mentes ao longo de meses e anos com recurso a humilhações terríveis, mas, mesmo assim, tinham com as suas vítimas um contacto visual e auditivo, e alguns mesmo táctil.Os alemães, e os seus ajudantes não germânicos, tiveram de tirar de suas casas homens, mulheres e crianças; tiveram de os arrastar e de lhes bater pelas ruas e de os ceifar em bosques circundantes, ou empurrá-los para vagões de gado que comboios transportariam para campos, onde “o trabalho liberta”, separando os sãos dos completamente inúteis que colocavam sob “chuveiros”, matavam com gás e depois retiravam os corpos para a carrada que se seguia.O segundo holocausto será bastante diferente. Numa radiante manhã, daqui a cinco ou dez anos, talvez durante uma crise regional, talvez sem qualquer motivo aparente, um dia ou um ano ou cinco anos após o Irão ter obtido a Bomba, os Mullahs de Qom reunirão numa sessão secreta, sob um retrato do Ayatollah Khomeini com olhar severo, e darão a luz verde ao presidente Mahmoud Ahmadinejad, então no seu segundo ou terceiro mandato.As ordens serão dadas e mísseis Shihab III e IV serão lançados contra Tel Aviv, Bersheva, Haifa e Jerusalém e provavelmente contra alvos militares, incluindo meia dúzia de bases aéreas israelitas e (alegadas) bases de mísseis nucleares. Alguns dos Shihab terão ogivas nucleares. Outros serão meros engodos, carregados com agentes químicos e biológicos, ou simplesmente com jornais velhos, destinados a confundir as bateiras antimísseis israelitas.Para um país com o tamanho e a forma de Israel (20 mil quilómetros quadrados alongados), provavelmente quatro ou cinco ataques serão suficientes. Adeus Israel. Um milhão ou mais de israelitas nas áreas metropolitanas de Jerusalém, Tel Aviv e Haifa morrerá imediatamente. Milhões sofrerão os graves efeitos da radiação. Israel tem cerca de sete milhões de habitantes. Nenhum iraniano irá ver ou tocar um único israelita. Tudo será bastante impessoal.Alguns dos mortos inevitavelmente serão árabes – cerca de 1,3 milhões dos cidadãos de Israel são árabes e outros 3,5 milhões vive no território semi-ocupado da Cisjordânia [Judeia e Samaria] e na Faixa de Gaza. Jerusalém, Tel Aviv-Jaffa e Haifa possuem igualmente minorias árabes substanciais. Existem igualmente grandes concentrações de populações árabes em torno de Jerusalém (em Ramallah-Al Bireh, Bir Zeit, Bethlehem) e nos arredores de Haifa.Aqui também, muitos morrerão, imediatamente ou aos poucos.É duvidoso que um tão grande massacre de muçulmanos perturbe Ahmadinejad e os Mullahs. Os iranianos não gostam particularmente de árabes, especialmente de árabes sunitas, com quem têm guerreado intermitentemente desde há séculos. E eles têm um desprezo particular para com os (sunitas) palestinianos que, apesar de tudo, mesmo sendo inicialmente em número dez vezes mais do que os judeus, não conseguiram impedir durante o longo conflito que eles criassem o seu próprio estado ou controlassem toda a Palestina.Além de tudo isso, a liderança iraniana encara a destruição de Israel como um supremo mandamento divino, tal como um sinal da segunda vinda, e as muitas vítimas colaterais muçulmanas serão sempre encaradas como mártires na nobre causa. De qualquer forma, os palestinianos, muitos deles dispersos por todo o mundo, sobreviverão enquanto povo, tal como o fará a grande Nação Árabe da qual fazem parte. E, com toda a certeza, para se livrarem do Estado judaico, os árabes estarão dispostos a fazer alguns sacrifícios. No saldo cósmico das coisas, valerá a pena.
UMA QUESTÃO pode mesmo assim levantar-se nos concílios iranianos: E Jerusalém? Afinal, a cidade alberga os terceiros mais sagrados lugares de culto do islamismo (depois de Meca e Medina): a mesquita de Al Aksa e a Mesquita de Omar. Mas Ali Khamenei, o líder espiritual supremo, e Ahmadinejad muito provavelmente responderiam da mesma forma que o fariam em relação à questão mais lata de destruir e poluir de forma radioactiva a Palestina inteira. A cidade, tal como a terra, pela graça de Deus, em 20 ou 30 anos irá recuperar. E será restaurada para o Islão (e para os árabes). E a outra poluição mais profunda terá sido erradicada.A julgar pelas referências contínuas de Ahmadinejad à Palestina e à necessidade de destruir Israel, e à sua negação do primeiro Holocausto, ele é um homem obcecado. E partilha a obsessão com os Mullahs: todos eles criados sob os ensinamentos de Khomeini, um prolífico antisemita que frequentemente proferia sentenças contra “o pequeno satã”. A julgar pelo facto de Ahmadinejad ter organizado um concurso de cartoons sobre o Holocausto e uma conferência para negar o Holocausto, os ódios do presidente iraniano são profundos (e, claro, descarados).Ele está disposto a pôr em jogo o futuro do Irão, ou mesmo o do Médio Oriente inteiro, em troca da destruição de Israel. Sem dúvida que ele acredita que Allah irá proteger o Irão, de alguma forma, de uma resposta nuclear israelita ou de uma contra-ofensiva americana. Mas, Allah à parte, ele pode muito bem acreditar que os seus mísseis pulverizarão o estado Judaico, destruindo a sua liderança e as suas bases nucleares terrestres, desmoralizando e confundindo de tal forma os comandantes dos seus submarinos nucleares que estes serão incapazes de responder. E, com o seu profundo desprezo pela indecisão frouxa do Ocidente, não levará a sério a ameaça de uma retaliação nuclear americana. Ou poderá muito bem achar, de uma forma irracional (para nós), que uma contra-ofensiva é um preço que está disposto a pagar. Tal como o seu mentor, Khomeini, disse num discurso em Qom em 1980: “Nós não adoramos o Irão, adoramos Allah… que esta terra [Irão] arda. Que esta terra desapareça em fumo desde que o Islão saia triunfante…”Para estes adoradores do culto da morte, mesmo o sacrifício literal da pátria é aceitável se dai sair o fim de Israel.

O VICE-MINISTRO israelita da Defesa, Ephraim Sneh, sugeriu que o Irão nem sequer tem de utilizar a Bomba para destruir Israel. A simples nuclearização do Irão poderá intimidar e deprimir os israelitas de tal maneira que eles perderão a esperança, emigrando gradualmente; com investidores e imigrantes a evitarem o estado Judaico ameaçado de destruição. Conjugados, estes factores contribuiriam para o fim de Israel.Mas sinto que Ahmadinejad e os seus aliados não têm a paciência necessária para esperar pelo lento desenrolar desta hipótese; eles procuram a aniquilação de Israel aqui e agora, no futuro imediato, durante as suas vidas. Eles não querem deixar nada à mercê dos vagos ventos da História.Tal como durante o primeiro, o segundo holocausto será precedido por décadas de preparação de corações e mentes, tanto pelos líderes iranianos e árabes, como por intelectuais e órgãos de comunicação social ocidentais. Diferentes mensagens foram dirigidas a diferentes audiências, mas todas (de forma concreta) têm servido o mesmo objectivo – a demonização de Israel. Muçulmanos em todo o mundo têm sido ensinados que “os sionistas/judeus são a personificação do mal” e que “Israel tem de ser destruído.”De forma mais subtil, o mundo ocidental foi ensinado que “Israel é um estado opressor racista” e que “Israel, nesta época de multiculturalismo, é um anacronismo supérfluo”. Gerações de muçulmanos, e pelo menos uma geração no Ocidente, têm sido criados com estes catecismos.

O CRESCENDO para o segundo Holocausto (que, curiosamente, irá provavelmente ter sensivelmente o mesmo número de vítimas que o primeiro) tem sido acompanhado por uma comunidade internacional fragmentada e conduzida pelos seus próprios apetites egoístas – a Rússia e a China obcecadas com os mercados muçulmanos; a França com o petróleo árabe; e os Estados Unidos, empurrados a um isolacionismo mais profundo pelo descalabro no Iraque. O Irão tem tido liberdade para prosseguir os seus sonhos nucleares, e Israel e o Irão foram deixados sós para se enfrentarem.Mas Israel, basicamente isolada, não estará à altura da tarefa, tal como um coelho encadeado pelos faróis de um carro que corre contra ele. No Verão passado, liderado por um primeiro-ministro incompetente e por um sindicalista a fingir de ministro da Defesa, utilizando tropas treinadas para dominar gangues de palestiniano mal armados e pior treinados e demasiado preocupados em não sofrer ou infligir baixas, Israel falhou numa mini-guerra de 34 dias contra um pequeno exército de guerrilha financiado pelos iranianos (ainda que bem treinado e bem armado). Essa mini-guerra desmoralizou totalmente as lideranças política e militar de Israel.Desde então, ministros e generais, tal como os seus homólogos ocidentais, limitam-se a observar taciturnamente à medida que os patronos do Hizbullah constróem os arsenais do Apocalipse. De forma perversa, os líderes israelitas podem até ter ficado satisfeitos com as pressões ocidentais a apelar à contenção. Muito provavelmente, eles querem acreditar de forma profunda nas garantias ocidentais de que alguém – a ONU, o G-8 – irá tirar do lume a batata quente radioactiva. Há mesmo quem tivesse acreditado na bizarra ideia de que uma mudança de regime em Teerão, conduzida por uma classe-média laica, acabaria por parar os loucos Mullahs.Mas de forma ainda mais concreta, o programa iraniano apresentava um complexo desafio para um país com um número limitado de recursos militares tradicionais. Aprendendo com a experiência do sucesso da destruição pela Força Aérea israelita do reactor nuclear iraquiano de Osirak em 1981, os iranianos duplicaram e dispersaram as suas instalações, enterrando-as em bunkers profundos. Para atacar as instalações nucleares iranianas com armas convencionais seria necessário uma força aérea do tamanho da americana, trabalhando 24 horas por dia durante mais de um mês.Na melhor das hipóteses, a força aérea israelita, os comandos e a marinha, podiam almejar a atingir apenas um dos componentes do projecto iraniano. Mas, no fim de contas, ele continuaria substancialmente intacto – e os iranianos ainda mais determinados (se tal for possível) a alcançar a Bomba o quanto antes. Ao mesmo tempo, sem qualquer dúvida, seria gerada também uma campanha mundial de terrorismo islâmico contra Israel (e possivelmente contra os seus aliados ocidentais) e, claro, uma campanha quase universal de vilipêndio. Orquestrados por Ahmadinejad, todos clamariam que o programa nuclear iraniano se destinava a propósitos pacíficos. Na melhor das hipóteses, um ataque convencional de Israel poderia apenas atrasar os iranianos em cerca de dois anos.

IMEDIATAMENTE, a liderança incompetente de Jerusalém enfrentaria um cenário catastrófico, quer fosse depois do lançamento de uma ofensiva convencional ou, em vez dela, lançando um ataque nuclear preemptivo e antecipado contra o programa nuclear iraniano, que tem algumas das suas instalações em torno de grandes cidades. Teriam eles estômago para isso? Estaria a sua determinação em salvar Israel alargada à eventualidade de matar milhões de iranianos e, na verdade, destruir o Irão? Este dilema foi há muito definido de forma certeira por um sábio general: o arsenal nuclear de Israel é inutilizável. Apenas pode ser usado demasiado cedo ou demasiado tarde. Nunca haverá uma altura “certa”. Usado “cedo demais”, quer dizer antes do Irão adquirir armas nucleares similares, Israel será investida no papel de pária internacional, alvo de um ataque muçulmano universal, sem um amigo no mundo; “tarde demais” quererá dizer que os iranianos já atacaram. Que vantagem tem?Então os líderes israelitas cerrarão os dentes na esperança de que tudo corra pelo melhor. Talvez, depois de terem a Bomba, os iranianos se portem de forma “racional”?

MAS OS IRANIANOS são motivados por uma lógica mais elevada. E lançarão os seus mísseis. E, tal como no primeiro Holocausto, a comunidade internacional nada fará. Tudo acabará, para Israel, em poucos minutos – não como na década de 1940, quando o mundo teve cinco longos anos para cruzar os braços e nada fazer. Depois dos Shihabs caírem, o mundo enviará navios de salvamento e ajuda médica para os levemente carbonizados. Não atacará o Irão com armas nucleares. Com que objectivo e com que custos? Uma resposta nuclear americana alienaria de forma permanente o mundo muçulmano, aprofundando e universalizando o actual choque de civilizações. E, claro, não traria Israel de volta. (Enforcar um criminoso devolve à vida as suas vítimas?)
Então qual seria o propósito?Ainda assim, o segundo holocausto será diferente no sentido em que Ahmadinejad não verá nem tocará aqueles que deseja ver mortos. Na verdade não haverá cenas como a seguinte, citada no recente livro de Daniel Mendelsohn, The Lost, A Search for Six of Six Million, na qual é descrita a segunda acção nazi em Bolechow, na Polónia, em 1942:

Um episódio terrível aconteceu com a senhora Grynberg. Os ucranianos e os alemães irromperam pela sua casa e encontraram-na prestes a dar à luz. As lágrimas e as súplicas dos familiares não ajudaram e ela foi levada de casa em camisa de noite e arrastada para a praça em frente da Câmara Municipal.Ali ela foi arrastada para um contentor de lixo no pátio da Câmara, onde a multidão de ucranianos presentes dizia piadas e ria das suas dores de parto, até que ela deu à luz. A criança foi imediatamente arrancada dos seus braços, ainda com o cordão umbilical, e atirada ao ar – foi espezinhada pela multidão e ela ficou de pé à medida que sangue escorria do seu corpo, com pedaços pendurados a sangrar, e permaneceu desta forma algumas horas encostada à parede da Câmara Municipal. Depois foi com todos os outros para a estação de caminho de ferro de onde foi levada de comboio para Belzec.

No próximo holocausto não haverá cenas destas de cortar o coração, de criminosos e vítimas ensopados em sangue.Mas será na mesma um holocausto.
Benny Morris é professor de História do Médio Oriente na Universidade Ben-Gurion e um dos mais marcantes representantes da esquerda académica israelita. Este ensaio foi publicado em Janeiro de 2007 no Jerusalem Post.
Tirado de: http://ruadajudiaria.com/ magnífico e impagábel web de Nuno Guerreiro